Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Estudo e análise crítica da literatura en lingua inglesa realizada no ámbito postcolonial, así como o desenvolvemento das competencias de expresión oral e escrita sobre os textos literarios analizados.
1. Introdución a conceptos básicos da teoría poscolonial (2 semanas)
• Post-colonialism, Colonialism, Patronage, Resistance, Nativism
• Fanonism, Orientalism, Colonial body, Colonial desire
• Hegemony, Mimicry, Hybridity
2. Poesía poscolonial (3 semanas)
• Ireland. The Psychopathology of Colonization (selección de poemas)
3. A novela poscolonial (3 semanas)
• Beyond the Pale in Northern Ireland: Anna Burns' Milkman
4. O relato curto poscolonial (2 semanas)
• Nigeria. Writing Black: Chimamanda Ngozi Adichie, The Thing Around Your Neck
5. O ensaio poscolonial (1 semana)
Colourism in the Caribbean: Michelle Cliff, If I Could Write This in Fire, I Would Write This in Fire
6. O teatro poscolonial (2 semanas)
• The Indian Subcontinent. Manjula Padmanabhan, Lights Out.
Semanas restantes: Presentacións orais e xustificacións das actividades de aprendizaxe autónoma.
OBRAS PRIMARIAS: A profesora facilitará o acceso do alumnado á selección de poemas de lectura obligatoria, así como ao ensaio de M. Cliff. As lecturas obrigatorias restantes están dispoñibles na BUSC.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Ashcroft, Bill and Gareth Griffiths and Helen Tiffin. Key concepts in post-colonial studies. London: Routledge, 1999.
Quayson, Ato, ed. The Cambridge history of postcolonial literature. Cambridge: Cambridge UP, 2011.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Allen-Randolph, Jody (ed.). Eavan Boland: a sourcebook : poetry, prose, interviews, reviews and criticism. Manchester: Carcanet, 2007.
Bringas López, Ana María. “The Black Woman's Burden: postcolonial gender in Caribbean women’s writing”. BABEL A.F.I.A.L. 12 (2003): 201-218.
Caramés Lage, José Luis et al. (eds). Literatura post-colonial en inglés: India, Africa y Caribe. Teoría y práctica. Oviedo: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Oviedo, 1997.
Carroll, Clare & Patricia King (eds.). Ireland and Postcolonial Theory. Notre Dame, Ind.: University of Notre Dame Press, 2003.
Döring, Tobias. Caribbean-English Passages: intertexuality in a postcolonial tradition. London, New York: Routledge, 2002.
Lewis, Reina & Sara Mills (eds.). Feminist Postcolonial Theory: A Reader. Edinburgh: Edinburgh University Press, 2003.
Nayar, Pramod K. Colonial voices: the discourses of empire. Chichester/ Malden, MA: Wiley-Blackwell, 2012.
Palacios, Manuela. “Northern Ireland: The Poetry In Between”. Postcolonial and Gender Perspectives in Irish Studies. Ed. Marisol Morales Ladrón. A Coruña: Netbiblo, 2007, pp. 45-64.
Paravisini-Gebert, Lizabeth. Jamaica Kincaid: a critical companion. Westport: Greenwood Press, 1999.
Puri, Shalini. The Caribbean Postcolonial: social equality, post-nationalism, and cultural hybridity. New York: Palgrave Macmillan, 2004.
Thieme, John. Postcolonial Con-Texts: writing back to the canon. London: Continuum, 2001.
CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG3, CG4, CG5, CG6, CG7, CG8, CG9, CE5, CE6, CE7, CE8, CE9, CE10 da Memoria Verificada.
Lectura, comprensión e análise de textos literarios.
Habilidade para escribir ensaios críticos.
Habilidade para realizar presentacións orais sobre temas literarios.
Relacionar os textos literarios coa sociedade na que se produciron.
Dominio das ferramentas e conceptos necesarios para a análise literaria.
Clases expositivas: 2 horas por semana nas que o/a docente presenta o contexto histórico, social e cultural dos textos literarios a analizar, fornecendo os recursos teóricos e críticos para a análise dos textos.
Seminarios: 1 hora por semana na que os/as estudantes analizan unha selección de textos.
Titorías (individuais e colectivas): discusión das dúbidas que lle xurdiron aos/ás estudantes durante a realización das tarefas encomendadas.
Espérase dos/das estudantes a asistencia tanto ás clases expositivas como aos seminarios, así como a participación en clase para a análise dos textos literarios.
Unha presentación oral final por parte dos/das estudantes.
Actividades de aprendizaxe autónoma a xustificar no final do curso: lecturas de crítica literaria, visionado de películas ou documentais, asistencia a conferencias, etc.
Uso de materiais audiovisuais e de internet para máis información sobre os/as autores/-as e a súa obra.
Uso do Campus Virtual da USC para avisos, tarefas e material de lectura.
Primeira convocatoria:
Exame final: 60% da cualificación final.
Tarefas: 40% da cualificación final: 25% Unha presentación oral final; 15% Xustificación de aprendizaxe autónoma
IMPORTANTE: Os/as estudantes deberán ter como mínimo un 4 (sobre 10) no exame para que se lles poida facer a media coa nota de tarefas.
Segunda convocatoria (xuño):
A nota das tarefas manterase para a segunda oportunidade. Os/as estudantes que non participaron nestas actividades durante o curso perderán o 40% correspondente da nota final.
Os/as estudantes dispensados/-as de asistencia serán avaliados/-as cun exame cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final.
Os/as estudantes en situación de demostrar que teñen unha incompatibilidade horaria e os que repiten o curso, tendo aprobadas as tarefas do curso anterior, poden elixir, antes do 1 de Outubro, se desexan ser avaliados/-as cun exame final que contará o 100% da nota final ou se prefiren a avaliación normal de 60% (exame final) e 40% (tarefas). Os/as estudantes que repiten o curso poden conservar a nota obtida nas tarefas do curso anterior.
Asistencia a clase: Seguirase a normativa da USC no relativo á obrigatoriedade da asistencia a clases expositivas e interactivas, así como á obrigatoriedade de participación nas actividades programadas. No caso de AUSENCIA XUSTIFICADA documentalmente e aceptada pola profesora ou o Decanato, pactarase unha avaliación alternativa da participación perdida. A ausencia de clase non xustificada nunha actividade avaliable implicará a cualificación de 0 nesa actividade. O numero máximo de horas con ausencias non xustificadas será de 5; de se ausentaren inxustificadamente máis de 5 horas, os/as estudantes perderán o 40 % que corresponde ás tarefas.
Os textos literarios débense ler en inglés e os exames e tarefas deben escribirse tamén en inglés. O uso correcto da lingua inglesa terase en conta na avaliación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tempo estimado de estudo (elaboración de traballos, lectura de textos obrigatorios, aprendizaxe autónoma, asistencia en horario de oficina e preparación do exame): 99 horas.
Recoméndase encarecidamente unha participación moi activa en clase.
Leranse os textos literarios obrigatorios antes do seminario correspondente.
Hanse seleccionar varias das lecturas recomendadas para ampliar coñecementos sobre este período literario.
Recoméndase tanto o traballo individual como en grupo.
Recoméndase aclarar todas as dúbidas en clase e en horario de titorías.
Recoméndase completar a comprensión do período literario e os seus escritores-as mediante películas, documentais, información en internet, etc.
Recoméndase a lectura moi atenta dos textos literarios ata coñecer a fondo os detalles da trama, personaxes, contexto socio-histórico etc.
Levar un rexistro de aprendizaxe autónoma para entrega final: lecturas de crítica literaria e do contexto sociocultural dos relatos; visionado de películas e documentais sobre os e as escritoras do programa; asistencia a conferencias e outras actividades relacionadas coa análise cultural e literaria.
Non se responderán aqueles correos electrónicos que non procedan do enderezo corporativo do/da estudante (enderezo da USC).
De acordo co establecido no artigo 36 da Ley Orgánica do Sistema Universitario (LOSU), que especifica no seu apartado c) entre os deberes do estudantado: ‘Obervar las directrices del profesorado y de las autoridades universitarias’, as normas de convivencia na aula serán as seguintes:
1- Nas clases tanto expositivas como interactivas non está autorizado o uso de teléfonos móbiles. Poderán empregarse tabletas ou ordenadores portátiles exclusivamente para a toma de apuntes e consulta de material no Campus Virtual.
2- Rógase encarecidamente que os/as estudantes cheguen á clase con puntualidade.
3- Non se poderá consumir comida na aula.
4- Non se poderá saír da aula antes de que o/a docente dea a clase por rematada, agás por indisposición física sobrevida.
Manuela Palacios Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811892
- Correo electrónico
- manuela.palacios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C12 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C12 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | Inglés | B13-Sala de videoconferencias |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | Inglés | B13-Sala de videoconferencias |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | Inglés | B13-Sala de videoconferencias |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C11 |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C11 |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C11 |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C11 |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C12 |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C12 |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C12 |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C12 |
04.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |
04.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | D08 |
04.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | D08 |
04.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | D08 |