Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 68 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 16 Total: 100
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía, Historia
Áreas: Análise Xeográfica Rexional, Historia Moderna
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
HISTORIA
1. Comprender como se pode achegar a Historia nas aulas.
2. Afrontar os contidos, fortalezas e debilidades do currículo oficial.
3. Tratar de forma proactiva as destrezas pedagóxicas e as perspectivas máis constructivas en relación coa docencia da historia.
4. Subliñar a natureza estratéxica e o papel estrictamente profesional do profesor de historia na educación preuniversitaria.
XEOGRAFÍA
1. Avaliar criticamente a Xeografía que o currículo oficial estabelece.
2. Complementar e reforzar a formación disciplinar xeográfica.
3. Adquirir novos coñecementos, destrezas e actitudes relevantes desde a perspectiva do ensino da Xeografía.
4. Recoñecer, avaliar e aplicar novos recursos didácticos que permitan “ensinar xeografía”.
HISTORIA
A norma e o marco.
1. A Historia na ESO eo bacharelato: da norma ao IES.
2. O currículo: obxectivos, contidos, criterios, normas e competencias.
3. Os temas.
Reflexións e estratéxias pedagóxicas.
4. O ensino da Historia: entre o diletantísmo eo utilitarismo.
5. Da historia á historia, pasando pola historia.
6. As diferentes nocións de tempo e da súa duración (cambio, progreso, continuidade e regresión).
7. Cosir o guión da Historia: causalidade.
8. Pedra e papel. Reclamación e desmitificación do patrimonio.
9. Da historia do século XIX aos "contidos metodolóxicos e actitudinais".
10. O cine eo alumno de historia.
XEOGRAFÍA
Introdución
1. O currículo de Xeografía na ESO e no Bacharelato
2. As Cartas de Educación Xeográfica da UXI
3. Xeografía: unha necesidade para todos/as
Xeografía rexional
4. Xeografía do mundo actual: desigualdades, riscos e xeopolítica.
5. Xeografía de Europa
6. A persistente Xeografía de España
7. O lugar da Xeografía de Galicia
Transversalidade e creatividade da xeografía
8. As paisaxes: observar, entender e interpretar a contorna.
9. A representación do espazo: entre escalas, cartografía e estatísticas.
10. As xeohumanidades: novos retos na investigación e nos procesos de ensinanza-aprendizaxe (literatura, cine, videoxogos, etc.)
Dado o tempo limitado da materia e sendo unha base esencial do traballo o Decreto de Secundaria vixente, non hai manual ou obra de referencia básica para preparar a asignatura; de xeito que co Decreto de Secundaria máis os contidos teóricos explicados polos profesores nas clases, cubrirase o 100% necesario para un óptimo desenvolvimento da asignatura.
HISTORIA.
*Básica:
-(2015). DECRETO 86/2015, de 25 de junio por el que se establece el currículo de la educación secundaria obligatoria y del bachillerato en la Comunidad Autónoma de Galicia. DOGA, número 120, pp.25.434-27.073.
-Feliu Torruella, M.; Hernández Cardona, F.X. (2011). 12 ideas clave. Enseñar y aprender historia; Barcelona.
-Tribó, Gemma (2005). Enseñar a pensar históricamente: los archivos y las fuentes documentales en la enseñanza de la Historia; M.adrid.
*Complementaria:
-Abilio Rabanal, M y Lara Peinado, F (1997). Comentario de textos históricos; Madrid, Cátedra.
-Aróstegui, J. y otros (1989). Enseñar historia. Nuevas propuestas; Barcelona, Laia.
-Ballesteros, E., y otros (2003). El patrimonio y la didáctica de las CC.SS., Cuenca.
-Benajam, P, Pagês, J (coords) (1997). Enseñar y aprender ciencias sociales, geografía e historia en la educación secundaria; Barcelona.
-Citron, S. (1990). Ensinar a História hoje. A memoria perdida e reencontrada; Lisboa, Livros Horizonte.
-Di Caro, G. (1992). Insegnare storia. La disciplina, l’apprendimento, il metodo; Milan, Franco Angeli.
-Dosse, F. (1988). La Historia en migajas; Valencia.
-Fernández Sebastián, Javier (1989). Cine e historia en el aula; Madrid.
-Ferro, M. (2008). Cómo se cuenta la historia a los niños en el mundo entero; México, F.C.E.
-Friera, F (1995). Didáctica de las Ciencias Sociales: Geografía e Historia; Madrid.
-García, Víctor (1996); Enseñanza de las Ciencias Sociales en educación secundaria; Madrid, Rialp.
-Hernández Cardona, F.X. (2002). Didáctica de las Ciencias Sociales. Geografía e Historia; Barcelona.
-Martínez Ruiz, Enrique y Maqueda Abreu, Consuelo (1989). La Historia y las Ciencias Humanas. Didáctica y técnicas de estudio; Madrid, Itsmo.
-Martínez Valcarcel, N., Souto, X.M., Beltrán, J (2006). "Los profesores de historia y la enseñanza de la historia en España. Una investigación a partir de los recuerdos de los alumnos"; Enseñanza de las Ciencias Sociales, número 5, pp.55-71.
-Michéa, J.C. (2002). La escuela de la ignorancia y sus condiciones modernas; Madrid, Acuarela, Madrid.
-Migués, V.M. (2013); “A recensión como plataforma nodal na formación dun alumno de Historia”. Eduga, número 65.
-Monterde, José Enrique (1986). Cine, historia y enseñanza; Barcelona, Laia.
-Pérez Garzón, J.S. (2008); "¿Por qué enseñamos Geografía e Historia? ¿Es tarea educativa la construcción de identidades?”; Historia de la Educación, número 27, pp.37-55.
-Recio Cuesta, J.P. (2012), "El valor de la Historia en las aulas. Retos ante el nuevo contexto educativo"; Clío, número 38.
-Sánchez Prieto, Salustiano (1995). ¿Y qué es la historia? Reflexiones epistemológicas para profesores de Secundaria; Madrid, Siglo XXI.
-Trepat, C., y Comes, P. (1998). El tiempo y el espacio en la didáctica de las ciencias sociales; Barcelona.
Revistas especializadas (escolma)
-Bordon. Journal of Education. http://recyt.fecyt.es/index.php/BORDON
- Cuestiones pedagógicas. Revista de ciencias de la educación. https://revistascientificas.us.es/index.php/Cuestiones-Pedagogicas/index
-Dedica. Revista de Educaçao e Humanidades. https://revistaseug.ugr.es/index.php/dedica/index
-Eduga. Revista galega do ensino. http://www.edu.xunta.gal/eduga/
- Historia y memoria de la educación. https://revistas.uned.es/index.php/HMe
- Revista española de pedagogía. https://revistadepedagogia.org/
Páxinas web (escolma)
https://hmoderna.usc.gal/blog/
https://descubrirlahistoria.es/
https://khronoshistoria.com/
https://www.mujeresenlahistoria.com/
https://hmoderna.usc.gal/blog/sinf0jskfnrw/
XEOGRAFÍA
Bibliografía básica
-Cerarsols, R. e Luna, T. (2017). Geohumanidades. El papel de la cultura creativa en la intersección entre la geografía y las humanidades. Treballs de la Societat Catalana de Geografia, 84, 19-34.
-López Palomeque, F. e Plaza Gutiérrez, J.I. (2019). Geografía de Europa. Estructura, procesos y dinámicas territoriales. Tirant Humanidades.
-Murphy, A. (2018). Geografía: Por qué importa?. Alianza Editorial.
-Romero, J. (2016). Geografía humana de España. Tirant Humanidades.
Bibliografía complementaria
-Dalmau, E. (2021). El porqué de los mapas. Penguin Book.
-De Araújo Rodrigues, R.C., de Macedo Santana e F.T., Carriello Erthal, L. (2012). Aprendendo com filmes. O cinema como recursos didático para o ensino da geografia. Lamparina.
-During, R. (2010). Cultural Heritage Discourses and Europeanisation. Alterra.
-Farinós, J. e Olcina Cantos, J. (2017). Geografía regional de España. Tirant Humanidades.
-Fernández Cuesta, G. (2019). Atlas de Geografía Humana de España. Paraninfo.
-García Álvarez, J. e Marías, D. (2000). La Geografía en los libros de texto de enseñanza secundaria. Asociación de Geógrafos Españoles.
-Hawkins, H. (2021). Geography, Art, Research. Artistic Research in Geohumanitites., Routledge.
-Marshall, T. (2020). El mundo explicado en 12 sencillos mapas. Editorial GeoPlaneta.
-Richardson, D. (2008). No Laughing Mapper: A Book of Geographical Humor: Featuring Drawings and Cartoons from the New Yorker. Association of American Geographers.
-Yarhma, R. (2011). Cómo leer Paisajes. Una guía para interpretar los grandes espacios abiertos. Blume.
Revistas especializadas (escolma)
- Children’s Geographies: https://www.tandfonline.com/loi/cchg20
- Didáctica Geográfica: http://www.age-geografia.es/didacticageografica/index.php/didacticageog…
- Journal of Research and Didactics in Geeography: http://www.j-reading.org/index.php/geography
LEXISLACIÓN
- Real Decreto 1105/2014, de 26 de diciembre, por el que se establece el currículo básico de la Educación Secundaria Obligatoria y del Bachillerato
- Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
A) Competencias da titulación. Xerais, transversais e específicas:
-Xerais.
(CG1) Aprender a utilizar de maneira flexible os coñecementos adquiridos en función dun futuro labor docente.
(CG2) Familiarizarse con estratexias didácticas interactivas que faciliten e favorezan a empatía e comprensión polos escolares das utilidades e valor dos coñecementos a impartir
(CG3) Combinar adecuadamente coñecemento e referencias bibliográficas coa praxe educativa e o traballo reflexivo e crítico acerca da eficacia do labor desenvolvido.
-Transversais:
(CT-1) Unha praxe adaptada aos usos da pluridisciplinariedade e da interdisciplinaridade facilitaría a consecución dos obxectivos a plasmar.
(CT-2) A experiencia do traballo en grupo facilitaría unha posibilidade máis interactiva para o traballo do profesor e serviría para a súa aplicación ás tarefas de clase.
(CT-3) Na “primeira idade informática” os usos didácticos da mesma e, en particular os referidos á aprendizaxe da Xeografía, a Historia e as Ciencias Sociais é unha aposta obrigada para un profesorado adaptado ás esixencias do seu tempo.
-Específicas.
(CE-E1) Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
(CE-E2) Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas.
(CE-E3) Coñecer a historia e os desenvolvimentos presentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
(CE-E5) Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
B) Outras competencias específicas:
(CE-E1) Analizar as posibilidades didácticas da Xeografía, a Historia e as Ciencias Sociais no nivel da educación secundaria.
(CE-E2) Aplicar esas análises ao desenvolvemento de aspectos dos temarios.
(CE-E3) Asumir estas áreas do saber como coñecementos en constante e continua evolución para poder transmitir unha imaxen dinámica das mesmas.
(CE-E4) Planificar as secuencias que facilitarían a súa introducción e mellor comprensión na actividade docente.e nas tarefas individuais e de grupo.
HISTORIA
1. O ensino a desenvolver terá un carácter básicamente aplicado, quer nas clases expositivas quer nas interactivas.
2. Favorecerase a actitude participativa na medida do posible (en virtude dos diferentes escenarios), xa que corresponde a unha aprendizaxe que se desexa operar nas futuras actividades docentes dos alumnos do máster. Será importante a interactividade e o traballo en grupo.
3. Sempre se procurará que os contidos da materia teñan o seu impacto metodolóxico e práctico no perfil do profesor e do seu traballo futuro.
XEOGRAFÍA
Dende o comezo do curso estará activa a Aula Virtual da materia, na cal o alumnado poderá consultar os avances das clases teóricas e interactivas, entregar as tarefas e comunicar coa docente e coa clase.
Nas aulas de tipo expositivo e interactivo consideraremos os contidos referentes aos temas previstos dun xeito interactivo para favorecer o interese e a actitude participativa do alumnado, en liña cos procesos de aprendizaxe-ensino. As aulas estarán dedicadas a estudos de casos prácticos, debate de ideas a partir de textos, mapas e outros recursos didácticos.
A docente atenderá as dúbidas que podan xurdir durante as horas de clases e nas horas de titorías individuais fundamentalmente de carácter presencial.
CRITERIOS COMÚNS
-Non se gardarán notas de ningún tipo dun ano a outro: iníciase a partir de cero.
-Haberá unha proba final obrigatoria única da asignatura relativa á parte teórica, que incluirá equilibradamente tanto contidos de historia como de xeografía.
-Haberá dous traballos de interactivas obrigatorios (un para a parte de historia e outro para a de xeografía).
-Só se considerará que non se presentan aqueles alumnos que non realizaron a proba final, e non entregaron nengún dos dous traballos.
-A nota de interactivas será o resultado da media do traballo de historia e do de xeografía.
-Para a nota final, a proba final puntuará nun 65%, e a nota conxunta de interactivas puntuará en base a un 35%. A participación en aula pode valorarse positivamente, se ben non implica unha porcentaxe prefixada dentro da avaliación.
-Para superar a materia, o alumno terá que obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 quer na proba final, quer na nota conxunta de interactivas.
-Os alumnos con dispensa non terán limitacións na calificación, e poderán ser asesorados durante o horario de titorías. Ao igual que o resto dos alumnos terán que realizar a proba final na data e hora fixada polo calendario oficial, e desenvolverán dous traballos de interactivas (un para historia e outro para xeografía) que serán especificados no seu momento. Para iso, ao igual que para informar sobre calqueira apartado relevante da materia, utilizarase a aula virtual.
ETAPA DE AVALIACIÓN DE XULLO.
-Haberá unha proba final conxunta na data e hora fixadas no calendario oficial.
-Tanto na parte de Historia como na de Xeografía deberáse entregar unha tarefa interactiva. A temática e características destas tarefas serán especificadas ao rematar a etapa de avaliación previa.
-Os alumnos que teñan aprobado o exame ou algún (ou ámbolos dous) dos traballos interactivos, poderán gardar dita nota para xullo, previa confirmación dos profesores.
-Mantéñense as mesmas porcentaxes e normas sinaladas para a etapa de avaliación previa.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido en la Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Considérase que o tempo mínimo de traballo para aprobar a materia debería superar un mínimo de cen horas conxuntas; o que aconsella a dedicar un mínimo de 50 para cada unha das dúas partes da mesma.
HISTORIA
1. Planificar adecuadamente o traballo práctico para evitar a saturación de última hora.
2. Estudo regular e intenso dos contidos explicados nas clases, desde o comezo e ao longo de todo o curso.
3. Consulta e análise do corpus legislativo.
4. Consulta e monitorización cotiás da aula virtual.
XEOGRAFÍA
1. Dedicar de forma continua ao longo do curso un tempo de estudo axeitado aos contidos teóricos.
2. Para dúbidas sobre a materia, están dispoñíbles as titorías.
3. Manter unha perspectiva crítica ao longo do estudo da materia.
4. Revisar o Campus Virtual para estar ao día co material e as tarefas asignadas.
5. Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual.
Dado que os contidos da materia non corresponden a unha única área de coñecemento, dase a coñecer que a asignatura desenvólvese e estabelécese de xeito coordinado entre os profesores de historia e xeografía.
CORREO ELECTRÓNICO INSTITUCIONAL: Obrigatoriedade de emprego do correo institucional rai.usc.es
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA: "Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas plo docente, responsabilizádose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo".
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL. En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: -Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. -Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. -Imprimir a dúas caras en calidade de "aforro de tinta". -Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. -Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO. En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe no sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: campus virtual, microsoft office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Non se poderá empregar o teléfono móvil, agás cando sexa usado como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Téñase en conta que o ensino-aprendizaxe (aulas/titorías) é un proceso privado, entendéndose privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade de cumprimento da normativa de protección de dados. https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Vitor Manuel Migues Rodriguez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812616
- Correo electrónico
- vitormanuel.migues [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Brais Estevez Villarino
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- brais.estevez.villarino [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Martes | |||
19:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
19.01.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
25.06.2024 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |