Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Analizar conceptos básicos para o estudo da tipoloxía das situacións de conflito lingüístico na Romania.
2. Analizar o nacemento e recoñecemento de novas linguas románicas e o mapa actual dos estándares románicos “baixo presión”.
3. Analizar o plurilingüismo europeo e as consecuencias da minorización na Romania: bilingüismo, diglosia, macrodiglosia e abandono da lingua.
4. Proporcionar coñecemento esencial sobre as políticas lingüísticas e o proceso de constitución das linguas románicas estatais e a consecuente minorización das outras variedades.
5. Analizar o caso especial das linguas crioulas de base románica.
1. Sociolingüística e Romanística
2. Nocións e conceptos básicos. Métodos e correntes principais
3. A Romania continua desde a perspectiva sociolingüística
3.1. Linguas e variedades románicas. Tipoloxía das situacións lingüísticas en estados europeos.
3.2. Linguas románicas estandarizadas. Procesos de normalización e planificación lingüística
3.3. Plurilingüismo, linguas en contacto e conflito lingüístico na Romania europea
3.3.1. Política europea sobre as linguas minorizadas
3.3.2. Breve historia da política lingüística da Europa occidental, con atención especial ao estado español
4. Linguas crioulas e linguas francas
BÁSICA
Alén Garabato, C. (coord.) [2018]: Une histoire sociale des langues romanes. Genèse, construction et évolution sociolinguistiques d'une famille de langues. https://langues-romanes.uoh.univ-montp3.fr/
Ayres, W. M. / Carruthers, J. (2018). Manual of romance sociolinguistics. Berlin: De Gruyter.
Comisión Europea (1996): Euromosaic. Producción y reproducción de los grupos lingüísticos minoritarios de la UE. Oficina.
Fernández Rei, F./ Santamarina Fernández, A. (eds.) (1999), Estudios de sociolingüística románica. Linguas e variedades minorizadas. Santiago de Compostela: Universidade.
García Marcos, F. J. (2023). Lenguaje, lenguas y sociedad: la sociolingüística integral. UJA Editorial.
Gargallo Gil, J. E. / Bastardas, R. (coords.) (2007): Manual de lingüística románica. Barcelona: Ariel.
Giralt Latorre. J. / Nagore Laín, F. (eds.) (2019): La normalización social de las lenguas minoritarias. Experiencias y procedimientos para la salvaguarda de un patrimonio inmaterial. Zaragoza: Universidad [PDF na rede]
Klump, A. / Kramer, J. / Willems, A. (2014): Manuel des langues romanes. Berlin: De Gruyter.
Longobardi, M. / Sheeren, H. (coords.) (2016): L’Europe romane: identités, droits linguistiques et littérature Lengas. Revue de Sociolinguistique 79 https://lengas.revues.org/1010
Metzeltin, M. (2004), Las lenguas románicas estándar: historia de su formación y su uso, Oviedo: ALLA.
COMPLEMENTARIA
Alén Garabato, C. / Brea, M. (eds.) (2018): Limba noastra o comoara... Estudos de sociolingüística románica en homenaxe a Francisco Fernández Rei. Santiago de Compostela: Universidade.
Alén Garabato, Mª C. / Valcárcel Riveiro, C. (2001): “A República Francesa e as ‘linguas rexionais ou locais’: a situación do occitano e das linguas oilitanas”, A Trabe de Ouro 47, 35-59.
Aquino-Weberm D. / Cotelli, S., Kristol, A. (2009). Sociolinguistique historique du domaine gallo-roman. Enjeux et méthodologies. Lausanne, Switzerland: Peter Lang Verlag.
Berruto, G. (1995): Fondamenti di sociolinguistica. Bari: Laterza.
Bochmann, K. (1992): “Observacións sociolingüísticas sobre a lingua galega”, en Actas do I CICG. Xunta de Galicia, 371-374 .
Boyer, H. (dir.) (1996): Sociolinguistique: territoire et objets. Lausanne/Paris: Delachaux et Niestlé.
Giralt Latorre. J. / Nagore Laín, F. (eds.) (2018): Lenguas minoritarias de Europa y estandarización. Zaragoza: Universidad [pdf na rede]
Giordan, H. (1992): Les Minorités en Europe. Droits Linguistiques et Droites de l'Homme. Paris: Éditions Kimé.
Holtus, G. / Metzeltin, M. / Schmitt, Ch. (eds.): Lexikon der Romanistischen Linguistik (LRL), 8 vols. Tübingen: Max Niemeyer, 1988-2005.
Kloss, H. (1967): “‘Abstand Languages’ and ‘Ausbau Languages’, Anthropological Linguistics 9/7, 29-41
Lebsanft, F. & Tacke, F. (2020). Manual of Standardization in the Romance Languages. Berlin, Boston: De Gruyter. https://doi.org/10.1515/9783110458084
Montes Giraldo, J. J. (1986): “Lengua-dialecto una vez más. La persistencia y actualidad de un viejo problema”, Thesaurus XLI/1-2-3, 23-41.
Patzelt, C. /Mutz, K. /Spiegel, C. (2018). Migración y contacto de lenguas en la Romania del siglo XXI / Migration et contact de langues au XXIe siècle. Berlin, Germany: Peter Lang Verlag.
Posner, R. et al. (eds.) (1993): Trends in Romance Linguistics and Philology. Bilingualism and Linguistic Conflict in Romance, vol. 5. Berlin / New York: Mouton de Gruyter.
Posner, R. (1996): The Romance Languages. Cambrigde: University Press.
Sánchez Vidal, P. (2018): Os
1. Apreciar a relatividade de conceptos como lingua e dialecto.
2. Comprender os trazos comúns do plurilingüismo social no mundo románico.
3. Coñecer a actitude dos estados cara á diversidade lingüística e cultural do seu territorio.
4. Consolidar nocións básicas da situación que atravesan as distintas variedades románicas minorizadas.
5. Familiarizarse coa metodoloxía dos estudos sociolingüísticos e coa terminoloxía específica da disciplina.
Combinaranse sesións expositivas, nas cales a docente presentará e ilustrará as nocións teóricas e a metodoloxía de carácter xeral, con sesións de seminario, que permitirán unha participación máis activa das/dos estudantes. A combinación de ambos os tipos de sesións ten por obxectivo que o alumnado poida asimilar e aplicar correctamente as nocións e os contidos teórico-prácticos, así como desenvolver as competencias e habilidades que se esperan do proceso de aprendizaxe.
Estableceranse titorías programadas, coa finalidade de guiar e asesorar no proceso de aprendizaxe e avaliación do alumnado.
Procederase a unha avaliación continua da aprendizaxe baseada en:
1. Asistencia e participación activa durante o curso a través da satisfactoria realización de lecturas críticas e comentarios, mediante os cales a/o estudante poderá progresivamente adquirir e adestrar habilidades e competencias propias da disciplina (ata o 30% da cualificación final)
2. A realización dun traballo relativo a algún aspecto do tema 3. Entregarase unha versión escrita, pero o traballo deberá deberá ser presentado e defendido oralmente nunha das sesións presenciais (ata o 40% da cualificación final)
3. A realización dun traballo relativo a algún aspecto do tema 4. Entregarase unha versión escrita, pero o traballo deberá deberá ser presentado e defendido oralmente nunha das sesións presenciais (ata o 30% da cualificación final)
O alumnado que teña recoñecida a dispensa oficial deberá examinarse dos contidos da materia na data oficialmente establecida.
As/Os estudantes deben redactar e presentar os seus traballos co nivel de corrección esperable no seu grao académico. Serán, por iso, penalizados os erros ortográficos, a redacción deficiente ou incomprensible e a presentación descoidada dos exercicios.
SEGUNDA OPORTUNIDADE: Exame escrito valorado de 0 a 10 puntos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas totais de traballo das/dos estudantes.
Tempo presencial:
Sesións expositivas: 32h.
Sesións de seminario: 16h.
Titorías programadas: 3h.
Tempo de traballo autónomo: TOTAL 96h.
Nocións e contidos teórico-prácticos: 48h.
Traballos de aprendizaxe-avaliación: 51h.
Debora Gonzalez Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Correo electrónico
- deborah.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D14 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D14 |
Martes | |||
14:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | D06 |
16.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B06 |
16.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |
11.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B06 |
11.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |