Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 100 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Ser capaz de aplicar o meta-análise e outras técnicas de investigación.
-Ser capaz de analizar e interpretar investigacións e estudos onde se utilicen estas técnicas.
-Ser capaz de levar a cabo unha investigación científica completa seguindo todos os procedementos e técnicas aprendidos na materia.
-Ser capaz de redactar un informe dunha investigación meta-analítica.
-Ser capaz de utilizar os coñecementos adquiridos para aplicalos ao contexto de referencia.
Meta-análise:
1. Análise primaria, análise secundaria e meta-análise
2. Desenvolvemento dunha investigación meta-analítica
3. Meta-análise de efectos fixos e efectos aleatorios
4. Métodos de estimación do tamaño do efecto.
5. Tipos de erros artifactuales que afectan o tamaño do efecto
6. Técnicas de corrección de erros artifactuales
Outras técnicas de investigación:
1. Análise de utilidade organizacional: Modelo de utilidade de Brogden. Cronbach. Desenvolvementos recentes. Métodos de estimación da desviación estándar do desempeño
2. Investigación cualitativa. Grounded theory. Análise de contido e sistemas de codificación da observación da conduta.
Salgado, J.F. (2010). Métodos de meta-análisis. Departamento de Psicología Social. Universidad de Santiago.
Hunter, J.E. y Schmidt, F.L. (2004). Methods of Meta-analysis. 2ª ed. Newbury Park, CA: Sage
Schmidt, F. L. y Hunter, J.E. (2015). Methods of meta-analysis. Correcting error and bias in research findings. Third edition. Newbury Park: Sage.
COMPETENCIAS XERAIS
-Que adquiran os coñecementos, a un nivel avanzado, que definen a Psicoloxía do Traballo e das Organizacións e a Psicoloxía Xurídica-Forense, incluíndo as súas teorías, métodos e subáreas de aplicación.
-Que estean capacitados para tomar decisións dun modo crítico sobre a aplicación e interpretación dos resultados
derivados dos procedementos de avaliación e intervención psicolóxica social e forense, así sobre a conduta humana laboral
-Que adquiran habilidades e manexen técnicas para a investigación-avanzada nos campos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e a Psicoloxía Xurídica-Forense
Que mostren interese pola aprendizaxe autónoma e continuada, así como pola actualización dos seus coñecementos nos ámbitos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e a Psicoloxía Xurídica-Forense
Que saiban orientar a súa actuación profesional a partir do respecto e a consideración dos principios e valores propios da Psicoloxía Xurídica-Forense e a Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, así como do Código Deontolóxico da profesión
Que adquiran habilidades e manexen técnicas para a investigación-avanzada nos campos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/o aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
Que saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
Que sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
Que saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Que l posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
ESPECÍFICAS
Ser capaz de elaborar deseños de investigación-acción nos diversos ámbitos da Psicoloxía Xurídica e Forense e a Psicoloxía do Traballo e as Organizacións
Coñecer e interpretar a un nivel avanzado os métodos de medición e avaliación que se utilizan nos contextos organizacional e forense
Coñecer e asumir as limitacións da avaliación e actuación en Psicoloxía Forense e Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, axustándose aos requirimentos deontolóxicos e os estándares internacionais (p.e., APA, SIOP)
Saber manexar fontes documentais especializadas para a procura de información
Ser capaz de interpretar e valorar a calidade das investigacións que se producen na Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e na Psicoloxía Xurídica-Forense
Saber formular un problema de investigación nos ámbitos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e da Psicoloxía Xurídica-Forense
Saber deseñar e desenvolver unha investigación científica nos ámbitos da Traballo e as Organizacións e da Psicoloxía Xurídica-Forense
Saber redactar e defender un informe de investigación
As clases expositivas e prácticas están orientadas á capacitación do estudantado respecto a a adquisición dos coñecementos relativos aos contidos da materia. Para iso, o profesorado explicará os diferentes temas apoiándose en material audiovisual e ferramentas TIC. O contido teórico será impartido nas clases expositivas.
Ademais, para profundar e reforzar os contidos expostos contémplanse os seminarios especializados, que favorecen a adquisición das competencias específicas da materia
As actividades interactivas/prácticas consistirán na realización de exercicios prácticos e traballos, ademais de lecturas e discusións de artigos e textos especializados, para poñer en práctica os conceptos aprendidos nas clases expositivas e adquirir as competencias específicas necesarias para superar a materia.
Débese asistir como mínimo ao 80% das clases interactivas e expositivas para poder superar a materia.
A avaliación das competencias específicas da materia que están máis relacionadas coa adquisición de coñecementos teóricos e prácticos realizarase mediante o exame final que valerá un 65% da cualificación final.
O exame constará de varias partes: preguntas tipo test, preguntas curtas e resolución de exercicios prácticos.
A avaliación continua das competencias tanto específicas como aquelas relacionadas coa titulación farase en función do desempeño en cada unha das actividades interactivas (prácticas, traballos, lecturas). Esta parte valerá un 35% da cualificación final.
Será necesario aprobar o exame para poder superar a materia.
Lectura, estudo e preparación do material: 42 horas
Lectura previa, análise e discusión do material. Informes individuais: 20 horas
Realización do traballo: 40 horas
Total horas de traballo persoal: 102
Se o alumnado non ten ningún coñecemento previo sobre os contidos da materia, recoméndase que, ademais de seguir puntualmente as clases, lea o material bibliográfico que se presenta no programa.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes
A manipulación ou falsificación intencionada dos sistemas de control de asistencia determinará a consideración de non asistencia á actividade e
deberá ser comunicada á Reitoría para o inicio das actuacións disciplinarias
que puidesen corresponder (Artigo 2.4. do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster.
Jesus Fernando Salgado Velo
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Teléfono
- 881813803
- Correo electrónico
- jesus.salgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Inmaculada Otero Moral
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Correo electrónico
- inmaculada.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Martes | |||
10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Mércores | |||
10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Xoves | |||
10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Venres | |||
09:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Aula 4 |
09:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 7 |
13.01.2026 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
22.06.2026 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |