Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Realizar un percorrido cronolóxico polo proceso de configuración e desenvolvemento do corpus literario galego desde a Idade Media ata o final do século XIX.
-Coñecer os problemas de fixación dunha periodización específica, as súas principais etapas, correntes, movementos, autorías e, moi especialmente, os textos literarios galegos do período sinalado.
-Definir o singular desenvolvemento da historia literaria galega, tanto desde o punto de vista interno como externo.
-Interpretar e analizar de maneira crítica as obras e textos máis relevantes que conforman a produción literaria en lingua galega desde a época medieval ata o século XIX.
1. A literatura medieval
1.1. Cronoloxía, contexto e xéneros
1.2. O verso
1.3. A prosa
2. Os Séculos Escuros
2.1. Contexto e textos conservados dos séculos XVI-XVII
2.2. O século XVIII: a 'Ilustración' galega
3. A literatura galega no século XIX
3.1. O Prerrexurdimento: autores e textos
3.2. O Rexurdimento: caracterización
3.3. A poesía do Rexurdimento
3.4. A prosa e o teatro
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Carballo Calero, Ricardo (1975): Historia da Literatura Galega Contemporánea. Vigo: Galaxia.
Castro, Rosalía de (2013): Cantares Gallegos, ed. Anxo Angueira. Vigo: Xerais.
González Seoane, Ernesto (coord.); María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo Dicionario de dicionarios do galego medieval (2006-2022). Seminario de Lingüística Informática-Grupo TALG e Instituto da Lingua Galega. https://ilg.usc.gal/ddgm/
Lanciani, Giulia & Tavani, Giuseppe (coords.) (1993): Dicionário da literatura medieval galega e portuguesa. Lisboa: Caminho, 1993.
López, Teresa (dir.) (2016): Cronoloxía da literatura galega (1801-1900). Universidade da Coruña. http://croliga.udc.es/
Pena, Xosé Ramón (2013-2014): Historia da literatura Galega, vols. I e II. Vigo: Xerais.
Tarrío, Anxo (coord.) (2000): Proxecto Galicia. Literatura. Vol. XXXI: Os Séculos Escuros. O século XIX. A Coruña: Hércules Edicións.
Tavani, Giuseppe (1986): A poesía lírica galego-portuguesa. Vigo: Galaxia.
Vilavedra, Dolores (coord.) (1995-2000): Diccionario da literatura galega. I. Autores, II. Publicacións periódicas, III. Obras. Vigo: Galaxia.
VV.AA. Enciclopedia Historia da Literatura Galega. Asociación Socio-Pedagóxica Galega. https://literaturagalega.as-pg.gal/
NOTA: serán de lectura obrigatoria tanto as escolmas de textos literarios proporcionadas polo profesorado en cada tema como a obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Alonso Montero, Xesús (1972): Rosalía de Castro. Madrid: Júcar.
Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa (MedDB) [base de datos en liña]. Versión 3.12. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. http://www.cirp.gal/meddb
Beltrán, Vicenç (1995): A cantiga de amor. Vigo: Xerais.
Bouza Brey, Fermín (1992): Artigos rosalianos. Santiago de Compostela: Consellería de Cultura e Xuventude.
Brea, Mercedes & Lorenzo Gradín, Pilar (1998): A cantiga de amigo. Vigo: Xerais.
Corral Díaz, Esther (coord.): Guía para o estudo da lírica profana galego-portuguesa. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / CRPIH, 2010.
Corral Díaz, Esther & Pichel, Ricardo (coords.) (2020): Guía para o estudo da prosa galega medieval. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Curros Enríquez, Manuel (1980): Poesía galega completa, ed. Carlos Casares. Vigo: Galaxia.
Forcadela, Manuel (1995): A poesía de Eduardo Pondal. Vigo: O Cumio.
García Negro, Pilar (2013): Cantares Gallegos, hoxe: unha lectura actualizada de Rosalía de Castro. Lugo: Alvarellos.
Lama, María Xesús (2017): Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade. Vigo: Galaxia.
Lanciani, Giulia & Tavani, Giuseppe (1995): As cantigas de escarnio. Vigo: Xerais.
Rodríguez, Francisco (1996): Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria. ASPG.
Pondal, Eduardo (1995-2005): Poesía galega completa, 4 vols., ed. Manuel Ferreiro. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
Tato Fontaíña, Laura (1999): Historia do teatro galego. Das orixes a 1936. Vigo: A Nosa Terra.
Vilavedra, Dolores (1999): Historia da literatura galega. Vigo: Galaxia.
VV. AA., Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo, 3 vols. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela, 1986.
Consonte o recollido na Memoria de Verificación do Grao en Lingua e Literatura Galega, esta materia contribuirá á consecución dunha serie de competencias básicas, xerais e específicas, as cales poden ser consultadas no mencionado documento. Limitámonos neste punto a indicar a contribución concreta da materia ao desenvolvemento dalgunhas das competencias específicas da titulación:
CE4 - Identificar e comprender aqueles elementos (obxecto de estudo, metodoloxía, linguaxe e terminoloxía crítica especializada, etc.) que definen e articulan os estudos literarios galegos como disciplina científica no ámbito das Humanidades.
CE5 - Recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos literarios.
CE6 - Aplicar a metodoloxía científica que permita abarcar os distintos tipos de estudos literarios.
CE7 - Dominar os diversos enfoques e métodos que permiten a comprensión crítica da obra literaria.
CE8 - Coñecer os/as escritores/as e obras máis importantes e representativos de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos
períodos da historia da literatura galega desde a Idade Media ata o final do século XIX.
CE9 – Posuír un coñecemento avanzado da lingua galega mediante a análise de textos literarios.
CE10 - Comprender a complexidade das obras literarias, aprender a apreciar os seus valores estéticos e extraer o caudal informativo que encerra o texto literario.
CE12 - Interpretar con rigor as obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura galega desde a Idade Media ata o final do século XIX.
CE13 – Coñecer a teoría e o pensamento estético no seu discorrer histórico en tanto condicionante de xéneros, estilos, morfoloxía e técnicas do discurso literario.
CE16 - Coñecer as características das diversas manifestacións da creación literaria, incardinándoas no contexto sociocultural en que se xestan y conectándoas con outras formas de expresión artística.
CE17 - Manexar con habilidade as novas tecnoloxías que faciliten o estudo da literatura galega.
CE18 - Empregar ferramentas de procura de recursos bibliográficos para o estudo da literatura galega e manexar as fontes documentais e bibliográficas propias da literatura.
CE19 - Desenvolver a competencia comunicativa.
CE20 - Ser capaz de realizar posteriores estudos especializados, tanto nunha disciplina filolóxica como en calquera das ciencias e técnicas que requiran bos fundamentos filolóxicos.
- Sesións expositivas: onde o profesorado presentará contidos teóricos co apoio de materiais complementarios (textuais, audiovisuais, recursos dixitais etc.) que estarán dispoñibles no Campus Virtual.
- Seminarios: sesións interactivas dedicadas á realización de actividades prácticas, de carácter individual ou grupal, ben como ao comentario e análise de textos tanto literarios como críticos.
- Traballo autónomo: o alumnado deberá realizar, como parte do seu traballo autónomo, unha serie de lecturas obrigatorias que o profesorado indicará no comezo de cada tema e sobre as que se traballará posteriormente nas sesión presenciais.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
A avaliación da consecución das competencias esixidas levarase a cabo tendo en conta:
1) Asistencia e participación activa do alumnado, tanto na aula como nos foros do Campus Virtual e noutras actividades que se vaian propoñendo ao longo do curso: 30% da cualificación global. Para a avaliación esíxese un mínimo dun 80% de asistencia.
2) Exame escrito dos contidos da materia a realizar na data oficial establecida polo centro: 70% da cualificación global. Para superar a materia a cualificación do exame non deberá ser inferior a 4.
O alumnado que non poida asistir regularmente ás aulas debe obter unha dispensa oficial, de acordo co procedemento establecido na normativa da Facultade, e deberá realizar unha serie de traballos e lecturas personalizadas, que suporá o 30% da cualificación global correspondente ao antedito punto 1. O 70% restante será avaliado mediante o exame, nas mesmas condicións que se recollen no punto 2.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Na segunda oportunidade, o alumnado terá dúas posibilidades:
a) Solicitar que se lle manteña a cualificación obtida no punto 1, na porcentaxe indicada (sempre que tivese unha asistencia regular, non inferior ao 80%), e realizar o exame na data oficial establecida, que suporá o 70% da cualificación global.
b) Exame final que suporá o 100% da cualificación.
OBSERVACIÓNS Á AVALIACIÓN:
-Para superar a materia, en todos os casos, a cualificación na parte correspondente ao exame (punto 2) non deberá ser inferior a 4.
-O estudantado con dispensa oficial debe comunicar ao profesorado esta situación nas primeiras semanas de clase, tan pronto como sexa posible.
-De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), "a cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a".
-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
HORAS PRESENCIAIS
Sesións expositivas: 32
Sesións de seminario: 16
Titorías programadas: 3
Sesións de avaliación: 3
HORAS NON PRESENCIAIS
Lecturas: 50
Preparación de actividades e exames: 40
Outras actividades: 6
TOTAL HORAS: 150
- O alumnado terá material que debe consultar ao seu dispor no Campus Virtual, organizado por bloques de contido. A exploración e manexo dos recursos en liña indicados é fundamental.
- É recomendable estudar a materia conforme se vaia desenvolvendo o temario, asistir ás aulas e realizar as lecturas obrigatorias con carácter previo ás sesións presenciais para poder participar nos debates formulados e realizar as actividades propostas.
- A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, as alumnas e alumnos poderán solicitar a exención oficial de docencia e beneficiaranse do a exención oficial de docencia e beneficiaranse do sistema de avaliación anteriormente especificado para tales circunstancias.
- É obrigatorio o uso da conta de correo institucional rai para todas as comunicacións relacionadas coa materia. Igualmente, será obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais (Campus Virtual, Teams etc.).
Maria Xesus Nogueira Pereira
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811787
- Correo electrónico
- mariaxesus.nogueira [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Diego Rivadulla Costa
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- diego.rivadulla.costa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C07 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C07 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Galego | C09 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Galego | C09 |
12.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |
12.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D08 |
12.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D08 |
12.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D09 |
12.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D09 |
12.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
05.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D08 |
05.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D08 |
05.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |