Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 38 Total: 48
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
É unha materia eminentemente práctica que permite dotar ao estudantado de coñecementos para o desenvolvemento de ensaios no laboratorio de forma a avaliar os posíbeis efectos da interacción dos biomateriais cos organismos vivos.
TEMA 1. Bioseguridade NO laboratorio. Normas de correcta fabricación (NCF) relativas ao cultivo celular para uso humano: Medicamentos biolóxicos. Esterilidade e ausencia de contaminantes microbiolóxicos e químicos nos biomateriais
TEMA 2. Avaliación da biocompatibilidade in vitro de biomateriais. Citotoxicidade, adhesión, proliferación celular, resposta funcional segundo tipo celular e aplicación concreta do biomaterial. Particularidades no proceso experimental segundo o formato do biomaterial e as súas propiedades fisicoquímicas.
TEMA 3. Avaliación da hemotoxicidade e a inmunoxenicidade. Interacción dos biomateriaiss con compoñentes sanguíneos. Hemólise interferencia na coagulación. Activación de células inmunitarias. Inflamación.
TEMA 4. Tecnoloxías avanzadas para o cultivo celular en 3D e/ou en condicións dinámicas. Modelos de cultivo celular en 3D: organoides e esferoides. Sistemas de cultivo celular en condicións dinámicas simulando contorna tisular: biorreactores, sistemas de perfusión, dispositivos microfluídicos. Incorporación de constructos 3D ao sistema dinámico.
-Bibliografía Básica
Saravana Babu Chidambaram, M. Mohamed Essa, M. Walid Qoronfleh, Introduction to Toxicological Screening Methods and Good Laboratory Practice, https://doi.org/10.1007/978-981-16-6092-4, Springer, 2022
Shayne Cox Gad, Preclinical Development Handbook: Toxicology, https://doi.org/10.1002/9780470249055, Wiley, 2007
Jeong-Yeol Yoon, Tissue Engineering. A Primer with Laboratory Demonstrations, https://doi.org/10.1007/978-3-030-83696-2, Springer, 2022
Ashish S. Verma, Anchal Singh, Animal tissue culture principles and applications. In Animal Biotechnology, https://doi.org/10.1016/B978-0-12-811710-1.00012-4, 2ª, Science Direct, 2020
Monika Schäfer-Korting, Silvya Stuchi Maria-Engler, Robert Landsiedel, Organotypic Models in Drug Development, https://doi.org/10.1007/978-3-030-70063-8, Springer, 2021
-Bibliografía Complementaria
Hanjoong Jo, Ho-Wook Jun, Jennifer Shin, SangHoon, Biomedical Engineering: Frontier Research and Converging Technologies., https://doi.org/10.1007/978-3-319-21813-7, Springer, 2016
R.C. Sobti, Naranjan S. Dhalla, Biomedical Translational Research. Drug Design and Discovery, https://doi.org/10.1007/978-981-16-9232-1, Springer, 2022
Han, J, Park S, Kim JE, Jang KJ, Chung JH, Development of a scaffold-on-a-chip platform to evaluate cell infiltration and osteogenesis on the 3D-printed scaffold for bone regeneration, https://doi.org/10.1021/acsbiomaterials.2c01367, ACS, 2023
A21 Desenvolver protocolos para avaliar in vitro a biocompatibilidade, toxicidade e posibles efectos inmunolóxicos de biomateriais.
A22 Aplicar protocolos para o crecemento de células nos sistemas 3D e determinar mudanzas producidos polo uso de biomateriais.
A23 Describir a tecnoloxía Organ on a Chip (OOC) e as súas aplicacións na biomedicina.
B2 Fundamentos e técnicas da bioloxía celular de interese na biofabricación
B3 Fundamentos das ciencias da vida aplicadas á enxeñería de tecidos
B8 Deseño e aplicación de ensaios pre-clínicos con células e tecidos de interese na biofabricación
C1 Adquirir coñecementos avanzados no campo da biofabricación e demostrar unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos-prácticos e da metodoloxía de traballo que a sustentan.
C2 Saber aplicar e integrar coñecementos en biofabricación na a resolución de problemas en contornas novas e de carácter multidisciplinar tanto investigadores como profesionais altamente especializados.
C3 Saber avaliar e seleccionar a teoría científica adecuada e a metodoloxía precisa a utilizar no campo da biofabricación para formular xuízos incluíndo, cando sexa preciso e pertinente, unha reflexión sobre a responsabilidade social ou ética ligada á solución que se propoña en cada caso.
D1 CG1: Dominar técnicas de recuperación de información, análise crítica da información e ser capaz de identificar teorías científicas e aproximacións metodolóxicas adecuadas para o deseño e a avaliación crítica en procesos de biofabricación.
D2 CG2: Saber aplicar os coñecementos á resolución de problemas e planificación-xestión de proxectos multidisciplinares na investigación e a innovación relacionada con biofabricación.
D4 CG4: Ter capacidade de liderado, creatividade, iniciativa, espírito emprendedor e dispoñer de habilidades para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas, en contextos interdisciplinares e cun alto compoñente de transferencia do coñecemento.
D8 CT1: Saber expor un proxecto de investigación de forma autónoma en contornas multidisciplinares e ter capacidade para a xestión da investigación, o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica en biofabricación.
D9 CT2: Usar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs) como ferramenta para a transmisión de coñecementos, resultados e conclusións en ámbitos especializados de modo claro e rigoroso.
D10 CT3: Ter iniciativa para a formación continuada e a abordaxe de novos retos científicos e tecnolóxicos.
D11 CT4: Capacitar para a comprensión do significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
D12 CT5: Practicar a sustentabilidade e o compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos
D18 CE6: Coñecer os tipos celulares utilizados en procesos de biofabricación, comprender as súas características específicas e os posibles efectos da interacción entre células e biomateriais.
D19 CE7: Desenvolver técnicas e protocolos básicos de cultivos celulares.
D22 CE10: Desenvolver os protocolos máis adecuados para a avaliación preclínica das propiedades e o comportamento dos biomateriais segundo o contexto e aplicación.
Lección maxistral
Exposición e debate dos contidos da materia. Como apoio ás explicacións teóricas, proporcionarase aos alumnos o material docente apropiado a través da plataforma Moovi do Campus Virtual
Seminario
Exposición e/ou debate de casos / pubicacións no ámbito da dos ensaios preclínicos con cultivos celulares e tisulares.
Prácticas de laboratorio
Desenvolvemento de diferentes ensaios no laboratorio de forma a avaliar os posíbeis efectos da interacción dos biomateriais coas células e compoñentes do organismo.
Seminario (25%)
Resolución de problemas, casos prácticos, debate de artigos científicos planteados polo docente.
Prácticas de laboratorio (50%)
Entrega dun informe de prácticas e/ou cuestións e /ou problemas (corresponderá o 80% da nota de prácticas). A participación e implicación durante as clases prácticas corresponderá ao 20% da nota de prácticas.
Exame de preguntas obxectivas (25%)
Exame escrito sobre contidos básicos da materia e desenrolo de diferentes técnicas. O exame consistirá en preguntas de tipo test e/ou resposta curta (incluidos problemas). Requírese obter máis dun 40% da nota neste apartado para superar a materia.
Horas na aula Horas fóra da aula Horas totais
Lección maxistral 10 23 33
Seminario 14 24 38
Prácticas de laboratorio 24 54 78
Exame de preguntas obxectivas 1 0 1
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientador, considerando a heteroxeneidade do alumnado.
O alumno debe evitar o simple esforzo de memorización e centrar o seu estudo na comprensión, razoamento e relación dos contidos da materia. A asistencia regular ás sesións do curso e a participación activa en actividades interactivas permitirán aos estudantes comprender mellor os temas tratados nas clases teóricas, o que facilitará a preparación para o exame final.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo RAI.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.