Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Poñer ao alumno en contacto coa tecnoloxía empregada no uso da biomasa de orixe forestal para a obtención de enerxía.
A memoria do título considera para esta materia os seguintes contidos:
Sistemas de aproveitamento da biomasa forestal. Mecanización dos aproveitamentos de biomasa forestal. Loxística dos aproveitamentos de biomasa forestal. A biomasa como fonte de enerxía. Procesos de transformación da biomasa: térmicos, químicos e biolóxicos. Coxeración. Biocombustibles.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo co seguinte temario:
Teoría (18 h; 12 expositivas + 6 interactivas):
1. Condicionantes da biomasa forestal para o seu aproveitamento (1 h).
2. Maquinaria para acondicionar residuos forestais (4 h).
3. Organización e avaliación da recollida mecanizada de residuos forestais (2 h).
4. Materia prima da biomasa forestal (1 h).
5. Utilización da biomasa forestal como fonte de enerxía (1 h) .
6. Aproveitamento dos residuos silvícolas (1 h).
7. Procesos de transformación da biomasa (2 h).
8. Tecnoloxías de conversión térmica (2 h).
9. Biocombustibles sólidos (2 h).
10. Biocombustibles líquidos (1h).
11. Coxeración (1h).
Prácticas de campo (6 h; interactivas):
Viaxe de prácticas para visitar un aproveitamento de biomasa forestal en monte e posteriormente a súa transformación en enerxía nunha central de biomasa. 6 h.
Bibliografía básica
Nieto Ojeda, R. (Editor). Manual de Mecanización Forestal, 4ª Ed.
Sebastián, F.; García Galindo, D.; Rezeau, A. 2010. Energía de la biomasa. Prensas Universitarias de Zaragoza.
Velázquez Martí, Borja. 2006.Aprovechamiento de los residuos forestales para uso energético. Editorial UPV.
Bibliografía complementaria
Brown, R. (ed.). 2011. Termochemical Processing of biomass.Conversion into fuels, chemicals and power. Wiley.
Damien, A. 2010. La Biomasa. Fundamentos, Tecnologías y Aplicaciones. Mundi Prensa.
Linares Hurtado, J.L. (ed.). 2009. Biomasa: estado actual y perspectiva inmediata. U. Pontificia de Comillas. Asociación N. de Ingenieros del ICAI.
Martin, A.M., Owendw P.M.O., Holden N.M., Ward S.M. 2001. Designation of timber extraction routes in a GIS using road maintenance cost data. ForestProducts Journal 51 (10), 32-38.
Obernberger, I., Theck, G. 2010. The pellet handbook : the production and thermal utilization of pellets. IEA Bioenegy.
Seoánez Calvo, M. 2013. Tratado de la biomasa: con especial incidencia sobre la biomasa como fuente energética. McGraw-Hill/Interamericana de España, D.L.
Strezov, V.; Evans, T. (ed.). 2014. Biomass Processing Technologies CRC Press.
Os estudantes que superen esta materia, coñecerán:
- COM1-01. A tecnoloxía existente para utilizar a biomasa forestal como fonte de enerxía.
- COM1-02. Os procesos térmicos, químicos e biolóxicos de transformación da biomasa forestal.
Ademais, serán capaces de:
- HAM1-01. Dimensionar instalacións de aproveitamento da biomasa forestal con fins enerxéticos.
- HAM1-02. Deseñar a loxística do aproveitamento da biomasa forestal.
Esta materia contribuirá a que se adquiran as competencias:
A) Específicas:
- CEM1-01. Capacidade para a redacción, dirección e execución de proxectos de industrias de desenrolo, aserrío e moble e para o aproveitamento de enerxías renovables.
- CEM1-04. Coñecemento e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía no ámbito das enerxías renovables no medio forestal e natural.
B) Xeral:
- CG05. Capacidade para o desenvolvemento de técnicas e proxectos no campo das enerxías renovables.
A docencia desta materia será presencial. As sesións expositivas, de teoría e de carácter maxistral participativo, desenvolveranse nunha aula convencional coa axuda dun encerado e de medios audiovisuais.
Tamén se considera a realización de sesións interactivas, como seminarios e conferencias a cargo de especialistas na materia (na aula ou visitando os seus centros de traballo).
Exporase igualmente a realización de un o varios traballos autónomos, que deberán entregarse ao final do curso, sobre algúns temas que indicará o profesor. Poderán ser exercicios, traballos de revisión de artigos o catálogos técnicos de máquinas forestais, en lingua inglesa. O relacionados coa visita de campo.
Ademais, realizarase unha práctica de campo, visitando un aproveitamento e unha central de biomasa forestal, que servirá para coñecer a aplicación práctica dos coñecementos impartidos.
Tanto nas sesión expositivas como nas interactivas, coa realización dos traballos e na visita de campo, o alumnado traballará as competencias COM1-01, COM1-02, HAM1-01, HAM1-02, CEM1-01, CEM1-04, CG05.
As actividades de ensino/aprendizaxe apoiaranse no Campus Virtual da USC, que ofrece recursos docentes en Internet (repositorio de documentación, plataforma para o desenvolvemento de actividades en liña e medio de comunicación profesor/alumnado).
Nas titorías individuais atenderase ao alumnado para comentar e aclarar cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da materia (recompilación de información, análise de datos, preparación dos traballos...).
O sistema de avaliación constará, tanto na primeira como na segunda oportunidade, dos seguintes elementos ou actividades, xunto cos súas porcentaxes de ponderación na nota final da materia:
- Avaliación continua (30%): a medida que se avance na materia propoñerase traballo de diferente temática e complexidade (algún relacionado coas prácticas de campo), que deberá realizarse individualmente o en grupo (indicarase en cada caso) e entregarse e/ou expoñerse no prazo que se especifique (como moi tarde o día da proba final da oportunidade correspondente). Conservarase a nota desta parte ata a segunda oportunidade.
- Proba final (70%): consistirá nunha proba escrita sobre cuestións teóricas e/ou na resolución de supostos prácticos. Realizarase de forma presencial no lugar e data fixados pola Dirección do Centro para cada unha das convocatorias oficiais de exames. Conservarase a nota desta parte ata a segunda oportunidade.
Tanto nos traballos da como na proba final será necesario obter como mínimo 4 puntos sobre 10 para facer media coa outra parte. A asistencia ás prácticas de campo é tamén obrigatoria.
Non se conservará a avaliación positiva de ningunha actividade nos seguintes cursos académicos, polo que se aplicará o mesmo sistema de avaliación a todo o alumnado, aínda que sexa repetidor.
Os estudantes aos que a Comisión de Título concedera a dispensa de asistencia segundo o disposto no “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela”, terán que realizar, entregar e/ou expoñer os traballos solicitados como parte da avaliación e facer a proba escrita, igual que o resto do alumnado. Soamente será obrigatoria a asistencia presencial ás prácticas de campo, á proba escrita e, no seu caso, á exposición dos traballos (que se realizaría a continuación da proba escrita), así como á revisión das cualificacións.
Aínda que todas as competencias indicadas serán traballadas, soamente unha parte serán avaliadas. A relación entre os sistemas de avaliación e as competencias é a seguinte:
- Proba final: competencias COM1-01, COM1-02, HAM1-01, HAM1-02, CEM1-01, CEM1-04.
- Avaliación continua (traballos entregados e/ou expostos): competencias COM1-02, HAM1-01, HAM1-02, CG05.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios o probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calcificacións" (articulo 16 da Resolución de 15/06/2011 da USC, DOG de 21/07/2011).
Esta materia ten unha carga de 3 ECTS, divididos en 12 horas de docencia expositiva, 12 horas de clase interactiva de laboratorio e 1 hora de titorías (total: 25 horas). Cada hora de traballo presencial co profesor deberá ser correspondida con outras dúas horas de traballo do alumnado. Isto permitirá afianzar os conceptos explicados na aula mediante o estudo dos aspectos teóricos explicados e a elaboración do traballo de curso que se empregará para a avaliación parcial da materia.
Asistencia e participación nas clases teóricas e prácticas. Ordenar e asimilar a información recibida (apuntamentos, material complementario, etc.). Completar a información recibida coa bibliografía recomendada. Aproveitar as titorías para aclarar conceptos e reflectir esas aclaracións na documentación (apuntamentos, etc.). Preparar a exposición en clase dalgúns dos temas da materia (opcional pero moi recomendable).
Existe unha materia no campus virtual da USC co mesmo nome.
Alberto Rojo Alboreca
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- alberto.rojo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Juan Gabriel Alvarez Gonzalez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- juangabriel.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ana Daria Ruiz Gonzalez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- anadaria.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ulises Dieguez Aranda
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- ulises.dieguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade