Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 100 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo xeral desta materia é que o alumnado adquira coñecementos a nivel avanzado sobre o comportamento e as experiencias psicolóxicas dos traballadores, en contornas actuais caracterizados pola alta volatilidade, flexibilidade e innovación. Todo iso co obxectivo dunha intervención na realidade da empresa, poñendo especial énfase na adquisición de habilidades e técnicas de intervención nos procesos psicosociais de incorporación e integración á actividade laboral.
- A explicación do comportamento organizacional e a súa relación coas prácticas de RRHH en contornas flexibles, innovadoras e de alto rendemento.
- Xestión de equipos de traballo e produtividade organizacional.
- Conflito e xestión do conflito.
- Motivación, compromiso e satisfacción laboral desde a perspectiva das organizacións saudables.
- Poder e política nas organizacións innovadoras.
- Xustiza organizacional e contornas libres de discriminación.
- Sostibilidade organizacional e organizacións verdes.
Bibliografía básica:
- Robbins, S.P. y Judge, T. (2017). Fundamentos de comportamiento organizacional. México: Prentice Hall.
- Salgado, J. (1997). Comportamiento organizacional. Vigo: Escuela de Negocios CaixaVigo.
- Martín Castilla, J.I. (2016). Gestión sostenible de las organizaciones. Modelo de responsabilidad. Pirámide.
Complementaria:
- Collado, C. (2006). La comunicación en las organizaciones. Méjico: Trillas
- Giraudier, M. (2004). Cómo gestionar el clima laboral: escuchar, dar feedback, comunicar, negociar, motivar.... Barcelona: Obelisco.
- Gibson, J. L., Ivancevich, J. M., Donnelly, J. H. y Konopaske R. (2011). Organizaciones: comportamiento, estructura, procesos. México: McGraw Hill.
- Landy, F. J y Conte, J.M. (2005). Psicología industrial. México: McGraw Hill.
- Luthans, F. (2008). Comportamiento organizacional. México: McGrawHill.
- Munduate, L. y Medina, F. (2005). Gestión del conflicto, negociación y mediación. Madrid: Pirámide
- Newstrom, J. (2011). Comportamiento humano en el trabajo. México: McGrawHill
- Palací, F. J., Osca, A., Moriano, J. A., Lisbona, A. (2016). Nuevas Perspectivas en Psicología de las Organizaciones. Madrid: Sanz y Torres
- Spector, P. (2010). Psicología Industrial y Organizacional. Investigación y práctica. México: Manual Moderno.
- Wagner III, J.A y Hollenbeck, J.R. (2004). Comportamiento organizativo. Consiguiendo la ventaja competitiva.
- Yukl, G. (2008). Liderazgo en las organizaciones. Madrid: Pearson Prentice Hall.
COMPETENCIAS
Competencias Básicas e Xerais
CG02 – Que o alumnado adquira as competencias e habilidades necesarias para o desenvolvemento das funcións de avaliación e intervención psicolóxica no ámbito do traballo, das organizacións e xurídico-forense.
CG01 – Que adquiran os coñecementos, a un nivel avanzado, que definen a Psicoloxía do Traballo e das Organizacións e a Psicoloxía Xurídico-Forense, incluíndo as súas teorías, métodos e subáreas de aplicación.
CG03 – Que estean capacitados para tomar decisións de xeito crítico sobre a aplicación e interpretación dos resultados derivados dos procedementos de avaliación e intervención psicolóxica social e forense, así como sobre a conduta humana laboral.
CG04 – Que o alumnado adquira habilidades e manexe técnicas para a investigación avanzada nos campos da Psicoloxía do Traballo e das Organizacións e da Psicoloxía Xurídico-Forense.
CG06 – Que amosen interese pola aprendizaxe autónoma e continuada, así como pola actualización dos seus coñecementos nos eidos da Psicoloxía do Traballo e das Organizacións e da Psicoloxía Xurídico-Forense.
CG07 – Que saiban orientar a súa actuación profesional a partir do respecto e a consideración dos principios e valores propios da Psicoloxía Xurídico-Forense e da Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, así como do Código Deontolóxico da profesión.
CG08 – Que saiban orientar a súa actuación investigadora e profesional a partir do respecto e promoción dos dereitos fundamentais e dos valores propios dunha cultura de paz.
CG05 – Que o alumnado adquira habilidades e manexe técnicas para a investigación avanzada nos campos da Psicoloxía do Traballo e das Organizacións e da Psicoloxía Xurídico-Forense.
CB6 – Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 – Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 – Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 – Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB10 – Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar estudando dun xeito que debe ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias transversais
CT01 – Saber orientar a súa actuación investigadora e profesional a partir do respecto e promoción dos dereitos fundamentais e dos valores propios dunha cultura de paz.
CT02 – Capacidade para o traballo en equipo e a colaboración con outros profesionais.
CT03 – Capacidade para a aprendizaxe autónoma.
CT04 – Habilidade para as relacións interpersoais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
CT05 – Amosar interese pola aprendizaxe continuada e pola actualización dos seus coñecementos.
CT06 – Capacidade de análise e síntese. Saber analizar, sintetizar e resumir a información recibida.
CT07 – Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións.
CT08 – Adaptarse a novas situacións. Transferencia e uso flexible do coñecemento.
CT09 – Capacidade crítica. Ter capacidade para valorar e discutir o propio traballo.
CT10 – Compromiso ético.
Competencias específicas
CE01 – Ser capaz de elaborar proxectos de intervención nos diversos ámbitos da Psicoloxía do Traballo e das Organizacións.
CE03 – Ser capaz de relacionar os contidos teóricos coa práctica profesional do psicólogo do traballo e das organizacións e do psicólogo xurídico-forense.
CE04 – Coñecer e interpretar a un nivel avanzado os métodos de medición e avaliación que se utilizan nos contextos organizacional e forense.
CE05 – Ser capaz de establecer os obxectivos da actuación psicolóxica nos contextos organizacional e forense.
CE06 – Coñecer, valorar e interpretar a relación entre as características das diferenzas individuais (p.ex., personalidade, habilidades, destrezas) e o desempeño (individual e grupal), así como establecer a súa influencia sobre a efectividade organizacional.
CE09 – Coñecer e entender diferentes procesos que se producen no ámbito das organizacións e a súa importancia (motivación, comunicación, liderado, etc.).
CE12 – Saber realizar informes técnicos, recomendacións de intervención ou informes sobre o momento da investigación ou programa de intervención.
CE17 – Coñecer e asumir as limitacións da avaliación e actuación na Psicoloxía Forense e na Psicoloxía das Organizacións, axustándose aos requirimentos deontolóxicos e aos estándares internacionais (p.ex., APA, SIOP, EFPA).
CE18 – Orientar a actuación profesional por valores de respecto, igualdade, imparcialidade e obxectividade.
CE22 – Saber manexar fontes documentais especializadas para a busca de información.
CE16 – Ser capaz de divulgar e comunicar de forma eficaz, entre outros, a destinatarios, profesionais, responsables institucionais e á poboación xeral, os resultados das diferentes fases do proceso de avaliación e intervención.
RESULTADOS DA APRENDIZAXE
-Ser capaz de identificar e comprender a importancia do factor humano en traballo nas contornas actuais caracterizados pola alta volatilidade, flexibilidade e innovación.
-Coñecer e ser capaz de aplicar a un nivel especializado algunhas das principais técnicas de intervención e tratamento psicolóxico sobre o comportamento e a xestión dos RRHH.
-Coñecer e ser capaz de aplicar os modelos nos que se basea o funcionamento das organizacións actuais e a xestión do comportamento organizacional e os RRHH.
-Ser capaz de aplicar os principais métodos, técnicas, instrumentos, estratexias e procedementos de avaliación e de intervención sobre o comportamento nas organizacións saudables.
-Ser capaz de mostrar unha actitude positiva cara ás achegas que desde a materia se poden realizar para o logro dos obxectivos organizacionais e persoais e ser capaz de levar a cabo ditas achegas.
-Ser capaz de orientar a súa actuación profesional a partir do respecto e a consideración dos principios e valores propios da materia e do Código Deontolóxico da profesión.
As clases expositivas e prácticas están orientadas á capacitación do estudantado respecto a a adquisición dos coñecementos relativos aos contidos da materia. Para iso o profesorado explicará os diferentes temas apoiándose en material audiovisual e ferramentas TIC.
O contido teórico será impartido nas clases expositivas, utilizando todos os medios técnicos dispoñibles na aula.
En todo caso, empregarase o Campus Virtual como vía de comunicación co alumnado, tanto para facerlle chegar toda a información referente á avaliación da materia, como os materiais que deben ser preparados por parte do alumnado, así como para realizar as entregas dos traballos que formarán parte da avaliación.
As actividades interactivas serán de varios tipos: (1) Análise de casos, exercicios, traballos e simulacións para poñer en práctica os conceptos aprendidos nas clases expositivas e adquirir as competencias específicas (a nivel elemental) necesarias para superar a materia. (2) Dinámicas de grupo pequeno, nas que ademais de desenvolver as competencias específicas relacionadas directamente cos contidos da materia, practicaranse as habilidades de comunicación oral. Ademais de todo isto, ao longo do curso o alumnado poderá participar na realización de experimentos e estudos relacionados coa materia, así como realizar varias lecturas obrigatorias. (3) Realización de experimentos (cuestionarios, tests psicométricos, análise de datos).
Débese asistir como mínimo ao 80% das clases interactivas e expositivas para poder superar a materia.
A avaliación da materia é o resultado do rendemento do/a alumno/a en:
1. O exame final que valerá o 65% da cualificación final. O exame constará de dúas partes: (a) unha parte tipo test e (b) preguntas curtas.
2. A cualificación obtida na realización de actividades prácticas (exercicios, traballos, lecturas). Esta parte valerá un 35% da cualificación final.
Será necesario aprobar o exame para poder superar a materia.
Sesións expositivas: 20
Clases prácticas / Seminarios especializados: 24
Titorías: 2
Probas de avaliación: 2
Traballo autónomo do/a alumno/a: 102
Se o alumno non ten ningún coñecemento previo sobre os contidos da materia, recoméndase que ademais de seguir puntualmente as clases lea o material bibliográfico que se presenta no programa.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
A manipulación ou falsificación intencionada dos sistemas de control de asistencia determinará a consideración de non asistencia á actividade e deberá ser comunicada á Reitoría para o inicio das actuacións disciplinarias que puidesen corresponder (Artigo 2.4. do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster.
Damaris Cuadrado Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Correo electrónico
- damaris.cuadrado [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Alexandra Martinez Gomez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Correo electrónico
- alexandra.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Martes | |||
10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Mércores | |||
09:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Aula 4 |
09:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 7 |
Xoves | |||
10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Venres | |||
09:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Aula 4 |
09:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 7 |
08.01.2026 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
18.06.2026 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |