Créditos ECTS Créditos ECTS: 2
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 34 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 8 Total: 50
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Educación e Linguas en Galicia, incluída como materia común no Máster, pretende introducir o futuro profesorado nos factores sociolingüísticos, psicopedagóxicos e lexislativos que condicionan a práctica educativa nun contexto con dúas linguas oficiais.
De xeito máis específico, os seus obxectivos son os seguintes:
1.- Valorar a diversidade lingüística como patrimonio colectivo da humanidade e os esforzos individuais e institucionais para conservala.
2.- Tomar conciencia dos factores sociolingüísticos e psicopedagóxicos que se deben ter en conta nun sistema escolar con varias linguas e coñecer os principais modelos de ensino bilingüe ou plurilingüe.
3.- Coñecer os principais indicadores da situación sociolingüística de Galicia e o seu reflexo no ámbito escolar.
4.- Coñecer e valorar o modelo lingüístico escolar de Galicia e os aspectos fundamentais da lexislación que o regula.
5.- Comprender a transcendencia da planificación lingüística no sistema educativo galego e ser quen de participar con criterio na elaboración do Proxecto Lingüístico de Centro.
Co propósito de asentar os conceptos e as informacións básicas neste eido temático, pero buscando a súa aplicación a tarefas de planificación lingüística escolar, os contidos organízanse nos seguintes temas:
TEMA 1: Unidade e diversidade lingüística nun mundo global. A Unión Europea e as linguas. Dimensión social e educativa do plurilingüismo.
1.1. Unidade e diversidade lingüística nun mundo global.
1.2. A Unión Europea e as linguas. A Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias.
1.3. Dimensión social e educativa do plurilingüismo. O Marco Común Europeo de Referencia e o Portfolio Europeo das Linguas.
TEMA 2: A planificación lingüística escolar en contextos plurilingües. Modelos de ensino bilingüe ou plurilingüe.
2.1. Ensino e planificación lingüística.
2.2. Tipos de comunidades bilingües.
2.3. Modelos lingüísticos en comunidades bilingües.
2.4. Modelos de ensino bilingüe ou plurilingüe.
TEMA 3: A situación sociolingüística de Galicia: indicadores cuantitativos e cualitativos da súa evolución nas últimas décadas.
3.1. A sociedade galega.
3.2. As competencias lingüísticas.
3.3. A lingua inicial e a lingua habitual.
3.4. As actitudes.
TEMA 4: As linguas no sistema educativo galego: lexislación e modelo lingüístico. Modelos lingüísticos noutras comunidades con dúas linguas oficiais.
4.1. Antecedentes do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
4.2. Descrición do Decreto 79/2010 e explicación do modelo galego.
4.3. Modelos lingüísticos noutras comunidades con dúas linguas oficiais.
TEMA 5: O papel dos centros na planificación lingüística: os equipos de dinamización da lingua galega e o proxecto lingüístico de centro.
5.1. A planificación sociolingüística do centro (PSC).
5.2. O proxecto lingüístico de centro (PLC).
5.3. Os equipos de dinamización da lingua galega.
5.4. Pautas planificadoras en Secundaria, Bacharelato, FP e Ensino de Linguas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
MONTEAGUDO, H. (ed.) (2024). A estandarización das linguas da Península Ibérica: procesos, problemas e novos horizontes. Consello da Cultura Galega.
MONTEAGUDO, H., Loredo, X. e Vázquez-Grandío, G. S. (2024). Informe sobre a situación da lingua galega segundo os datos do Instituto Galego de Estatística de 2023. Real Academia Galega.
RAMALLO, F., BENAVIDES DA VILA, X. e LÓPEZ ALONSO, L. (2023). A reflexión sobre a lingua na sociedade: alén dun contido curricular, unha necesidade estratéxica. Propostas para a docencia. Deputación de Pontevedra.
SIGUÁN, M. (2004). Bilingüismo y lenguas en contacto. Alianza.
XUNTA DE GALICIA (2010). Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Diario Oficial De Galicia de 25 de maio de 2010. http://www.xunta.es/linguagalega/decreto_plurilinguismo.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
CALLÓN, C. (2022). O libro negro da lingua galega. Xerais.
CONSELLO DE EUROPA (1992). Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias. http://www.galego.org/lexislacion/europea/carta.html [citado: 16/05/2023].
CONSELLO DE EUROPA (2001): Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas: aprendizaxe, ensino e avaliación. Xunta de Galicia.
FERNÁNDEZ PAZ, A., LORENZO SUÁREZ, A.M. e RAMALLO, F. (2007). A planificación lingüística nos centros educativos. Xunta de Galicia.
FORMOSO GOSENDE, V. (2013). Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico. Xerais.
FORMOSO GOSENDE, V., et al. (2017). Percepción do alumnado galego ante as variedades dialectais propias e alleas. Verba 44, 231-270.
GÓMEZ MARTÍNEZ, L. (2020). A muda lingüística na xuventude. Momentos e factores. Cadernos de Lingua 38, 9-52.
GRADÍN MARTÍNEZ, M. (2020). Análise comparativa dos dous últimos decretos de distribución de linguas no ensino galego. Estudos de Lingüística Galega 12, 31-65.
IGE (2024). Enquisa de condicións de vida das familias. Coñecemento e uso do galego. Ano 2023. Resumo de resultados.
https://www.ige.gal/estatico/estatRM.jsp?c=0206004&ruta=html/gl/Operaci…
IGLESIAS ÁLVAREZ, A. et al. (2017). O estándar galego nas novas xeracións: entre o afastamento e a necesidade. Revista Galega de Filoloxía 18, 79-113.
LÓPEZ PEÑA, Z. (2019). Fomento de la concienciación lingüística del profesorado en formación. Estudio de caso. Cuadernos de Lingüística Hispánica 34, 155-174.
LORENZO, F.J. (2005). Políticas lingüísticas europeas: claves de la planificación y aprendizaje de lenguas en la UE. Cultura y Educación 17 (3), 253-263.
MONTEAGUDO, H. (2019). Política lingüística en Galicia: De la normalización sin conflicto al conflicto desnormalizador. En Giralt Latorre, J. e Nagore Laín, F. (eds.). La normalización social de las lenguas minoritarias (pp. 17-55). Universidad de Zaragoza.
MONTEAGUDO, H., Loredo, X., Gómez, L. e Vázquez-Grandío, G.S. (2021). Mapa sociolingüístico escolar de Ames. Real Academia Galega.
NARVAJA DE ARNOUX, E. (2016). La perspectiva glotopolítica en el estudio de los instrumentos lingüísticos: aspectos teóricos y metodológicos. Matraga 23(38), 18-42.
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA (2011). O idioma galego na sociedade. Consello da Cultura Galega.
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA (2012): A(s) lingua(s) a debate. Consello da Cultura Galega.
RAMALLO, F. (2018). A Galicia neofalante. A Trabe de Ouro 109, 11-22.
RAMALLO, F. (2022). A Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias. Compromisos e incumprimentos. Grial 233, 26-31.
Revista Galega de Educación nº 78 (2020). Monográfico “Dez anos de plurilingüísmo?”.
RODRÍGUEZ CARNOTA, M. (2022). Lingua, poder e adolescencia. Xerais.
SEMINARIO DE SOCIOLINGÜÍSTICA DA REAL ACADEMIA GALEGA (2018). Lingua e sociedade en Galicia. Resumo de resultados 1992-2016. Real Academia Galega.
SILVA, B., Rodríguez, X. e Vaquero, I. (coords.) (2010). Educación e linguas en Galicia. USC.
SILVA, B., Rodríguez, X. e Vaquero, I. (coords.) (2011). A planificación para a normalización lingüística nos centros de ensino non universitarios. USC.
Recóllense as que figuran na memoria do Máster, que se corresponden coas que aparecían na Orde ministerial que o regula. Dada a singularidade desta materia, débense entender simplemente na dimensión de traballo escolar coas linguas en contextos multilingües.
COMPETENCIAS XERAIS
(CG3) Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
(CG13) Coñecer a normativa e a organización institucional do sistema educativo e dos modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros de ensino.
(CG16) Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
(CE-G8) Promover accións de educación emocional, en valores e en formación cidadá.
(CE-G9) Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.
(CE-G13) Coñecer e aplicar recursos e estratexias de educación no respecto e valor da diversidade lingüística e das súas implicacións educativas.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
(CT-1) Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
(CT-2) Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos, e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
(CT-3) Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarias.
No desenvolvemento desta materia tratarase de combinar tres principios metodolóxicos: a exposición, para facilitar os conceptos ou informacións básicas, a interacción profesorado-alumnado e entre estudantes para contrastar opinións, e o traballo con documentos para asentar as aprendizaxes.
De acordo co esquema organizativo previsto no Máster, haberá sesións expositivas en gran grupo e sesións interactivas en grupo mediano. As primeiras utilizaranse para establecer pautas sobre o desenvolvemento didáctico da propia materia (obxectivos, metodoloxía de traballo, sistema de avaliación, etc.), para facilitar a información necesaria e para contrastar ideas sobre as cuestións nucleares do programa. As sesións interactivas servirán para analizar documentos ou casos prácticos, para elaborar propostas referidas a situacións hipotéticas e para discutir cuestións máis específicas.
Fóra das sesións de clase o alumnado realizará algunhas tarefas de ampliación de coñecementos ou de aplicación que serán convenientemente orientadas pola docente en horario de titorías.
Utilizaremos a contorna da USC-Virtual para a entrega de documentos por parte da profesora, a entrega de tarefas por parte do alumnado e a comunicación virtual entre todos os membros da clase.
1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE
A avaliación das aprendizaxes estará guiada polos obxectivos e polas competencias recollidas neste programa, e deberá permitir medir o seu grao de consecución.
Para obter esa información teranse en conta os seguintes elementos: a participación nas sesións de clase, as tarefas ou traballos que se encarguen e un exame individual. A ponderación de cada un na cualificación final será a seguinte:
----- Participación: 20%
----- Instrumentos de avaliación: control de asistencia e observación da actitude do alumnado e da súa participación nas actividades grupais realizadas na aula. O control de asistencia ás sesións de clase rexerase polas normas xerais do Máster.
Respectando o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, a asistencia a clase ten un peso porcentual na nota final (20%), pero será necesario asistir como mínimo ao 80% das sesións expositivas e interactivas para obter puntuación neste apartado.
----- Traballos: 40%
----- Instrumentos de avaliación: tres tarefas grupais que deben ser entregadas na aula virtual (30% da cualificación final). Dúas desas tarefas serán expostas oralmente na aula presencial (10% da cualificación final).
----- Exame: 40%
----- Instrumento de avaliación: proba obxectiva tipo test.
PARA SUPERAR A MATERIA, A MEDIA PONDERADA DESTAS TRES PUNTUACIÓNS DEBERÁ SER IGUAL OU SUPERIOR A CINCO PUNTOS.
2. SEGUNDA OPORTUNIDADE
Conservaranse as cualificacións obtidas nos apartados “participación” (20%) e “traballos” (40%) da primeira oportunidade, e realizarase un novo exame coa mesma ponderación da primeira oportunidade (40%).
3. ALUMNADO REPETIDOR
Será avaliado como o alumnado de nova matrícula, aplicándoselle, en consecuencia, os criterios xerais que se indicaron con anterioridade.
4. ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
De haber algunha persoa con dispensa de asistencia a clase, en aplicación de normativa superior, a súa avaliación realizarase da seguinte maneira:
----- Traballos: 40%
----- Instrumentos de avaliación: tres tarefas individuais que deben ser entregadas na aula virtual da materia. Ao tratarse de alumnado non presencial, non hai que expoñer oralmente ningún destes traballos.
----- Exame: 60%
----- Independentemente de que sexa a primeira ou a segunda oportunidade, este exame constará sempre de dúas partes que nos permitan comprobar a adquisición dos coñecementos e das competencias desenvolvidas nas distintas sesións do curso.
---------- Primeira parte: proba obxectiva tipo test (40% da cualificación final).
---------- Segunda parte: proba escrita aberta na que o alumnado debe responder dúas preguntas de desenvolvemento (20% da cualificación final).
NESTE CASO, PARA SUPERAR A MATERIA, A MEDIA PONDERADA DAS TRES PUNTUACIÓNS (TRABALLOS, PRIMEIRA PARTE DO EXAME E SEGUNDA PARTE DO EXAME) DEBERÁ SER IGUAL OU SUPERIOR A CINCO PUNTOS.
5. ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL
O alumnado que precise dalgún tipo de adaptación ou apoio específico por NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá comunicalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria): http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html
6. MOI IMPORTANTE
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación e rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20110721/AnuncioG2018-190711-…
O valor curricular da materia é de 2 créditos ECTS, o que se traduce en 50 horas de dedicación de cada estudante. Destas, 14 son horas presenciais en grupo de clase e o resto estarán ocupadas no estudo da materia, a realización de traballos e a preparación do exame final.
Á parte da asistencia regular a clase e da revisión dos materiais que se faciliten, recoméndase a participación activa nos debates de clase como procedemento básico de autoaprendizaxe e tamén de contribución á aprendizaxe dos demais.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación cos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, pídese ter en conta as seguintes indicacións que mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
- É obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais (conta de correo RAI.USC, Campus Virtual, Microsoft Office 365...), así como outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Debe terse en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado: enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o alumnado matriculado na materia.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao uso como instrumento de traballo seguindo as indicacións das docentes. O alumnado é responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse do seu uso inapropiado.
PROTECCIÓN DE DATOS
Adóptase a normativa da USC a este respecto: https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos
ENTREGA DE TRABALLOS
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
Montserrat Souto Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 982824778
- Correo electrónico
- montserrat.souto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Colaborador
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 22 |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 22 |
17.12.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
17.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |