Créditos ECTS Créditos ECTS: 3.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 59.5 Horas de Titorías: 3.5 Clase Expositiva: 10.5 Clase Interactiva: 14 Total: 87.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Educación, Familias, Sociedade e Política Educativa, é unha materia obrigatoria do módulo xenérico no Master en Profesorado de Educación Secundaria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas da Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de Orientación Educativa. Ten unha carga lectiva de 3,5 créditos e está adscrita ao Departamento de Pedagoxía e Didáctica (Área de Teoría e Historia da Educación)
O exercicio da Orientación Educativa require dunha materia destas características que achegue na formación inicial da futura Orientadora ou Orientador Educativo, a análise e comprensión crítica do proceso educativo nas sociedade educadoras; un proceso complexo que conxuga as influencias de familia, escola e comunidade nunha diversidade de contextos e de axentes. Que permita achegarse ao estudo das relacións entre educación e sociedade, e a súa concreción en propostas de política educativa que acompañan ao cambio social e ás novas necesidades que del se derivan.
Considerando as finalidades indicadas e os referentes que definen a formación inicial das Orientadoras e Orientadores no marco universitario, os OBXECTIVOS a conseguir nesta materia son:
- Analizar as relacións entre educación e sociedade así como as necesidades emerxentes do cambio social e o seu concreción en propostas de política educativa.
- Valorar a educación inclusiva como fundamento da igualdade e equidade na diversidade e deseñar estratexias educativas que permitan a súa concreción e práctica na contorna escolar.
- Coñecer e valorar a multiplicidade de axentes e institucións da comunidade implicados nos procesos formativos nas sociedades educadoras.
- Coñecer e valorar a evolución e diversidade de modelos familiares, así como as súas funcións e responsabilidades educadoras propias e compartidas.
- Comprender a posición relevante e as competencias do centro escolar, e particularmente do Departamento de Orientación, na coordinación de contextos e axentes da comunidade, para a optimización dos procesos educativos escolares e comunitarios.
Cambio social e política educativa: Procesos, teorías, axentes e institucións educativas nas sociedades educadoras. Fundamentos sociais da educación. Política educativa e evolución do sistema educativo.
Educación e familias: Cambio social e novos modelos familiares. Funcións e responsabilidades educativas da familia. Participación familiar no centro educativo. Programas, recursos e iniciativas socioeducativas de apoio familiar no contexto comunitario.
Educación e comunidade: A comunidade como referente para a educación escolar: institucións, servizos e programas culturais, sociais, educativos, de benestar e desenvolvemento local. A educación escolar como estratexia e recurso para o desenvolvemento comunitario: o Departamento de Orientación como articulador de redes e plataformas de acción e participación socio-comunitarias.
Dereitos, valores e inclusión educativa.
A educación inclusiva como fundamento do desenvolvemento persoal e social. Estratexias inclusivas: comunidades de aprendizaxe. Educación para os Dereitos Humanos. Dereitos e responsabilidades da mocidade. Valores de cidadanía, igualdade, equidade e xustiza. Participación, convivencia e solidariedade. Saúde e desenvolvemento sustentable. Educación intercultural.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Biesta, J. J. (2017). El bello riesgo de educar. Cada acto educativo es singular y abierto a lo imprevisto. SM.
Booth, T., Ainscow, M. (2015) Guía para la Educación Inclusiva. Desarrollando el aprendizaje y la participación en los centros escolares. Organización de Estados Iberoamericanos / FUHEM.
López Facal, R. (2011). Conflictos sociales candentes en el aula. En J. Pagès y A. Santisteban (Ed.), Les qüestions socialment vives i l'ensenyament de les ciències socials (pp. 65-76). Universitat Autònoma de Barcelona. https://ddd.uab.cat/pub/caplli/2011/240211/quesocvivensciesoc_a2011p65…
Louis, E. (2018). Quién mató a mi padre. Salamandra.
Romero, C. e Núñez, L. (2017). Teoría de la Educación. Capacitar par la práctica. Pirámide
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Carbonell, J. (2019). La educación es política. Octaedro.
Carrasco, S. (coord.) (2023. La coeducación secuestrada. Crítica feminista a la penetración de las ideas transgeneristas en educación. Octaedro.
Colom, A., Domínguez, E. e Sarramona, J. (2011). Formación básica para los profesionales de la educación. Ariel.
Diez, F.J. (2018). Neoliberalismo educativo. Educando al nuevo sujeto neoliberal. Octaedro
Díez, F.J. e Rodríguez, J.R. (2021). Educación crítica e inclusiva para una sociedad poscapitalista. Octaedro
Feito, R. (coord.) (2010). Sociología de la educación secundaria. MEC/Graó
Fernández Enguita, M. (2020). Más escuela y menos aula. Morata
Fernández, R., e Morán M.C. (2020) La educación como resistencia. Experiencias en secundaria. En J. Díez y J. R. Rodríguez. (coords.), Educación para el Bien Común: hacia una práctica crítica, inclusiva y comprometida socialmente (pp. 480-494). Octaedro.
Marí, R. e Barranco, R. (coords) (2021) La participación educativa en centros de secundaria. Conceptos, procedimientos y materiales. Graó.
Meirieu, P. (2020) La réplica: escuelas alternativas, neurociencias y métodos tradicionales, para acabar con los espejismos. Dr. Buk
Morin, E. (1999). Los siete saberes necesarios para la educación del futuro. Santillana. https://repositorio.minedu.gob.pe/handle/20.500.12799/1448
Thorpe, C. e Yuill, C. (2016). El libro de la sociología. Akal.
Vázquez Recio, R. (Coord.) (2021) El profesorado ante el fracaso escolar y el abandono educativo. Dilemas, desafíos y propuestas. Octaedro
COMPETENCIAS XERAIS
CG5 – Contextualizar o currículo que se vaia implantar nun centro docente participando na planificación colectiva do mesmo.
CG7 – Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, á formación cidadá e ao respecto dos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, a toma de decisións e a construción dun futuro sustentable.
CG10 – Deseñar e realizar actividades formais e non formais que contribúan a facer do centro un lugar de participación e cultura na contorna na que está situado.
CG13 – Coñecer a normativa e organización institucional do sistema educativo e modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros de ensino.
CG14 – Coñecer e analizar as características históricas da profesión docente, a súa situación actual, perspectivas e interrelación coa realidade social de cada época.
CG15 – Informar e asesorar ás familias acerca do proceso de ensinanza e aprendizaxe e sobre a orientación persoal, académica e profesional dos seus fillos.
CG16 – Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
CG21 – Analizar a organización e funcionamento do centro para coordinar a orientación persoal, académica e profesional do alumnado en colaboración cos membros da comunidade escolar.
CG23 – Identificar os servizos públicos e entidades comunitarias coas que o centro pode colaborar, e promover e planificar, en colaboración co equipo directivo, as accións necesarias para unha mellor atención ao alumnado.
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB6 – Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 – Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 – Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 – Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 – Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que deberá ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CEG10 – Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e da comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade ou en calquera outra circunstancia persoal ou social que poida supoñer un risco para a súa inclusión social e escolar.
CEG11 – Coñecer a evolución histórica da familia, os seus diferentes tipos e a incidencia do contexto familiar na educación en xeral, e no rendemento escolar en particular.
CEG14 – Identificar e valorar os factores e procesos que inciden na capacidade de aprendizaxe do alumnado e no seu rendemento escolar.
CEG17 – Analizar as relacións entre os distintos contextos educativos do alumnado e deseñar estratexias de orientación e intervención orientadas a promover a súa articulación e complementariedade.
CEG20 – Saber deseñar os distintos documentos de planificación do centro e participar na definición do proxecto educativo, nos procesos de desenvolvemento curricular e nas actividades xerais do centro, atendendo a criterios de mellora da calidade da educación, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia, e promoción do éxito escolar.
CEG21 – Colaborar co Equipo Directivo na adopción de medidas para a coordinación do centro escolar coas familias e deseñar estratexias orientadas a favorecer a efectiva participación e colaboración destas nos procesos educativos.
CEG23 – Articular estratexias de coordinación e traballo en rede cos servizos profesionais existentes na comunidade.
CEE25 – Identificar demandas, establecer obxectivos e participar no deseño de plans de intervención acordes cos resultados da análise institucional dos centros educativos e os sistemas relacionados.
CEE26 – Colaborar no establecemento de estruturas de traballo colaborativo cos docentes e outros membros da comunidade escolar, así como con outros profesionais que interveñen nos centros educativos.
CEE27 – Coordinar as actuacións na zona ou sector con todos os axentes educativos e outros servizos, con especial atención aos servizos sociais, de saúde e laborais para unha intervención coordinada.
CEE30 – Saber aplicar programas preventivos de alcance sociocomunitario.
CEE32 – Analizar criticamente os plantexamentos conceptuais e ideolóxicos da inclusión e a exclusión socioeducativa.
CEE33 – Identificar as barreiras e os facilitadores dunha educación inclusiva tanto no centro escolar como no resto dos contextos que inflúen sobre o desenvolvemento e a educación do alumnado.
CEE34 – Deseñar e poñer en marcha, en colaboración coa comunidade escolar, medidas de atención á diversidade que garantan a presenza, participación e aprendizaxe de todo o alumnado.
CEE36 – Identificar as necesidades específicas de apoio educativo asociadas á discapacidade, os trastornos de desenvolvemento, as dificultades de aprendizaxe, a alta capacidade e factores socioculturais.
CEE39 – Identificar e formular problemas relevantes xurdidos nos centros educativos que leven a emprender actividades de investigación e mellora.
CEE40 – Participar e colaborar en proxectos de investigación e innovación orientados á análise e mellora das prácticas educativas.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 – Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
CT2 – Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
CT3 – Potenciar a capacidade para o traballo en contornos cooperativos e pluridisciplinares.
Os procedementos propostos para acadar os obxectivos da materia “Educación, Familias, Sociedade e Política Educativa” centraranse nos principios pedagóxicos da participación, a discusión crítica, a aprendizaxe autónoma e a reflexión arredor das realidades educativas e sociais.
A proposta metodolóxica enmárcase no Espazo Europeo de Educación Superior e, polo tanto, está guiada por un enfoque de aprendizaxe baseado en competencias.
Agás a realización dalgunha actividade extraordinaria, a metodoloxía docente sustentarase en procesos de ensino-aprendizaxe enmarcados en dous tipos de sesións de aula — expositiva e interactiva —, nas titorías e no estudo persoal do estudantado:
As sesións expositivas — gran grupo. A súa asistencia é recomendable xa que a maioría das sesións interactivas basearanse na profundización dos contidos presentados nestas sesións. Estas sesións serán principalmente exposicións por parte do profesor, pero tamén se empregarán para resolver dúbidas, presentar traballos, visionar vídeos ou solucionar situacións relacionadas coa organización e desenvolvemento da materia.
As sesións interactivas — grupo pequeno. O obxectivo destas sesións é que o estudantado utilice a información presentada nas sesións precedentes aplicando o coñecemento en diferentes situacións e contextos. Estas sesións terán un marcado carácter práctico e reflexivo, realizando actividades e dinámicas de análise, reflexión, debate, resolución de problemas, estudos de caso, etc.
As titorías. Constitúen un apoio fundamental para o desenvolvemento da materia e a consecución dos seus obxectivos.
Traballo autónomo. Actividades non presenciais realizadas individualmente ou en grupo como: actividades de estudo, lecturas, elaboración de conclusións escritas, preparación de exames, preparación e ensaio de presentacións de traballos individuais ou en equipo e outras actividades.
Existirá algunha sesión que será compartida con outras materias e profesorado do Máster.
A avaliación será de tipo continua, formativa e sumativa e constará dos seguintes fitos:
1. TAREFAS E PRÁCTICAS DE AULA: 75%
a. Exercicios individuais ou grupais (40%). No caso de dispensa, exención de asistencia ou falta xustificada, poderase entregar o traballo de forma individual ou realizar unha actividade complementaria negociada co profesor.
b. Librofórum (10%). No caso de dispensa, exención de asistencia ou falta xustificada, poderase entregar un traballo escrito en formato de ensaio crítico.
c. Traballo final (25%).
No Campus Virtual da materia, accesible a todo o estudantado matriculado, estarán dispoñibles as explicacións detalladas sobre as distintas tarefas e actividades avaliables. Estas deberán entregarse exclusivamente a través do Campus Virtual no espazo reservado para tal efecto e dentro do prazo establecido.
IMPORTANTE: O Campus Virtual é a única vía válida para entregar os traballos avaliables, polo que se deben cumprir os prazos de entrega.
2. EXAME: 25%
O exame será tipo test consistente en 30 preguntas, cun tempo de 60 minutos para a súa realización.
Estes tempos poderán modificarse en función de necesidades específicas dalgún/dalgúnha compañeiro/a, de acordo coas indicacións do SEPIU (https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-participacion-inclusio…).
ORIXINALIDADE, PLAXIO E USO DE IA XENERATIVA
Os traballos individuais ou grupais deben ser orixinais e indicar as fontes documentais utilizadas. Calquera traballo no que se detecte plaxio implicará o suspenso da materia.
Se existen dúbidas sobre a autoría dos traballos (por posible plaxio ou uso de intelixencia artificial xenerativa), poderáselle requirir ao estudante ou ao grupo que defenda oralmente o traballo no despacho do profesor.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non poderá empregarse para varias materias, salvo en actividades programadas de forma coordinada.
DISPENSA OU EXENCIÓN DE ASISTENCIA A CLASE
De acordo coa Instrución Reitoral 1/2017 da Secretaría Xeral, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias (dispoñible na intranet da Facultade de Ciencias da Educación e no Campus Virtual da materia), o estudantado que cumpra as condicións para obter dita dispensa deberá realizar de forma individual os mesmos traballos no mesmo tempo e forma establecidos no Campus Virtual, como se indicou previamente, e non se esixirán tarefas adicionais. Estas adaptacións poderán modificarse en función de necesidades específicas de acordo coas indicacións do SEPIU.
ESTUDANTES QUE SE MATRICULEN POR SEGUNDA VEZ
Deberán seguir o mesmo programa establecido para o resto do alumnado da materia.
Clases expositivas: 12 horas.
Clases interactivas: 9 horas.
Titorías en grupo: 7 horas.
Total de horas de traballo persoal do estudantado: 59,5 horas.
Aínda que a asistencia a clase non é obrigatoria, a avaliación é continua e, polo tanto, réxese polo punto a) do artigo 2 do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela (dispoñible no Campus Virtual), polo que se non se asiste, as actividades de avaliación continua non poderán ser avaliadas, excepto pola xustificación pertinente de falta de asistencia conforme indica o mencionado regulamento ou por necesidades específicas de acordo coas indicacións do SEPIU. Polo tanto, é moi recomendable asistir para superar a materia de forma satisfactoria. Tanto nas sesións expositivas como nas sesións interactivas trataranse os contidos que serán avaliados no exame final (25% da nota) e resolveranse dúbidas en grupo. Igualmente, o restante 50% da nota final, correspondente a “Tarefas e prácticas de aula”, obterase a partir das entregas, presentación ou participación das actividades de formación continua que se realizarán en ambas sesións.
O estudantado ten dereito a utilizar o espazo e tempo de titorías dentro dos horarios establecidos ao inicio de curso polo profesor da materia. Este horario establecerase procurando ocupar dous días, un en horario de mañá e outro de tarde.
Toda a información necesaria para un adecuado desenvolvemento da materia estará dispoñible no Campus Virtual (actividades e tarefas avaliables, datas de entrega, espazo de entrega, normativa aplicable, contidos traballados e bibliografía, avisos importantes, etc.), polo que o seu uso é indispensable para poder seguir a materia satisfactoriamente.
MEDIOS DE COMUNICACIÓN
Existen tres formas para a comunicación co profesor da materia:
1. Sesións expositivas e interactivas.
2. Titorías (individuais ou en grupo) no despacho do profesor.
3. Correo electrónico institucional. Só se responderá a mensaxes enviadas mediante o correo electrónico institucional (@rai.usc.es), xa que é o único medio que permite asegurar a identidade do estudantado.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase o uso de linguaxe inclusiva e non sexista tanto no traballo diario en clase como nos traballos académicos. No Campus Virtual estará dispoñible o documento do Servizo de Normalización Lingüística e da Oficina de Igualdade de Xénero da USC titulado “Criterios de linguaxe non sexista”.
XUSTIFICACIÓN DA ASISTENCIA A CLASE
O Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela, polo que se rexe a asistencia a clase, estará dispoñible no Campus Virtual da materia. Todo o estudantado poderá acceder a el para coñecer as causas susceptibles de xustificación e a forma adecuada de proceder á súa xustificación.
MÁIS INFORMACIÓN DE INTERESE:
Oficina de Igualdade de Xénero da USC
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/oficina-igualdade-xenero
Servizo de Normalización Lingüística da USC
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-normalizacion-linguist…
Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) da USC
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-normalizacion-linguist…
Valedor/a da comunidade universitaria
https://www.usc.gal/gl/usc/institucional/goberno/valedor
Asociacións de estudantes
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/bolsas-axudas/asociacionismo/lista…
Antonio Garcia Vinuesa
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- a.garcia.vinuesa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
18:00-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
09.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |