Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Desenvolver unha actitude positiva cara á investigación como ferramenta por excelencia para a comprensión e mellora da formación nas súas diversas manifestacións.
2. Definir problemáticas relevantes de investigación, relativos á detección de necesidades de formación, a planificación e a xestión da formación en contextos educativos, sociais e produtivos.
3. Proxectar plans de formación desde o diagnóstico de necesidades e o establecemento de prioridades até a concreción en accións de formación, o seguimento e a avaliación.
4. Contribuír ao establecemento de relacións entre a investigación, as políticas, e as prácticas da formación posibilitando a transferencia dos achados á mellora das prácticas profesionais.
- Procesos de deseño, xestión e validación de estudos de investigación social, aplicados á formación. Estudos de demandas sociais e mercado dos servizos da Administración Pública.
- Diagnóstico de necesidades de formación atendendo aos dereitos e liberdades fundamentais, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
- As organizacións internacionais e comunitarias con competencias na formación profesional.
Plan de detección de necesidades e demandas sociais e produtivas de formación. Análise da realidade: fases, obxecto de estudo, recollida de información, etc.
- A análise e descrición do traballo, e a determinación de perfís profesionais como referente para a planificación (métodos de recollida de información, descrición de postos e construción do perfil profesional).
- A dimensión microdidáctica da formación. Definición de grupos destinatarios e itinerarios. Deseños curriculares de programas, actividades formativas e cursos. Estruturación e contidos. Estratexias de intervención e metodoloxía didáctica. Avaliación de actividades formativas.
- A dimensión macrodidáctica ou de planificación e xestión da formación. O perfil do directivo e as súas funcións.
Plan estratéxico de xestión comercial e mercadotecnia da oferta formativa. Deseño, desenvolvemento e avaliación e avance.
- A investigación sobre o profesorado, a súa formación, desenvolvemento profesional e competencias: estado da cuestión (perspectivas, temáticas e metodoloxías).
Albizu, E. (2011). Dirección estratégica de los recursos humanos. Teoría y práctica (2ª edic.). Pirámide.
Berrocal, F. e Alonso, M.A. (2020). Técnicas de formación y desarrollo de personas en las organizaciones. Editorial Universitaria Ramón Areces
Lieberman, A. e Miller, L. (Eds.) (2003). La indagación como base de la formación del profesorado y la mejora de la educación. Octaedro.
Pineda, P. (Coord.) (2008). Gestión de la formación en las organizaciones. Ariel.
Complementaria:
Alles, M. (2008). Desarrollo del talento humano. Gránica
Alles, M. (2019). Formación, capacitación, desarrollo. Diseñar, planificar e implementar actividades formativas efectivas y eficaces. Gránica.
Andrés, M. P. (2020). Gestión de la formación en la empresa. Pirámide
Bermejo, B. (2006). La formación a lo largo de la vida: exigencias sociolaborales- desarrollo personal. Educar, 38, 15-32. https:/ educar.uab.cat/article/view/v38- bermejo
Calvo, R. e Gómez, J. (2007). El papel de las técnicas de investigación social en ciencias laborales y recursos humanos. Un análisis de las salidas profesionales desde la perspectiva académica. Revista Trabajo, 19, 77-92.
Diz, M. J. (2017). Necesidades formativas. Modelos para su análisis y evaluación. Revista de estudios e investigación en psicología y educación, Extr.(6), 6-10. DOI: https:/ doi.org/10.17979/reipe.2017.0.06.2132
Fernández, M. D. (2000). Las modalidades de formación del profesorado en ejercicio: Análisis de la realidad gallega. Grupo Editorial Universitario.
Gairín, J. (2011). Formación de profesores basada en competencias. Bordón, 63(1), 93-108.
Gairín, J. (2017). Creación y gestión del conocimiento intergeneracional: reflexiones y propuestas. Revista Vasca de Gestión de Personas y Organizaciones Públicas, 1, 42-59
Gan, F. e Berbel, G. (2007). Manual de recursos humanos. 10 programas para la gestión y el desarrollo del Factor Humano en las organizaciones actuales. UOC.
Llorens, S. (s.f.). Detección de necesidades formativas: una clasificación de instrumentos. Universidad Jaume I. https:/ ldiazvi.webs.ull.es/detnecfor.pdf
Mad Comunicación (2019). EL plan de formación de la empresa 2019. Guía práctica para su elaboración y desarrollo. Fundación Confemetal.
Martín, F., Romero, P. M. e Sánchez, G. (2009). La investigación en dirección de recursos humanos: análisis empírico de los procesos de construcción y comprobación de la teoría. Revista Europea de Dirección y Economía de la Empresa, 18(3), 37-64.
Molina, N. y Contreras, A. (2007). Detección de las necesidades formativas de los equipos directivos: paso previo para el diseño de planes de formación. Acción pedagógica, 16, 70-81.
Moreno, A., Mataix, C. e Mahou, A. (2010). Claves para la gestión de puestos de trabajo en las organizaciones en red. Dirección y Organización (On line), 43, 2171- 6323.
Patricio Jiménez, D. (2007). Manual de recursos humanos. ESIC.
Pérez, M. P. (2000). Cómo detectar las necesidades de intervención socioeducativa. Narcea.
Rodríguez, M. M. (2006). Diseño y organización de puestos en nuevos entornos de trabajo. Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico de la Universidad de Málaga.
Rodríguez, D. e Gairín, J. (2015). Innovación, aprendizaje organizativo y gestión del conocimiento en las instituciones educativas. Educación, 24(46), 73-90. https:/ dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5061324
Tomás, M. (2006) (coord.). La cultura i el clima organitzacional a l’Educació Secundària. Educar, 32, 195-225. https:/ educar.uab.cat/article/view/v38-tomas- castro-graells-et-al/155
CG1 - Coñecer e utilizar variedade de recursos e técnicas especializadas para a construción de coñecementos científicos sobre a formación
CG4 - Organizar e xestionar a utilización e o funcionamento de recursos humanos, materiais e tecnolóxicos en contornos formativos.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB9 - Que os/as estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns derradeiras que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CE1 – Desenvolver unha actitude positiva, crítica e plural da investigación como ferramenta de comprensión e mellora da realidade educativa.
CE2 - Tomar conciencia do valor social do coñecemento científico.
CE3 - Comprender e aplicar técnicas e estratexias metodolóxicas adecuadas para a resolución de casos.
CE7 - Participar de forma colaborativa no desenvolvemento do coñecemento científico, empregando unha linguaxe formal científica e promovendo a transferencia dos achados da investigación educativa á práctica profesional.
CE8 - Deseñar e poñer en marcha procesos formativos de calidade que respondan a necesidades da práctica profesional e nichos formativos emerxentes.
CE9 - Implicarse, aconsellar, organizar e dirixir plans de formación, desde o diagnóstico de necesidades ata a concreción en accións de formación organizadas por prioridade, así como a súa avaliación e seguimento.
Desenvolverase a materia por medio dunha metodoloxía ativa-participativa. Fomentarase o traballo autónomo e en equipo, propondo estratexias de traballo colaborativo.
Tamén hai que ter presente que esta materia comparte un espazo modular con outras dúas do máster (Investigación en formación e recursos humanos; Investigación en e-learning). As asignaturas que comparten módulo realizarán talleres conxuntos para abordar os procesos de formación coas contribucións dos distintos ámbitos de especialización e favorecer a interdisciplinariedade ao afrontar a resolución de casos prácticos. Esta tarefa non se require para o alumnado de Complementos de Formación. Neste contexto establécense relacións explícitas na docencia e nas propostas de traballo conxuntas que se propoñen como a análise de informes de investigacións punteiras nos diversos ámbitos estudiados e recoñecer o avance no mundo científico e profesional dos equipos de investigación incluíndo os puntos fortes e débiles das diversas investigacións analizadas así como sesións compartidas para o traballo de casos prácticos, debates, seminarios e resolución de problemas.
Co fin de poder establecer conexións entre as tres materias que forman parte do Módulo de Investigación (Avaliación de Programas e Institucións; Formación e Recursos Humanos; E-Learning), contase coa realización de obradoiros para abordar os procesos de formación, coas achegas dos distintos ámbitos de especialización e favorecer a interdisciplinariedade ao afrontar a resolución de casos prácticos. O fin desta tarefa é poder establecer pontes e conexións entre as materias permitindo o desenvolvemento dun traballo transdisciplinar.
O traballo desta proposta supoñerá a asignación individual dun caso a traballar conxuntamente entre as materias do módulo. Os casos serán definidos desde o inicio da materia e serán asignados entre o alumnado de forma equilibrada, garantindo así a abordaxe de todos.
A proposta desenvolverase en cada unha das materias á luz dos coñecementos específicos traballados mediante sesións interativas específicas que permitan poñer en contexto, a través dos casos asignados, as aprendizaxes en situacións reais que os poñan en valor. Este traballo de enriquecemento coordinado terá peche nunha sesión conxunta onde darán conta dunha visión holística dos casos. Nesta sesión contarán coa participación do profesorado do Módulo de Investigación o que permitirá ter unha visión transversal e multidimensional mediante un diálogo cos/as docentes das tres materias que integran o módulo a partir do traballo mostrado.
As materias que integran o módulo recollerán nas súas avaliacións o traballo que de forma específica se desenvolverá en cada unha delas. Terase en conta ademais o produto final que se desenvolvera de forma transversal para o conxunto.
A avaliación será continua e basearase nunha serie de elementos con diferente carga porcentual. Isto é:
(1) participación ativa do alumnado (10%),
(2) a elaboración das actividades e os informes propostos ao longo do desenvolvemento da materia a partir das lecturas dos documentos que se toman da bibliografía da materia (60%) e
(3) a contribución da materia no análise do caso proposto no Módulo de Investigación (30 %).
Este último apartado avaliarase tomando como referencia o informe finalmente presentado no traballo conxunto do Módulo de Investigación. Este traballo requirirá unha defensa e avaliación conxunta de un/ha docente de cada materia. A porcentaxe de avaliación terá presente a avaliación do propio informe (20%) e a súa defensa (10%).
Para superar a materia é imprescindible a obtención dun mínimo de un 4 sobre 10 en cada unha das partes que anteriormente se desagregan. Na segunda oportunidade mantéñense os mesmos criterios e porcentaxes que na primeira. Tamén se manteñen para o alumnado repetidor. No caso do alumnado de complementos de formación, a súa avaliación prescindirá do traballo conxunto co resto das materias do módulo e a carga porcentual do traballo conxunto incorporará ao apartado 2 supoñendo isto o 90%.
Horas presenciais: 48 horas
12 h. expositivas presenciais, 6h expositivas a distancia,
16 h. interativas presenciais, 8 h. interativas a distancia
6 h. de titoría.
Documentación estudo: 30 h.
Lecturas recomendadas: 30 h.
Elaboración do traballo grupal: 40 h.
Os contidos desta materia están estruturados de tal forma que é preciso, desde a primeira clase, un traballo diario e constante para que o alumno/a vaia alcanzando progresivamente o seu dominio, isto permitiralle resolver os traballos que conforman a práctica, conseguindo alcanzar os obxectivos e as competencias da materia.
Resulta de gran utilidade:
- Asistencia regular ás clases expositivas e interativas, salvo dispensa autorizada.
- Consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesorado da materia.
- Realización e participación ativa nas actividades prácticas.
- Traballo do alumno/a dun modo progresivo para alcanzar a comprensión da materia.
- Consulta frecuente da aula virtual.
- Uso das titorías individuais e grupais.
RECOMENDACIÓN PREVIAS
Recoméndase un certo dominio (a nivel de usuario/a) de coñecementos de informática, fundamentalmente orientados ó procesamento de textos, navegación por Internet, etc.
Recoméndase que nas sesións virtuais síncronas o alumnado active a cámara e o micrófono para fomentar a interacción e garantir o seguimento real das sesións.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ó EEES https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/normativa/descarga…
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”.
Cabe recordar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
Debido ás características das materias que compoñen o Módulo de Investigación, NON SE CONTEMPLA A POSIBILIDADE DE ESTUDIANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE.
Recomendase consultar a Guía Práctica do estudantado, que contén referencias ás programacións, avaliacións etc. accesible na páxina:
http://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/goberno/vrestudant…
CALIDADE FORMAL DOS TRABALLOS:
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA-Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7 ª ed. Washington: APA, 2020, que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar no seguinte enderezo:
https://bibliotecascampusavila.usal.es/wp-content/uploads/sites/45/2020…
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero e ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ó respecto no enlace:
https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desca…
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia, tales como:
- A promoción dun clima de interaccións igualitario,
- A mostra das contribucións científicas e técnicas das mulleres, en xeral, e das propias alumnas, na materia,
- A introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do alumnado.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación ós traballos persoais ou de grupo que se realicen para la materia deben terse en conta as seguintes indicacións, cando se presenten en papel:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de espirais.
- Imprimir as dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PROTECCIÓN DE DATOS
Aplicarase a normativa vixente na USC:
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
USO DO TELÉFONO MÓBIL:
Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ó seu emprego como instrumento de traballo seguido as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ó alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non adecuado do mesmo.
OBRIGATORIEDADE DE USO DA CONTA DE CORREO RAI. OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc.).
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e/ou estudantado matriculado na materia.
Jose Ramon Fernandez Vazquez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813847
- Correo electrónico
- xoseramon.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Margarita Valcarce Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813828
- Correo electrónico
- margot.valcarce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
17.01.2024 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18.06.2024 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |