Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Alemán
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Alemá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- A materia ten como obxectivo ofrecer unha panorámica dos periodos literarios así como dos autores e obras máis salientables dende a Ilustración
- Preténdese a adquisición e o manexo dos conceptos teóricos por parte do estudantado así como a lectura, análise e comentario dalgunhas das obras máis representativas da literatura alemá en cada un dos contextos histórico-literarios obxecto de estudo.
- Presentación dos principais periodos literarios, autores/as e obras da literatura alemá dende o século XVIII
- Análise do contexto histórico-literario e dos condicionantes que rodean a creación literaria dos autores nas distintas etapas a estudar.
- Estudo dos principios estéticos que caracterizan cada unha das etapas literarias.
- Lectura e comentario dunha selección de obras representativas para a aplicación práctica dos coñecementos teóricos adquiridos.
TEMARIO:
1. A Ilustración e o concepto de literatura moderna alemá.
1.1. O teatro de G. E. Lessing.
2. O 'Sturm und Drang' como movemento prerromántico.
3. Presupostos estéticos do Clasicismo alemán.
4. O Romanticismo alemán.
5. 'Biedermeier', 'Junges Deutschland' e Realismo poético alemán.
6. Vangardas na literatura alemá.
7. As literaturas en lingua alemá da postguerra.
Tanto as lecturas obrigatorias como os demáis textos que se comentarán nas clases interactivas poranse a disposición do estudantado na aula virtual da materia.
HISTORIAS DA LITERATURA ALEMÁ E OUTRAS OBRAS DE CONSULTA XERAL
ACOSTA, Luis A. (coordinador): La literatura alemana a través de sus textos. Madrid: Cátedra, 1997. FB
BARK, Joachim, u.a. (ed.): Epochen der deutschen Literatur. Stuttgart: Ernst Klett, 1989.
BEUTIN, Wolfgang u.a.: Deutsche Literaturgeschichte: von den Anfängen bis zur Gegenwart. Stuttgart: Metzler, 1979. FB
- [versión española:] Historia de la literatura alemana. Madrid: Cátedra, 1991. FB
HERNÁNDEZ, Isabel/ MALDONADO: Manuel, Literatura alemana. Épocas y movimientos desde los orígenes hasta nuestros días. Madrid: Alianza, 2003.
MALDONADO ALEMÁN, Manuel: El Expresionismo y las vanguardias en la literatura alemana. Madrid: Síntesis, 2006.
MODERN, Rodolfo E.: Historia de la literatura alemana. México: Fondos de cultura económica, 1986.
ROETZER, Hans Gerd/ SIGUAN, Marisa: Historia de la literatura alemana 1/2, Barcelona: Ariel, 1992.
- Dominio dos conceptos teóricos e principios estéticos máis relevantes da literatura alemá.
- Dominio das principais etapas e correntes literarias cos seus autores/as e obras máis representativas dende a Ilustración
- Primeiros coñecementos da terminoloxía específica en lingua alemá.
- Dominio das técnicas para realizar análises literarias.
- As clases teóricas presenciais alternarán co debate de aspectos particulares e lecturas así como coa realización de comentarios de texto na clase.
- Nas clases interactivas realizaranse comentarios e discutiranse aspectos concretos en base a unha serie de textos propostos. Ademáis, o estudantado deberá realizar de maneira autónoma ao longo do cuadrimestre comentarios de texto que terá que entregar á docente en forma e prazo para a súa cualificación.
- A avaliación será continua e integral e incluirá unha proba final. A nota final resultará da valoración dos seguintes dous aspectos:
1. Participación activa e continuada nas clases expositivas: 10% da nota final.
2. Participación activa e continuada nas clases interactivas e realización de comentarios: 30% da nota final.
2. Proba final, na que só se avaliarán os contidos da parte expositiva (non haberá preguntas da parte interactiva): 60% da nota final. Aprobar o exame final (nota 5 o superior) será condición indispensable para superar a materia.
- O estudantado que por cuestións de coincidencia horaria con outras materias non poida asistir regularmente ás aulas será avaliado en base a unha única proba final (100% da nota), na que se examinarán tanto os contidos da parte expositiva como da interactiva.
- Para o estudantado con dispensa oficial de asistencia a clases a avaliación farase tamén en base a unha única proba final (100% da nota), na que haberá cuestións tanto da parte expositiva como da parte interactiva da materia.
- Os criterios de avaliación descritos rexerán tanto na primeira como na segunda oportunidade de exame.
- No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
- 50 horas presenciais e ao redor de 100 horas non presenciais para o estudo e preparación das actividades programadas para a clase así como para a realización das lecturas.
- Asistencia a clase e aproveitamento das tutorías.
- O uso de teléfonos móviles nas aulas está prohibido sen autorización previa de profesor.
Maria Dolores Sabate Planes
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811848
- Correo electrónico
- dolors.sabate.planes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Alemán | C01 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Alemán | C05 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Alemán | D05 |
12.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |
12.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C01 |
05.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C01 |
05.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |