Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
Esta materia optativa persegue os seguintes obxectivos, que se traducirán nos resultados da súa aprendizaxe:
* Formar ao alumnado nos conceptos teóricos e prácticos de todo proceso avaliador.
* Proporcionar ao alumnado coñecementos sobre os procesos de avaliación de plans, programas e proxectos.
* Capacitar ao alumnado para levar a cabo avaliacións sociais, económicas e ambientais das actividades relacionadas coa xestión sostible do territorio.
* Facultar ao alumnado para determinar a viabilidade dun plan, programa ou proxecto, utilizando para iso o resultado das avaliacións oportunas.
Para conseguir estes obxectivos o alumnado terá que aprender a:
- Manexar o léxico específico.
- Manexar referencias bibliográficas.
- Utilizar métodos e técnicas de avaliación económica, social e ambiental.
- Deseñar un plan de avaliación, definindo obxectivos, técnicas, variables, tempos, unidades...
- Obter e clasificar os datos necesarios para levar a cabo un proceso evaluador.
- Resolver problemas de avaliación.
- Interpretar correctamente os resultados dunha avaliación.
- Tomar decisións acordes cos resultados das avaliacións.
- Expor con claridade e fluidez os coñecementos adquiridos e mostrar un certo dominio das técnicas aplicadas.
Nesta materia desenvólvense os seguintes contidos, coincidentes cos recollidos na Memoria Verificada do Título e coa dedicación temporal que se especifica en cada tema en horas presenciais HP (9 expositivas, 12 interactivas e 3 de titorías en grupo, ademais de 1 para o exame), e en horas non presenciais HNP de traballo autónomo (para completar os apuntamentos, facer exercicios e un traballo de curso e preparar o exame) ata completar a súa carga de 3 créditos ECTS (75 horas en total):
PROGRAMA TEÓRICO
1) Fases de todo proceso avaliador (1 HP + 2 HNP):
- Planteamento e deseño da avaliación.
- Recollida e análise da información.
- Formulación de conclusións e presentación de resultados.
2) Viabilidade (1 HP + 2HNP):
- Viabilidade vs factibilidade.
- Diferentes tipos de viabilidade: técnica, legal, económica…
- Toma de decisións.
3) Avaliación económica de plans e programas (3 HP + 6 HNP):
- Análise económico da actuación.
- Fluxo de caixa e avaliación financieira.
- Indicadores de rendabilidade económica.
- Análise e administración do risco.
4) Avaliación ambiental de plans e programas (3 HP + 6 HNP):
- Consideracións ambientais e lexislación.
- Avaliación de Impacto Ambiental (EIA).
- Avaliación Ambiental Estratéxica (EAE).
5) Avaliación social de plans e programas (1 HP + 4 HNP):
- Introdución á avaliación como aprendizaxe social.
- Principios básicos da avaliación social (EAS).
- Deseño e aplicación da avaliación social.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS (15 HP + 30 HNP)
- Análise de casos de avaliación económica.
- Análise de casos de avaliación ambiental.
- Análise de casos de avaliación social.
Bibliografía básica:
- AMEZCUA VIEDMA, Cesáreo y JIMENEZ LARA, Antonio. Evaluación de programas sociales. Díaz de Santos. Madrid, 1996.
- BACA URBINA, G. Evaluación de proyectos. McGraw-Hill. Mexico, 2006.
- COOK, T. D. y CAMPBELL, D. J. Métodos cualitativos y cuantitativos en investigación evaluativa. Editorial Morata. España, 1986.
- CHAMBERS, Robert. From PRA to PLA and Pluralism: Practice and Theory, Institute of Development Studies. Sussex (UK), 2007.
- ERIAS REY, Antonio y ÁLVAREZ-CAMPANA GALLO, Jose Manuel. Evaluación ambiental y desarrollo sostenible. Pirámide. Madrid, 2007.
- GÓMEZ OREA, Domingo. Evaluación ambiental estratégica: un instrumento para integrar el medio ambiente en la elaboración de planes y programas. Mundi-Prensa. Madrid, 2007.
- OÑATE RUBALCABA, Juan José. Evaluación ambiental estratégica: la evaluación ambiental de políticas, planes y programas. Mundi-Prensa. Madrid, 2002.
- OSUNA, J. L. y MÁRQUEZ, C. D. Guía para la evaluación de políticas públicas. Instituto de Desarrollo Regional. Sevilla, 2000.
- PASQUAL i ROCABERT, Joan. La evaluación de políticas y proyectos: criterios de valoración económicos y sociales. Icaria. Barcelona, 1999.
- RUS, Ginés de. Análisis coste-beneficio: evaluación económica de políticas y proyectos de inversión. Ariel. Barcelona, 2008.
- WALS, ARJEN, E.J. et al. The Acoustics of Social Learning: designing learning processes that contribute to a more sustainable world, Wageningen Academic Publishers. The Netherlands, 2009.
Bibliografía de consulta (complementaria):
- ÁLVAREZ ROJO, V. et al. Diseño y evaluación de programas. EOS. Madrid 2002.
- ALVIRA MARTÍN, Fco. Metodología de la evaluación de programas: un enfoque práctico. Editorial Lumen Argentina. Buenos Aires, 1997.
- CHAMBERS, Robert. Rural Appraisal: rapid, relaxed & participatory, Institute of Development Studies. Sussex (UK), 1992.
- FERNÁNDEZ TORRES, Juan Ramón. La evaluación ambiental estratégica de planes y programas urbanísticos. Thomson Reuters-Aranzadi. Navarra, 2009.
- GARCÍA HERRERO, Gustavo y RAMÍREZ NAVARRO, José Manuel. Diseño y evaluación de proyectos sociales. Certeza. España, 2005.
- MIRANDA, D. et al. Land consolidation in inland rural Galicia, N.W. Spain, since 1950: An example of the formulation and use of questions, criteria and indicators for evaluation of rural development policies. Land Use Policy. 23 (2006) 511–520. 2006.
- OSPINA BOZZI, Sonia. La evaluación como herramienta para una gestión pública orientada a resultados. CLAD, 2002
- PATTON, Michael Quinn. How to Use Qualitative Methods in Evaluation. Sage Publications. Londres, 1987
- SAMSET, K. Evaluación de proyectos de ayuda al desarrollo. Edit. Instituto Universitario de Desarrollo y Cooperación. España, 1997.
- SANTOYO, H. et al. Manual para la evaluación de proyectos de desarrollo rural. Mundi Prensa. Madrid, 2002.
- http://www.fao.org/docrep/w5830E/w5830e08.htm
Ademais pódense empregar artigos concretos sobre diferentes aspectos da temática tratada na materia, que serían facilitados en clase.
Competencias básicas:
- CB6: Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- CB7: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
- CB8: Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- CB9: Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
- CB10: Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais:
- CG01: Capacidade de buscar e seleccionar a información útil para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas e estatísticas existentes.
- CG04: Capacidade de planificar e realizar tarefas de investigación no ámbito dos estudos e análises territoriais.
- CG05: Capacidade para desenvolver unha perspectiva crítica sobre os diferentes aspectos que condicionan o uso humano do territorio.
- CG06: Capacidade para abordar os problemas desde unha visión holística que considere os efectos ambientais, sociais e económicos das decisións territoriales.
Competencias específicas:
- CE01: Entender o marco legal e institucional da planificación e xestión territorial.
- CE04: Capacidade para levar a cabo procesos de análise, avaliación e diagnóstico do territorio, do medio ambiente, do urbanismo, dos usos do solo e da propiedade da terra desde un punto de vista económico, social e ambiental.
- CE06: Coñecemento e uso crítico da terminoloxía especializada en planificación e xestión territorial e ambiental, e capacidade para a aplicación práctica dos coñecementos sobre planificación do territorio, en especial no ámbito galego.
- CE11: Capacidade para pensar e actuar como axente de desenvolvemento rural e local, considerando as persoas e comunidades involucradas nas políticas e plans de desenvolvemento.
Competencias transversais a traballar nesta materia:
- CT1: Capacidade de procura e selección de información.
- CT2: Capacidade analítica e de síntese.
- CT3: Capacidade de realizar unha exposición en público e debater con soltura sobre o tema que se está expoñendo.
- CT6: Capacidade de traballo en equipo e liderado, en contornas cooperativos, pluridisciplinares ou de alto nivel competitivo.
- CT7: Capacidade de traballo e de resposta baixo condicións adversas (dificultade de comunicación entre membros dun equipo, prazos de entrega exiguos, falta de recursos, etc.).
- CT8: Adquisición de responsabilidade ambiental e social na elaboración de políticas territoriais e na implantación de plans e proxectos con incidencia territorial, así como nas solucións técnicas adoptadas.
A distribución entre as diferentes actividades dos 3 créditos ECTS desta materia (con 75 horas de dedicación total), responde ao seguinte esquema:
- Clases expositivas = 9 horas presenciais (+ 16 horas de traballo autónomo = 25)
- Clases interactivas (prácticas e seminarios) = 12 horas presenciais (+ 18 horas de traballo autónomo = 30)
- Titorías en grupo = 3 horas presenciais
- Traballo de curso = 10 horas non presenciais (de traballo autónomo)
- Titorías libres (cando se desexe)
- Exame = 1 hora presencial (+ 6 de traballo autónomo = 7)
Totais: 25 horas presenciais + 50 horas de traballo autónomo = 75 horas
As horas presenciais, pola configuración do Máster impartido dende os dous Campus da USC, poden ser tamén telepresenciais, co seguemento das clases a distancia por parte do alumnado presente no Campus no que non estea o profesor, pero en tempo real.
Dicir que a metodoloxía empregada nesta materia obedece a unha serie de actividades que, polo seu carácter participativo, adáptanse ao sistema proposto no Espazo Europeo de Educación Superior, cun claro protagonismo do traballo autónomo do alumnado.
Concretamente, a docencia da materia baséase nas seguintes actividades, traballando en todas elas as competencias básicas, xerais e a específicas, e tamén as transversais, recollidas nesta Guía:
1) Clases teóricas (expositivas):
- O profesorado, a través de clases maxistrais, presentará os conceptos básicos do contido teórico da materia, dando información sobre as fontes a consultar polo alumnado para completar a información básica recibida.
- O alumnado, dentro do seu espazo de traballo autónomo e de acordo co espírito do EEES, completará os apuntamentos recibidos acudindo ás fontes facilitadas polo profesorado.
2) Seminarios (interactivos):
- O profesorado, de xeito interactivo, presentará casos específicos de avaliación económica, ambiental e social, e discutirá co alumnado todos aqueles aspectos que merezan ser comentados, matizados, corrixidos, eliminados...
- O alumnado participará no debate aberto polo profesorado sobre os casos expostos, dando a súa opinión sobre o comentado en cada un e tomando nota das recomendacións e observacións practicadas polo profesorado.
3) Clases prácticas (interactivas):
- O profesorado resolverá certos supostos prácticos de avaliación de plans, programas e proxectos, e exporá outros novos para que sexan tratados e resoltos polo alumnado fora da aula.
- O alumnado resolverá, baixo a supervisión do profesorado, os supostos presentados.
4) Traballo de curso (de carácter obrigatorio):
- O profesorado marcará as liñas básicas do traballo de curso a elaborar e dará algunhas ideas sobre a súa realización e as pautas a seguir. Este traballo deberá axustarse aos esquemas propostos na parte teórico-práctica da materia e ás recomendacións que en cada caso realice o profesorado, e o seu desenvolvemento coincidirá no tempo coa impartición da materia.
- O alumnado realizará o traballo de xeito autónomo, co asesoramento do profesorado a través de titorías, e posteriormente exporao en clase ao final do semestre. Cando se abarquen diferentes aspectos na avaliación dun mesmo plan ou programa, poderá facerse en grupo a parte do traballo que poidera ser común.
5) Titorías en grupo:
- Profesorado e alumnado tratarán conxuntamente asuntos relacionados coa materia que requiran dunha maior personalización.
6) Titorías libres:
- O profesorado estará a disposición do alumnado nun horario prefijado para resolver dúbidas sobre os contidos teóricos da materia, sobre os supostos prácticos e sobre o traballo a realizar. Así mesmo, poderá fixar algunha hora de titoría obrigatoria para facer un seguemento do traballo do alumnado.
- O alumnado poderá acudir a estas titorías para consultar as dúbidas comentadas, ou para tratar calquera outro aspecto relacionado coa materia.
Asimesmo, o alumnado contará co apoio do Campus Virtual da USC, no que esta materia ten o seu espazo (para apuntamentos, debates, comunicacións, material complementario...).
En calquera caso, é importante destacar que a impartición deste máster, que se fará conxuntamente dende os Campus de Santiago e Lugo da USC, leva asociada á súa metodoloxía a telepresencialidade por parte do alumnado dun Campus cando a materia se imparta presencialmente no outro.
A avaliación da aprendizaxe do alumnado, e polo tanto a forma de medir se adquiriu a totalidade das competencias básicas, xerais, transversais e específicas marcadas para esta materia, basearase nun proceso de avaliación continua que levará aparellado un sistema de seguemento e exame final (complementario a ese seguemento) ao longo do semestre.
A continuación expóñense as súas principais características, co peso na nota final de cada unha das súas componentes (todas elas de carácter obrigatorio para o alumnado, sendo necesaria polo menos un 80% da asistencia para non perder o dereito a ser avaliado):
* Asistencia e participación activa na clase (20%).
* Realización dun exame ou proba final escrita de coñecementos básicos (20%), que se realizará presencialmente nos dous Campus ao remate do semestre.
* Resolución de casos prácticos (30%), que se exporán inicialmente en clase e que serán despois desenvoltos de xeito autónomo polo alumnado.
* Elaboración e presentación dun traballo en clase (30%), a proposta do alumnado e de xeito individual (ou en pequeno grupo, nalgunha das súas partes), no que se valorará: estrutura, contido, presentación, uso do léxico, documentación, uso de bibliografía, complexidade...
Se non se supera a materia na primeira oportunidade, o profesorado pactará co alumnado en cada caso que compoñentes das anteriores tería que repetir na segunda oportunidade, en función dos resultados acadados previamente.
No caso do alumnado non matriculado por primeira vez na materia por non tela superada previamente, os criterios de avaliación empregados serán os mesmos que os dos matriculados por primeira vez.
O alumnado que teña concedida unha dispensa de asistencia será avaliado sin ter en conta o criterio de asistencia e participación, pasando o do exame ou proba escrita de coñecementos básicos a supoñer o 40% da nota final. O resto de actividades avaliables, é dicir, a resolución de casos prácticos (30%) e a realización do traballo de curso (30%) terá que desenvolvelas igualmente de xeito autónomo, co apoio das titorías por parte do profesor.
Todas as compoñentes da avaliación servirán para avaliar conxuntamente as competencias xerais CG01, CG04, CG05 e CG06 e específicas CE01, CE04, CE06 y CE11 relacionadas con esta materia. En canto ás competencias básicas CB6, CB7, CB8, CB9 e CB10 e transversais CT01, CT02, CT03, CT06, CT07 e CT08 recollidas nesta Guía, serán traballadas ao longo do desenvolvemento docente da materia, sen ser sometidas a un proceso de avaliación específico para comprobar a súa consecución.
Dicir por último que ante a realización fraudulenta destes exercicios e probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
Co sistema de créditos ECTS, aparte da asistencia ás clases expositivas (9 horas ao longo do semestre), ás clases interactivas (12 horas ao longo do semestre), ás titorías en grupo (3 horas en todo o semestre) e ás titorías individuais (as veces que desexe ao longo do curso), o alumnado deberá dedicarlle ao "asentamento" dos conceptos teóricos e dos procedementos (co explicado nas clases e co apoio da bibliografía recomendada) e á resolución dos exercicios expostos, unha media de 3 ou 4 horas semanais fóra das clases. Deste xeito, as horas dedicadas á materia axustaríanse, máis ou menos, ao previsto:
3 créditos ECTS x 25 horas crédito = 75 horas de dedicación
9 horas expositivas + 12 horas interactivas + 3 horas de tutorías en grupo = 24 horas
Outras horas presenciais obrigatorias = 1 hora (exame)
75 - 24 - 1 = 50 horas de traballo autónomo do alumnado
50 horas / 15 semanas do semestre = 3'3 horas por semana
Non son necesarios coñecementos previos relacionados coa materia, aínda que é recomendable un certo espírito crítico e, para algúns aspectos máis cuantitativos da avaliación, o dominio de determinados conceptos estatísticos básicos e o traballo fluído cos números.
A impartición da materia farase en castelán ou galego, segundo se acorde co alumnado o primeiro día de clase.