- Código
- MP0246
- Tipo
- Máster de Formación Permanente
- Modalidade
- Híbrido
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 60.0
- Curso
- 2025-2026
- Prezo
- 0,00€
- Centro
- Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Dirección
-
Paula López Martínez
Victor Manuel Brea Sanchez - Contacto
p.lopez [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC
Paula López Martínez
16435
p.lopez [at] usc.es
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Datas
Duración: 01/10/2025 - 12/06/2026
Preinscrición: 21/07/2025 - 31/07/2025
Matrícula: 01/09/2025 - 22/09/2025
Número alumnos/as mínimo: 1
Número alumnos/as máximo: 15
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Estar en posesión dun título universitario (grao ou licenciatura). Tamén poderá ser admitido o alumnado ao que lle reste por superar o TFG e, como máximo, 9 créditos ECTS correspondentes á titulación de acceso requirida. Non se concederá o título de máster aos estudantes que non superen os créditos restantes antes de finalizar o curso académico no que se desenvolve o máster.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Currículum vitae. Entrevista personal (os 20 mellores CVs)
Obxectivos
Este novo programa formativo pretende dinamizar e complementar a formación neste eido, mediante colaboracións interuniversitarias e un deseño educativo específico. Ademais, ofreceranse bolsas para cubrir os gastos de matrícula, reforzando así tanto a investigación como a preparación dos futuros profesionais especializados. Espérase que estas iniciativas poidan paliar a escaseza de coñecementos e habilidades neste sector crucial.Aliñados ás necesidades dun mercado laboral en constante cambio e axustados aos estándares europeos emerxentes. Estes cursos tratarán temas como a simulación de circuítos, o deseño ASIC e moito máis. Ademais, impartiranse cursos específicos, centrados en competencias complementarias como estatística, comunicación, emprendemento, transferencia de tecnoloxía así como formación específica asociada a ferramentas de deseño no ámbito dos semicondutores.
Competencias
-Pensamento crítico e analítico: capacidade para analizar, sintetizar e resolver problemas técnicos complexos de forma razoada.- Aprendizaxe autónoma e innovación en TIC: habilidade para adaptarse a novas ferramentas e metodoloxías en contornos tecnolóxicos cambiantes.
- Deseño de circuítos electrónicos: competencia para desenvolver solucións de deseño electrónico analóxico, dixital e de RF en tecnoloxía CMOS.
- Uso de ferramentas CAD e linguaxes de descrición hardware: capacidade para implementar, simular e validar sistemas electrónicos complexos.
- Coñecementos aplicados en electrónica e automatización: comprensión dos principios e técnicas clave da enxeñaría electrónica.
Avaliación
O profesor avaliará o rendemento do alumnado mediante a avaliación oral e escrita de distintas prácticas ao longo do curso.
Titorías
O máster combina clases expositivas e prácticas (aula, laboratorio e ordenador), resolución de casos reais, desenvolvemento de proxectos e prácticas profesionais en empresas. Inclúe tamén actividades de aprendizaxe autónomo guiado e un Traballo Fin de Máster aplicado. Idioma: Castelán Horario de titorías: As titorías presenciais e/ou virtuais estarán dispoñibles previa cita cos docente
6h/semana
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Deseño Básico de Circuitos Integrados Analóxicos. | 6.0 |
2 | Deseño Avanzado de Circuitos Integrados Analóxicos. | 6.0 |
3 | Metodoloxías de Deseño de Circuitos Integrados e Ferramentas CAD. | 3.0 |
4 | Deseño de Circuitos Integrados de Radiofrecuencia. | 9.0 |
5 | Fundamentos Electromagnéticos para o Deseño Rf. | 6.0 |
6 | Deseño Específico de Algoritmos de Procesamento de Sinal en Fpga. | 6.0 |
7 | Deseño de Sistemas Digitales. | 9.0 |
8 | Prácticas en Empresa. | 6.0 |
9 | Traballo Fin de Máster. | 9.0 |