Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 34 Total: 60
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Óptica
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Que o/a alumno/a coñeza:
- As propiedades fundamentais dos materiais ópticos cos que traballan os Ópticos-Optometristas
- Os principais métodos de fabricación e de caracterización destes materiais
E adquira:
- Habilidades básicas para a adaptación manual dos sistemas ópticos compensadores
- Hábitos correctos de traballo nos laboratorios e nos obradoiros
Unidade 1: Introducción á materia
1. Planificación do curso: obxectivos, programa, calendario, etc.
2. Introducción aos materiais ópticos.
Unidade 2: Propiedades dos materiais ópticos
3. Propiedades físicas dos materiais. Indice de refracción, dispersión cromática; absorción, transmisión e reflexión; protección contra a radiación electromagnética: filtros; densidade; fenómenos elásticos e resistencia ao impacto; dureza; conductividade térmica e dilatación térmica.
4. Propiedades químicas dos materiais. Humectación; hidratación; permeabilidade ao osíxeno; resistencia ás degradacións; protección contra axentes mecánicos e químicos: lentes de protección e armazóns de protección.
Unidade 3: Fabricación dos materiais ópticos
5. Lentes oftálmicas. Materiais para lentes oftálmicas: vidro e plástico; fabricación do vidro; fabricación de lentes minerais; fabricación do plástico;
fabricación de lentes orgánicas; tratamentos superficiais; tratamentos masivos; coidado e protección das lentes.
6. Lentes de contacto. Materiais para lentes de contacto; fabricación de lentes de contacto; tratamentos.
Traballo práctico
1. Tintura de materiais ópticos orgánicos
2. Medida da transmisión (I)
3. Medida da transmisión (II)
4. Medida da dureza
5. Medida do índice de refracción e da dispersión cromática
6. Identificación de lentes e armazóns; resistencia de materiais
7. Repaso do manexo do focómetro
8. Biselado manual
9. Axuste e adaptación de armazóns
10. Fabricación de PMMA
1. J. Salvadó e M. Fransoy, Tecnología Óptica, Edicions UPC, Barcelona, 1997.
2. W. F. Smith, Fundamentos de la Ciencia e Ingeniería de los Materiales, McGraw-Hill, Madrid, 1998.
3. C. Saona, Contactología Clínica, Ed. Masson. Barcelona, 2002.
4. T. E. Fanin e T. Grosvenor, Clinical Optics, cap. 1, Butterworths, Boston, 1987.
5. M. Jalie, Ophthalmic lenses & dispensing, ed. Butterworth Heinemann, Edinburgh, 2003.
6. H. Obstfeld, Spectacle frames and their dispensing, Ed. Saunders, Londres, 1997.
7. A. Benito e E.A. Villegas, Montaje y aplicaciones de lentes oftálmicas, Ed. Univ. de Murcia, 2001.
8. C. W. Brooks e I. M. Borish, System for ophthalmic dispensing, Butterworth Heinemann, Boston, 1996.
9. C. W. Brooks, Essentials of ophthalmic lens finishing, ed. Butterworth-Heinemann, St. Louis, 2003.
10. E. Strandgaard, P. Jespergaard e O. Grønbæk, Datos de Física y Química, Marfil, Alcoy, 1987.
Recursos dispoñibles na rede
1. En prelo.usc.es: Barroso Herrero, S., Ibáñez Ulargui, J., & Universidad Nacional de Educación a Distancia (España). (2014). Introducción al conocimiento de materiales (Ed. digital.). Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia
2. https://en.wikipedia.org/wiki/Shore_durometer
3. http://en.wikipedia.org/wiki/Abbe_refractometer e os “external links”
Coñecemento
• Con_23. Coñecer as propiedades físicas e químicas dos materiais utilizados na óptica e na optometría.
• Con_24. Coñecer os procesos de selección, fabricación e deseño das lentes
Habilidades e Destrezas:
• HeD_1. Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes puntos de vista con razoamento crítico.
• HeD_2. Organizar e planificar o traballo.
• HeD_3. Interpretar resultados e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
• HeD_4. Traballar en equipo.
• HeD_5. Manter un compromiso ético, así coma un compromiso coa igualdade e a integración.
• HeD_8. Saber analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos da Óptica e a Optometría.
• HeD_12. Manexar material e técnicas básicas de laboratorio.
• HeD_19. Habilidades de traballo en equipo como unidade na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionales e demás persoal relacionado coa saúde visual.
Competencias:
• Comp_1. Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
• Comp_3. Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
• Comp_4. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos no grao dunha forma profesional e sexan competentes no plantexamento/resolución de problemas, así coma na elaboración/defensa de argumentos tanto en contextos académicos coma profesionais relacionados coa Óptica e Optometría.
• Comp_5. Capacidade de aprender de forma autónoma, de traballar en equipo, de organizar o tempo e os recursos, e de adquirir novos coñecementos e técnicas en Óptica e Optometría.
- Dúas horas de docencia presencial expositiva á semana, ata completar un total de 20 h de clases expositivas en grupo grande.
- Unha hora de seminarios á semana ata completar un total de 6 h en grupos reducidos. As 6 h de seminarios dedicaranse á resolución de problemas e á realización de actividades. Proporcionaráselle ao/á alumno/a un boletín cos enunciados dos problemas/actividades así como as diapositivas dos temas que se traten en clase.
- Sesións de obradoiro/laboratorio en grupos de un ou dous alumnos por práctica.
Idiomas nos que se imparte a docencia: Galego e Castelán.
Idiomas de traballo na aula: Galego e Castelán.
A avaliación efectuarase tendo en conta os seguintes elementos:
1. Un exame escrito presencial e individual sobre os contidos teóricos e prácticos da materia que terá lugar nas datas fixadas no calendario oficial.
2. A avaliación continúa a través da realización das actividades de seminario e de laboratorio, da elaboración dos informes individuais das prácticas realizadas, así como da asistencia e participación nas clases.
O/a alumno/a terá a opción de ser avaliado/a mediante: a) o exame presencial ou b) o exame presencial e a avaliación continua. No suposto que se decante pola segunda opción a sua cualificación virá dada pola mellor nota obtida entre o exame presencial e a calculada mediante a seguinte media aritmética: N = 0,65*N_exame + 0,35*N_evalcontinua.
A realización das prácticas é imprescindíbel para superar a materia. Ademais, para seren tidos en conta, os informes de cada práctica deberán entregarse nun prazo non superior a dúas semanas dende a realización da mesma. Só se considerará non presentado o/a alumno/a que non acuda á realización do exame e non participe en ningunha actividade da avaliación continua.
Os/as alumnos/as que teñan concedida de forma oficial a dispensa de asistencia a clases tan só deberán realizar algunhas das prácticas programadas. A avaliación destes/as alumnos/as efectuarase de forma exclusiva mediante o exame escrito.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacions.
Traballo presencial:
20 h de clases expositivas
6 h de clase de seminarios en grupos reducidos
26 h de clase de laboratorio/obradoiro
Traballo persoal do/a alumno/a:
30 h para o estudo autónomo individual ou en grupo
15 h para realización de informes e preparación das prácticas
3 h para actividades de consulta bibliotecaria
Total: 100 horas
- Ter cursado óptica oftálmica I
- Asistencia ás clases expositivas e de seminario
- Resolución dos problemas e participación nas actividades propostas no boletín
- Emprego das titorías individuais presenciais ou telemáticas para consultar e esclarecer dúbidas
Rosa María González Fernández
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813518
- Correo electrónico
- rosa.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Maria Concepcion Nistal Fernandez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813529
- Correo electrónico
- mconcepcion.nistal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mª Carmen Bao Varela
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813512
- Correo electrónico
- carmen.bao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ana Isabel Gómez Varela
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Correo electrónico
- anaisabel.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Yago Radziunas Salinas
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Correo electrónico
- yago.radziunas.salinas [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 1 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 2 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
13.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
13.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
24.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
24.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |