Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia orientase ó estudo da planificación e xestión do patrimonio urbano. No proceso de aprendizaxe do alumnado esperase que adquira os siguientes obxectivos:
1. Comprender a importancia dos procesos de rehabilitación e renovación urbana para a recuperación de áreas degradadas da cidade compacta.
2. Coñecer, distinguir e comprender os procesos de rehabilitación, renovación e revitalización urbana.
3. Coñecer os Plans Especiais e de Protección.
4. Interpretar os documentos de rehabilitación e renovación urbana, a estrutura interna e o modelo de xestión que propoñen.
A memoria do título contempla para esta materia os siguientes contidos, os cales coinciden co programa teórico da materia. Estes agruparonse en tres bloques diferentes, e desenvolveranse da siguiente maneira (9h. presenciais; 11h. non presenciais):
Bloque I. Os centros Históricos (2h. presenciais; 2h. non presenciais):
1. Os compoñentes dos centros históricos.
2. Modelos de xestión dos centros históricos.
Bloque II. Patrimonio e paisaxe (2h. presenciais; 3h. non presenciais):
3. Patrimonio cultural e paisaxe urbana.
4. A protección do patrimonio urbano.
Bloque III. Intervención patrimonio urbanizado e edificado (5h. presenciais; 6h. non presenciais):
5. Rehabilitación, renovación e revitalización.
6. Plans Especiais de Protección: orixe e carácter.
7. Áreas de Rehabilitación Integrada (ARI).
Este programa teórico será complementado cun programa práctico que se axusta ós contidos anteriores. Estará composto por tres prácticas asociadas a cada bloque, que se desenvolverán da seguinte maneira (12h. presenciais; 40h. non presenciais):
Interactiva I. Análise dun caso práctico de intervención nun centro histórico. (2h. presenciais; 8h. non presenciais)
Interactiva II. Estudo dos catálogos de patrimonio. (2h. presenciais; 6h. non presenciais)
Interactiva III. Simulación/Informe adaptado dunha área de rehabilitación. Con exposición. Asociada a saída de campo. (8h. presenciais; 26h. non presenciais)
Bibliografía básica
Alvarez, M.A., Frank, M.go, Yüksel, A. (2016). Heritage Tourism Destinations. Preservations, Communication and Development. CABI.
Campesino Fernández, A. J. (1989). La rehabilitación integrada de los centros históricos: el reto urbanístico de finales de los ochenta. Investigaciones geográficas, 7, pp. 7-18.
Comité Intergubernamental de protección del Patrimonio Mundial cultural y natural. Directrices Prácticas para la aplicación de la Convención del Patrimonio Mundial. UNESCO. https://irpmzcc2.org/upload/secciones_archivos/04-directrices-practicas….
Graham, B.; Ashworth, G.J., Tunbridge, J. (2000). A Geography of Heritage. Londres, Arnold.
Manero, M.F., García Cuesta, J.L. (2016). Patrimonio cultural y desarrollo territorial. Cizur Menor (Navarra), Aranzadi.
Martos Molina, M. (2016). Herramientas para la gestión turística del patrimonio cultural: Manual para gestores culturales. Gijón, Ediciones Trea.
Tarroja, A. y Camagni, R. (Coords.) (2006). Una nueva cultura del territorio. Criterios sociales y ambientales en las políticas y el gobierno del territorio. Barcelona, Ed. Diputaciò de Barcelona.
Troitiño Viñuesa, M.A. (1992). Cascos antiguos y centros históricos: problemas políticas y dinámicas urbanas. Madrid, MOPT.
Troitiño Vinuesa, M.A. e García Marchante, J.S.: Vivir las Ciudades Históricas. Recuperación Integrada y Dinámica Funcional. Cuenca, Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha.
Troitiño Vinuesa, M.A. (Coord.) (2008). Ciudades Patrimonio de la Humanidad: Patrimonio Turismo y Recuperación Urbana. Sevilla, Universidad Internacional de Andalucía, Junta de Andalucía, Consejería de Cultura.
Xunta de Galicia. Ley 5/2016, de 4 de mayo, del patrimonio cultural de Galicia.
Zárate Martín, A. (1991). El espacio interior de la ciudad. Madrid, Ed. Síntesis.
Zoido, F.; De la Vega, S.; Morales, G.; Mas, R. y Lois, R. (2000). Diccionario de Geografía urbana, urbanismo y Ordenación del Territorio. Barcelona, Ariel.
Escolma de páxinas web
Consejo de Europa (1975). Carta europea del patrimonio arquitectónico, (26 de septiembre de 1975). http://ipce.mcu.es/pdfs/1975_Carta_Amsterdam.pdf
Consejo de Europa (1986): Carta Internacional para la Conservación de las Ciudades Históricas. (Carta De Toledo, 1986). http://ipce.mcu.es/pdfs/1986_Carta_Toledo.pdf
EUROPA NOSTRA: https://www.europanostra.org/
HISPANIA NOSTRA: https://www.hispanianostra.org/
Instituto galego de Vivenda e do Solo: http://igvs.xunta.gal/web/igvs/portada
UNESCO (1972). Convención sobre la protección del patrimonio mundial, cultural y natural Dispoñible en: whc.unesco.org/archive/convention-es.pdf
UNESCO (2002): Declaración de Budapest sobre el patrimonio mundial. Dispoñible en: http://www.patrimonio-mundial.com/decl-budapest.pdf.
UNHABITAT: https://unhabitat.org/
Bibliografía complementaria
Ashworth, G.J. , Tunbridge, J. E. (2000). The Tourist-Historic City: Retrospect and Prospect of Managing the Heritage City. Oxford, Pergamon.
Bernal Santa Olalla, B. (Coord.) (1997). El centro histórico de las ciudades. Patrimonio cultural. Burgos, Caja Burgos.
Cohen, N. (2000). Urban Planning, Conservation and Preservation. New York, Ed. MacGraw-Hill.
Levy, J. P. (1987). Centres Villes en Mutation. Paris, CNRS.
Merlin, P. y Choay, F. (2005). Dictionaire d´urbanisme et de amenagement. Paris, PUF.
Muzaini, H., Minca, C. (2020). After heritage, critical perspectives on heritage from below. Cheltenham, UK - Northampton, MA, USA, Edward Elgar Publishing.
Ruskin, J. (1989). Las siete lámparas de la arquitectura. Madrid, Dirección General de Bellas Artes y Archivos.
Tonucci, F. (2015). La ciudad de los niños. Barcelona, Graó.
Competencias Xerais
CX01. Capacidade de buscar e seleccionar a información útil para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas e estatísticas existentes.
CX02. Capacidade de manter e estender formulacións teóricas fundadas para abordar problemas de investigación no campo da análise xeográfica e territorial.
CX04. Capacidade de planificar e realizar tarefas de investigación no ámbito dos estudos e análises territoriais.
CX05. Capacidade para desenvolver unha perspectiva crítica sobre os diferentes aspectos que condicionan o uso humano do territorio.
CX06. Capacidade para abordar os problemas desde unha visión holística que considere os efectos ambientais, sociais e económicos das decisións territoriais.
Competencias Básicas
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias Transversais
CT01. Capacidade de procura e selección de información.
CT02. Capacidade analítica e de síntese.
CT03. Capacidade de realizar unha exposición en público e debater con soltura sobre o tema que se está expoñendo.
CT04. Coñecemento das principais fontes cartográficas e de información territorial.
CT07. Capacidade de traballo e de resposta baixo condicións adversas (dificultade de comunicación entre membros dun equipo, prazos de entrega exiguos, falta de recursos, etc.).
CT08. Adquisición de responsabilidade ambiental e social na elaboración de políticas territoriais e na implantación de plans e proxectos con incidencia territorial, así como nas solucións técnicas adoptadas.
Competencias Especificas
CE01. Entender o marco legal e institucional da planificación e xestión territorial.
CE02. Coñecer os principais instrumentos de ordenación e xestión territorial e as principais figuras de plan en ordenación do territorio e urbanismo.
CE04. Capacidade para levar a cabo procesos de análises, avaliación e diagnóstico do territorio, do medio ambiente, do urbanismo, dos usos do solo e da propiedade da terra desde un punto de vista económico, social e ambiental.
CE05. Formación para extraer, analizar e presentar a información necesaria para a toma de decisións na planificación e xestión territorial e ambiental.
CE06. Coñecemento e uso crítico da terminoloxía especializada en planificación e xestión territorial e ambiental, e capacidade para a aplicación práctica dos coñecementos sobre planificación do territorio, en especial no ámbito galego.
CE07. Preparación e redacción de informes de ordenación do territorio, plan urbanístico e de xestión ambiental a través da análise crítica, a avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CE08. Coñecer as técnicas, ferramentas e tecnoloxías que permiten realizar unha planificación e xestión territorial eficiente e a diferentes escalas (rexional, urbano, etc.).
CE12. Capacidades críticas necesarias para a actividade investigadora e a realización dunha tese doutoral nos ámbitos propios da planificación e xestión territorial.
Dende o comezo do curso, estará activa a Aula Virtual da materia, na cal o alumnado poderá consultar os avances das clases teóricas e interactivas, entregar as tarefas e comunicarse coa docente e coa clase.
A docencia será impartida de xeito presencial. Nas aulas expositivas consideraremos os contidos teóricos referentes aos temas previstos. As aulas interactivas estarán dedicadas á estudos de casos prácticos, traballos das materias que, nalgúns casos, serán defendidos diante dos compañeiros e sometidos a un debate e discusión, para un mellor entendemento de certos procesos complexos. Unha e outra metodoloxía non están disociadas, senón que se complementan ao longo do desenvolvemento da materia.
O seguimento das actividades vaise realizar a través dunha programación de entregas, para que o alumnado poida organizar o propio tempo de estudo.
Atenderase as dúbidas que poidan xurdir durante as horas de titorías. Estas serán individuais fundamentalmente de carácter presencial, se ben se poderán programar titorías por vía telemática (e que terán lugar por Microsoft Teams).
Realizarase unha saída de campo de carácter obrigatoria orientada ó proxecto final da materia.
A metodoloxía da ensinanza avaliará as seguintes competencias (mencionadas anteriormente) das aulas expositivas, interactivas e proba de avaliación: CX01, CX04, CX05, CX06, CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CT02, CT01, CT03, CE01, CE02, CE04, CE05, CE06, CE07. As competencias non sinaladas serán traballadas pero non evaluadas. As competencias evaluadas estruturanse do seguinte modo:
• Clases maxistrais: CX05, CB6, CE01, CE02
• Prácticas de aula interactiva: CX01, CB10, CT02, CE06
• Saída de Campo: CX04, CE04
• Proxecto materia: CX06, CB7, CB8, CB9, CT01, CT03, CE05, CE07
A avaliación para a primera oportunidade desglosase en dúas compoñentes obrigatorias:
1) Evaluación continua das actividades prácticas interactivas presencias, que serán de tipo individual e grupal. Computarán o 40% da nota final. Nesta compoñente, tendrase en conta a participación activa do alumnado nas clases .
2) Proxecto da asignatura: o alumnado tendrá que entregar e defender un proxecto final (este poderá ser grupal ou individual), que supondrá o 60% da nota final. Computará o 40% da nota final o documento escrito e un 20% a defensa na aula.
Tódaslas actividades serán entregadas a través do Campus Virtual.
A asistencia a clase ten incidencia no sistema de avaliación. Será valorada coma un factor máis da avaliación continua (10% da nota nese apartado).
Para superar a materia será necesario realizar a entrega de tódaslas actividades prácticas solicitadas durante o curso, así como a entrega e defensa do proxecto. Cada actividade entregada deberá alcanzar como mínimo o 30% da súa nota máxima para que pondere para a nota final. Se a media final non resultara nunha calificación por enriba de 5, fai falta afrontar a segunda oportunidade de avaliación.
A avaliación para a segunda oportunidade sería mediante a realización dunha proba de avaliación de coñecementos e competencias, ante a imposibilidade de realizar avaliación continua. AS competencias avaliables son: CX02, CB6, CB9, CT04, CE01, CE02, CE06.
Para o alumnado con dispensa académica concedida, requeriránse entregas equivalentes ás do alumnado sen dispensa para a primeira oportunidade. En segunda oportunidade deberá realizarse a proba de avaliación de coñecementos e competencias.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e derevisión de cualificacións.
A materia ten unha carga de traballo persoal de 75 horas (3 ECTS), entre clases presenciais e actividades non presenciais:
Clases Expositivas: 9 horas
Clases Interactivas: 12 horas
Titorías: 3 horas
Traballo persoal (tempo de estudo individual, utilización de recursos dispoñibles no Campus Virtual, exercicios de avaliación, preparación da defensa de traballo, etc.): 51 horas
Con carácter xeral, recoméndase aos alumnos contemplar cada materia como aspecto particular dun problema global, neste caso aportar a perspectiva xeográfica á práctica da xestión do patrimonio urbano.
• Dedicar de forma continua ao longo do curso un tempo de estudo axeitado aos contidos teóricos.
• Para dúbidas sobre a materia, están dispoñíbles as titorías (que poderán ser presenciais ou telemáticas se fose necesario), alén das preguntas na aula.
• Manter unha perspectiva crítica ao longo do estudo da materia.
• Revisar o Campus Virtual para estar ao día co material e as tarefas asignadas.
• Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual
Ramon Lopez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- ramonlopez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros