Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Estudar a etapa medieval da literatura galega, centrándonos nos diferentes xéneros e nas particularidades métricas, retóricas e temáticas que os caracterizan como tales, así como nos autores máis representativos e textos sobranceiros.
Continuar o estudo da literatura galega medieval iniciado na materia de "Introdución á Literatura Galega, 1" na que se establecían as bases analíticas nas que agora se profundizará.
Coñecer a historia literaria na etapa estudada, os princiais autores e producións.
Estudar os aspectos compositivos comúns das cantigas medievais galego-portuguesas.
Ler, analizar e establecer a caracterización dos principais xéneros líricos medievais.
Estudar os elementos característicos dos xéneros con menor presenza nos cancioneiros.
Ler e analizar a lírica medieval galega de temática relixiosa, e establecer as súas relacións coa lírica profana.
Situar no contexto europeo, ler e caracterizar as manifestacións en prosa literaria desta etapa medieval, e as especiais circunstancias da súa produción.
Coñecer os principais xéneros, obras e autores representativos da lírica epigonal.
Adquirir os coñecementos técnicos e a terminoloxía correspondente para a realización de comentarios literarios de textos medievais.
Con todas estas actividades non só se pretende a capacitación do alumno na materia mediante a asimilación de coñecementos pertinentes, senón tamén fomentar hábitos intelectuais, de reflexión, de capacidade crítica, de achegamento á lectura e de comunicación que son os obxectivos xerais e básicos do ensino.
1. Introdución
1.1. O marco histórico. Galicia no contexto hispánico nos séculos XII ao XV: a política, a sociedade e a cultura
1.2. A literatura medieval: comunicación/recepción, difusión e transmisión
1.2.1. O texto medieval, entre a oralidade e a literacidade
1.2.2. Manuscritos: produción e reprodución
1.2.3. Autoría e obra na Idade Media
2. A lírica trobadoresca
2.1. A tradición manuscrita: os cancioneiros e a súa transmisión
2.2. A lírica trobadoresca no seu contexto histórico, social e cultural. O amor cortés
2.3. Xénese, implantación e difusión: periodización, cortes e autores máis relevantes. Trobadores e xograres
2.4. Caracterización e estrutura da cantiga trobadoresca. Texto e música
2.5. A cantiga de amor
2.5.1. A relación coa cansó provenzal: a expresión do amor
2.5.2. Estrutura, formas e estilo
2.6. A cantiga de amigo
2.6.1. Orixinalidade da cantiga de amigo
2.6.2. Retórica e composición: paralelismo e leixa-pren
2.6.3. Temas, motivos, símbolos: a natureza e o mar
2.6.4. Modalidades xenéricas: cantiga de santuario, alba, bailada
2.7. A cantiga de escarnio e de maldicir
2.7.1. Caracterización xeral: ironía, humor e parodia
2.7.2. A sátira: xéneros e temas. O sirventés. Tensións sociais e polémicas literarias
2.8. Os xéneros menores
2.8.1. Outros xéneros de temática amorosa: pastorela, lai
2.8.2. Os xéneros dialogados: a tenzón
2.8.3. Outros xéneros: pranto, cantiga de seguir
3. A lírica epigonal
3.1. A transmisión textual
3.2. A evolución temática e retórica
3.3. Principais autores e obras
4. As Cantigas de Santa María
4.1. A transmisión manuscrita
4.2. As fontes
4.3. A autoría
4.4. Macroestrutura
4.4.1. Organización do proxecto
4.4.2. Elementos visuais, textuais e paratextuais
4.4.3. Tipos de cantigas (narrativas e de loor)
4.5. Modelos métricos e estróficos
5. A prosa
5.1. Consideracións previas: o uso literario da prosa e as traducións
5.2. Os textos de carácter histórico: as crónicas
5.2.1. Crónica Xeral e Crónica de Castela
5.2.2. Xeral Estoria
5.2.3. Crónica de Iria
5.3. Os romances
5.3.1. A materia de Troia
5.3.2. A materia de Bretaña
5.3.3. A materia carolinxia
5.4. A haxiografía (Milagres de Santiago)
Lecturas obrigatorias: Selección de textos que se lle facilitará ó alumnado
Básica
Brea, Mercedes (coord.) (2000): Literatura. A Idade Media. A Coruña.
Lanciani, Giulia / Giuseppe Tavani (coord.) (1993): Dicionário da literatura medieval galega e portuguesa. Lisboa.
Lapa, Manuel Rodrigues (1977): Lições de literatura portuguesa. Época medieval. Coimbra.
Pena, Xosé Ramón (2013): Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853. Vigo: Xerais.
A lírica: textos
Airas Freixedo, X.B. (2003): Antoloxía da lírica galego-portuguesa. Vigo.
Arias Freixedo, Xosé Bieito (2017): Per arte de foder. Cantigas de escarnio de temática sexual. Berlín.
Gonçalves, Elsa (1983): A lírica galego-portuguesa. Textos escolhidos. Lisboa.
Beltrán, V. / C. Alvar (1989): Antología de la poesía gallego-portuguesa. Madrid.
Brea, M. (coord.) (1996): Lírica profana galego-portuguesa. Santiago de Compostela.
Cohen, Rip (2003): 500 Cantigas d’ Amigo. Porto.
Ferreiro Fernández, Manuel (coord.) (2024) Universo Cantigas. I, Cantigas de amor. A Coruña
Lapa, M. Rodrigues (1970): Cantigas d’escarnho e de maldizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses. Vigo.
Lopes, Graça Videira (ed. coord.) (2016): Cantigas medievais galego-portuguesas. Corpus integral profano. Lisboa: Biblioteca Nacional de Portugal / Instituto de estudos medievais / Centro de Estudos de Sociologia e Estética Musical, 2 volumes.
Michaëlis de Vasconcellos, C. (1904): Cancioneiro da Ajuda, 2 vols. Halle.
Monteagudo, H. (2013): «En cadea sen prijon». Cancioneiro de Afonso Páez. Poesía galega postrobadoresca (1380-1430ca.). Xunta de Galicia.
Nunes, J. J. (1972): Cantigas d’Amor dos trovadores galego-portugueses. Lisboa.
Nunes, J. J.(1973): Cantigas d’Amigo dos trovadores galego-portugueses. 3 vols. Lisboa.
Polín, Ricardo (1997): Cancioneiro galego-castelán (1350-1450). Corpus lírico da decadencia. A Coruña.
Bibliografía básica
Beltrán, V. (1995): A cantiga de amor. Vigo: Xerais.
Brea, M. / P. Lorenzo Gradín (1998): A cantiga de amigo. Vigo.
Corral Díaz, Esther (coord.) (2010): Guía para o estudo da lírica profana galego-portuguesa. Santiago de Compostela.
Lanciani, G. / G. Tavani (1995): As cantigas de escarnio. Vigo.
Oliveira, António Resende de (1995): Trobadores e xograres. Contexto histórico. Vigo.
Polín, R.(1994): A poesía lírica galego-castelá (1350-1450). Santiago de Compostela.
Tavani, G. (1986): A poesía lírica galego-portuguesa. Vigo.
CSM
Fidalgo, E. (coord.) (2003) As cantigas de loor de Santa María (edición e comentario). Santiago de Compostela.
Mettmann, W.: (1959-1972): Afonso X, o Sabio. Cantigas de Santa María. [Coimbra], 4 vols. Reed.: Vigo, 2 vols., 1981. Reed.: Madrid, 3 vols., 1986, 1988, 1989.
Montoya, J. (1997): Alfonso X el Sabio. Cantigas. Madrid, 1988.
Parkinson, Stephen (2015): Alfonso X, the Learned. Cantigas de Santa Maria. An Anthology. Cambridge.
Fidalgo, E. (2002): As cantigas de Santa María. Vigo.
A prosa
Corral Díaz, Esther / Ricardo Pichel (coords.) (2020): Guía para o estudo da prosa galega medieval. Xunta de Galicia / CRPIH.
Lorenzo, Ramón (2000): “Prosa medieval”, en: Mercedes Brea (coord.): A Idade Media. A Coruña, 365-429.
Lorenzo, Ramón (2002): “La interconexión de Castilla, Galicia y Portugal en la confección de las crónicas medievales y en la transmisión de textos literarios”
Recursos en rede
Projeto littera, Cantigas Medievais Galego-Portuguesas: http://cantigas.fcsh.unl.pt/
Universo Cantigas. http://universocantigas.gal
The Oxford Cantigas de Santa Maria database: = http://csm.mml.ox.ac.uk/index.php?p=poem_list
Coas competencias pretendemos a capacitación en aspectos do perfil dos estudos, pero tamén o dominio dalgunha capacidade xenérica susceptible de aplicarse a unha actividade intelectual que constituirá o futuro ámbito de traballo do alumno.
Por iso, á par do dominio da temática específica, traballaremos a comunicación verbal mediante a participación nas clases interactivas onde se desenvolverán comentarios de textos e de obras, lecturas dirixidas e intervencións relacionadas cos traballos escritos que deberán entregar os alumnos. Esta competencia tamén se practicará nas titorías específicas, co comentario persoal do traballo proposto pola profesora e o seguimento dos temas das clases expositivas.
Esta actividade debe fomentar, así mesmo, o desenvolvemento da comunicación interpersoal e debe servir de estimulación intelectual coa que se practicará a capacidade crítica e de argumentación e defensa de opinións, e servirá tamén de automotivación para o estudo. Cremos que é importante na formación dun profesional dunha actividade eminentemente social.
Favorecemento da expresión escrita mediante a realización dos traballos citados que servirá tamén para a potenciación das competencias referidas na actividade anterior.
A materia desenvolverase en clases expositivas, de contido teórico, nas que a profesora presentará os temas do programa. Haberá tamén sesións interactivas de carácter práctico nas que se levarán a cabo actividades diversas relacionadas coas exposicións teóricas. Estas prácticas revestirán diversas modalidades pero incidirán, sobre todo, no comentario de textos do que se aprenderá sistematización, conceptos e vocabulario. Tamén se farán lecturas guiadas de textos.
O alumnado terá ó seu dispor unha antoloxía de textos preparada pola profesora que exemplifican a creación literaria do período estudado. É necesario que a coñeza ben, integramente, pois dará lugar á elaboración de comentarios e traballos persoais que serán presentados por escrito e poderán ser utilizados para o debate nas clases.
Utilizarase o campus virtual para proporcionar informacións e contidos relevantes para a progresión do curso e, de ser necesario, para realizar exames.
Primeira oportunidade
A avaliación será continua e basearase nos seguintes puntos:
a) Asistencia e participación activa do alumnado nas aulas. Nas sesións interactivas deberán preparar e expor un comentario literario, acordado previamente: 20% da cualificación. Para este tipo de avaliación esíxese un mínimo dun 80% de asistencia.
b) Exame final na data oficial: 80 % da cualificación.
O alumnado con dispensa de asistencia á clase e o repetidor que así o desexe serán avaliados no apartado a) por un traballo acordado coa profesora.
Segunda oportunidade
Son posibles dúas opcións:
a) Solicitar que se lle manteña a cualificación obtida no punto 1, sempre que tivese unha asistencia regular (20% da cualificación) e realizar o exame na data oficial (80% da cualificación). Se non hai comunicación expresa, enténdese que esta será a opción escollida.
b) Realizar o exame final (100 % da cualificación).
IMPORTANTE: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións:
Horas presenciais expositivas: 32
Horas presenciais interactivas: 16
Titorías personalizadas: ......... 3
Sesións de avaliación: ........... 3
Horas de traballo dirixido: ..... 21
Horas de traballo autónomo:.. 75
A materia é ampla de contidos, así que a recomendación esencial é que o alumno realice un traballo diario de lecturas e de estudo da temática para poder levar adiante o curso con orde e aproveitamento.
Ana Isabel Boullon Agrelo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811812
- Correo electrónico
- ana.boullon [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C10 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C10 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | Galego | C07 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | Galego | C07 |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | D09 |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | D09 |
04.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | D10 |
04.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
04.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | D10 |