Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 50 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo xeral desta materia é que o alumnado adquira coñecementos sobre o que é a psicoloxía económica e o que implica a conduta económica dos individuos, grupos e organizacións, en tanto que son axentes activos na produción e consumos de bens e servizos, no emprego e desemprego e en factores tales como o aforro, os impostos e a compensación e retribución.
Introdución á Psicoloxía Económica
- Emprego e desemprego
- Aforro e conduta de aforro
- Sistemas de compensación e retribución
- Psicoloxía da imposición e a defraudación
Furham, A. y Lewis, A. (1986). The Economic mind. The social psychology of economic behaviour. Sussex. Harvester Press.
Lea, S.E.G., Tarpy, R.M., y Webely,P. (2005). The individual in the economy. Cambridg, UK: Cambridge U. Press.
Lewis, A. (Ed) (2018). The Cambridge handbook of Psychology and Ecomic Behaviour. Cambrige, UK: Cambridge University Press.
Iglesias, M. (1993). Análisis de la conducta de ahorro: Predicciones económicas y psicosociales. Tesis Doctoral: Universidad de Santiago de Compostela.
Katona, G. (1965). Análisis psicológico del comportamiento económico. Madrid: Rialp.
Katona, G. (1981). Psicología de la economía. Buenos Aires: El Ateneo.
Quintanilla, I. (1997). Psicología Económica. Madrid: McGraw-Hill.
Quintanilla, I. (2002). Psicología del Consumidor. Madrid: Prentice Hall.
Ranyard, Rob (de) (2017). Economic Psychology. New York: Wiley
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
- Que os alumnos adquiran as competencias e habilidades necesarias para o desenvolvemento das funcións de avaliación e intervención psicolóxica no ámbito do traballo e as organizacións.
-Que adquiran os coñecementos, a un nivel avanzado, que definen a Psicoloxía do Traballo e das Organizacións e a Psicoloxía Xurídica-Forense, incluíndo as súas teorías, métodos e subáreas de aplicación.
-Que estean capacitados para tomar decisións dun modo crítico sobre a aplicación e interpretación dos resultados derivados dos procedementos de avaliación e intervención psicolóxica social e forense, así sobre a conduta humana laboral
-Que os alumnos adquiran habilidades e manexen técnicas para a investigación-avanzada nos campos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e a Psicoloxía Xurídica-Forense
-Que mostren interese pola aprendizaxe autónoma e continuada, así como pola actualización dos seus coñecementos nos ámbitos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e a Psicoloxía Xurídica-Forense
-Que saiban orientar a súa actuación profesional a partir do respecto e a consideración dos principios e valores propios da Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, así como do Código Deontolóxico da profesión
-Que os alumnos adquiran habilidades e manexen técnicas para a investigación-avanzada nos campos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións
ESPECÍFICAS
-Coñecer e interpretar a un nivel avanzado os métodos de medición e avaliación que se utilizan no contexto organizacional.
- Ser capaz de establecer as metas da actuación psicolóxica nos contextos organizacional
-Coñecer valorar e interpretar a relación entre as características de diferenzas individuais (p.e., personalidade, habilidades, destrezas) e o desempeño (individual e grupal), así como establecer a súa influencia sobre a efectividade organizacional
-Coñecer e entender diferentes procesos que se producen no ámbito das organizacións e a súa importancia (motivación, comunicación, liderado etc.)/ etc.).
-Coñecer e asumir as limitacións da avaliación e actuación en Psicoloxía das Organizacións, axustándose aos requirimentos deontolóxicos e os estándares internacionais (p.e., APA, SIOP).
-Orientar a actuación profesional por valores de respecto, igualdade imparcialidade e obxectividade.
-Saber formular un problema de investigación nos ámbitos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións.
-Ser capaz de deseñar e implementar estratexias de intervención psicolóxica nas organizacións.
-Ser capaz de divulgar e comunicar de forma eficaz, entre outros, a destinatarios, profersionales, responsables institucionais e a poboación xeral, os resultados das diferentes fases do proceso de avaliación e intervención.
As clases expositivas e prácticas están orientadas á capacitación do estudantado respecto a a adquisición dos coñecementos relativos aos contidos da materia. Para iso o profesorado explicará os diferentes temas apoiándose en material audiovisual e ferramentas TIC. O contido teórico será impartido nas clases expositivas. As actividades interactivas e prácticas poderán ser de varios tipos: (1) Análise de casos, traballos, simulacións e lecturas de textos especializados para poñer en práctica os conceptos aprendidos nas clases expositivas e adquirir as competencias específicas necesarias para superar a materia. (2) Dinámicas de grupo pequeno, nas que ademais de desenvolver as competencias específicas relacionadas directamente cos contidos da materia, practicaranse as habilidades de comunicación oral. (3) Seminarios especializados sobre a materia (4) Ademais de todo isto, ao longo do curso o alumnado poderá participar na realización de experimentos e estudos relacionados coa materia.
Débese asistir como mínimo ao 80% das clases interactivas e expositivas para poder superar a materia. A avaliación das competencias específicas da materia que están máis relacionadas coa adquisición de coñecementos teóricos e prácticos realizarase mediante o exame final que valerá un 65% da cualificación final. A avaliación das competencias tanto específicas como aquelas relacionadas coa titulación farase en función do desempeño en cada unha das actividades interactivas (prácticas, traballos, lecturas). Esta parte valerá un 35% da cualificación final. Será necesario aprobar o exame para poder superar a materia.
Lectura, estudio e preparación do material: 21
Lectura previa, análise e discusión do material. Informes individuais: 10
Realización do traballo: 20
Total horas de traballo persoal: 51
Se o alumno non ten ningún coñecemento previo sobre os contidos da materia, recoméndase que ademais de seguir puntualmente as clases lea o material bibliográfico que se presenta no programa.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes
A manipulación ou falsificación intencionada dos sistemas de control de asistencia determinará a consideración de non asistencia á actividade e
deberá ser comunicada á Reitoría para o inicio das actuacións disciplinarias
que puidesen corresponder (Artigo 2.4. do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster.
Jesus Fernando Salgado Velo
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Teléfono
- 881813803
- Correo electrónico
- jesus.salgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Martes | |||
10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 7 |
Mércores | |||
09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Xoves | |||
10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 7 |
Venres | |||
10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 7 |
26.05.2026 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
10.07.2026 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |