Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecer o proceso de elaboración dun códice e os materiais empregados na súa confección.
-Establecer as pautas para a descrición dun códice.
-Adquirir os conceptos elementais referidos á disposición escrita, decoración e encadernación do códice.
-Manexar con corrección a terminoloxía técnica relativa á tipoloxía libraria e á organización material do códice.
-Analizar o proceso de difusión dos textos románicos a través da imprenta e comprender as características do libro impreso.
-Achegarse ao libro electrónico e ás súas peculiaridades.
1. Os textos e as súas formas de transmisión. Da Antigüidade á Idade Media.
1.1. Disciplinas para a recuperación e difusión do patrimonio textual románico
2. Testemuños manuscritos
2.1. Elaboración e uso dos soportes (papiro, pergameo, papel)
2.2. Utensilios e materiais
2.3. Copistas e scriptoria
3. O códice
3.1. Confección do fascículo: sistemas de constitución, tipos e sistemas de ordenación.
3.2. Preparación do folio
3.3. Escritura e copia do texto
3.4. Iluminación. Procedementos e xerarquía dos elementos decorativos
3.5. Encadernación
3.6. Notas e marcas de lectores e usuarios
3.7. A descrición dun códice medieval
4. O libro impreso
4.1. Elaboración do libro impreso: tipos móbiles, composición e impresión
4.2. Características materiais
4.3. Estrutura interna
5. A transmisión dos textos no medio dixital
5.1. O libro dixital
5.2. Arquivos dixitais e "corpora" textuais: principais iniciativas
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Agati, M. L. (2003), Il libro manoscritto. Introduzione alla codicologia, Roma: “L’Erma” di Bretschneider.
Avenoza, G.-Fernández Fernández, L.-Soriano Robles, L. (coords.) (2019), La producción del libro en la Edad Media: una visión interdisciplinar, Madrid: Sílex.
Gaskell, P. (1999), Nueva introducción a la bibliografía material, Gijón.
Lemaire, J. (1989), Introduction à la codicologie, Louvain-La-Neuve: Université Catholique de Louvain.
Martín Abad, J. (2003), Los primeros tiempos de la imprenta en España, Madrid: Ediciones del Laberinto.
Martín Abad, J. (2004), Los libros impresos antiguos, Valladolid: Universidad de Valladolid.
Ostos, P.-Pardo, Mª. L.-Rodríguez, E. E. (1997), Vocabulario de codicología. Versión española revisada y aumentada del Vocabulaire Codicologique de Denis Muzerelle, Madrid: Arco Libros [http://vocabulaire.irht.cnrs.fr/vocab.htm].
Petrucci, A. (2001), La descrizione del manoscritto. Storia, problemi, modelli, Roma: Carocci (1ª ed. 1984).
Ruiz, E. (2002), Introducción a la codicología, Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bertolo, F. M.-Cherubini, P.-Inglese, G.-Miglio, L. (2004), Breve storia della scrittura e del libro, Roma: Carocci.
Busonero, P.-Casagrande Mazzoli, M. A.-Devoti, L.-Ornato, E. (1999), La fabbrica del codice. Materiali per la storia del libro nel tardo medioevo, Roma: Viella.
Carter, H. (1999), Orígenes de la tipografía. Punzones, matrices y tipos de imprenta (siglos XV-XVI), Madrid: Ollero&Ramos (1ª ed. 1969).
Cátedra, P. M. (dir.) (2009), Los códices literarios de la Edad Media. Interpretación, historia, técnicas y catalogación, Salamanca: Fundación San Millán de la Cogolla.
Cavallo, G. (ed.) (1989), Libri e lettori nel Medioevo. Guida storica e critica, Roma-Bari: Laterza (1ª ed. 1977).
Cavallo, G.-Chartier, R. (dirs.) (2001), Historia de la lectura en el mundo occidental, Madrid: Taurus (1ª ed. 1997).
Fontaine, J. P. (1999), L’aventure du livre. Du manuscrit médiéval à nos jours, Paris: Bibliothèque de l’Image.
Geldner, F. (1998), Manual de incunables. Introducción al mundo de la imprenta primitiva, Madrid: Arco Libros.
Gilissen, L. (1977), Prolégomènes à la codicologie. Recherches sur la construction des cahiers et la mise en page des manuscrits médiévaux, Gand: Éditions Scientifiques Story-Scientia.
Glenisson, J. (dir.) (1988), Le livre au Moyen Age, [Turnhout]: Brepols.
Hamel, C. de (2019), Grandes manuscritos medievales, Barcelona-Madrid-México D. F.: Ático de los libros (1ª ed. 2016).
Herrera Morillas, J. L. (2004), Tratamiento y difusión digital del libro antiguo: directrices metodológicas y guía de recursos, Gijón: Trea.
Maniaci, M. (1998), Terminologia del libro manoscritto, Milano: Istituto centrale per la patologia del libro-Editrice Bibliografica (1ª ed. 1996).
Maniaci, M. (2007), Archeologia del manoscritto. Metodi, problemi, bibliografia recente, Roma: Viella (1ª ed. 2002).
Maniaci, M. (2019), Breve storia del libro manoscritto, Roma: Carocci.
Martin, H. J.-Vezin, J. (dirs.) (1990), Mise en page et mise en texte du livre manuscrit, Paris: Éditions du Cercle de la Librairie-Promodis.
Millares Carlo, A. (1993), Introducción a la historia del libro y de las bibliotecas, México: Fondo de Cultura Económica (1ª ed. 1971).
Zabala, J. (2014), Los impresos antiguos. Génesis material y repercusión en la transmisión de los textos, Barcelona: UOC.
-Capacidade para aplicar os coñecementos filolóxicos ao estudo da transmisión dos textos producidos en romance durante a Idade Media.
-Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na descrición dun libro manuscrito e dun incunable.
-Asimilación e manexo dos conceptos clave da materia, de forma que o estudantado aplique a capacidade de análise e de síntese para distinguir a información primaria da accesoria.
-Capacidade para relacionar os datos obtidos durante o proceso de aprendizaxe.
-Capacidade para valorar e emitir xuízos críticos como consecuencia das destrezas adquiridas.
Combinaranse sesións expositivas, en que a profesora presentará e ilustrará a metodoloxía e as nocións teóricas fundamentais da materia, con sesións de seminario, que permitirán unha participación activa dos estudantes. A combinación de ambas ten por obxectivo que o estudantado poida asimilar e aplicar de maneira paulatina as nocións e os contidos teórico-prácticos, así como desenvolver as competencias e habilidades que se agardan do proceso de aprendizaxe.
Estableceranse diversas horas de titorías programadas coa finalidade de guiar e asesorar aos estudantes no seu proceso de aprendizaxe autónoma.
SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA
A avaliación baséase na aprendizaxe continua a través das tarefas que cada estudante deberá levar a cabo nas sesións presenciais e nas actividades programadas que se desenvolverán fóra da aula. Por esta razón, a participación activa do alumnado –e consecuentemente a asistencia ás clases (que non poderá ser inferior ao 80%)– é imprescindible para acadar as competencias e habilidades propias da materia. Ademais, a docente realizará ao longo do cuadrimestre dúas probas orais, que se complementarán coa elaboración dun traballo monográfico individual, que cada estudante entregará por escrito (data de entrega: 8 de xaneiro de 2026).
-Asistencia a clase e preparación de actividades de aprendizaxe: 40% da nota final
-Traballo monográfico escrito e exposición oral: 60 % da nota final
Na primeira oportunidade, os ESTUDANTES REPETIDORES que opten pola avaliación continua obterán o 40% da cualificación a través da realización das actividades prácticas programadas, mentres que o 60% restante corresponderá a un exame escrito, que versará sobre os contidos teóricos e prácticos das sesións expositivas.
Os estudantes con dispensa recoñecida deberán elaborar un traballo escrito (80% da nota final). Así mesmo, realizarán unha serie de lecturas que serán indicadas pola docente no inicio do curso, das que deberán elaborar un resumo (20% da nota final).
A non participación nalgunha das actividades previstas, xustificada de acordo co que prevé a "Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior", actualizada polo Consello de Goberno da USC na súa sesión do 25 de novembro de 2024, pode ser suplida con traballos indicados pola profesora.
*Mentras non exista un sistema electrónico habilitado pola USC, a asistencia ás clases será controlada en cada sesión mediante a sinatura dos estudantes.
Observación: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
AVALIACIÓN ÚNICA
A avaliación mediante exame é o único sistema previsto para a segunda oportunidade e para a avaliación extraordinaria.
A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas totais de traballo dos estudantes.
Sesións presenciais (expositivas e interactivas): 45 horas.
Sesións de titorías individualizadas: 3 horas
Sesións avaliación: 2 horas.
Total: 50 horas.
Horas de traballo non presencial do estudante: 100 horas.
Estudo e lecturas: 30 horas
Preparación de exames e actividades prácticas: 30 horas
Traballo monográfico: 40 horas
Total de horas de traballo do estudante: 150 horas.
As horas non presenciais corresponden a traballo autónomo de cada estudante; polo tanto, teñen unha orientación puramente teórica, xa que dependen da planificación individual que o estudante faga do seu traballo.
Recoméndase:
a) seguir un ritmo de traballo constante;
b) realizar as lecturas recomendadas para a preparación dos temas;
c) realizar as prácticas presenciais;
d) participar de maneira activa nas clases.
É recomendable ter capacidade para ler nalgunha lingua estranxeira, o que favorecerá que os estudantes enriquezan, valoren e contrasten os contidos impartidos nas sesións presenciais. Así mesmo, cada estudante deberá estruturar, redactar e presentar o traballo monográfico de maneira correcta e coidada.
Maria Pilar Lorenzo Gradin
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811826
- Correo electrónico
- pilar.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | D14 |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D14 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D14 |
22.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C02 |
17.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C02 |
17.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C02 |