Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
a) Xerais
-Introducir os alumnos en aspectos concretos do ensino de linguas estranxeiras relacionados coa programación das ensinanzas e o proceso de avaliación.
-Establecer conexións entre a teoría lingüística e a práctica pedagóxica.
-Reflexionar sobre os factores que condicionan a aprendizaxe e o ensino de linguas.
-Proporcionar aos alumnos destrezas básicas para a práctica do ensino de linguas estranxeiras.
-Proporcionar aos alumnos principios básicos teóricos e técnicas prácticas para o seu propio desenvolvemento profesional como futuros profesores de linguas estranxeiras.
-Familiarizar aos alumnos coa bibliografía especializada de maior relevancia sobre os temas do programa.
b) Específicos
-Proporcionar aos alumnos pautas e orientacións prácticas para un bo manexo e unha organización efectiva da clase.
-Aprender a planificar, programar e deseñar cursos, unidades didácticas e clases.
-Familiarizar aos alumnos cos materiais (libros de texto, ferramentas audiovisuais e multimedia, gramáticas, dicionarios, glosarios, recursos de apoio para profesores e alumnos) utilizados habitualmente para o ensino dunha lingua estranxeira.
-Profundar no papel das novas tecnoloxías no ensino da lingua estranxeira
-Familiarizar aos alumnos coa organización do currículo de inglés na Educación Secundaria (ESO e Bacharelato) e nas Ensinanzas especiais de idiomas (Escolas Oficiais de Idiomas).
-Familiarizar aos alumnos coas últimas tendencias europeas sobre o ensino de linguas, con especial atención ao Marco Común Europeo de Referencia (MCER) e ao Portfolio Europeo das Linguas (PEL).
-Aprender as diferenzas principais entre os conceptos de “examinar” e “avaliar”, poñendo de manifesto a importancia de ambos os dous fenómenos para o proceso de ensino-aprendizaxe.
1 Teorías, enfoques e métodos para o ensino/aprendizaxe da LE.
2 Factores externos e internos que inflúen na aprendizaxe dunha LE.
3 As actividades/destrezas lingüísticas produtivas e receptivas.
4 As estratexias de aprendizaxe.
5 Currículo de LEs no Ensino Secundario e nas EOIs.
6 Principios xerais da programación didáctica.
Bibliografía básica:
- Nussbaum, L. y Bernaus, M. (Eds), Caballero de Rodas, B., Escobar, C. y Masats, M.D. 2001. Didactica de las lenguas extranjeras en la Educación Secundaria Obligatoria. Síntesis Educación.
- Vez, J. 2000. Fundamentos lingüísticos en la enseñanza de lenguas extranjeras. Ariel.
- Woodward, T 2002. La planificación de clases y cursos. Cambridge: CUP.
Bibliografía complementaria:
- Candlin, C. 1990. «Hacia la enseñanza de lenguas basada en tareas». Comunicación, lenguaje y educación, 7-8, pp. 33-53. Colin.
- Diccionario de términos clave: http://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/diccio_ele/diccionario/
- Ellis, R. 2003. Task-based Language Learning and Teaching. Oxford: Oxford University Press, capítulo 7 «Designing task-based language courses».
- Ellis, R. 2005. La adquisición de segundas lenguas en un contexto de enseñanza. En Biblioteca Virtual redELE 2006
- Estaire, S. e Zanón, J. 1994. Task-based Teaching. Heinemann.
- Gower, R., Phillips, D. y Walters, S. 1995. Teaching Practice Handbook. Heinemann.
- Grant, N. 1987. Making the Most of your Textbook, Longman.
- Guía normas APA 7º edición https://normas-apa.org/wp-content/uploads/Guia-Normas-APA-7ma-edicion.p…
- Hill, J. y Lewis, M. 1992. Practical Techniques for Language Teaching. Teaching Publications.
- Little, D.2002. “The European Language Portfolio: Structure, Origins, Implementation and Challenge”. Language Teaching.
- Martín Peris, E. 2004. «¿Qué significa trabajar en clase con tareas comunicativas?» En redELE 2004
- Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. 2002. Marco común europeo de referencia para las lenguas: aprendizaje, enseñanza, evaluación. Publicación online: https://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/marco/cvc_mer.pdf (Versión Inglesa (2001). en pdf: https://rm.coe.int/16802fc1bf) (Companion volumen (2020) en pdf: https://rm.coe.int/common-european-framework-of-reference-for-languages…)
- Nunan, D. 1991. Communicative tasks and the language curriculum', TESOL Quarterly.
- Nunan, D. 1991. Language teaching methodology: A Textbook for Teachers. Prentice Hall.
- Nunan, D. y Lamb, C. 1997. The Self-Directed Teacher. Cambridge: CUP.
- Palacios, Ignacio et al. 2009. Dicionario de ensino e aprendizaxe de linguas. Universidad de Santiago de Compostela.
- Richards, J.& Rodgers,T. 1984. Approches and Methods in language Teaching. A description and Analisis. Cambridge: CUP.
- Rosales, C. 1984. Criterios para una evaluación formativa. Narcea.
- Salaberri, S. 1999. Lingüística Aplicada a la enseñanza de lenguas extranjeras. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Almería.
- Scarcell, R.C y Oxford, R.L 1992. The Tapestry of Language Learning. Heinle & Heinle Publishers.
CT1 - Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet
CT2 - Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións
CT3 - Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e multidisciplinarias
CEE6 - Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
CEE7 - Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos
CEE8 - Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes
CEE9 - Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe
CEE10 - Coñecer estratexias e procedementos e entender a avaliación como un procedemento para regular a aprendizaxe mais estimular o esforzo.
As explicacións teóricas alternaranse con actividades prácticas, exercicios, tarefas e debates en clase. Algunhas destas actividades realizaranse en grupos, outras en parellas ou individualmente. Espérase dos alumnos que participen activamente no desenvolvemento da clase. Realizaranse microsesions para as presentacións dos alumnos e posta en práctica das súas propostas didácticas. Fomentarase a aprendizaxe autónoma.
I. AVALIACIÓN DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE (Maio / Xuño)
I.1.- Alumnos presenciais.
A cualificación final será o resultado de sumar os seguintes apartados:
1 Asintencia e participación activa en clase e realización en grupo ou individualmente das tarefas diarias e actividades propostas (20%).
2 Realización, exposición e entrega nas datas indicadas dos traballos de aplicación práctica dunha metodoloxía de ensino (30%)
3 Traballo final (50%)
Para obter unha cualificación final positiva haberá que obter unha cualificación en cada apartado de polo menos o 50% da nota dese apartado.
I.2.- Alumnos con dispensa oficial de asistencia.
A cualificación final será o resultado de sumar os seguintes apartados:
1 Realización, exposición e entrega nas datas indicadas dos traballos de aplicación práctica dunha metodoloxía de ensino (30%)
2 Traballo final (70%)
Para obter unha cualificación final positiva haberá que obter unha cualificación en cada apartado de polo menos o 50% da nota dese apartado.
I.3.- Alumnos repetidores.
O sistema de avaliación será o mesmo que para os alumnos en I.1
II. AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE (Xullo)
Aplicarase o mesmo sistema que para a avaliación da primeira oportunidade. Calquera parte superada na avaliación de primeira oportunidade dese ano, respectarase nesta convocatoria.
ADVERTENCIAS IMPORTANTES
Na normativa de rendemento académico da USC (DOG 21 de xullo de 2011, art. 16) penalízase a realización fraudulenta dalgunha proba avaliativa cun suspenso na convocatoria correspondente, alén do proceso disciplinario que se lle poida abrir a maiores ao alumnado infractor. Polo tanto, a detección de plaxio en calquera dos traballos presentados nesta materia será penalizada cun suspenso na materia independentemente da cualificación que o alumnado obtiver polos demais conceptos. Enténdese plaxio como a copia total ou parcial, fora literal ou non, de contidos ou ideas publicadas noutros traballos académicos ou en calquer tipo de obras (en papel ou internet), sen que o alumnado cite a fonte de onde foron extraídas esas ideas ou textos. O alumnado suspenso por plaxio non poderá presentarse á segunda oportunidade.
Asistencia a clase: o programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
Como consta na Memoria da titulación, nesta materia de seis créditos ECTS, está previsto que o alumnado dedique un total de 150 horas, das que 42 corresponden a traballo presencial na aula (18 horas expositivas, 24 horas interactivas) mais 108 horas de traballo autónomo e preparatorio fora da aula.
O tempo dedicado ao estudo desta materia poderá variar dunha semana a outra, aínda que se estima que os alumnos terán que estudar unha media de 10-14 horas á semana, incluíndo aquí o tempo destinado a tarefas e traballos.
Esta é unha materia eminentemente práctica. En consecuencia, a asistencia e participación na clase constitúen un requisito. Espérase unha participación activa dos alumnos na clase, así como a presentación de diversos traballos e tarefas prácticas ao longo do curso.
ENTREGA DE TRABALLOS
Os traballos serán entregados en formato dixital a través do Campus Virtual. Nas exposicións débense empregar as técnicas que menos residuos xeren, evitando plásticos e materiais tóxicos.
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
O alumnado con necesidades educativas especiais deberá falar co docente dentro das dúas primeiras semanas do semestre, presentando o informe emitido polo SEPIU, co fin de adaptar o plan de traballo e avaliación si fose preciso.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación co traballo persoal ou grupal que se realiza para a materia, deben terse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar cubertas plásticas innecesarias ou outras envolturas externas.
- Sempre que sexa posible, usar grampas no canto de espirais.
- Impresión a dobre cara con calidade de "aforro de tinta".
- Non usar follas en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar os arquivos adxuntos que non teñen referencia directa aos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
No que respecta aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase empregar a linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá na aula coma nos traballos académicos encomendados.
EMPREGO DO TELÉFONO MÓBIL NA AULA
O uso de teléfonos móbiles na aula limítase ao seu emprego como ferramenta de traballo seguindo as instrucións dadas pola profesora, o que fai aos estudantes responsables das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse do seu uso inapropiado.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
Para todas as comunicacións académicas será obrigatorio o emprego da conta rai, así como das demais ferramentas tecnolóxicas institucionais (Campus Virtual, Ms Teams, Microsoft Office 365, etc.)
PROTECCIÓN DE DATOS
En todas as actuacións relacionadas coa materia respectaranse as normas de protección de datos da USC: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
PLAXIO
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Noelia Estevez Rionegro
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 982821036
- Correo electrónico
- noelia.rionegro [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Maria Del Rocio Garcia Pedreira
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 982821014
- Correo electrónico
- mariadelrocio.garcia.pedreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 25 |
27.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |
01.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 26 |