- Código
- MP0233
- Tipo
- Máster de Formación Permanente
- Modalidade
- Non Presencial
- Duración
- 2 anos
- Créditos
- 60.0
- Curso
- 2025-2026
- Prezo
- 1.300,00€
- Centro
- Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Dirección
-
Maximo Francisco Fraga Rodriguez
José María Moraleda Jiménez - Contacto
joseluis.bello [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
JOSÉ LUIS BELLO LÓPEZ
619067407
joseluis.bello [at] usc.es
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Datas
Duración: 01/11/2025 - 31/05/2027
Preinscrición: 01/09/2025 - 15/09/2025
Matrícula: 16/09/2025 - 30/09/2025
Número alumnos/as mínimo: 50
Número alumnos/as máximo: 50
Comentarios: Colaboración da Universidade de Santiago, Universidade de Murcia e a Fundación Española de Hematoloxía e Hemoterapia.
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Grado de Mediciña. Especialidade de Hematoloxía (MIR en Hematoloxía) ou en formación nesta especialidade (estudiante MIR). Así mesmo poderanse matricular outros especialistas relacionados co diagnóstico e tratamento das neoplasias linfoides.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
A admisión farase seguindo os criterios xerais siñalados: -20% Expediente académico. -50% Ser profesional na área do perfil do máster. -30% Estudios e investigación na área do perfil do máster.
Obxectivos
- Proporcionar unha perspectiva global das patoloxías neoplásicas linfoides.- Posibilitar un coñecemento profundo das novas técnicas de diagnóstico.
- Coñecemento das actuáis líneas de tratamento con drogas dirixidas ás alteracións moleculares, do desenrolo das innovadoras terapias inmunolóxicas tanto con anticorpos monoclonales mono ou biespecíficos, así como á terapia celular tipo CAR-T ou NK.
-Proporcionar ós estudantes os coñecementos básicos para abrir novos campos de investigación nas principais patoloxías da liña linfoide.
Competencias
O Máster está formado por 4 módulos docentes ou unidades didácticas, aos que se vai accedendo progresivamente segundo se supere o anterior. A duración é de 19 meses. O formato será online no 100% do programa, estará disponible de forma permanente, de tal xeito que permite ó alumnado organizarse adecuadamente para desenvolver o Máster ó ritmo que se adapte mellor ás súas posibilidades.O alumno terá acceso ó material do curso mediante unha contraseña individual. As clases teóricas terán una duración de 30-40 minutos impartida por un membro do claustro docente. Dita clase estará dispoñible en vídeo para a súa visualización en calquera momento e tantas veces como o alumno precise. Dispondrán tamén dun esquema de información sintetizada e presentado de maneira gráfica e interactiva, así como un documento orixinal do profesor do módulo que recollerá os contidos teóricos do mesmo. Haberá actividades prácticas complementarias baseadas en escenarios extraídos de situación da práctica clínica real. Como recursos complementarios os alumnos terán galería de imaxes, plantillas descargables, enlaces de interés, etc. Así mesmo dispondrán de vídeos de recapitulación de maneira esquemática dos aspectos más reseñables de cada módulo para consolidar o aprendizaxe. Dispondrán de una canle de comunicación escrita a nivel grupal, incluida na plataforma e-learning. Por último haberá unha canle de comunicación escrita directa e privada entre o alumno e titores.
Realizarase una autoevaluación tipo test por parte do alumno ó inicio de cada módulo para evaluar o nivel de coñecemento previo. Se levará a cabo un novo test una vez finalizado o módulo correspondente para valorar o nivel de coñecemento alcanzado, e que servirá de puntuación para a calificación final.
Os estudantes tamén farán un traballo de fin de máster. A evaluación do traballo levarase a cabo polos profesores e titores de cada módulo xunto ca comisión académica.
Avaliación
O coñecemento adquirido polo alumno evaluarase de forma continua. Os alumnos serán monitorizados ó longo do curso avaliandose a participación activa en titorías e foros de discusión. Como complemento, realizarase unha proba escrita ó final de cada un dos 4 módulos para avaliar o nivel de asimilación dos coñecementos adquiridos, e como puntuación máis a ter en conta para a nota final. Os estudantes tamén farán un traballo de fin de máster. A evaluación do traballo levarase a cabo polos profesores de cada módulo, tutores e a comisión académica.
Titorías
Haberá coordinadores e tutores para cada Módulo (4 coordinadores, 4 tutores) que serán os responsables, xuntamente coa Dirección do Máster, de revisar e valorar a documentación de cada tema adxuntado polos profesores, asi como as preguntas de avaliación tipo test. Estes Coordinadores e Tutores orientarán ós alumnos do seu módulo correspondente e dirixirán o foro de debate. O alumno deberá descargar os temas de cada Módulo, estudialos, valoralos, comentalos e resolver as cuestións co seu titor. Realizaranse foros de debate coa finalidade de reforzar os coñecementos.
Formación on line continuada
Observacións
Colaboración da Universidade de Santiago, Universidade de Murcia e a Fundación Española de Hematoloxía e Hemoterapia.
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Patoxénese Molecular das Lesións Linfoproliferativas. Bases Moleculares do Tratamento (Terapia Personalizada). | 5.0 |
2 | Diagnóstico e Clasificación. | 1.5 |
3 | Estadificación. Criterios de Resposta. Escalas Xeriátricas. | 1.5 |
4 | Linfoma de Hodgkin. Tratamento de Primeira Liña. Seguimento a Longo Termo. | 4.5 |
5 | Tratamento dos Pacientes con Linfoma de Hodgkin en Recaída ou Refractario. | 1.5 |
6 | Epidemioloxía. Presentación Clínica, Diagnóstico e Avaliación Pretratamiento: Estadificación e Clasificación Pronóstica. | 2.0 |
7 | Linfomas Indolentes. Linfoma Folicular. | 5.0 |
8 | Linfomas Indolentes. Linfomas da Zona Marxinal. | 1.5 |
9 | Linfomas Indolentes. Macroglobulinemia de Waldenström. | 1.5 |
10 | Linfoma/leucemia Linfoblástica T. Linfomas T Leucémicos. (2º Curso) | 1.5 |
11 | Linfomas T Ganglionares. Linfomas T Extraganglionares. (2º Curso) | 2.0 |
12 | Linfomas Cutáneos: Micosis Fungoide- Síndrome de Sézary. Outros Linfomas Cutáneos. (2º Curso) | 1.5 |
13 | Neoplasias Linfoides de Células T e Nk. (2º Curso) | 3.0 |
14 | Traballo Fin de Máster. (2º Curso) | 6.0 |
15 | Síndromes Linfoproliferativos Crónicos B con Expresión Leucémica. (2º Curso) | 3.0 |
16 | Linfomas B Agresivos. Linfoma do Manto. (2º Curso) | 1.5 |
17 | Linfomas B Agresivos. Linfoma Difuso de Células B Grandes (Ldcbg) non Especificado. Outros Tipos. (2º Curso) | 5.5 |
18 | Linfomas B Agresivos. Linfomas de Espectro Plasmablástico: Linfoma Plasmablástico, Linfoma Primario de Cavidades, Linfoma de Células B Grandes Alk +, Linfomas de Células B Grandes Hhv8 +. (2º Curso) | 1.5 |
19 | Linfomas B Agresivos. Linfomas Mediastínicos (Linfoma Mediastínico Primario e Linfoma da Zona Gris). Linfomas de Sitios Inmunoprivilegiados (Cerebral Primario, Primario de Testículo). (2º Curso) | 1.5 |
20 | Linfomas B Agresivos. Linfoma de Burkitt. Linfoma / Leucemia Linfoblastica B. (2º Curso) | 1.5 |
21 | Linfomas B Agresivos. Trastornos Linfoproliferativos Asociados a Inmunodeficiencia. (2º Curso) | 1.5 |
22 | Síndromes Linfoproliferativos Crónicos B con Expresión Leucémica. Diagnóstico e Perfil Molecular. (2º Curso) | 1.5 |
23 | Síndromes Linfoproliferativos Crónicos B con Expresión Leucémica. Tratamento en Primeira Liña da Leucemia Linfática Crónica (Llc). (2º Curso) | 1.5 |
24 | Síndromes Linfoproliferativos Crónicos B con Expresión Leucémica. Tratamento de Rescate na Leucemia Linfática Crónica (Llc). (2º Curso) | 1.5 |
25 | Síndromes Linfoproliferativos Crónicos B con Expresión Leucémica. Leucemia Prolinfocítica. Tricoleucemia. (2º Curso) | 1.5 |