Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 24 Total: 152
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao finalizar a materia o alumno debería comprender a importancia que os procesos de selección e avaliación do desempeño teñen dentro da xestión integral dos recursos humanos e para a eficacia organizacional.
1. Selección de persoal
1.1. Atracción e Recrutamento. Modelos de Selección de Persoal: Predición do desempeño individual.
1.2. Técnicas Psicolóxicas de Avaliación de Persoas: Entrevistas, tests de habilidades cognitivas, cuestionarios de personalidade, assessment center, test de mostras de traballo, referencias e outros instrumentos de avaliación.
1.3. Decisión de selección: Top-Down, cotas, cortes múltiples, comparación de perfís.
1.4. Igualdade, discriminación e selección de persoal.
2. O desempeño laboral
2.1. Teorías psicolóxicas do desempeño individual.
2.2. Desempeño de Tarefa. Desempeño Contextual e condutas prosociales. Condutas contraproductivas.
2.3 Métodos de Avaliación do desempeño
3. Utilidade económica de los procesos de selección
- Bonache, J. (2006). La evaluación del rendimiento. En J. Bonache y A. (directores), Dirección de personas. Evidencias y perspectivas para el siglo XXI. Madrid: Financial Times- Prentice Hall.
- Cooper, D., Robertson, I. y Tinline, G. (2003). Reclutamiento y selección. Thomson (Colección negocios).
- Gómez Mejía, L.R. (2008). Gestión de Recursos Humanos. Prentice Hall. Capítulo 5.
- Landy, F. J y Conte, J.M. (2005). Psicología industrial. México : McGraw Hill. Capítulo 4: La evaluación de individuos.
- Larson, W.W. (2002). Realizar entrevistas de trabajo. Madrid: Prentice-Hall. Pearson Educación.
- Muchinsky, P.M. (2004). Psicología Aplicada al Trabajo. Madrid: Paraninfo-Thomson Learning. Capítulos 4 y 5.
- Osca, A. (2006). Selección, evaluación y desarrollo de los Recursos Humanos. Madrid: Diaz de Santos. Capítulo
- Salgado J. y Moscoso S. (2005). La entrevista conductual estructurada: Teoría, práctica y rentabilidad económica. Madrid: Pirámide.
- Salgado, J.F. y Moscoso, S. (2008). Selección de personal en la empresa y las administraciones públicas: De la visión tradicional a la visión estratégica. Papeles del Psicólogo, 29, 16-24.
- Salgado, J.F. (2005). Personalidad y deseabilidad social: Implicaciones para la práctica de la psicología del trabajo y las organizaciones. Papeles del Psicólogo, 26, 115-128.
- Spector, P. (2002). Psicología industrial y organizacional. Investigación y práctica. México: Manual Moderno. Capítulo 5: Métodos de evaluación para selección y ubicación.
- Williams, R.S. (2002). Rendimiento del personal. Thomson (Colección negocios).
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
-Competencias e habilidades necesarias para o desenvolvemento das funcións de avaliación e intervención psicolóxica no ámbito do traballo e as organizacións.
-Que adquiran os coñecementos, a un nivel avanzado, que definen a Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, incluíndo as súas teorías, métodos e subáreas de aplicación.
-Que estean capacitados para tomar decisións dun modo crítico sobre a aplicación e interpretación dos resultados
derivados dos procedementos de avaliación e intervención psicolóxica social e forense, así sobre a conduta humana laboral
Que os alumnos adquiran habilidades e manexen técnicas para a investigación-avanzada nos campos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións
Que mostren interese pola aprendizaxe autónoma e continuada, así como pola actualización dos seus coñecementos nos ámbitos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións
Que saiban orientar a súa actuación profesional a partir do respecto e a consideración dos principios e valores propios da Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, así como do Código Deontolóxico da profesión
Que os alumnos adquiran habilidades e manexen técnicas para a investigación-avanzada nos campos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións
ESPECÍFICAS
Ser capaz de elaborar proxectos de intervención nos diversos ámbitos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións
Ser capaz de relacionar os contidos teóricos coa práctica profesional do psicólogo do traballo e das organizacións
Coñecer e interpretar a un nivel avanzado os métodos de medición e avaliación que se utilizan no contexto
Organizacional
Ser capaz de establecer as metas da actuación psicolóxica no contexto organizacional
Coñecer valorar e interpretar a relación entre as características de diferenzas individuais (p.e., personalidade,
habilidades, destrezas) e o desempeño (individual e grupal), así como establecer a súa influencia sobre a efectividade organizacional
Saber realizar informes técnicos, recomendacións de intervención ou informes sobre o momento da investigación ou
programa de intervención
Coñecer e asumir as limitacións da avaliación e actuación en Psicoloxía das Organizacións,
axustándose aos requirimentos deontolóxicos e os estándares internacionais (p.e., APA, SIOP)
Orientar a actuación profesional por valores de respecto, igualdade imparcialidade e obxectividade
Ser capaz de divulgar e comunicar de forma eficaz, entre outros, a destinatarios, profesionais, responsables institucionais e a poboación xeral, os resultados das diferentes fases do proceso de avaliación e intervención.
As clases expositivas e prácticas están orientadas á capacitación do estudantado respecto a a adquisición dos coñecementos relativos aos contidos da materia. Para iso o profesorado explicará os diferentes temas apoiándose en material audiovisual e ferramentas TIC.
O contido teórico será impartido nas clases expositivas.
As actividades interactivas e prácticas poderán ser de varios tipos: (1) Análise de casos, traballos, simulacións e lecturas de textos especializados para poñer en práctica os conceptos aprendidos nas clases expositivas e adquirir as competencias específicas necesarias para superar a materia. (2) Dinámicas de grupo pequeno, nas que ademais de desenvolver as competencias específicas relacionadas directamente cos contidos da materia, practicaranse as habilidades de comunicación oral. (3) Seminarios especializados sobre a materia (4) Ademais de todo isto, ao longo do curso o alumnado poderá participar na realización de experimentos e estudos relacionados coa materia.
Débese asistir como mínimo ao 80% das clases interactivas e expositivas para poder superar a materia.
A avaliación das competencias específicas da materia que están máis relacionadas coa adquisición de coñecementos teóricos e prácticos realizarase mediante o exame final que valerá un 65% da cualificación final.
O exame constará de dúas partes: a) un test e b) preguntas curtas
A avaliación das competencias tanto específicas como aquelas relacionadas coa titulación farase en función do desempeño en cada unha das actividades interactivas (prácticas, traballos, lecturas). Esta parte valerá un 35% da calificación final.
Será necesario aprobar o exame para poder superar a materia.
Lectura e preparación do material 42
Procura de información, lectura previa, análise e informes 20
Realización traballos 40
Total horas de traballo persoal 102
Se o alumno non ten ningún coñecemento previo sobre os contidos da materia, recoméndase que ademais de seguir puntualmente as clases lea o material bibliográfico que se presenta no programa.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes
A manipulación ou falsificación intencionada dos sistemas de control de asistencia determinará a consideración de non asistencia á actividade e
deberá ser comunicada á Reitoría para o inicio das actuacións disciplinarias
que puidesen corresponder (Artigo 2.4. do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster.
Silvia Moscoso Ruibal
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Teléfono
- 881815140
- Correo electrónico
- silvia.moscoso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jesus Fernando Salgado Velo
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Teléfono
- 881813803
- Correo electrónico
- jesus.salgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Martes | |||
10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Mércores | |||
10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Xoves | |||
09:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 7 |
Venres | |||
09:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 7 |
18.05.2026 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
06.07.2026 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |