Créditos ECTS Créditos ECTS: 3.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 59.5 Horas de Titorías: 3.5 Clase Expositiva: 10.5 Clase Interactiva: 14 Total: 87.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivo xeral:
Coñecer e comprender as características evolutivas e os procesos de aprendizaxe do alumnado adolescente.
Obxectivos específicos:
1. Proporcionar ao alumnado coñecemento acerca da singularidade da adolescencia.
2. Procurar que o alumnado coñeza, valore e reflexione de modo crítico acerca dos problemas e esixencias que supón a diversidade nas aulas.
3. Proporcionar ao alumnado un marco conceptual sobre a natureza da aprendizaxe escolar.
4. Facilitar ao alumnado unha aprendizaxe funcional dos conceptos e das teorías que ofrecen explicacións sobre como aprenden as alumnas e alumnos.
Os contidos da materia abarcarán os seguintes tópicos:
• Educación e desenvolvemento. Características evolutivas da adolescencia e a mocidade.
• Variables intrapersoais relacionadas coa aprendizaxe. Diferenzas individuais e diversidade.
• Construción do coñecemento e aprendizaxe significativa.
• Ensinar e aprender na escola.
A súa organización nos diferentes bloques e/ou núcleos, será especificada de forma pormenorizada polo profesorado de cada especialidade na guía/presentación da mesma.
Bibliografía básica:
- Ausubel, D.P. (2002). Resumen de la teoría de la asimilación sobre el aprendizaje y la retención de carácter significativo. En D.P. Ausubel, Adquisición y retención del conocimiento. Una perspectiva cognitiva. Barcelona: Paidós.
- Coll, C. (2006). El constructivismo en el aula. Graó
- Coll, C., Palacios, J. e Marchesi, Al. (2007). Desarrollo psicológico y educación. Alianza
Bibliografía complementaria:
- Alonso Tapia, J. (1997): Un problema: ¿Qué hacer para motivar a mis alumnos? En: Motivar para el aprendizaje. Teorías y estrategias (pp. 13-18). Edebé
- Coll, C. (2010). Enseñar y aprender, construir y compartir: Procesos de aprendizaje y ayuda educativa. En C. Coll (Coord.), Desarrollo, aprendizaje y enseñanza en la educación secundaria (pp.31-55).: Graó.
- Gardner, H. e Boix-Mansilla, V. (1994): Enseñar para la comprensión en las disciplinas -y más allá de ellas. Teachers College Record, vol. 96, 2.
- González, M.M., e De la Mata, M. (1994). Caracterización de la psicología del/la adolescente: Aspectos cognitivos y socioafectivos. En ICEUniversidad de Sevilla, Materiales didácticos: Didáctica general. Piscología de la Educación(pp. 83-97). Sevilla: ICE.
- Good T. e Brodphy J. (1996): Implicaciones para los profesores. Estrategias de los profesores para influir en la motivación. En: Psicología Educativa Contemporánea (pp. 343-344 e 348). McGraw-Hill.
- Delval, J. (2000). Concepciones sobre la adquisición del conocimiento. En J. Delval, Aprender en la vida y en la escuela. Editorial Morata.
- Delval, J. e Moreno, Mª M. (2003). Las culturas infantil y juvenil. Cuadernos de Pedagogía, 326, 25-29.
- Dolz, Mª D. e Moltó, P. (1993): Vías y medidas de atención a la diversidad en la ESO. Aula de Innovación Educativa, 12, 58-63.
- Feixa, C. (1998). De púberes, efebos, mozos, muchachos. En C. Feixas, De jóvenes, bandas y tribus. Editorial Ariel.
- Gimeno Sacristán J. (1995). Diversos y también desiguales, ¿qué hacer en educación? Kikiriki. Revista del Movimiento Cooperativo Escuela Popular, 38, 18-25.
