Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia pretende introducir ao estudantado nos procedementos de traballo e investigación sobre o territorio, seguindo os principios de análise clásicas das Ciencias Sociais. Desta forma, trabállase na elaboración de índices completos e coherentes tanto de proxectos de investigación como de traballos de consultoría de base territorial. Abórdanse os procedementos de como se debe xustificar a análise, a elaboración de hipótese, a fixación dun obxectivo xeral e varios específicos, e afóndase na metodoloxía esixible a un estudo rigoroso de planificación a escala local, comarcal ou rexional.
Explícase a importancia das fontes de investigación, a necesidade de que sexan rigorosas e o seu diferente carácter (documentais, estatísticas, cartográficas, resultado do traballo de campo, etc.).
Valóranse as fortalezas e debilidades dos métodos cuantitativos e cualitativos. Insístese na necesidade de desenvolver traballo de campo e de observación directa. O manexo de cartografía xeral e temática. A elaboración de cadros, táboas e mapas: unha introdución xeral. A forma de concluír o traballo e como redactar unhas consideracións xerais.
Os contidos da materia concrétanse nos seguintes temas:
1. Como elaborar un proxecto de investigación ou de consultoría de base territorial: os principios básicos e iniciais.
2. O establecemento de obxectivos e hipóteses. A opción por unha metodoloxía rigorosa.
3. As fontes para a análise territorial: unha aproximación tipolóxica.
4. A importancia do traballo de campo e a observación directa: o rigor no procedemiento a seguir.
5. As posibilidades do material cartográfico: unha introdución.
6. Como elaborar e producir o estudo territorial. A importancia do cumprimento dos obxectivos e a elaboración de conclusións.
BÁSICA
- Carballo, C. T. (coord.), (2024): Geografías, métodos y técnicas : una introducción al oficio de la investigación, Universidad Nacional de Quilmes.
- Claval, P. (2020): El papel del trabajo de campo en la geografía: de las epistemologías de la curiosidad a las del deseo, Investigaciones Geográficas, 103.
- Flowerdew, R. e Martin, D. (eds.) (2010): Methods in Human Geography. Harlow: Prentice Hall.
- Galiana, L. e Vinuesa, J. (coords.) (2010): Teoría y práctica para una ordenación racional del territorio. Madrid: Síntesis.
- Silva, E. A., Healey, P., Harris, N. e Van den Broeck, P. (eds.). (2016): Routledge handbook of planning research methods. New York: Routledge.
- Zusman, P. (2011) La tradición del trabajo de campo en Geografía. Geograficando, 7 (7), 15-32.
COMPLEMENTARIA
- Arborio, A.-M. e Fournier, P. (2010): L’observation directe. Paris: A. Colin.
- Cadène, P. (2004): Le commentaire de cartes et de documents géographiques. Paris: Belin.
- Evert, K.-J (ed.). (2010): Encyclopedic dictionary of landscape and urban planning: Multilingual reference book in English, Spanish, French and German. Berlin: Springer.
- Clifford, N. J., French, S. e Valentine, G. (Eds.). (2010): Key methods in geography. London: Sage Publications.
- DeLyser, D., Herbert, S., Aitken, S., Crang, M. e McDowell, L. (Eds.). (2010): The SAGE handbook of qualitative geography. London: SAGE.
- Hall, P. e Tewdwr-Jones, M. (2011): Urban and regional planning. London: Routledge.
- Kitchin, R. e Tate, N. J. (2000): Conducting Research into Human Geography. Theory, Methodology and Practice. Harlow: Prentice Hall.
- Montello, D. R. e Sutton, P. C. (2006): An Introduction to Scientific Research Methods in Geography. Thousand Oaks: SAGE.
- Morange, M. e Schmoll, C. (2016): Les outils qualitatifs en géographie. Méthodes et applications. Paris: Armand Colin.
- Pujadas, R. e Font, J. (1998). Ordenación y planificación territorial. Madrid: Editorial Síntesis.
- Verdier, P. (2009): Le projet urbain participatif: Apprendre à faire la ville avec ses habitants. Paris: Ed. Y. Michel Adels.
- Weber, F., e Beaud, S. (2003): Guide de l’enquête de terrain: Produire et analyser des données ethnographiques. Paris: La Découverte.
- Hall, P. e Tewdwr-Jones, M. (2011): Urban and regional planning. London: Routledge.
- Montello, D. R. e Sutton, P. C. (2006): An Introduction to Scientific Research Methods in Geography. Thousand Oaks: SAGE.
- Morange, M. e Schmoll, C. (2016): Les outils qualitatifs en géographie. Méthodes et applications. Paris: Armand Colin.
- Ramos Fernández, A. (1979): Planificación física y Ecología. EMESA, Madrid.
- Riera, P. (2000): Evaluación de impacto ambiental. Barcelona: Rubes.
- Verdier, P. (2009): Le projet urbain participatif: Apprendre à faire la ville avec ses habitants. Paris: Ed. Y. Michel Adels.
- Weber, F., e Beaud, S. (2003): Guide de l’enquête de terrain: Produire et analyser des données ethnographiques. Paris: La Découverte.
XERAIS E BÁSICAS
CG01 - Capacidade de buscar e seleccionar a información útil para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas e estatísticas existentes
CG02 - Capacidade de manter e extender posicionamentos teóricos fundados para abordar problemas de investigación no eido da análise xeográfica e territorial
CG04 - Capacidade de planificar e realizar tarefas de investigación no ámbito dos estudos e análises territoriais
CG05 - Capacidade para desenvolver unha perspectiva crítica sobre os diferentes aspectos que condicionan o uso humano do territorio
CG06 - Capacidade para abordar os problemas dende unha visión holística que considere os efectos ambientais, sociais e económicos das decisións territoriais
CB6 - Poseer e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a menudo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ambientes novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecemeentos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan aas habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
TRANSVERSAIS
CT02 - Capacidade analítica e de síntese
CT01 - Capacidade de búsqueda e selección de información
CT03 - Capacidade de realizar una exposición en público e debater con soltura sobre o tema que se está expoñendo
CT04 - Coñecemento das principais fontes cartográficas e de información territorial
CT07 - Capacidade de traballo e de resposta baixo condicións adversas (dificultade de comunicación entre membros dun equipo, prazos de entrega exiguos, falta de recursos, etc.)
ESPECÍFICAS
CE01 - Entender o marco legal e institucional da planificación e xestión territorial
CE04 - Capacidade para realizar procesos de análise, avaliación e diagnóstico do territorio, do medio ambiente, do urbanismo, dos usos do solo e da propiedade da terra desde un punto de vista económico, social e ambiental
CE06 - Coñecemento e uso crítico da terminoloxía especializada na planificación e xestión territorial e ambiental, e capacidade para a aplicación práctica dos coñecementos sobre planificación do territorio, en especial no ámbito galego
CE07 - Preparación e redación de informes de ordenación do territorio, planeamiento urbanístico e de xestión ambiental a través da análise crítica, a avaliación e a síntese de ideas novas e complexas
CE08 - Coñecer as técnicas, ferramentas e tecnoloxías que permiten realizar unha planificación e xestión territorial eficiente e a diferentes escalas (rexional, urbana, etc.).
CE09 - Capacidade para o diseño de políticas de planificación e xestión do uso do solo, así como da propiedade da terra
Dende o comezo do curso, estará activa a Aula Virtual da materia, na cal o estudantado poderá consultar os avances das clases teóricas e interactivas, entregar as tarefas e comunicarse cos docentes e co resto da clase.
Nas aulas de tipo expositivo consideraremos os contidos teóricos referentes aos temas previstos. As aulas interactivas estarán dedicadas á estudos de casos prácticos, traballos das materias que, nalgúns casos, serán defendidos diante dos compañeiros e sometidos a un debate e discusión. Unha e outra metodoloxía non están disociadas, senón que se complementan ao longo do desenvolvemento da materia.
Os docentes atenderán as dúbidas que podan xurdir durante as horas de clases e nas horas de titorías individuais.
Realizaranse saídas de campo, para ampliar o coñecemento de técnicas de traballo de campo. Deste xeito, o estudantado participará nas actividades deseñadas e dirixidas ao alumnado no marco do proxecto europeo EUniWell: PILGRIM-APHY-TOUR. Pilgrimage as Well-Being Therapy. Exploring Mental, Physical and Social Benefits of Walking Pilgrimage.
A avaliación para a primeira e a segunda oportunidade desagrégase en catro compoñentes:
1) Proba de avaliación de coñecementos e competencias: na data estabelecida polo centro, realizarase unha proba final presencial de avaliación (complementaria á avaliación continua). Computará o 25% da nota final.
2) Avaliación continua das actividades prácticas interactivas (de tipo individual e grupal). Computará o 45% da nota final.
3) Participación activa nas aulas expositivas e interactivas. Computará o 15% da cualificación final
4) Saídas de campo: computarán o 15% da cualificación final. Desinadas a abordar o punto 4 dos contidos.
Tódalas actividades serán entregadas a través do Campus Virtual.
Con este sistema avaliaranse as seguintes competencias (mencionadas anteriormente) das aulas expositivas, interactivas e proba de avaliación: CG1, CG4, CG6, CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CT02, CT01, CT03, CT07, CE04, CE06, CE07, CE09. As competencias non sinaladas serán traballadas pero non evaluadas. As competencias evaluadas estruturanse do seguinte modo:
• Clases maxistrais: CG04, CT03, CE06
• Prácticas de aula interactiva: CG01, CB8, CB9, CB10, CT02, CT01, CE04, CE07
• Saída de Campo: CG06, CB7
• Proba de avaliación de coñecementos e competencias: CB6, CT07, CE09
Incidencia que ten a asistencia a clase no sistema de avaliación (artigo 1.2 do regulamento aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024): a asistencia a clase (mínimo o 80% das horas) será preceptiva para superar a materia. A asistencia valorarase como un factor máis na avaliación continua (15% da nota final).
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación - Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
O estudantado con dispensa académica de asistencia a clase terá que facer as mesmas probas que o resto do alumnado, e estarán dispoñibles na aula virtual os materiais e o a información relevante para a realización das prácticas e da proba final. Nesta modalidade o peso da proba final o será un 40%, e o dos traballos prácticos de entrega obrigatoria será un 60%. Estes traballos terán que ser entregados antes da realización do exame final.
Na avaliación en segunda oportunidade o peso da proba final será un 70%, e o dos traballos prácticos de entrega obrigatoria será un 30%. Estes traballos terán que ser entregados antes da realización do exame final.
En todas as modalidades de avaliación, para superar a materia é necesario acadar un 30% da nota máxima dos apartados 1 e 2 da avaliación, exame e traballos prácticos respectivamente.
Esta materia ten atribuídos 3 créditos (ECTS), o que equivale a unha carga de traballo de 75 horas, que se distribúen en 9 horas de clase expositiva, 12 horas de clase interactiva, 3 horas de titorías e 51 horas de traballo persoal.
A asistencia ás aulas será obrigatoria, salvo dispensa. A asistencia a clase (mínimo o 80% das horas) será preceptiva para superar a materia.
As horas presenciais concrétanse da seguinte maneira:
1. Como elaborar un proxecto de investigación ou de consultoría de base territorial: os principios básicos e iniciais. 2 h exp.
2. O establecemento de obxectivos e hipóteses. A opción por unha metodoloxía rigorosa. 2 h exp.
3. As fontes para a análise territorial: unha aproximación tipolóxica. 3 h exp.
4. A importancia do traballo de campo e a observación directa: o rigor no procedemiento a seguir. 6 h. interactivas
5. As posibilidades do material cartográfico: unha introdución. 6 h. interactivas
6. Como elaborar e producir o estudo territorial. A importancia do cumprimento dos obxectivos e a elaboración de conclusións. 2 h exp.
Recoméndase ao estudantado que, para a distribución das súas horas de traballo persoal e autónomo, teña como referencia a carga de horas expositivas e interactivas destinadas a cada tema.
• Dedicar de forma continua ao longo do curso un tempo de estudo axeitado aos contidos teóricos.
• Para dúbidas sobre a materia, están dispoñíbles as titorías, alén das preguntas na aula e o “Foro de titoría pública” activo na Aula Virtual.
• Manter unha perspectiva crítica ao longo do estudo da materia.
• Revisar o Campus Virtual para estar ao día co material e as tarefas asignadas.
• Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual.
Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: correo rai, Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Proceso de ensino-aprendizaxe (clases e titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos da USC: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria De Los Angeles Piñeiro Antelo
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- manxeles.pineiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ramon Lopez Rodriguez
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- ramonlopez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros