Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Achegarse á importancia da cooperación para o desenvolvemento na análise xeográfica.
2. Coñecer e distinguir os conceptos de cooperación e desenvolvemento. Os documentos clásicos sobre a cooperación.
3. Dominar a cartografía xeral e temática referida incluída nos diferentes documentos de cooperación para o desenvolvemento e elaborados por distintas institucións.
4. Entender a importancia da cooperación na corrección dos desequilibrios económicos e demográficos, e na fixación dun modelo territorial de futuro.
5. Comprender a tipoloxía de plans de cooperación para o desenvolvemento en distintos contextos.
6. Interpretar a estrutura e a calidade dos documentos oficiais de cooperación, a súa estrutura interna e o modelo territorial que propoñen.
7. Coñecer as diferentes posibilidades que ofrece a cooperación territorial para a corrección dos principais problemas que afectan aos ámbitos local e rexional. O seu diferente grao de complexidade.
8. Manexar as técnicas de elaboración consensuada dun documento de cooperación, os criterios de revisión do mesmo e os criterios de necesaria revisión participativa.
A memoria do título contempla para esta materia os siguientes contidos:
1. A cooperación para o desenvolvemento: concepto e estratexias de cooperación público-privadas.
2. Compoñentes da cooperación territorial: transfronteriza, transnacional e marítima, cooperación cás rexións ultraperiféricas, cooperación interrexional, inversión interrexional en innovación.
3. Elaboración de proxectos de cooperación.
4. Xestión de proxectos de cooperación.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
PROGRAMA TEÓRICO (9h. presenciais; 12h. non presenciais)
1. A cooperación para o desenvolvemento: unha definición. (1h.presenciais; 1h. non presenciais)
2. As estratexias de cooperación pública e privada: a AECID, a UE e as ONGs. (1h.presenciais; 2h. non presenciais)
3. Os compoñentes da cooperación territorial. (2h.presenciais; 2h. non presenciais)
4. Os ámbitos da cooperación internacional: América Latina, África e o Sur de Asia. (2h.presenciais; 2h. non presenciais)
5. A aportación da Xeografía e do Ordenamiento Territorial a cooperación para o desenvolvemento. (1h.presenciais; 1h. non presenciais)
6. Elaboración e xestión de proxectos de cooperación. (2h.presenciais; 4h. non presenciais)
Este programa teórico será complementado cun programa práctico que se axusta ós contidos anteriores. Estará composto por:
PROGRAMA PRÁCTICO (12h.presenciais; 39h. non presenciais)
Interactiva I. Estudo de caso sobre a cooperación público e privada. (2h. presenciais; 4h. non presenciais)
Interactiva II. Análise de situacións dos diferentes ámbitos da cooperación internacional. (2h. presenciais; 5h. non presenciais)
Interactiva III. Proxecto da materia. Simulación de elaboración dun proxecto de cooperación. (8h. presenciais; 30h. non presenciais)
Bibliografía básica
Bendelac Gordon, L., Guillermo Ramírez, M. (Coords.). (2019). La cooperación transfronteriza para el desarrollo. Madrid, Los Libros de la Catarata.
Klingebiel, S., Mahn, T., Negre, M. (Eds.) (2016). The fragmentation of aid: concepts, measurements and implications for development cooperation. London, Palgrave Macmillan, Springer Nature.
Mariño Menéndez, F., Pérez González, C., Cebada Romero, A. (Coords.) (2017). Instrumentos y regímenes de cooperación internacional. Madrid, Trotta.
Márquez Domínguez, J. (Dir.) (1998). La Apuesta por el Desarrollo Local. Huelva, Caja Rural de Huelva.
Márquez Fernández, D.; Navarro, Luna, J., García Gómez, A. (1999). Territorio y cooperación. Sevilla, Universidad de Sevilla.
Martínez Puche, A.; Pérez i Pérez, D., Sancho Carbonell, I. (2000). Herramientas para el desarrollo local. Alicante, Universidad de Alicante.
Maruri, A. (2008). Las ONGD y la cooperación internacional para el desarrollo. Valencia, Patronat Sud-Nord, Solidaritat i Cultura-FGUV: Publicacions de la Universitat de València.
Rodríguez González, R.; Dos Santos Caldas, A. y Mascarenhas Bisneto, J. (1999). Desarrollo local y regional en Iberoamérica. Santiago de Compostela, Ed. Universidade de Santiago de Compostela.
Rodríguez Gutiérrez, F. (1999). Manual de Desarrollo Local. Gijón, Ed. Trea.
Xunta de Galicia, CONGACODE (2018). IV Plan director de la cooperación gallega (2018-2021). https://cooperacion.xunta.gal/sites/w_coopga/files/planificacion/ivplan…
Escolma de páxinas web
AECID (Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo). https://www.aecid.es/ES
Cooperación española. https://www.cooperacionespanola.es/
Consejo Gallego de Cooperación para el Desarrollo (CONGACODE): https://cooperacion.xunta.gal/es/consejo-gallego-de-cooperacion-para-el…
European Commission. International Partnership. https://ec.europa.eu/international-partnerships/home_en
International Cooperation. Horizon 2020. https://ec.europa.eu/programmes/horizon2020/en/area/international-coope…
Bibliografía complementaria
Alonso, J.A., Aguirre, P., Santander, G. (2019). El nuevo rostro de la cooperación internacional para el desarrollo. Madrid, Los Libros de la Catarata.
Burnell, P., Randall, V. (Ed.) (2009). Politics in the developing world. Oxford, Oxford University Press.
Echart Muñoz, E., Cabezas Valencia, R., Sotillo Lorenzo, J.A. (2016). (Eds.) Manual para la elaboración de investigaciones en cooperación para el desarrollo. Madrid, Los Libros de la Catarata.
Marengo, M. (Ed.) (2006). La dimensione locale, esperienze (multidisciplinari) di ricerca e questione metodologiche. Roma, Aracne Ed.
Miossec, A.; Arnould, P. y Veyret, Y. (2004). Ver une Géographie du développement durable. Paris, Histoires & Géographies.
Competencias Xerais
CX01. Capacidade de buscar e seleccionar a información útil para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas e estatísticas existentes.
CX02. Capacidade de manter e estender formulacións teóricas fundadas para abordar problemas de investigación no campo da análise xeográfica e territorial.
CX05. Capacidade para desenvolver unha perspectiva crítica sobre os diferentes aspectos que condicionan o uso humano do territorio.
CX06. Capacidade para abordar os problemas desde unha visión holística que considere os efectos ambientais, sociais e económicos das decisións territoriais.
Competencias Básicas
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias Transversais
CT01. Capacidade de procura e selección de información.
CT02. Capacidade analítica e de síntese.
CT03. Capacidade de realizar unha exposición en público e debater con soltura sobre o tema que se está expoñendo.
CT06. Capacidade de traballo en equipo e liderado, en contornas cooperativas, pluridisciplinares ou de alto nivel competitivo.
CT07. Capacidade de traballo e de resposta baixo condicións adversas (dificultade de comunicación entre membros dun equipo, prazos de entrega exiguos, falta de recursos, etc.).
CT08. Adquisición de responsabilidade ambiental e social na elaboración de políticas territoriais e na implantación de plans e proxectos con incidencia territorial, así como nas solucións técnicas adoptadas.
Competencias Especificas
CE01. Entender o marco legal e institucional da planificación e xestión territorial.
CE02. Coñecer os principais instrumentos de ordenación e xestión territorial e as principais figuras de plan en ordenación do territorio e urbanismo.
CE05. Formación para extraer, analizar e presentar a información necesaria para a toma de decisións na planificación e xestión territorial e ambiental.
CE06. Coñecemento e uso crítico da terminoloxía especializada en planificación e xestión territorial e ambiental, e capacidade para a aplicación práctica dos coñecementos sobre planificación do territorio, en especial no ámbito galego.
CE07. Preparación e redacción de informes de ordenación do territorio, plan urbanístico e de xestión ambiental a través da análise crítica, a avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CE08. Coñecer as técnicas, ferramentas e tecnoloxías que permiten realizar unha planificación e xestión territorial eficiente e a diferentes escalas (rexional, urbano, etc.).
CE12. Capacidades críticas necesarias para a actividade investigadora e a realización dunha tese doutoral nos ámbitos propios da planificación e xestión territorial.
Dende o comezo do curso, estará activa a Aula Virtual da materia, na cal o alumnado poderá consultar os avances das clases teóricas e interactivas, entregar as tarefas ecomunicarse coa docente e coa clase.
A docencia será impartida de xeito presencial. Nas aulas expositivas consideraremos os contidos teóricos referentes aos temas previstos. As aulas interactivas estarándedicadas á estudos de casos prácticos, traballos das materias que, nalgúns casos, serán defendidos diante dos compañeiros e sometidos a un debate e discusión, para unmellor entendemento de certos procesos complexos. Unha e outra metodoloxía non están disociadas, senón que se complementan ao longo do desenvolvemento da materia.
O seguimento das actividades vaise realizar a través dunha programación de entregas, para que o alumnado poida organizar o propio tempo de estudo.
Atenderase as dúbidas que poidan xurdir durante as horas de titorías. Estas serán individuais fundamentalmente de carácter presencial, se ben se poderán programartitorías por vía telemática (e que terán lugar por Microsoft Teams).
Realizarase unha saída de campo de carácter obrigatoria orientada ó proxecto final da materia.
A metodoloxía da ensinanza avaliará as seguintes competencias (mencionadas anteriormente) das aulas expositivas, interactivas e proba de avaliación: CX01, CX05, CX06, CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CT02, CT01, CT03, CT06, CE01, CE02, CE05, CE06, CE07. As competencias non sinaladas serán traballadas pero non evaluadas. As competencias evaluadas estruturanse do seguinte modo:
• Clases maxistrais: CX05, CB6, CE01, CE02
• Prácticas de aula interactiva: CX01, CB10, CT02, CE06
• Saída de Campo: CE04
• Proxecto materia: CX06, CB7, CB8, CB9, CT01, CT03, CT06, CE05, CE07
A avaliación para a primera e a segunda oportunidade desglosase en dúas compoñentes obrigatorias:
1) Evaluación continua das actividades prácticas interactivas presencias, que serán de tipo individual e grupal. Computarán o 40% da nota final. Nesta compoñente, tendrase en conta a participación activa do alumnado nas clases .
2) Proxecto da materia: o alumnado tendrá que entregar e defender un proxecto final (este poderá ser grupal ou individual), que supondrá o 60% da nota final. Computará o 40% da nota final o documento escrito e un 20% a defensa na aula.
Tódaslas actividades serán entregadas a través do Campus Virtual.
A asistencia a clase ten incidencia no sistema de avaliación. Será valorada coma un factor máis da avaliación continua (10% da nota nese apartado).
Para superar a materia será necesario realizar a entrega de tódaslas actividades prácticas solicitadas durante o curso, así como a entrega e defensa do proxecto. Cadaactividade entregada deberá alcanzar como mínimo o 30% da súa nota máxima para que pondere para a nota final. Se a media final non resultara nunha calificación porenriba de 5, fai falta afrontar a segunda oportunidade de avaliación.
A avaliación para a segunda oportunidade sería mediante a realización dunha proba de avaliación de coñecementos e competencias, ante a imposibilidade de realizar avaliación continua. As competencias avaliables son: CX02,CB6, CB9, CE01, CE02, CE06.
Para o alumnado con dispensa académica concedida, requeriránse entregas equivalentes ás do alumnado sen dispensa para a primeira oportunidade. En segunda oportunidade deberá realizarse a proba de avaliación de coñecementos e competencias.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes ederevisión de cualificacións.
A materia ten unha carga de traballo persoal de 75 horas (3 ECTS), entre clases presenciais e actividades non presenciais:
Clases Expositivas: 9 horas
Clases Interactivas: 12 horas
Titorías: 3 horas
Traballo persoal (tempo de estudo individual, utilización de recursos dispoñibles no Campus Virtual, exercicios de avaliación, preparación da defensa de traballo, etc.): 51 horas
Con carácter xeral, recoméndase aos alumnos contemplar cada materia como aspecto particular dun problema global, neste caso aportar a perspectiva xeográfica á comprensión dos problemas de cooperación para o desenvolvemento, dos seus documentos de xestión. De feito, insistirase na interrelación entre consideracións técnicas, territoriais, sociais, económicas e de goberno.
• Dedicar de forma continua ao longo do curso un tempo de estudo axeitado aos contidos teóricos.
• Para dúbidas sobre a materia, están dispoñíbles as titorías (que poderán ser presenciais ou telemáticas se fose necesario), alén das preguntas na aula.
• Manter unha perspectiva crítica ao longo do estudo da materia.
• Revisar o Campus Virtual para estar ao día co material e as tarefas asignadas.
• Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual
Ramon Lopez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- ramonlopez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros