Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 10 Clase Expositiva: 8 Clase Interactiva: 22 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Óptica
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O alumno debe ser capaz de:
+ Aconsellar as lentes e a montura máis adecuadas segundo a prescrición.
+ Montar, axustar e adaptar os diferentes modelos de gafas existentes no mercado.
+ Detectar e corrixir a orixe dos problemas e dificultades de adaptación dos usuarios.
+ Ofrecer solucións ou alternativas para superar estes problemas.
En xeral, nas aulas trataranse os contidos e informacións específicas correspondentes á sesión de prácticas da semana. Ademais, veranse temas comúns a todas elas como:
+ Adaptación e axuste de monturas
+ Elección das lentes e monturas máis adecuadas segundo a prescrición
+ Optimización de lentes. Lentes estándar, a gume e precalibradas.
+ Influencia dos erros de adaptación na calidade óptica da compensación. Posibles solucións
As prácticas propostas, para desenvolver en sesións de dúas horas e media, son 8 de entre as seguintes (non necesariamente nesta orde):
1. Montaxe e adaptación de lentes monofocais astigmáticas en montura metálica.
2. Montaxe e adaptación de lentes monofocais astigmáticas en montura plástica. Montaxe en frío.
3. Montaxe e adaptación de lentes monofocais astigmáticas en montura plástica. Montaxe con ventilete.
4. Montaxe de efectos prismáticos por descentramento.
5. Montaxe con bisel (ou rañura) guiado(a)
6. Montaxe e adaptación de gafas con fío de nailon
7. Montaxe e adaptación de gafas rañuradas de lámina metálica
8. Montaxe e adaptación de lentes progresivas
9. Montaxe e adaptación de lentes bifocais
10. Montaxe e adaptación de gafas de tres pezas
A dispoñibilidade de material pode facer variar algunha das sesións, ou a orde en que se leven a cabo.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
+ A. Benito Galindo e E.A. Villegas Ruiz, Montaje y aplicaciones de Lentes oftálmicas, Servicio de publicaciones de la Universidad de Murcia, Murcia, 2001.
+ C.W. Brooks, Essentials of Ophthalmic Lens Finishing, ed. Butterworth-Heinemann, St. Louis 2003.
+ C.W. Brooks, I.M. Borish System for Ophthalmic Dispensing, 2nd ed., ed. Butterworth-Heinemann, 1996.
+ A.H. Tunnacliffe, Essentials of dispensing, The Association of British Dispensing Opticians, Londres 1998 (2ª ed).
+ H. Obstfeld, Spectacle Frames and their Dispensig, ed. Saunders Co. Ltd. 1997.
+ Rodríguez Martínez J.I., Adaptación de monturas, ed. USC (2015)
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
+ A.H. Tunnacliffe, Introduction to viual optics, The Association of British Dispensing Opticians, Londres 1993 (4ª ed.).
+ M. Jalie, Ophthalmic Lenses & Dispensing, Butterworth-Heinemann, Edinburgh 2003. 2ª ed.
+ M. Jalie, The Principles of Ophthalmic Lenses. ABDO, London, 2021, 6ª edition.
+ J. Salvado e M. Fransoy, Tecnología Óptica. Lentes oftálmicas, diseño y adaptación. Ed. UPC, Barcelona 1997.
+ Fannin, T. E. e Grosvenor, T.P. Óptica clínica. 2ª ed. Barcelona: Omega, (2007)
+ Catálogos e publicacións técnicas de fabricantes e distribuidores e artigos de publicacións periódicas.
Coñecementos:
• Con_78. Comprender os fundamentos para un axuste óptimo para usuarios de graduacións ópticas.
Habilidades e capacidades:
• HyD_1. Pensar de forma integrada e abordar os problemas dende diferentes perspectivas con razoamento crítico.
• HyD_2. Organizar e planificar o traballo.
• HyD_3. Interpretar resultados e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
• HyD_4. Traballar en equipo.
• HyD_5. Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a inclusión.
• HyD_50. Montar, axustar e adaptar os diferentes modelos de lentes do mercado.
• HyD_51. Detectar e corrixir a orixe dos problemas e dificultades no axuste dos usuarios.
Competencias:
• Comp_1. O alumnado terá a capacidade de recompilar e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan a reflexión sobre cuestións sociais, científicas ou éticas relevantes.
• Comp_3. O alumnado desenvolverá as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
• Comp_21. Proporcionar solucións ou alternativas aos problemas de adaptación para os usuarios de prescricións ópticas.
Na aula, presentarase a práctica desa semana, ademais doutros temas que se especificaron no apartado de contidos. Ademais, os estudantes recibirán o material que precisan para a realización da práctica.
Nas sesións de prácticas, o profesor realizará unha demostración do traballo que debe facer o alumno. A continuación, os alumnos farán a práctica baixo a supervisión do profesor. O resultado final debe ser autoavaliado polo alumno antes de lle ser presentado ao profesor. Este fará unha última avaliación diante do alumno, sinalando, principalmente, o modo de corrixir os erros, problemas ou defectos detectados.
Usaremos o Campus Virtual como repositorio de documentación e canle de comunicación entre estudantes e profesor
Idiomas de traballo na aula: Galego.
O estudante fará un exame escrito dos contidos da materia, e terase en conta o seu rendemento cotián no taller.
A cualificación final do estudante será a media ponderada das cualificacións recibidas en cada unha das oito sesións prácticas (10%) (as prácticas non realizadas terán unha cualificación de cero) e da proba teórica (20%).
Os estudantes que non acaden así o aprobado, farán un exame práctico na segunda oportunidade.
O ALUMNO DEBERÁ REALIZAR como mínimo seis das oito prácticas propostas, no período lectivo programado, para poder ser avaliado en calquera das dúas oportunidades.
Consideraranse “non presentados” aqueles alumnos que non realicen este mínimo de prácticas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Traballo presencial:
Docencia expositiva: 8 horas
Prácticas no taller: 20 horas
Titorías en grupo reducido: 10 horas
Exame: 2 horas
Traballo persoal do alumno: 72,5 horas
Total: 112,5 horas
Repaso dos coñecementos xa adquiridos en Óptica Oftálmica I, II e III.
Facer uso das titorías para consultar e esclarecer dúbidas.
Non memorizar “receitas”, senón entender sempre o que se está a facer.
Asistencia ás aulas previas a cada sesión práctica.
Participación activa nas sesións prácticas do taller.
Recoméndaselle ao alumno unha atenta observación das modas, tendencias, mercado e novidades no campo das lentes oftálmicas, de sol e monturas para gafas, que permita abordar na clase, co profesor e os compañeiros, aqueles aspectos máis diferentes e innovadores dos produtos, principalmente de cara a prever e solucionar posibles problemas de montaxe e/ou adaptación que poidan presentar.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Xesus Prieto Blanco
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813506
- Correo electrónico
- xesus.prieto.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Yago Arosa Lobato
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Correo electrónico
- yago.arosa.lobato [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
15.12.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
30.06.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |