Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Desenvolver unha actitude positiva cara á investigación como ferramenta por excelencia para a comprensión e mellora da formación nas súas diversas manifestacións.
2. Definir problemáticas relevantes de investigación, relativas á detección de necesidades de formación, a planificación e a xestión da formación en contextos educativos, sociais e produtivos.
3. Proxectar plans de formación desde o diagnóstico de necesidades e o establecemento de prioridades até a concreción en accións de formación, o seguimento e a avaliación.
4. Contribuír ao establecemento de relacións entre a investigación, as políticas, e as prácticas da formación posibilitando a transferencia dos achados á mellora das prácticas profesionais.
- Procesos de deseño, xestión e validación de estudos de investigación social, aplicados á formación. Estudos de demandas sociais e mercado dos servizos da Administración Pública.
- Diagnóstico de necesidades de formación atendendo aos dereitos e liberdades fundamentais, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
- As organizacións internacionais e comunitarias con competencias na formación profesional.
Plan de detección de necesidades e demandas sociais e produtivas de formación. Análise da realidade: fases, obxecto de estudo, recollida de información, etc.
- A análise e descrición do traballo, e a determinación de perfís profesionais como referente para a planificación (métodos de recollida de información, descrición de postos e construción do perfil profesional).
- A dimensión microdidáctica da formación. Definición de grupos destinatarios e itinerarios. Deseños curriculares de programas, actividades formativas e cursos. Estruturación e contidos. Estratexias de intervención e metodoloxía didáctica. Avaliación de actividades formativas.
- A dimensión macrodidáctica ou de planificación e xestión da formación. O perfil do directivo e as súas funcións.
Plan estratéxico de xestión comercial e mercadotecnia da oferta formativa. Deseño, desenvolvemento e avaliación e avance.
- A investigación sobre o profesorado, a súa formación, desenvolvemento profesional e competencias: estado da cuestión (perspectivas, temáticas e metodoloxías).
Básica:
Albizu, E. (2011). Dirección estratégica de los recursos humanos. Teoría y práctica (2ª edic.). Pirámide.
Berrocal, F. e Alonso, M.A. (2020). Técnicas de formación y desarrollo de personas en las organizaciones. Editorial Universitaria Ramón Areces.
Lieberman, A. e Miller, L. (Eds.) (2003). La indagación como base de la formación del profesorado y la mejora de la educación. Octaedro.
Pineda, P. (Coord.) (2008). Gestión de la formación en las organizaciones. Ariel.
Complementaria:
Alles, M. (2008). Desarrollo del talento humano. Gránica.
Alles, M. (2019). Formación, capacitación, desarrollo. Diseñar, planificar e implementar actividades formativas efectivas y eficaces. Gránica.
Andrés, M. P. (2020). Gestión de la formación en la empresa. Pirámide.
Bermejo, B. (2006). La formación a lo largo de la vida: exigencias sociolaborales- desarrollo personal. Educar, 38, 15-32. https:/ educar.uab.cat/article/view/v38- bermejo.
Calvo, R. e Gómez, J. (2007). El papel de las técnicas de investigación social en ciencias laborales y recursos humanos. Un análisis de las salidas profesionales desde la perspectiva académica. Revista Trabajo, 19, 77-92.
Diz, M. J. (2017). Necesidades formativas. Modelos para su análisis y evaluación. Revista de estudios e investigación en psicología y educación, Extr.(6), 6-10. DOI: https:/ doi.org/10.17979/reipe.2017.0.06.2132
Fernández, M. D. (2000). Las modalidades de formación del profesorado en ejercicio: Análisis de la realidad gallega. Grupo Editorial Universitario.
Gairín, J. (2011). Formación de profesores basada en competencias. Bordón, 63(1), 93-108.
Gairín, J. (2017). Creación y gestión del conocimiento intergeneracional: reflexiones y propuestas. Revista Vasca de Gestión de Personas y Organizaciones Públicas, 1, 42-59.
Gan, F. e Berbel, G. (2007). Manual de recursos humanos. 10 programas para la gestión y el desarrollo del Factor Humano en las organizaciones actuales. UOC.
Llorens, S. (s.f.). Detección de necesidades formativas: una clasificación de instrumentos. Universidad Jaume I.
https:/ ldiazvi.webs.ull.es/detnecfor.pdf
Mad Comunicación (2019). EL plan de formación de la empresa 2019. Guía práctica para su elaboración y desarrollo. Fundación Confemetal.
Martín, F., Romero, P. M. e Sánchez, G. (2009). La investigación en dirección de recursos humanos: análisis empírico de los procesos de construcción y comprobación de la teoría. Revista Europea de Dirección y Economía de la Empresa, 18(3), 37-64.
Molina, N. y Contreras, A. (2007). Detección de las necesidades formativas de los equipos directivos: paso previo para el diseño de planes de formación. Acción pedagógica, 16, 70-81.
Moreno, A., Mataix, C. e Mahou, A. (2010). Claves para la gestión de puestos de trabajo en las organizaciones en red. Dirección y Organización (On line), 43, 2171- 6323.
Patricio Jiménez, D. (2007). Manual de recursos humanos. ESIC.
Pérez, M. P. (2000). Cómo detectar las necesidades de intervención socioeducativa. Narcea.
Rodríguez, M. M. (2006). Diseño y organización de puestos en nuevos entornos de trabajo. Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico de la Universidad de Málaga.
Rodríguez, D. e Gairín, J. (2015). Innovación, aprendizaje organizativo y gestión del conocimiento en las instituciones educativas. Educación, 24(46), 73-90. https:/ dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5061324
Tomás, M. (2006) (coord.). La cultura i el clima organitzacional a l’Educació Secundària. Educar, 32, 195-225. https:/ educar.uab.cat/article/view/v38-tomas- castro-graells-et-al/155.
BÁSICAS:
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB9 - Que os/as estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns derradeiras que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
XERAIS:
CG1 - Coñecer e utilizar variedade de recursos e técnicas especializadas para a construción de coñecementos científicos sobre a formación
CG4 - Organizar e xestionar a utilización e o funcionamento de recursos humanos, materiais e tecnolóxicos en contornos formativos.
ESPECÍFICAS:
CE1 – Desenvolver unha actitude positiva, crítica e plural da investigación como ferramenta de comprensión e mellora da realidade educativa.
CE2 - Tomar conciencia do valor social do coñecemento científico.
CE3 - Comprender e aplicar técnicas e estratexias metodolóxicas adecuadas para a resolución de casos.
CE7 - Participar de forma colaborativa no desenvolvemento do coñecemento científico, empregando unha linguaxe formal científica e promovendo a transferencia dos achados da investigación educativa á práctica profesional.
CE8 - Deseñar e poñer en marcha procesos formativos de calidade que respondan a necesidades da práctica profesional e nichos formativos emerxentes.
CE9 - Implicarse, aconsellar, organizar e dirixir plans de formación, desde o diagnóstico de necesidades ata a concreción en accións de formación organizadas por prioridade, así como a súa avaliación e seguimento.
A materia desenvolverase mediante unha metodoloxía activa-participativa. Fomentarase o traballo autónomo e en equipo, propoñendo estratexias de traballo colaborativo.
Tamén hai que ter en conta que esta materia comparte espazo modular con outras dúas do máster (Avaliación de Programas e Institucións; Investigación en e-learning). As materias que compartan módulo realizarán un obradoiro conxunto en tres sesións dentro da programación da materia para abordar os procesos formativos con achegas das distintas áreas de especialización e promover a interdisciplinariedade á hora de abordar a resolución de casos prácticos. Esta tarefa non é obrigatoria para os alumnos de Complementos Formativos. Neste contexto, establécense relacións explícitas na docencia e nas propostas de traballo conxunto que se propoñan. Co fin de establecer conexións entre as tres materias que forman parte do Módulo de Investigación (Avaliación de programas e institucións; Formación e recursos humanos; en E-Learning) realizarase un traballo colaborativo interdisciplinar do Módulo.
O traballo interdisciplinar do Módulo realizarase sobre un caso real do mundo profesional que se abordará conxuntamente entre as materias do módulo. O caso definirase dende o principio con materiais seleccionados polo profesorado. O traballo interdisciplinar do módulo será elaborado e presentado en equipos de tres alumnos. Para preparar o traballo do módulo interdisciplinar, cada equipo aplicará os coñecementos específicos traballados nas tres materias. O obradoiro desenvolverase en tres sesións coa participación de todo o profesorado do módulo para orientar e axudar ao alumnado na realización do traballo.
As materias que integran o módulo incluirán nas súas avaliacións o traballo interdisciplinar do módulo, asumindo a puntuación obtida na avaliación por todo o profesorado e co mesmo peso específico en cada materia.
As sesións presenciais distribuiranse en clases expositivas-interactivas. Nas sesións telemáticas continuarán as actividades iniciadas nas sesións presenciais e o apoio ao traballo individual a través do campus virtual.
A USC é unha universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións lectivas.
A avaliación será continua e basearase nunha serie de elementos con diferentes cargas porcentuais. Estamos a falar de:
(1) Participación activa do alumnado (10%),
(2) A elaboración, en pequeno grupo (3-5 membros), das actividades e informes propostos ao longo do desenvolvemento da materia a partir das lecturas dos documentos extraídos da bibliografía e dos casos propostos na materia (60%) e
(3) Traballo de Módulo Interdisciplinar (30%). Este último apartado avaliarase tomando como referencia a avaliación conxunta do profesorado de todas as materias do módulo a partir dunha rúbrica. Este traballo requirirá unha exposición en grupo ante o profesorado das tres materias e estará apoiado por un informe escrito.
Para aprobar a materia é imprescindible ter aprobada cada unha das partes detalladas anteriormente.
Na segunda oportunidade (Xullo) mantéñense os mesmos criterios e porcentaxes que na primeira.
Tamén se manteñen para os alumnos repetidores. Estes últimos (alumnado repetidor) estará exento de asistencia regular á clase (artigo 6 do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024).
No caso do alumnado que curse complementos formativos, a súa avaliación prescindirá do traballo interdisciplinar e a carga porcentual de traballo conxunto incorporarase ao apartado 2, supoñendo que sexa do 90 % e incorporando outras actividades específicas equivalentes que deban realizar o alumnado con este perfil.
Para obter unha valoración positiva da materia, e especialmente tendo en conta o seu carácter práctico mediante prácticas de laboratorio, será necesario cumprir o requisito de asistencia, tendo realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas (memorias de actividade e prácticas).
Dispensa de asistencia a clase
Nos casos excepcionales definidos na normativa contemplase a dispensa de asistencia a clase. A avaliación nesres casos consistirá en:
(1) Realización dun exame escrito na data oficial que implicará a aplicación dos coñecementos da materia e a súa aplicación en contextos reais para demostrar a adquisición das competencias da materia (70%)
(2) Traballo interdisciplinar de Módulo realizado individualmente (30%). Neste último apartado avaliarase tomando como referencia a avaliación conxunta do profesorado de todas as materias do módulo baseada nunha rúbrica.
ASISTENCIA A CLASE
O programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024. A asistencia será preceptiva para superar a materia ou para presentarse á realización de exames (artigo 1, apartado c). Será necesaria unha asistencia do 80%.
REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS OU PROBAS: (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación - Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Horas presenciais: 48 horas
12 h. expositivas presenciais, 6h expositivas a distancia,
16 h. interativas presenciais, 8 h. interativas a distancia
6 h. de titoría.
Documentación estudo: 30 h.
Lecturas recomendadas: 30 h.
Elaboración do traballo grupal: 40 h.
Os contidos desta materia están estruturados de tal forma que é preciso, desde a primeira clase, un traballo diario e constante para que o alumno/a vaia alcanzando progresivamente o seu dominio, isto permitiralle resolver os traballos que conforman a práctica, conseguindo alcanzar os obxectivos e as competencias da materia.
Resulta de gran utilidade:
- Asistencia regular ás clases expositivas e interativas, salvo dispensa autorizada.
- Consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesorado da materia.
- Realización e participación ativa nas actividades prácticas.
- Traballo do alumno/a dun modo progresivo para alcanzar a comprensión da materia.
- Consulta frecuente da aula virtual.
- Uso das titorías individuais e grupais.
RECOMENDACIÓN PREVIAS
Recoméndase un certo dominio (a nivel de usuario/a) de coñecementos de informática, fundamentalmente orientados ó procesamento de textos, navegación por Internet, etc.
Recoméndase que nas sesións virtuais síncronas o alumnado active a cámara e o micrófono para fomentar a interacción e garantir o seguimento real das sesións.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
CALIDADE FORMAL DOS TRABALLOS:
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA-Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7 ª ed. Washington: APA, 2020, que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar no seguinte enderezo:
https://bibliotecascampusavila.usal.es/wp-content/uploads/sites/45/2020…
OBSERVACIÓNS:
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
Responsabilidade medioambiental. Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Usar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en
calidade “aforro de tinta”.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://pro-assets-
usc.azureedge.net/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1efUER3o85f5lb1ZY/1673868829/public/paragr
aphs/more_info_service/2023-01/linguaxe_non_sexista_publicado_WEB_USC.pdf
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Ana Isabel Couce Santalla
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813898
- Correo electrónico
- ana.couce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Ana Parada Gañete
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- ana.parada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
15.01.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
16.06.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |