Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Introducir aos estudantes nas metodoloxías de desenvolvemento e emprego de modelos sobre ciclos de nutrintes e consumo de auga en formacións forestais.
Resultados esperados da aprendizaxe
Adquirir formación sobre os procesos e modelos de ciclos de nutrintes, carbono a auga que teñen lugar nos sistemas produtivos e naturais. Esas ferramentas permitirán avaliar a sostibilidade dos diferentes tipos de xestión, así como os beneficios ambientais destes sistemas.
A Memoria de título contempla para esta materia os seguintes contidos: Modelos para a xestión nutricional e ciclos de nutrientes en bosques. Reposición de nutrientes mediante procesos naturais e fertilización. Balance de auga, nutrientes e carbono. Beneficios ambientais. Modelos de captura de carbono en bosques.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo co seguinte temario:
Programa teórico:
-Tema 1. Introducción e nutrientes esenciais. 1 h
-Tema 2. Procesos fundamentais en ciclos de nutrientes. 1 h
-Tema 3. O ciclo da auga. O ciclo do carbono. 2 h
-Tema 4. Ciclos de macronutrientes. 1 h
-Tema 5. Estado nutricional: diagnóstico visual. 2 h
-Tema 7. Fertilizantes de uso forestal. 1 h
-Tema 9. Xestión nutricional de plantacións. 1 h
-Tema 11. Titorías. Modelos de fixación de carbono. 3 h
Programa práctico:
-Tema 6. Estado nutricional: diagnóstico foliar e ensaios de fertilización. 3 h
-Tema 8. Fertilización forestal aplicada. 2 h
-Tema 10. Interactivo. Modelos de proceso e consumo de auga. 4 h
-Tema 12. Interactivo. Visita a parcelas de ensaios de aplicación de cinzas e fertilizantes. 3 h
Básica
-Fisher, R.F., Binkley, D., 2000. Ecology and management of forest soils. Wiley, 489 pp.
Complementaria
-Dell, B., Malajczuk, N., Xu, D., Grove, T. S., 2001. Nutrient disorders in plantation eucalypts, 2nd edn. ACIAR Monograph No.74. Australian Centre for International Agricultural Research, Canberra, Australia, 188 pp.
-Attiwill, PM, Adams, MA., Nutrition of Eucalypts, CSIRO PUblishing
-Bonneau, M., 1995. La fertilization des forêts dans les pays tempérés. ENGREF, Nancy, 367 pp
-Will, GM., Nutrient deficiencies and fertilizer use in New Zealand exotic forests. FRI Bulletin 97. Rotorua, 53 pp.
-Bará, S., Fertilización forestal, Xunta de Galicia
- Barker, Allen V., Pilbeam, David J. 2007. Handbook of plant nutrition. CRC Press, 613 pp.
Quen supere esta asignatura, coñecerá:
- COM6-06: Os procesos dos ciclos de nutrientes, carbono e auga que teñen lugar nos sistemas produtivos e naturais.
- COM6-07: As metodoloxías de desenvolvemento de modelos de ciclos de nutrientes e de consumo de auga en formacións forestais.
Asemade, será capaz de:
- HAM6-06: Avaliar a sostibilidade dos diferentes tipos de xestión, así como os sus beneficios ambientais.
Esta asignatura contribuirá a que se adquira la competencia da especialidade:
- CEM6-01: Capacidade para desenvolver modelos de crecemento e produción de sistemas forestais e implementarlos en simuladores informáticos para realizar prediccións.
A docencia incluirá tanto actividades presenciais, expositivas (9 h) ou interactivas (12 h), como de laboratorio ou prácticas de campo.
Na docencia expositiva incluiranse resumos e análises xenerais do estado da arte en temas clave, orientando ó alumno para o acceso a información complementaria no seu traballo persoal. Nas clases interactivas discutiranse os traballos desenvolvidos polos alumnos e desenvolveranse prácticas de laboratorio e unha visita de campo a parcelas de ensaio. A asistencia ás clases considérase necesaria para a superación da materia.
As metodoloxías concretas a aplicar serán:
-Leccións maxistrais participativas. Traballaranse as competencias: COM6-06 e COM6-07
-Utilización da aula virtual. Traballaranse as competencias: COM6-06 e COM6-07
-Resolución de problemas. Traballaranse as competencias: HAM6-06 e CEM6-01
-Titorías individualizadas. Traballaranse as competencias: HAM6-06 e CEM6-01
O traballo non presencial realizado polo alumno debe consistir no estudio da materia (preparación de temas e preparación de probas de avaliación), consulta de material adicional e recopilacións bibliográficas (incluíndo referencias en inglés), resolución de exercicios, traballo con follas de cálculo e modelos de simulación (traballo posterior sobre as prácticas) e preparación do traballo de curso.
Avaliación: mediante unha combinación dos seguintes aspectos:
Asistencia a clases expositivas e interactivas (indispensable). Peso do 20%.
Probas escritas: 40%. Competencias cubertas: HAM6-06 e CEM6-01
Entrega de exercicios e traballos propostos: 40%. Competencias: HAM6-06 e CEM6-01
O tempo adicado á realización de probas escritas será de 3 h
Para a superación da materia en oportunidade extraordinaria de recuperación as condiciones serían idénticas, requeríndose a superación tanto da proba escrita como da parte de avaliación continua (exercicios, traballos e asistencia a clase). No caso de alumnado repetidor, poderá manterse a cualificación da avaliación continua conseguida en cursos anteriores.
Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia pola Comisión de Título segundo o disposto no "Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela", terán que realizar os exercicios propostos, entregar os traballos solicitados e facer a proba escrita, sendo cualificados cun peso do 50% a cada parte. Só será obrigada a asistencia presencial á proba escrita..
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o disposto no "Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e revisión de cualificacións" (artigo 16 da Resolución do 15/06/2011 da USC, DOG do 21/07/2011).
O correspondente á asignación de 3 créditos ECTS á materia, o que suporía 48 h. Unha distribución posible sería: 2 horas de traballo en grupo, 18 h de lectura e preparación de temas, 5 h de realización de exercicios, 8 h de preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas, 5 h de elaboración de traballos de curso e 10 h de preparación de probas de avaliación, xunto con 3 h de realización de ditas probas.
Asistencia a clases e uso do horario de titorías do profesorado.
Materia en extinción no curso 2025/26, non hai actividades docentes presenciais, pero os estudantes teñen dereito á avaliación, na que se aplicará o mesmo sistema indicado antes, tanto no caso do alumnado que decida asistir á docencia impartida na asignatura do plan novo como para o alumnado que non asista
Roque Rodríguez Soalleiro
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- roque.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade