Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 14 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Óptica
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Utilizando modelos do ollo humano:
- Analizar o sistema óptico do ollo mediante software de deseño óptico.
- Avaliar a sua calidade visual utilizando figuras de mérito ópticas.
Unidade 1: Introducción
1. Modelos do ollo
1.1 Obxectivos
1.2 Desenvolvemento histórico
2. O sistema óptico do ollo
2.1 Forma dos compoñentes e valores medios
2.2 Características ópticas paraxiais
2.3 Aberracións
Unidade 2: Ollos esquemáticos paraxiais
3. Trazado de raios paraxial
3.1 O trazado y-nu
3.2 Análise dun sistema utilizando o trazado y-nu
3.3 Diafragmas, pupilas e campo
3.4 Superficies asféricas
4. Modelos de ollo paraxiais
4.1 Modelo reducido
4.2 Modelo de Gullstrand
4.3 Outros
Unidade 3: Modelos esquemáticos finitos
5. Aberracións de 3ª orde e cromáticas
5.1 Introducción
5.2 Aberración esférica, coma, astigmatismo oblicuo, curvatura de campo e distorsión
5.3 Aberración cromática
6. Trazado de raios xeral
6.1 Trazado meridional
6.2 Representación das aberracións
7. Avaliación da imaxe
7.1 Aberracións de onda
7.2 Distribución enerxética da imaxe
7.3 Medidas de calidade
8. Modelos de ollo finitos
8.1 Modelo de Navarro
8.2 Modelo de Liou-Brennan
8.3 O efecto Stiles-Crawford
9. Análise óptica do ollo
9.1 Formación de imaxe e ametropías
9.2 Distribución de luz na retina
9.3 Aberracións e calidade da imaxe
10. Utilidades
10.1 Cirurxía refractiva
10.2 Fotocoagulación retiniana
10.3 Retinoscopía de alta resolución
Unidade 4: Modelos GRIN do cristalino
11 Modelos de gradiente de índice
11.1 Modelos paraxiais
11.2 Modelos de capas
Traballo práctico
1. Introducción ao programa de deseño óptico OsloLT
2. Análise do modelo de ollo de Gullstrand
3. Simulación de ametropías
4. Simulación da acomodación
5. Comparación do modelo de Gullstrand-Legrand co modelo de Navarro
6. Simulación de procedementos oftálmicos
1. G. Smith e D.A. Atchison, The eye and visual optical instruments, Cambridge University Press, Cambridge (1997).
2. D.A. Atchison e G. Smith, Optics of the human eye, Butterworth Heinemann, Oxford (2000).
3. P. Artal, Ed., Handbook of visual optics: fundamentals and eye optics, volume I, CRC press, Taylor & Francis Group (2017).
4. Y. Legrand, Óptica fisiológica, I: "El ojo como instrumento óptico", SEO, Madrid (1991).
5. A.H. Tunnacliffe, Introduction to visual optics, Assoc. of British Dispensing Opticians, Canterbury (1993).
Coñecementos
• Con_62. Coñecer os fundamentos para a análise do sistema óptico do ollo mediante o trazado de raios e técnicas da óptica ondulatoria.
Habilidades e Destrezas
• HyD_1. Pensar de forma integrada e abordar os problemas dende diferentes puntos de vista con razoamento crítico.
• HyD_2. Organizar e planificar o traballo.
• HyD_3. Interpretar resultados e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
• HyD_4. Traballar en equipo.
• HyD_5. Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a integración.
• HyD_41. Analizar o sistema óptico do ollo mediante o trazado de raios.
• HyD_42. Avaliar a calidade visual mediante técnicas da óptica ondulatoria.
• Simular procedementos e técnicas oftálmolóxicas tendo en conta as aberracións do ollo.
• Saber expoñer oralmente traballos científico-técnicos.
Competencias
• Comp_1. Que o estudante teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
• Comp_3. Que o estudante teña desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grao de autonomía.
Durante as horas de clase expositiva explicaranse os conceptos fundamentais para poder entender e traballar cos modelos de ollo humano máis utilizados na actualidade. Nas sesións de seminarios e de prácticas realizaranse actividades como resolución de problemas, discusión de artigos de carácter científico directamente relacionados coa materia e demostracións.
Formularanse unha serie de traballos prácticos e ofreceráselle ao/á alumno/a a posibilidade de ser avaliado/a mediante a realización dun deles. O/a alumno/a deberá entregar un informe deste traballo e expoñelo oralmente.
Idiomas nos que se imparte a docencia: Galego.
Idiomas de traballo na aula: Galego e Castelán.
A avaliación efectuarase mediante o informe (75% da cualificación) e a exposición oral (25% da cualificación) dun dos traballos individuais realizado polo/a estudante a proposta do profesor. Os/as estudantes que non asistiran a máis dun 85% das clases presenciais serán penalizados/as na cualificación deste traballo en proporción ás súas ausencias, con independencia de se teñen concedida ou non de forma oficial a dispensa de asistencia a clases. Os/as estudantes que obteñan unha avaliación negativa do traballo deberán realizar un exame escrito relacionado con dito traballo. Considerarase non presentado o estudante que non entregue o informe ou non acuda ao exame, segundo corresponda.
Horas presenciais: 25 h de clases expositivas + 9 h de seminario + 3 h prácticas.
Horas non presenciais: 20 h para o estudo dos temas propostos + 18 h para a realización dos traballos ou para a preparación do exame.
Total: 75 horas
1) Repaso dos coñecementos xa adquiridos nas materias Óptica Xeométrica, Óptica Física e Óptica Visual e Percepción; 2) optar pola realización do traballo.
Carlos Montero Orille
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813506
- Correo electrónico
- carlos.montero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
08:00-09:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 1 |
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
17.12.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
16.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |