- Código
- FD0403
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 1.0
- Curso
- 2025-2026
- Prezo
- 23,37€
- Centro
- Escola Universitaria de Óptica e Optometría
- Dirección
- Jacobo Garcia Queiruga
- Contacto
jacobogarcia.queiruga [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Facultade de Óptica e Optometría
JACOBO GARCIA QUEIRUGA
jacobogarcia.queiruga [at] usc.es
Escola Universitaria de Óptica e Optometría
Datas
Duración: 02/02/2026 - 18/02/2026
Preinscrición: 24/11/2025 - 02/01/2026
Matrícula: 07/01/2026 - 19/01/2026
Número alumnos/as mínimo: 11
Número alumnos/as máximo: 20
Comentarios: Este curso conta con financiamento do Plan Microcreds:
O importe do SEGURO OBRIGATORIO será aboado directamente polo curso, sen que supoña ningún custo para o estudantado.
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Acceso sen titulación universitaria Poboación de 25 a 64 anos, cumpridos á data de comezo do curso
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
No caso de que o número de inscricións supere as prazas dispoñibles, a selección realizarase segundo os seguintes criterios: - Orde de inscrición. - Situación laboral, priorizando persoas desempregadas ou en busca activa de emprego. - Paridade de xénero e criterios de inclusión social, fomentando a participación de colectivos con maiores dificultades de acceso ao emprego.
Obxectivos
Adquisición de nocións básicas sobre a visión e os defectos refractivos,Coñecer os tipos de lentes oftálmicas para cada defecto refractivo.
Regular un stock de lentes de contacto e líquidos de mantenemento.
Aprender a facer pequenos arreglos de tornillería e axuste de monturas.
Capacidade de comunicación con opticos-optometristas e transmitir a información os clientes.
Competencias
K09.0910 – Saúde sen maior definiciónS6.0.0.0 - Analizar os requisitos para reubicar os productos
S2.6.2 - Realizar unha valoración do stock
S8.8.2 - Realizar o mantemento das gafas
S8.7.1 - Realizar reparacións de monturas de gafas
S1.2.5 - Establecer comunicación coa comunidade interesada
S1.8.0 - Traballar con diferentes grupos obxectivo
S3.4.1 - Facilitar aos clientes información sobre os pedidos
S1.5.3 - Facilitar aos clientes información sobre os prezos
Avaliación
Participación activa nas sesións
Titorías
O curso desenvolverase mediante unha metodoloxía activa, participativa e orientada á práctica, que favorece unha aprendizaxe significativa nas persoas adultas. Combinaranse diferentes enfoques didácticos para facilitar a comprensión e a adquisición das competencias profesionais: 1. Sesións expositivas breves para introducir os conceptos básicos da visión, do ámbito da óptica e o funcionamento do establecemento sanitario. 2. Aprendizaxe práctica e demostrativa, a través de exercicios (manipulación básica de monturas, lentes, lentes de contacto, e organización do punto de venda). 3. Resolución de situacións reais, que permitan ao alumnado comprender contextos habituais nunha óptica. 4. Traballo en grupo e dinámicas colaborativas, fomentando a comunicación, a empatía e o traballo en equipo. 5. Titorías personalizadas para acompañar o proceso de aprendizaxe e orientar a procura de emprego no sector. Esta metodoloxía pretende non só transmitir coñecementos, senón tamén desenvolver habilidades transversais (comunicación, atención ao público, organización, responsabilidade) que melloren a empregabilidade das persoas participantes.
02/02/2026 e 09/02/2026 (16:00 a 20:00); 16/02/2026 (16:00 a 18:00)
| Código | Materia | Créditos |
|---|---|---|
| 1 | Nocións Básicas no Establecemento Sanitario de Óptica. | 1.0 |