Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 50 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo xeral desta materia é que o alumnado adquira coñecementos sobre o que son e cales son as condutas desviadas e as variables de personalidade e factores psicolóxicos que poden facilitar este tipo de condutas no ámbito laboral, así como que estratexias se poden utilizar desde as organizacións para evitar ou minimizar as consecuencias deste tipo de condutas.
Teorías psicolóxicas do delito e a desviación
Comportamentos contraprodutivos e desviados : tipoloxía e prevalencia
Factores psicolóxicos dos CCD no traballo.
Estratexias de prevención e manexo dos CCD no traballo
Contexto legal dos CCD
Furnham, A. y Taylor, J. (2004). The dark side of behaviour at work: Understanding and avoiding employees leaving, thieving and deceiving. London: McMillan.
Sackett, P. R. y DeVore, C. J. (2001). Counterproductive behaviors at work. En N. Anderson, D. S. Ones, H. K. Sinangil y C. Viswesvaran (Eds.), Handbook of industrial, work, and organizational psychology: Personnel Psychology (Vol. 1, pp. 145–151). London: Sage.
Robinson, S. L. y Bennett, R. J. (1995). A typology of deviant workplace behaviors: A multidimensional scaling study. Academy of Management Journal, 38, 555–572. https://doi.org/10.5465/256693
Salgado, J. F., Moscoso, S. y Anderson, N. (2013). Personality and counterproductive work behavior. En N. D. Christiansen y R. P. Tett (Eds.), Handbook of Personality at Work (págs. 606–632). New York, NY: Routledge.
Sackett, P. R., Berry, C. M., Wiemann, S. A. y Laczo, R. M. (2006). Citizenship and counterproductive behavior: Clarifying relations between the two domains. Human Performance, 19, 441–464. https://doi.org/10.1207/s15327043hup1904_7
Fox, S. y Spector, P. (2005). Counterproductive work behaviour: Investigations of Actors and Targets. American Psychological Association.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
- Que os alumnos adquiran as competencias e habilidades necesarias para o desenvolvemento das funcións de avaliación e intervención psicolóxica no ámbito do traballo e as organizacións.
-Que adquiran os coñecementos, a un nivel avanzado, que definen a Psicoloxía do Traballo e das Organizacións e a Psicoloxía Xurídica-Forense, incluíndo as súas teorías, métodos e subáreas de aplicación.
-Que estean capacitados para tomar decisións dun modo crítico sobre a aplicación e interpretación dos resultados
derivados dos procedementos de avaliación e intervención psicolóxica social e forense, así sobre a conduta humana laboral
-Que os alumnos adquiran habilidades e manexen técnicas para a investigación-avanzada nos campos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e a Psicoloxía Xurídica-Forense
-Que mostren interese pola aprendizaxe autónoma e continuada, así como pola actualización dos seus coñecementos nos ámbitos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e a Psicoloxía Xurídica-Forense
-Que saiban orientar a súa actuación profesional a partir do respecto e a consideración dos principios e valores propios da Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, así como do Código Deontolóxico da profesión
-Que os alumnos adquiran habilidades e manexen técnicas para a investigación-avanzada nos campos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
-Ser capaz de elaborar deseños de investigación-acción nos diversos ámbitos da Psicoloxía Xurídica e Forense e a Psicoloxía do Traballo e as Organizacións
-Coñecer e interpretar a un nivel avanzado os métodos de medición e avaliación que se utilizan no contexto organizacional.
-Coñecer valorar e interpretar a relación entre as características de diferenzas individuais (p.e., personalidade, habilidades, destrezas) e o desempeño (individual e grupal), así como establecer a súa influencia sobre a efectividade organizacional
-Coñecer a un nivel avanzado as diferentes técnicas e ferramentas necesarias para poder entender, medir e/o solucionar situacións e problemas laborais como conflitos, toma de decisións, satisfacción laboral, clima organizacional etc.)/ etc.)
-Coñecer e entender diferentes procesos que se producen no ámbito das organizacións e a súa importancia (motivación, comunicación, liderado etc.)/ etc.).
-Coñecer e asumir as limitacións da avaliación e actuación en Psicoloxía das Organizacións, axustándose aos requirimentos deontolóxicos e os estándares internacionais (p.e., APA, SIOP).
-Orientar a actuación profesional hacia valores de respecto, igualdade, imparcialidade e obxectividade.
-Saber formular un problema de investigación nos ámbitos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións.
-Ser capaz de deseñar e implementar estratexias de intervención psicolóxica nas organizacións
As clases expositivas e prácticas están orientadas á formación dos estudantes sobre a adquisición de coñecementos relacionados cos contidos da materia. Para iso, os profesores explicarán os diferentes temas empregando material audiovisual e ferramentas TIC.
O contido teórico será impartido nas clases expositivas. As actividades interactivas e prácticas poderán ser de varios tipos: (1) Análise de casos, traballos, simulacións e lecturas de textos especializados para poñer en práctica os conceptos aprendidos nas clases expositivas e adquirir as competencias específicas necesarias para superar a materia. (2) Dinámicas de grupo pequeno, nas que ademais de desenvolver as competencias específicas relacionadas directamente cos contidos da materia, practicaranse as habilidades de comunicación oral. (3) Seminarios especializados sobre a materia (4) Ademais de todo isto, ao longo do curso o alumnado poderá participar na realización de experimentos e estudos relacionados coa materia.
Para superar a materia hai que asistir polo menos no 80% das clases interactivas e expositivas.
A avaliación das competencias específicas da materia máis relacionadas coa adquisición de coñecementos teóricos e prácticos realizarase mediante o exame final que valerá o 65% da cualificación final.
A avaliación das competencias tanto específicas como aquelas relacionadas coa titulación farase en función do desempeño en cada unha das actividades interactivas (prácticas, traballos, lecturas). Esta parte valerá un 35% da cualificación final. Será necesario aprobar o exame para poder superar a materia.
Lectura, estudo e preparación do material: 21
Lectura previa, análise e discusión do material. Informes individuais: 10
Realización do traballo: 20
Total horas de traballo persoal: 51
Se o alumno non ten ningún coñecemento previo sobre os contidos da materia, recoméndase que ademais de seguir puntualmente as clases lea o material bibliográfico que se presenta no programa.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes
A manipulación ou falsificación intencionada dos sistemas de control de asistencia determinará a consideración de non asistencia á actividade e
deberá ser comunicada á Reitoría para o inicio das actuacións disciplinarias
que puidesen corresponder (Artigo 2.4. do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster.
Jorge Sobral Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Teléfono
- 881813801
- Correo electrónico
- jorge.sobral [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Martes | |||
09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Mércores | |||
10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 7 |
Xoves | |||
10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 7 |
Venres | |||
10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 7 |
22.05.2026 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
03.07.2026 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |