Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Coñecer os fundamentos básicos da aprendizaxe por proxectos.
2. Valorar a importancia do traballo por proxectos como estratexia de mellora da calidade educativa no ámbito da motricidade e a Educación Física nas etapas de Educación Infantil e Primaria.
3. Analizar a presenza da motricidade e o xogo motor no currículo Educación Infantil e o de Educación Física en Educación Primaria e valorar as súas posibilidades para aplicar enfoques metodolóxicos baseados na aprendizaxe de proxectos en ambas etapas educativas.
4. Coñecer e analizar criticamente experiencias de aprendizaxe por proxectos a través da motricidade en Educación Infantil e Educación Primaria.
5. Deseñar, xustificar, organizar e avaliar proxectos aplicados ao ámbito da motricidade e a Educación Física nas etapas de Educación Infantil e Primaria.
1. Contidos motrices: capacidades físico-motrices, capacidades perceptivo-motrices, capacidades socio-motrices e habilidades motrices básicas.
2. Marco teórico da aprendizaxe por proxectos: marco histórico da aprendizaxe por proxectos, principais impulsores da aprendizaxe por proxectos, fundamentos teóricos básicos, elementos e fases a ter en conta para a aprendizaxe por proxectos, vantaxes e inconvintes de traballar por proxectos.
3. O traballo por proxectos e o currículo de Educación Infantil e de Educación Física en Educación Primaria: análise de ambos currículos e propostas para traballar por proxectos nesta área no ámbito escolar. Currículo integrado e Educación Física.
4. A aprendizaxe por proxectos integrando a motricidade en Educación Infantil e en Educación Física en Educación Primaria: presentación, busca e análise crítica de experiencias de aprendizaxe por proxectos en Educación Física.
5. Deseño de propostas de aprendizaxe por proxectos a través da motricidade en Educación Infantil e en Educación Física en Educación Primaria en contextos escolares e non escolares: deseño e xustificación de propostas de aprendizaxe por proxectos a través de contos motrices en Educación Infantil e en Educación Física en Educación Primaria e para outros contextos non escolares.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Abelairas, C., Barcala, R., & Gil, P. (2016). Didáctica de la educación física en educación infantil. Síntesis.
Contreras, O. & Gutiérrez, D. (Coords.) (2017). El aprendizaje basado en proyectos en Educación Física. Inde.
Vergara-Ramírez, J.J., (2015). Aprendo porque quiero. El aprendizaje basado en proyectos (ABP) paso a paso. SM.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Aranda, P. & Monleón, C. (2016). El Aprendizaje Basado en Proyectos en el área de Educación Física. Cuaderdos de divulgación del COLEFCCAFE-CV, 53-66.
Arias, A., Arias, D., Navaza, M.V., & Rial, M. D. (2009). O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria. Xunta de Galicia.
Arias, A. & Rial, M.D. (1995). Traballar por proxectos nas aulas de infantil e primaria. Xerais.
García de las Bayonas, M. & Baena-Extremera, A. (2017). Motivación en Educación Física a través de diferentes metodologías didácticas. Profesorado, Revista de currículum y formación del profesorado, 21(1), 387-402.
García-Ruíz, R. (2013). Enseñar y aprender en Educación Infantil a través de proyectos. Universidad de Cantabria.
González-Arévalo, C. (Coord.) (2014). Una educación física para la vida: Recursos prácticos para un aprendizaje funcional. Inde.
León-Díaz, O., Martínez-Muños, L.F., & Santos-Pastos, M.L. (2018). Análisis de la investigación sobre Aprendizaje Basado en Proyectos en Educación Física. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 21(2), 27-42.
Moya-Mata, I. & Peirats-Chacón, J. (2019). Aprendizaje Basado en Proyectos en Educación Física en primaria: un estudio de revisión. REIDOCREA, 8(2), 115-130.
Monguillot, M., González, C., Zurita, C., Almirall, L., & Guitert, M. (2015). Play the game: gamificación y hábitos saludables en educación física. Revista Apunts ,Educación Física y Deportes, 119, 71-79.
Pacheco, D.I., Canedo, A., Martín, B., Bleye, Y., & Gago, A. (2020). El trabajo por proyectos en el currículo educativo: principios metodológicos que lo fundamentan. International Journal of Developmental and Educational Psychology, 1(2), 197-208.
Peixoto-Pino, L. (2014). Proyecto interdisciplinar “escuela: comunidad olímpica”. Revista Retos, Nuevas Tendencias en Educación Física, Deporte y Recreación, 25, 140-143.
Peixoto-Pino, L., Rico-Díaz, J., & Arufe-Giráldez, V. (2019). Elaboración y aplicación de un proyecto interdisciplinar en las etapas de infantil y primaria sobre prevención de accidentes promovido desde el área de Educación Física. Revista Retos, Nuevas Tendencias en Educación Física, Deporte y Recreación, 35, 250-254.
Ramírez, V. (2017). Diseño e implementación de un programa de actividad física basado en la metodología ABP y su influencia en las competencias y valores del alumnado de sexto de primaria (tesis de doctorado).Universidad de Málaga: Facultad de psicología.
Segovia, Y. & Gutiérrez, D. (2018). Efecto de una unidad didáctica de educación deportiva por proyectos sobre las relaciones sociales y nivel de autonomía. Revista EMÁSF, 51, 89-103.
COMPETENCIAS XERAIS E BÁSICAS.
G6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
G8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB8 - Que os/as estudantes sexan quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os/as estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os/as estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS.
T2 - Capacidade de adaptación a situacións novas.
T3 - Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
T4 - Traballar de forma colaborativa.
T5 - Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.
T6 - Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
T8 - Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento.
T10 - Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS.
E7 - Capacidade de aplicar coñecementos teóricos relativos ás Didácticas Específicas, tanto á investigación coma á innovación e á avaliación.
E8 - Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/ou innovación realizado, utilizando no seu caso recursos audiovisuais de apoio.
E10 - Coñecer os fundamentos teóricos que sustentan a investigación e innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
E13 - Analizar e valorar criticamente investigacións e proxectos de innovación en ámbitos disciplinares específicos.
E15 - Identificar criterios de calidade e control tanto na investigación coma na práctica docente, fomentando o espírito crítico, reflexivo e innovador.
E16 - Deseñar, xustificar, organizar e avaliar propostas para a investigación e a innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
E17 - Seleccionar, adaptar e aplicar materiais e recursos TIC e doutra índole, para mellorar a ensinanza e aprendizaxe dos diferentes ámbitos disciplinares.
E18 - Recoñecer a investigación e a innovación aplicada ás ciencias da educación coma ferramenta continua de innovación e mellora educativa e social.
EXPOSICIÓN DO PROFESOR OU SESIÓN MAXISTRAL (CLASES EXPOSITIVAS EN GRAN GRUPO).
A primeira exposición en gran grupo estará dirixida a escoitar as expectativas, intereses e coñecementos previos dos/as estudantes a través de determinadas actividades iniciais coa intención de axustar, o máis posible, a materia á demanda do grupo.
A utilización da exposición oral vai ir enfocada, xunto coa organización lóxica dos contidos de cada tema, a ofrecer momentos de crítica, de resolución de problemas, de cuestións baseadas en estudos científicos e en prácticas profesionais sobre unha cuestión determinada.
A exposición do docente ordenará o fío condutor da temática que se imparta, incentivando cara á participación e debate (discusión dirixida) dos/as estudantes.
Utilizaranse exemplos de prácticas reais en centros educativos de Educación Infantil e Primaria (e doutros ámbitos) que acerquen os contidos teóricos á realidade das aulas xerando, a partir deles, situacións de debate e resolución de supostos prácticos.
EXPOSICIÓN EN CLASES PRÁCTICAS (GRUPOS MEDIANOS).
Dividirase aos/ás estudantes en grupos medianos que deberán deseñar una proposta teórico- práctica (proba mixta) partindo dos contidos asignados a cada un deles.
Unha vez deseñada deberán expoñela nas sesións interactivas, facendo as funcións de Mestres/as mentres os seus compañeiros/as participan en debates ou coma estudantes de Educación Infantil ou Primaria (presentación oral e aprendizaxe colaborativa).
O docente dirixirá a primeira sesión interactiva para acercarlle aos/ás estudantes as habilidades e ferramentas necesarias para enfrontarse á exposición práctica deseñada por eles/as mesmos/as.
CLASES EN PEQUENO GRUPO. PRÁCTICAS TUTELADAS.
As actividades -en pequeno grupo ou individuais- servirán para resolver dúbidas e orientar cara á elaboración e exposición do traballo interactivo, facendo fincapé na importancia de saber buscar, seleccionar e basear o seu traballo en fontes documentais de rigor científico.
Os/as estudantes poderán consultar, na aula virtual da materia, todo o material empregado para o desenvolvemento das sesións.
• Aprendizaxe colaborativa (participación en debates, clases interactivas…): 10%
• Traballos tutelados (preparación dunha proposta práctica a partires duns contidos asignados polo/a docente): 45%
• Presentación oral (exposición do traballo grupal): 45%
--Estudantes con exención de docencia. Só aplicado ás clases expositivas, sendo obrigatoria a participación nas clases interactivas de igual xeito que o resto de compañeiros/as (incluída a parte do traballo de exposición e defensa). A parte porcentual da avaliación por asistencia e participación nas clases expositivas será compensada cun traballo individual acerca dos contidos teóricos da materia. Deste xeito, a avaliación para os/as estudantes con exención de docencia sería:
• Traballo individual sobre os contidos da materia: 10%.
• Traballos tutelados (preparación dunha proposta práctica a partires duns contidos asignados polo/a docente): 45%
• Presentación oral (exposición do traballo grupal): 45%
--Estudantes con dispensa de asistencia.
Os/as estudantes con dispensa de asistencia deberán acreditar a súa competencia na materia a través dunha avaliación diferente ao do resto de compañeiros/as, que se concreta en:
• Exame (sobre os contidos teórico-prácticos da materia): 50%.
• Presentación dunha proposta práctica a partir dos contidos asignados polo/a docente, de natureza similar ao que teñen que realizar o resto de compañeiros/as (esta proposta, unha vez entregada, debe ser defendida ante o docente de forma presencial ou telemática): 50%.
OBSERVACIÓNS:
--Asistencia a clase: Para poder ser avaliado na materia, o/a estudante deberá ter participado, realizado e presentado, aló menos, nun 80% das actividades requiridas tanto nas sesións expositivas como nas interactivas. Segundo o apartado c) do punto 2 do artigo 1 (sistemas de avaliación) do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (25 de novembro de 2024), a asistencia nese 80% (mínimo) é preceptivo para superar a materia ou para presentarse ao exame na convocatoria ordinaria, publicándose na aula virtual da materia a listaxe de estudantes que cumpren con ese requisito. Os/as que non superen ese 80% non poderán aprobar a materia na convocatoria ordinaria. En sucesivas convocatorias poderán facelo realizando, ademais dunha proba teórico-conceptual, outra de corte práctico-aplicado que avaliará as competencias procedimentais.
En todo caso, o programa desta materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
--Control da asistencia: presencial mediante sinatura.
--Dispensa de asistencia a clase e exención de docencia: os/as estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia ou exención oficial de docencia deberán poñerse en contacto cos/as profesores/as da materia á maior brevidade posible. Nalgúns casos, poderase establecer un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas dos/as estudantes, sempre que se respecten e garantan os mesmos principios de equidade na avaliación e de igualdade de oportunidades para todos/as. Deberá respectar as datas establecidas para a entrega e exposición de traballos e facer un seguimento activo da materia mediante as titorías e a plataforma virtual para un desenvolvemento axeitado da mesma, así como a súa superación.
--Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación, aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación desta materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria ordinaria, con independencia do proceso disciplinario que se sexa aplicado aos/ás estudantes infractores/as. Considerase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados, recuperados doutros anos e doutros compañeiros/as ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou re-interpretación e sen citas aos autores e das fontes. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
--Estudantes repetidores/as. Os/as estudantes repetidores/as deberán cumprir de novo con todos os requisitos necesarios para superar a materia (incluída a asistencia mínima nun 80% tanto ás clases expositivas como interactivas), ao considerarse unha nova convocatoria e á necesidade de coordinarse cos/as compañeiros/as para a realización dos diferentes traballos do curso.
Esta é unha materia de 3 ECTS (75 horas).
-Traballo presencial dos/as estudantes: 21 horas.
-Clases expositivas: 9 horas.
-Clases interactivas: 12 horas.
-Titorías: 3 horas.
-Traballo non presencial dos/as estudantes: 51 horas.
- Estudo autónomo, individual e en grupo: 12 horas.
- Actividades na biblioteca, lecturas recomendadas e procura de fontes bibliográficas ou similares: 10 horas.
- Elaboración dun traballo persoal, acorde á metodoloxía de traballo por proxectos estudado nas sesións expositivas e interactivas : 25 horas.
- Preparación da presentación oral do proxecto: 4 horas.
-Lectura de textos e apuntamentos previa ás sesións.
-Participación activa nas clases, titorías e outras canles complementarias como a virtual.
-Cumprir o ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua.
-Ás sesións interactivas é imprescindible vir provisto de roupa e calzado deportivo.
--RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
Os traballos realizados polos/as estudantes deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade de aforro de tinta.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
--PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://assets.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/more_info_service…
--OUTRAS QUE OS/AS ESTUDANTES DEBEN TER PRESENTE:
• Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
• Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
• Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose os/as estudantes das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
• Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e os/as estudantes matriculados/as na materia.
• Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
José Eugenio Rodríguez Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 881812014
- Correo electrónico
- geno.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Javier Rico Diaz
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 881812014
- Correo electrónico
- javier.rico.diaz [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
19:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
19:30-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
19:30-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
22.05.2026 18:30-20:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - SALA DE XUNTAS (SALA MARÍA BARBEITO) |
01.07.2026 18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - SALA DE XUNTAS (SALA MARÍA BARBEITO) |