- Monereo, C. e Pozo, J.I. (2001). ¿En qué siglo vive la escuela? Cuadernos de Pedagogía, 298, 50-55
- Moreira, M.A. (2008), Organizadores previos y aprendizaje significativo. Revista Chilena de Educación Científica, v 7(2), 23-30.
- Oliva, A. (2003). Adolescencia en España a principios del siglo XXI. Cultura y Educación, 15, 373-383.
- Papalia, D. E. e Martorell, G. (2023). Psicología de la adolescencia y de la juventud (Edición adaptada UNED). McGraw-Hill
Interamericana de España S.L.
- Pérez Gómez, A.I. (1993). La función social y educativa de la escuela obligatoria. Signos. Teoría y práctica de la educación, 8-9, 16-27.
- Pérez Gómez, A.I. (2002). Un aprendizaje diverso y relevante. Cuadernos de Pedagogía, 133, 66-70.
- Perkins, D. (1995). Las campanas de alarma. En D. Perkins, La escuela inteligente. Del adiestramiento de la memoria a la educación de la mente. Gedisa.
- Pardo, J.C. (2016). La lógica de las competencias para la escuela de la postmodernidad En Mª D. Fernández Tilve e G.F. Fernández Suárez (coords.), La escuela de ayer, hoy y mañana. Dykinson.
- Porlán, R. (1993): Constructivismo y escuela. Hacia un modelo de enseñanza-aprendizaje basado en la investigación. Díada.
- Progré, P. (2012). Marco de Enseñanza para la Comprensión (EPC). En P. Pogré, Enseñanza para la comprensión. Un marco para el desarrollo profesional docente. Universidad Autónoma de Madrid.
O profesorado facilitará, en cada núcleo de contidos, unha selección destes e outros documentos que considere oportunos para a realización de traballos e actividades de clase e/ou avaliación.
Competencias da titulación
Xerais:
CX7 - Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, a formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, a toma de decisións e a construción dun futuro sostible.
CX8 - Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudantado e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros/as e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais.
CX9 - Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula e abordar problemas de disciplina e resolución de conflitos.
CX12 - Participar na avaliación, investigación e a innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa e outros/as profesionais da educación.
Básicas:
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permita continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Específicas:
CEX1 - Coñecer as características do estudantado, os seus contextos sociais e motivacións.
CEX2 - Comprender o desenvolvemento da personalidade deste estudantado e as posibles disfuncións que afectan á aprendizaxe.
CEX3 - Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
CEX4 - Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
CEX5 - Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas.
CEX9 - Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.
Transversais:
CT1 - Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
CT2 - Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
CT3 - Potenciar a capacidade para o traballo en contornos cooperativos e pluridisciplinarios.
Outras competencias específicas:
- Tomar conciencia da importancia e necesidade dunha formación psicopedagóxica que posibilite o desenvolvemento das competencias precisas para o exercicio da profesión docente.
- Analizar as relacións existentes entre desenvolvemento de capacidades, aprendizaxe de contidos escolares e educación escolar.
- Identificar a natureza interactiva do proceso de ensinanza e aprendizaxe escolar.
- Coñecer os procesos psicolóxicos implicados na aprendizaxe escolar (motivación, atribucións, expectativas, ...).
- Elaborar criterios psicopedagóxicos para a intervención educativa na Educación Secundaria.
A metodoloxía de ensino promoverá estimular a participación activa do alumnado, por medio de actividades que posibiliten a reflexión (individual e/ou colectiva) e o traballo en equipo, así como a análise e a aplicación dos temas tratados a situacións cotiás do mundo da educación (supostas e/ou reais). Para iso, as sesións de clase organizaranse ao redor de:
a) Exposicións coas que o profesorado presentará unha visión global e integradora dos temas e dos conceptos máis relevantes dos mesmos.
b) Actividades de tipo interactivo e colaborativo en pequeno e/ou gran grupo, nas que o alumnado abordará os temas de forma máis activa e colaborativa. Estas actividades poden incluír accións dirixidas a organizar o traballo, elaborar informes, discutir documentos, etc.
c) Titorías onde se atenderán as necesidades específicas de cada alumno/a e se realizarán as orientacións pertinentes para guiar o seu proceso de ensino-aprendizaxe.
A avaliación da materia terá un carácter preferentemente formativo e orientado á aprendizaxe. Deseñaranse diferentes actividades de avaliación, entre as que se poderán incluír:
- Probas de avaliación obxectivas (exames).
- Informes-síntese.
- Mapas conceptuais.
- Esquemas.
- Exposicións orais.
- Actividades de autoavaliación e/ou avaliación por pares.
IMPORTANTE: O profesorado de cada especialidade especificará na guía/presentación da materia, o peso das distintas partes en que se divide a avaliación e as condicións mínimas para superala.
Con relación á asistencia a clase o programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024. Pode obterse máis información ao respecto no enlace: https://minerva.usc.gal/entities/publication/bfb797a8-db23-4a8e-a8a9-6d…
O profesorado de cada especialidade concretará, na correspondente guía/presentación da materia, a súa incidencia na avaliación, entre as posibilidades contempladas no citado Regulamento (artigo 1.2):
a) Valorarse como un factor máis na avaliación continua.
b) Ponderarse na cualificación final ou parcial, nunha porcentaxe previamente establecida.
c) Ser preceptiva para superar a materia ou para presentarse á realización de exames (neste caso indicarase a porcentaxe de presencialidade necesaria nas actividades docentes programadas e, con anterioridade á realización das probas publicarase un listado do estudantado que satisfaga este requisito para poder examinarse).
d) Non ter ningunha valoración.
O alumnado ao que lle sexa concedida a dispensa de asistencia deberá poñerse en contacto co profesorado responsable da especialidade correspondente, para coñecer a modalidade de avaliación que lle será de aplicación.
O alumnado repetidor deberá seguir o réxime ordinario da materia incluída a asistencia continuada ás clases agás nos casos en que tivese superado previamente os requisitos de asistencia establecidos para a materia en cursos anteriores.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas:
Segundo a Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación (aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017), a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Actividades presenciais:
Clases expositivas: 14 horas
Clases interactivas: 9 horas
Titorías en pequeno grupo: 5 horas
Traballo autónomo do/a estudante:
Lecturas, reunións do grupo de traballo, elaboración de resumos, esquemas, mapas conceptuais, estudo da materia, etc.: 59,5 horas.
- Asistencia a clase de forma regular.
- Lectura previa dos documentos para traballar en clase.
- Implicación activa na dinámica de clase.
- Realización puntual de traballos individuais e de grupo.
- Seguimento continuado da materia.
1. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
2. Responsabilidade ambiental:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Usar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non fagan referencia directa aos temas desenvolvidos.
3. Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso dunha linguaxe inclusiva e non sexista, tanto no traballo habitual da aula como nos traballos académicos. Pode obterse máis información ao respecto no enlace: https://assets.usc.gal/sites/default/files/documents/2023-10/linguaxe_n…
4. É obrigatorio o uso do correo rai.
5. É obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
6. Non se poderá utilizar o teléfono móbil, salvo como instrumento de traballo seguindo as indicacións do/a docente. O alumnado será responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non adecuado do mesmo.
7. Proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
8. É de obrigatorio cumprimento a normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Juan Carlos Pardo Perez
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813726
- Correo electrónico
- juancarlos.pardo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Patricia Maria Iglesias Souto
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813741
- Correo electrónico
- patriciamaria.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Susana Cid Fernandez
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813736
- Correo electrónico
- susana.cid [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Ana Nieto Vieites
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813679
- Correo electrónico
- ananieto.vieites [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_03 | Castelán | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
16:00-18:00 | Grupo /CLE_04 | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Martes | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-21:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
17:30-20:30 | Grupo /CLIS_04 | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
17:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12.01.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
14.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_03 | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
14.01.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_04 | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_03 | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19.06.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19.06.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_04 | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |