Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Apreciar as vantaxes que a computación electrónica comporta no ámbito do estudo da Lingüística e Filoloxía Románica
2. Valorar a progresión da cultura dixital no propio ámbito de estudo
3. Definir os límites actuais da aplicación das novas tecnoloxías no ámbito da Lingüística e Filoloxía Románica e os problemas éticos correspondentes
4. Coñecer as principais etapas de desenvolvemento da chamada 'cultura dixital' aplicada á Lingüística e Filoloxía Románica
5. Comparar os corpora das linguas e literaturas románicas e as súas posibilidades de explotación
6. Observar o gran adianto que implicou a implantación das Novas Tecnoloxías no ámbito da ecdótica
7. Aplicar as bases da linguaxe de marcado XML para illar, definir e transmitir datos lingüísticos e literarios
8. Adquirir un nivel de autonomía básico na preparación de documentos en XML para unha posterior análise literaria e lingüística
9. Coidar da política do Open Access na nova era dixital en función dunha mellor presentación, difusión e explotación dos datos
10. Realizar un suposto práctico final que sexa de utilidade real como fase inicial do desenvolvemento dunha base de datos
1. Novas Tecnoloxías e Filoloxía Románica. Evolución histórica e análise dos contextos de aplicación das Novas Tecnoloxías no ámbito das Humanidades, no específico na área de Lingüística e Filoloxía Neolatina
2. Novas Tecnoloxías nas bases de datos e nos corpora. Panorámica representativa e comparativa das principais bases de datos textuais, bibliográficas, lexicográficas e lingüísticas de todo o ámbito romance
3. Novas Tecnoloxías e edicións críticas. Comparativa entre edicións dixitais e dixitalizadas. Exploración e aplicación da linguaxe de marcado XML para poder intervir nas primeiras fases dunha actividade ecdótica. Etiquetado lingüístico, estrutural e semántico de fontes primarias e secundarias (manuscritos e textos xa editados)
4. Novas Tecnoloxías de apoio para a elaboración e divulgación de coñecemento lingüístico e literario en ambiente dixital: linguaxe xenerativa (IA), política de acceso aberto, redes semánticas, ferramentas para a xestión da bibliografía
Bibliografía básica
BIRNBAUM, David J. et al. (2017), “The Digital Middle Ages: An Introduction”, Speculum, vol. 92, núm. 1, pp. 1-38. DOI: https://doi.org/10.1086/694236
CIOTTI, Fabio (2023), Digital Humanities. Metodi, strumenti, saperi, Roma, Carocci
CUMMINGS, James (2007), “The text Encoding Initiative and the Study of Literature”, en Ray G. SIEMENS, Susan SCHEREIBMAN (eds.), A Companion to Digital Literary Studies, Malden, Blackwell Publishing, pp. 451-476
FRADEJAS RUEDA, José Manuel (2009-2010), “La codificación XML/TEI de textos medievales”, Memorabilia: Boletín de Literatura Sapiencial, vol. 12, pp. 219-247
LANA, Maurizio (2022), “Intelligenza artificiale e produzione di testi: una prospettiva storico-critica”, AIB studi, vol. 62, núm. 1, pp. 169-196
LUCÍA MEGÍAS, José Manuel (2009), “La edición crítica hipertextual: la superación del incunable del hipertexto”, en Cristina CASTILLO MARTÍNEZ, José Luis RAMÍREZ LUENGO (eds.) Lecturas y textos en el siglo XXI: Nuevos caminos en la Edición Digital, Lugo, Axac, pp. 11-74
PONS, Anaclet (2013), El desorden digital: guía para historiadores y humanistas, Madrid, Siglo XXI de España Editores
ROJAS CASTRO, Antonio (2018), “La edición académica digital. De las teorías del texto a la visualización de la información”, en Isabel Galina RUSSELL et al., Humanidades Digitales: edición, literatura y arte, México, Bonilla Artigas Editores, pp. 47-80. DOI: https://dx.doi.org/10.17613/tef7-bx87
SAHLE, Patrick (2017), “What is a Scholarly Digital Edition?”, en Matthew James DRISCOLL, Elena PIERAZZO, Digital Scholarly Editing: Theories and Practices, Cambridge, Open Book Publishers, pp. 19-40. DOI: https://doi.org/1011647/OBP.0095
TEI CONSORTIUM (eds.), TEI P5: Guidelines for Electronic Text Encoding and Interchange. http://www.tei-c.org/P5/
TORRUELLA CASAÑAS, Joan (2017), Lingüística de corpus: génesis y bases metodológicas de los corpus (históricos) para la investigación en lingüística, Frankfurt am Main, Peter Lang. DOI: https://doi.org/10.3726/b11170
Bibliografía complementaria (igualmente recomendable e para a preparación de lecturas en clase)
BOVA, Marianoemi (2023), “Conon de Béthune: questioni di traduzione e intertestualità alla prova di ChatGPT”, Cognitive Philology (Special issue: Proceedings of the Conference ‘Fra Antico e Futuro. La filologia nell’era dell’intelligenza artificiale’, Roma, Sapienza, 26-28 giugno 2023), 16, 2023
BUSH, Vannevar (2001), “Cómo podríamos pensar”, Revista de Occidente, vol. 239, pp. 1-19
GONZÁLEZ-BLANCO, Elena (2017), “La edición digital de textos literarios: planteamientos y perspectivas de futuro”, Rilce: Revista de filología hispánica, vol. 33, núm. 1, pp. 239-258. DOI: https://doi.org/10.15581/008.33.1.239-58
LUCÍA MEGÍAS, José Manuel (2019), “Elogio del texto digital 2.0 (¿el triunfo de la segunda textualidad?)”, en Déborah GONZÁLEZ MARTÍNEZ, Helena BERMÚDEZ SABEL (coords.), Humanidades Digitales. Miradas hacia la Edad Media, Berlin, De Gruyter, pp. 90-110
MOUNIER, Pierre (2010) “Manifeste des Digital Humanities”, Journal des anthropologues, vol. 122-123, pp. 447-452. DOI: https://doi.org/10.4000/jda.3652
UNSWORTH, John (2013), "What is Humanities Computing and What is Not?", en Melissa Terras et al. (ed.), Defining Digital Humanities, London, Routledge, 14 pp. DOI: https://doi.org/10.4324/9781315576251
1. Recoñecer os aspectos interdisciplinarios da lingüística e da literatura, mostrando, no seu caso, a interacción con outras disciplinas
2. Identificar os recursos, os métodos bibliográficos e documentais para o estudo da(s) lingua(s) estudada(s), así como a súa literatura e cultura
3. Coñecer os conceptos e métodos necesarios para o estudo detallado das bases semióticas, pragmáticas e sociolingüísticas da comunicación humana mediante a identificación e valoración de tendencias da historia da lingüística, así como a comprensión dos modelos de procesamento psicolingüístico e computacional das linguas
4. Demostrar capacidade para a aprendizaxe autónoma de novos coñecementos e técnicas de análise
5. Utilizar adecuadamente as ferramentas tecnolóxicas e os recursos de intelixencia artificial no estudo da lingua, a literatura e a cultura, aplicándoos con criterio e honestidade
6. Aplicar coñecementos e métodos teóricos para recoñecer, identificar e resolver problemas tanto no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios como nos seus ámbitos profesionais e outros relacionados
7. Demostrar capacidade para realizar posteriores estudos de especialización, tanto nunha disciplina filolóxica como en calquera das ciencias e técnicas que requiran bos fundamentos filolóxicos
As clases expositivas presentarán os contidos esenciais do programa, co obxectivo de ter un cadro canto máis amplo posible sobre os tipos de tecnoloxías ao servizo do estudo e da investigación da lingua e da literatura románica, de introducir ao alumnado no seu uso e de fomentar a auto aprendizaxe e a reflexión continua por parte deste último.
As clases interactivas terán lugar sempre con auxilio do ordenador, e terán carácter eminentemente práctico, mediante a proposta de simulacións (tarefas auténticas e 'problem solving'), problemas e probas que se tratarán de resolver mediante a discusión e participación activa de alumnos e alumnas (aprendizaxe cooperativo). As cuestións prácticas que se van tratar en cada clase serán anunciadas previamente, e indicaráselle ao alumnado unha bibliografía básica na que poderán informarse e obter unha reflexión previa.
En compatibilidade coas posibilidades organizativas, algunhas clases pódense modular como seminarios organizados por investigadores relacionados con proxectos asentados nas “novas tecnoloxías”, chamados a dialogar na aula co profesor e, sobre todo, cos estudantes.
As titorías serán de dous tipos: a) titorías conxuntas, grupais, que serán unha especie de complemento das clases prácticas, e nas que o alumnado será orientado na realización das distintas actividades que se programen para realizar en grupo; b) individuais, nas que se fará un seguimento particularizado da evolución de cada estudante. As titorías conxuntas serán integradas na docencia ao final de cada modulo, dado que a materia require unha dedicación constante na óptica da avaliación continua
Avaliación continua. O procedemento de avaliación continua esixe a asistencia obrigatoria ás clases (min. 80% das horas), tanto ás teóricas e de carácter expositivo, como ás prácticas, nas que a participación do alumno será máis directa, e practicamente imprescindible. Levarase a cabo un control de acceso duradeiro a través de lista en papel a asinar ao comezo da clase.
Todos os estudantes deberán realizar un suposto práctico (tarefa auténtica de investigación), que terán que expor e defender na última clase interactiva do programa, que será valorado cunha cualificación de 0 a 3 puntos. Cada suposto terá que ver co estudo de textos a través das bases de datos máis útiles, a organización da información adquirida, a preparación do etiquetado XML-TEI dos textos e a redacción final dun informe sobre a actividade realizada. Os 7 puntos (máximos) restantes da cualificación final virán dados pola asistencia, participación e realización dos labores asignados para cada día de clase. As ausencias das aulas superiores ao 20% implican a realización doutro suposto práctico concordado co docente e que entrará a formar parte deste último apartado de cualificación.
Os estudantes que por motivos excepcionais non poidan seguir con regularidade o curso (min. 80% das horas lectivas) ou non obteñan unha nota mínima de 5, terán tamén a opción de presentarse a un exame final na data oficial establecida polo calendario oficial da USC, no que terán que dar conta de calquera parte dos contidos establecidos no programa. Os estudantes que tomen parte nas convocatorias de segunda oportunidade ou extraordinarias deberán realizar un único exame que será valorado de 0 a 10 puntos. O enfoque da proba non será fundamentado en nocións, isto para evitar favorecer unha aprendizaxe estratéxica e con pouca demanda cognitiva. A proba presentará problemas a resolver a partir dos contidos e un apartado onde levar a cabo o etiquetado de, polo menos, un texto en verso.
Para os estudantes con dispensa oficial, acordarase co profesor un programa para o alumnado non asistente, así como as lecturas e traballos que se entregarán para efectos de avaliación.
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase canto indicado na última “Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións”. Comentarios, supostos prácticos, tarefas serán sometidas a control a través da ferramenta anti-plaxio e anti-IA Turnitin. O alumnado será dado de alta polo profesor para subir as tarefas no software previamente á entrega definitiva no Campus Virtual ou por correo electrónico institucional
A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo dos estudantes. Deste conxunto, 75 horas (50%) dedicaranse a traballo dirixido polo profesor e as outras 75 horas (50%) a traballo libre por parte dos estudantes. As horas de traballo dirixido distribuiranse en 58 de actividades formativas presenciais e 27 de actividades dirixidas non presenciais.
Calcúlase que cada estudante debe dedicar aproximadamente unhas 6 horas semanais ao estudo da materia, entre lecturas, realización de actividades, preparación de clases teóricas e prácticas, etc.
É necesaria unha atención continuada e atenta á materia, xa que a diversidade de contidos esixe unha maduración paulatina e un traballo constante que non se pode obter mediante unha dedicación intensiva nun espazo curto de tempo. Ademais das titorías integradas na docencia, aconséllase facer uso das titorías individuais para clarificar as dúbidas, sobre todo por canto ten que ver o proceso de etiquetado en XML-TEI.
Aconséllase ademais unha revisión dos contidos da materia Literatura románica medieval no contexto europeo, dado o carácter comparativo da materia e o manexo de textos de diferentes tradicións
Para as comunicacións co profesor e para a entrega das tarefas, é obrigatorio o uso do software Microsoft 365 (correo) e do Campus Virtual.
O teléfono móbil será integrado na docencia para algunhas actividades nas clases interactivas. Os dispositivos móbiles pódense utilizar (tablets e portátiles para tomar apuntamentos, por exemplo), a non ser que o seu uso poida prexudicar o desenvolvemento da aula
Manuel Negri
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Correo electrónico
- m.negri [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | A01-Laboratorio de Idiomas |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | A01-Laboratorio de Idiomas |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | D02-Aula de informática de docencia |
13.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |
13.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | B06 |
08.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | B06 |
08.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |