Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Mostrar os principais fenómenos evolutivos da morfoloxía e da sintaxe que produciron a fragmentación lingüística da Romania e que deron lugar á constitución das distintas linguas románicas.
2. Proporcionar unha idea clara das principais características morfosintácticas que individualizan as variedades románicas, examinadas en diacronía e de maneira comparada.
3. Facilitar a familiarización con textos escritos en distintas linguas románicas, particularmente na época medieval.
4. Ensinar a comentar as características lingüísticas, particularmente morfosintácticas, que aparecen en textos medievais.
5. Mostrar que a maioría dos cambios lingüísticos non son arbitrarios, senón que responden a determinadas tendencias e condicións.
6. Favorecer a intercomprensión entre as linguas románicas fomentando unha visión transversal das mesmas.
1. O substantivo. Flexión nominal, xénero e número.
2. O adxectivo. Evolución das clases flexionais e expresión da intensidade.
3. Artigo. Xénese e formas románicas do artigo determinado e indeterminado.
4. Pronomes persoais. Posición dos clíticos na frase.
5. Adxectivos e pronomes posesivos.
6. Adxectivos e pronomes demostrativos. Adxectivos e pronomes de identidade e de alteridade.
7. Adxectivos e pronomes relativos e interrogativos.
8. Adxectivos e pronomes de cantidade. Numerais.
9. Verbo. Evolución dos modelos de conxugación e das desinencias verbais. Principais modificacións do sistema verbal do latín falado: a creación do futuro romance e das formas compostas para expresar anterioridade.
10. Verbo. Reestructuración do sistema verbal nas distintas linguas románicas, con desprazamentos e cambios de función dalgunhas formas latinas.
11. Verbo. Formas non persoais.
12. Determinantes do verbo: adverbios e partículas adverbiais.
13. Preposicións e conxuncións.
14. Oración simple. Constituíntes funcionais e a orde na oración.
15. Oración composta: coordinación e subordinación. O nominalizador panrománico /ke/.
Alén Garabato, C. – T. Arnavielle – Ch. Camps, La Romanistique dans tous ses états, Paris: L’Harmattan, 2009.
Bach, S. et alii, Quadrivio romanzo: dall'italiano al francese, allo spagnolo, al portoghese, Firenze: Accademia della Crusca, 2008.
Bec, P.: Manuel pratique de philologie romane. París: Picard, 1970. 2 vol.
Bourciez, E.: Éléments de linguistique romane. (Revisada polo autor e por J. Bourciez). París: Klincksieck, 1967(5).
Elcock, W.D.: The Romance languages, London: Faber & Faber, 1960. [Existe unha ed. revisada e cunha intr. de J. GREEN, 1975; e tamén unha tradución ó italiano].
Études de Linguistique Appliquée, nº 136 (2004): Accès aux langues proches et aux langues voisines.
Fernández González, J. R.: Gramática histórica provenzal, Oviedo: Servicio de Publicaciones de la Universidad, 1985.
Gargallo, J. E. – Bastardas, M. R. (Eds.), Manual de lingüística románica, Barcelona: Ariel, 2007.
Glessgen, M. D., Linguistique romane: domaines et méthodes en linguistique française et romane, Paris: A. Colin, 2007.
Greenberg, J. H.: “Some universals of grammar with particular reference to the order of meaningful elements”, en Joseph H. Greenberg (ed.): Universals of language. Report of a conference held at Dobbs Ferry , New York, April 13-15, 1961. Cambrigde, Mass.: The M.I.T. Press, 1966, 73-113.
Hewson, J., Woorkbook for historical Romance Linguistics, München, 1998.
Holtus, G., Metzeltin, M., Schmitt, Ch., Lexikon der romanistischen Linguistik, Tübingen: Max Niemeyer (varios volumes e anos, particularmente o vol. II,1 Le latin et le roman. Grammaire historico-comparative des langues romanes, 1996, e o vol. II,2, Les différentes langues romanes et leurs régions d’implantation du Moyen Âge à la Renaissance, 1995.
Iordan, I., Manoliu, M.: Manual de Lingüística Románica. Madrid: Gredos, 1972, 2 vol.
Klausenburger, J., Coorsebook in romance linguistics, München, 2001.
Lausberg, H.: Romanische Sprachwissenschaft. Berlín: W. de Gruyter, 1956. I. Einleitung und Vokalismus. Berlín: 19632; II Konsonantismus. Berlin: 1956; III, Formenlehre. Berlin: 1962. (Falta o IV, Worthlere und Syntax). Trad. española de D. Pérez Riesco e E. Pascual: Lingüística Románica. Madrid: Gredos, 1965-66. 2 vol.; trad. italiana de N. Pasero: Linguistica romanza. Milano: Fetrinelli: 19762; trad. portuguesa de M. Ehshardt e M. L. Schemann: Linguística românica. Lisboa: Fundaçao C. Gulbenkian: 1974.
Lee, Ch., Linguistica romanza, Roma : Carocci, 2001.
Meissner F.-J. - Meissner Cl., Klein H. G., Stegmann T. D. , EuroComRom. Les sept amis: lire les langues romanes dès le départ , Aachen: Shaker Verlag, 2004.
Metzeltin, M., Las lenguas románicas estándar. Historia de su formación y uso, Uviéu: Academia de la Llingua Asturiana, 2004.
Meyer-Lübke, W.: Grammatik der romanischen Sprachen. Leipzig: 1890-1902. Traducción ó francés de E. Babiet e A. Doutrepont, Grammaire des langues romanes. París: 1890-1906. Reimpr. Genève: Slatkine, 1974. 4 vol.
Pöckl, W. et alii, Introducción a la lingüística románica, Madrid: Gredos, 2004.
Posner, R. Las lenguas romances, Madrid: Cátedra, 1998.
Reinheimer, S. – Tasmpowski, L., Pratique des langues romanes, Paris: Harmattan, 1997.
Rohlfs, G: Grammatica storica della lingua italiana e dei suoi dialetti, 3 vols., Torino: Einaudi, 1966-1969.
Sánchez Miret, F., Proyecto de gramática histórica y comparada de las lenguas romances, München, 2001.
Sánchez Miret, F., “Morfosintaxis histórica•, en Gargallo, J. E. – Bastardas, M. R. (Eds.), Manual
1. Capacidade para identificar calquera texto románico e atribuílo ó dominio lingüístico a que corresponde.
2. Comprensión media das principais linguas románicas.
3. Capacidade para comentar filoloxicamente un texto medieval escrito nunha lingua románica.
4. Habilidade para establecer as oportunas comparacións entre as linguas románicas en aras dunha mellor comprensión dos seus trazos diferenciais.
5. Coñecemento transversal (e comparado) da historia das linguas románicas.
Combinaranse as explicaciones teóricas con exercicios prácticos a partir, fundamentalmente, de fragmentos medievais escritos en distintas linguas románicas, sobre os que se constatará a presenza dos fenómenos analizados. No caso do romanés utilizaranse textos modernos por carecer de textos medievais.
A materia basearase no sistema de avaliación continua, o que supón un seguimento continuado do labor realizado polo alumno, tanto durante as actividades presenciais como das non presenciais. A participación activa nas clases e a presentación de traballos (orais ou escritos) requiridos equivalerá ao 30% da cualificación total da materia.
O 70% restante avaliarase a partir dun traballo escrito individual, no que se demostrará a asimilación dos contidos traballados en clase e facilitarase, na medida do posible, axuda para a elaboración do mesmo. As características particulares do devandito traballo especificaranse en clase, cando corresponda.
Os/as estudantes que non asistan a clase regularmente sen presentar documentación que os exima de asistencia irán directamente ao exame final, en datas marcadas desde o Decanato da Facultade. Devandito exame consistirá na exposición escrita sobre calquera tema do programa e un exercicio de carácter práctico.
En SEGUNDA OPORTUNIDADE a avaliación efectuarase a través dun exame que consistirá na exposición escrita sobre calquera tema do programa e un exercicio práctico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS HORAS
Sesións expositivas 30
Sesións de seminario /
laboratorio de idiomas
/ aula de informática... 15
Sesiones de titoría programadas 3
Sesións de avaliación 2
Outras actividades
Total de horas de actividade presencial 50
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS HORAS
Lecturas e estudo e preparación
de actividades programadas na clase 40
Realización de traballos de diverso tipo 40
Preparación de exames 20
Outras actividades
Total de horas de actividade presencial 100
Para o estudo desta materia non son necesarios coñecementos especializados previos que a fagan inabarcable para o alumnado, aínda que resulta útil a familiarización co latín, así como un coñecemento básico dalgunha outra lingua románica ademais do galego e o español.
Elvira Fidalgo Francisco
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811825
- Correo electrónico
- elvira.fidalgo [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Manuel Negri
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Correo electrónico
- m.negri [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B06 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B06 |
Venres | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | C03 |
12.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C03 |
12.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C03 |
05.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C03 |
05.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C03 |