Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia pretende que os alumnos da titulación de Máster en Enxeñaría Agronómica, poidan desenrolar a capacidade de análise e afondar naqueles aspectos non abordados nas materias de Grado relacionadas coa Hidráulica, ou nas materias obrigatorias do Máster (Xestión de Recursos Hídricos e Sistemas de Rega e Drenaxe). Os obxectivos concretos: adquisición de competencias en deseño de redes de abastecemento de auga potable, deseño de redes de saneamento e deseño de sistema de depuración de augas residuais.
Sistemas de captación, potabilización. Deseño, cálculo e xestión de redes de abastecemento de auga. Criterios para o cálculo e deseño de redes de saneamento. Materiais e compoñentes das redes de saneamento. Sistemas de depuración de augas residuais: pretratamentos, tratamentos primarios e secundarios. Criterios de selección das tecnoloxías de depuración.
Temario Teórico.-
Bloque 1.- ABASTECEMENTO
Unidade I. (HP 0.5h) (HNP 0.5h)
Sistemas de captación e potabilización
Marco xurídico. Europeo, nacional e rexional
Unidade II. (HP 3h) (HNP 5h)
Introdución. Datos previos
Tipos de redes.
Cálculo de caudais
Presións de servizo.
Velocidades e diámetros
Trazado da rede.
Elementos constituíntes
Cálculo de redes
Bloque 2 -SANEAMENTO
Unidade III (HP 2h) (HNP 3h)
Introdución ás redes de saneamento (finalidade, tipoloxías, trazado e criterios de deseño)
Cálculo de caudais en sistemas de saneamento.
Bloque 3.- DEPURACIÓN
Unidade IV. (HP 0,5h) (HNP 0.5h)
ASPECTOS XERAIS
Marco regulador e planificación
Situación de depuración en pequenas cidades en España
UNIDADE V. (HP 3h) (HNP 5h)
TECNOLOXÍAS APLICABLES EN PEQUEÑAS POBOACIÓNS
Obra de chegada, pretratamento e medición de caudal
Tratamentos primarios
Tratamentos secundarios extensivos
Tratamento secundario Intensivo
Xestión dos lodos en pequenas entidades
Temario Práctico
Bloque 1.- ABASTECEMENTO
UNIDADE VI. (HP 6h) (HNP 12h)
PROXECTOS DE REDES DE ABASTECEMENTO
Cálculo y Diseño de redes
Utilización de Software para el cálculo de redes
Bloque 2.- SANEAMIENTO
UNIDADE VII (HP 2h) (HNP 4h)
Cálculo de caudais en redes de saneamento
Bloque 3.- DEPURACIÓN
UNIDADE VIII. (HP 4h) (HNP 9h)
Cálculo y Diseño de Plantas de Depuración de Pequeños Núcleos
Outras actividades prácticas: (HNP 9h)
Preparación de traballos e exposición oral dos mesmos
deseño e cálculo da rede de abastecemento dunha poboación (ata 5000 habitantes)
Diseño e cálculo da EDAR dunha poboación (ata 2000 habitantes)
Xeración de un glosario científico-técnicos en inglés utilizando Tesauro da UNESCO (http://vocabularies.unesco.org/browser/thesaurus/es/); identificará o termo en inglés partindo do correspondente en español (ou galego) coa súa definición en ambas linguas. Estableceranse tres categorías que se corresponderan con bloques de abastecemento, saneamento e depuración. Esta actividade poderá substituirse pola lectura e resumo dun stículo en ingles de temática relacionada coa materia.
Bibliografía básica
• Aguas de Galicia. Instrucciones técnicas para obras hidráulicas en Galicia http://augasdegalicia.xunta.es/es/ITOHG.htm
• CEDEX ;(2011). Manual para la implantación de sistemas de depuración en pequeñas poblaciones. Edita Ministerio de M.A.A. y M. ISBN: 978-84-491-1071-9. https://www.aragon.es/documents/20127/24009052/Manual+CEDEX2.pdf/32188f…
• EPANET, Versión 2.0. Guía del usuario (2002). Grupo REDHISP Inst. Ingeniería del Agua y M.A. Universidad Politécnica de Valencia. (www.redhisp.upv.es)
• European Commission (2001) Guide Extensive wastewater treatment process https://ec.europa.eu/environment/water/water-urbanwaste/info/pdf/waterg…
• Tejero, I., Suárez, J., Jácome A., y Temprano J.; (2004) Ingeniería sanitaria y ambiental (dos Volúmenes) Editado por: E.T.S. de Ing. de Caminos de Santander. Universidad de Cantabria. ISBN: 84-607-0983-3
Bibliografía complementaria
• Agüera Soriano, J. 1996. Mecánica de los fluidos incomprensibles y turbomáquinas hidráulicas. Ed. Ciencia. Madrid
• CEDEX; 2007.Guía técnica sobre redes de saneamiento y drenaje urbano. Madrid
• Collado Lara, R. 1992. Depuración de aguas residuales en pequeñas comunidades. C. O. de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos. Colección senior. Ed. Paraninfo. Madrid.
• Dègremont (1979). Manual Técnico del agua. Ediciones Urmo, S.A.. ISBN: 9788431460396Hernández Muñoz, A. 1987. Abastecimiento y distribución de aguas. C. O. de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos. Colección senior. Ed. Paraninfo. Madrid
• EPA (1988), Design Manuel. Constructed Wetlands and Aquatic Plant Systems for Municipal WastewaterTreatment, EPA/625/1-88/022.
• Global water partnership. 2014. Natural thecnologies of watewater treatment https://www.gwp.org/globalassets/global/gwp-cee_files/regional/natural-…
• Hernández Muñoz, A. 1987. Abastecimiento y distribución de aguas. C. O. de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos. Colección senior. Ed. Paraninfo. Madrid
Coñeocementos:
Comp30. CEAI01 - Coñecementos adecuados e capacidade para desenrolar e aplicar tecnoloxía propia en abastecemento e
depuración de augas TIPO: Competencias
Coñecementos ou contidos:
Con02. 1.2. - Un profundo coñecemento e comprensión das disciplinas da enxeñaría agrónoma, no nivel necesario para
adquirir o resto de competencias do título. TIPO: Coñecementos ou contidos
Habilidades ou destrezas:
H/D03. 2.3. - Capacidade para identificar, formular e resolver problemas de enxeñaría definidos de forma incompleta, e/ou en
conflicto, que admitan diferentes soluciones válidas, que requiran considerar coñecementos máis alá dos propios da súa disciplina
e ter en conta as implicacións sociais, de salúde e seguridade, ambientáis, económicas e industriais; seleccionar e aplicar los
métodos máis adecuados de análise, de cálculo e experimentáis, así como os máis innovadores para a resolución de problemas.
TIPO: Habilidades o destrezas
H/D06. 3.2 - Capacidade para proxectar aplicando o coñecementoe a comprensión de vanguarda da súa especialidade de enxeñaría.
TIPO: Habilidades o destrezas
H/D13. 5.4 - Capacidade para aplicar normas da práctica da enxeñaría. TIPO: Habilidades o destrezas
A ensinanza da materia distribúese da seguinte forma:
Clases expositivas nas que se desenrolarán os conceptos teóricos precisos para a comprensión da materia (9h). Todo o material impartido e calquera outro material complementario que se considere adecuado para a mellora de la comprensión e o coñecemento da materia estará dispoñible na USC virtual (Comp30 CEAI01y Con02. 1.2 ).
Na docencia interactiva (12h)(H/D03.2.3., H/D06.3.2. y H/D13.5.4.) realizaranse: :
a) Actividades en seminarios nos que realizaranse exercicios prácticos destinados a mellorar a compresión da materia.
b) Prácticas (grupos reducidos) estableceranse as pautas para a realización dos traballos, neste apartado encádranse as viaxes de prácticas (Prácticas de Campo).
Titorías en pequenos grupos (grupos moi reducidos) cada grupo dispón de 3 horas coa finalidade de aclarar dúbidas que poidan existir nos diferentes temas tratados na materia. (H/D03.2.3., H/D06.3.2. y H/D13.5.4)
Os alumnos dispoñen da posibilidade de acudir as titorías individuais, sempre que o consideren oportuno, e no horario establecido polos profesores. A asistencia as clases expositivas, seminarios, prácticas e titorías en pequenos grupos é obrigatoria.
Nesta materia óptase por unha avaliación dividida en tres compoñentes:
1) Participación na aula
Sistema de avaliación: asistencia e actividades entregadas/expostas (exercicios para entregar, glosario, etc.).
Coñecemento Comp30. CEAI01 y habilidades H/D03.2.3., H/D06.3.2. y H/D13.5.4
Peso: 10%
2) Traballo(s) de curso
Entregaranse os informes correspondentes aos traballos propostos:
Deseño e cálculo dun sistema de abastecemento para unha poboación de entre 1000-5000 habitantes
Deseño e cálculo de un sistema de depuración de augas residuais en una pequena poboación (menos de 2000h-e).
Ambos traballos levarán un resumen en galego ou castelán e inglés.
Coñecemento Comp30. CEAI01 y habilidades H/D03.2.3., H/D06.3.2. y H/D13.5.4
Peso: 20%
3) Proba final:
Consiste en la exposición y defensa de los traballos elaborados. En esta proba el alumno ademáis de la expoñer o traballo realizado contestará a todas as preguntas que realice o profesorado a fin de avaliar os coñecementos adquiridos.
Competencia Comp30. CEAI01, Coñecemento Con 02.1.2. y habilidades H/D03.2.3., H/D06.3.2. y H/D13.5.4
Peso: 70%
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia pola Comisión de Título segundo o disposto no Regulamento de asistencia a clase, para a superación da materia realizarán os traballos de curso e a súa defensa (do xeito que se indica nesta guía docente a defensa no caso de dispensa poderá realizarse de forma telemática), aínda que non se contemplará a puntuación por asistencia, sendo substituida pola lectuta e resumo dun artículo científico en inglés, a redación do resumo realizarase en inglés e galego/castelán.
Non se establecen diferentes criterios para as probas extraordinarias de recuperación, así como para os estudantes repetidores (RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2011 pola que se publica a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 - DOG 21 Xullo 2011).
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación da materia implicará a cualificación de suspenso (ca cualificación de 0) na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se puída seguir contra el alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados u obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración o reinterpretación, e sen citas a los autores de las fontes. Para estes casos será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Adicación Presencial.-
Expositivas: 9 horas.
Interactivas: 12 horas.
Titorías en pequenos grupos: 3h
Evaluación : 2 horas
Adicación Non Presencial.-
Lectura e preparación de temas: 14 horas.
Preparación previa das prácticas e posterior traballo sobre as mesmas: 7 horas.
Realización de exercicios: 18 horas.
Elaboración de traballos de curso: 3 horas.
Preparación de probas de avaliación: 6 horas.
Total 75 horas.
Recomendase a asistencia participativa e activa nas clases e o estudo continuado e paralelo á impartición da materia.
Maria Teresa Teijeiro Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- mteresa.teijeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria