Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingua Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Coñecer a situación demográfica, sociopolítica e cultural do español no mundo actual.
2. Entender que as linguas son entidades esencialmente variables e coñecer os tipos xerais de variedades lingüísticas.
3. Comprender o concepto de ‘norma pluricéntrica’ e o papel da/s norma/s estándar/es do español.
4. Realizar buscas guiadas de fenómenos de variación lingüística nos actuais corpus en liña do español.
5. Analizar textos extraídos de corpus do español para identificar fenómenos de variación lingüística.
6. Valorar e respectar tódalas variedades xeográficas do español.
7. Coñecer as grandes zonas dialectais do español.
8. Coñecer a situación de contacto entre o español e o galego e os fenómenos lingüísticos e sociolingüísticos derivados deste.
9. Participar na resolución de casos prácticos achegando ao grupo as propias reflexións.
10. Comprender e interpretar os textos académicos que se propoñen como lecturas da materia.
1. A situación actual do español no mundo
1.1. Demografía e situación actual do español
1.2. A variación lingüística do español
1.3. O pluricentrismo da norma española
2. O estudo da variación no español. Os corpus lingüísticos
2.1. Corpus de referencia e corpus dialectais
2.2. A busca e a análise da variación lingüística en corpus
3. Grandes áreas xeográficas da lingua española
3.1. As variedades dialectais de España
3.2. As variedades dialectais de América
3.3. Actitudes cara aos dialectos
4. O español en contacto con outras linguas: o español de Galicia
4.1. A penetración do castelán en Galicia
4.2. Fenómenos lingüísticos e sociolingüísticos do EdG
1. BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Academia, Real_Española y Asociación de Academias de la lengua española (2009-2011): Nueva gramática de la lengua española. Madrid: Espasa.
Company, Concepción (2019). “Jerarquías dialectales y conflictos entre teoría y práctica. Perspectivas desde la Asociación de Academias de la LE”. Journal of Spanish Language Teaching, 6.2, 96-105.
Enrique-Arias, Andrés (2023). “Corpus dialectales del español”. En Francisco Moreno Fernández y Rocío Caravedo (eds.), Dialectología hispánica. The Routledge handbook of Spanish dialectology. New York: Routledge, 64-74.
Lipski, John (1996). El español de América. Madrid: Cátedra.
López Morales, Humberto (1998). La aventura del español en América. Madrid: Espasa.
Moreno Fernández, Francisco (2020). Variedades de la lengua española. Routledge.
Moreno Fernández, Francisco y Rocío Caravedo (eds.) (2023). Dialectología hispánica. The Routledge handbook of Spanish dialectology. New York: Routledge; Parte I (Caps. 2, 6-7, 11 a 14), parte II, III y parte IV.
Recalde, Montserrat (2012). “Aproximación a las representaciones sociales sobre el español de Galicia”. En T. Jiménez Juliá et al. (coord.), Cum corde et in nova grammatica: estudios ofrecidos a Guillermo Rojo, 667-680.
2. BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Dubert-García, Francisco, Vítor Míguez y Xulio Sousa (eds.) (2020). Variedades lingüísticas en contacto na Península Ibérica. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Escobar, Ana María y Kim Potowski (2015). El español de los Estados Unidos. Cambridge: Cambridge University Press.
Estrada, Ana et al. (2022). Como dicen en mi pueblo. El habla de los pueblos españoles. Madrid: Pie de Página.
Hernández Cabrera, Clara Eugenia (2019): “En torno al español hablado en Canarias”, en E. Leal Gil (ed.); Actas de las XVIII Jornadas Internacionales sobre Asociacionismo en los Programas Universitarios de Mayores: comunicación e intercambio entre asociaciones, Las Palmas de Gran Canaria, 10 -15 de Septiembre de 2019, Las Palmas de Gran Canaria, Universidad de Las Palmas de Gran Canaria, pp. 153-164.
Lebsanft, Franz y Wiltrud Mihatsch (eds.) (2012). El español, ¿desde las variedades a la lengua pluricéntrica? Frankfurt: Vervuert; págs. 7-18; 47-72; 281-312
Mauro Fernández (2023). El español en contacto con otras lenguas en Filipinas. En Francisco Moreno Fernández, Rocío Caravedo (coords.): Dialectología Hispánica. The Routledge Handbook of Spanish Dialectology. Routledge, 422-432.
Moreno Fernández, Francisco (2024). El español, lengua en ebullición: cambios en curso en las variedades del español moderno. En Dworkin, Esteven N. et all. (eds.): Lingüística histórica del español. The Routledge Handbook of Spanish Historical Linguistics. Routledge, capítulo 41.
Moreno Fernández, Francisco (2000). Qué español enseñar. Madrid: Arco Libros.
Recalde, Montserrat (2024). Historia de los contactos entre el español y otras lenguas de la península ibérica. Contactos entre el español y el gallego. En Dworkin, Esteven N. et all. (eds.): Lingüística histórica del español. The Routledge Handbook of Spanish Historical Linguistics. Routledge, capítulo 42.2.
Sánchez Méndez (2003). Historia de la lengua española en América. Valencia: Tirant lo Blanch.
Silva Corvalán, Carmen y Andrés Enrique-Arias (2017). Sociolingüística y pragmática del español. Georgetown: Georgetown University Press. Cap. 1.
1. Competencias básicas e xerais
CG1. Adquisición e comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análise para (a) o estudo avanzado lingüístico e literario do español e as súas literaturas; (b) o estudo básico/medio dunha segunda lingua (nivel B2) e a súa literatura, de Filoloxía Románica, de Lingüística Xeral ou de Teoría da Literatura e Literatura Comparada.
CG2. Habilidades para aplicar eses coñecementos e métodos para recoñecer, identificar e resolver problemas tanto no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios como no seu ámbito profesional: docencia de linguas (como L1 ou LE) e de literatura, asesoría e corrección lingüística, planificación lingüística, mediación comunicativa, tradución, lingüística clínica, actividades editoriais, etc.
CG3. Capacidade de reflexión e de pensamento crítico para describir, interpretar e valorar os feitos lingüísticos e literarios.
CG4. Capacidade para aplicar o razoamento indutivo e dedutivo, ao combinar a análise dos datos coa argumentación teórica.
CG5. Capacidade de abstracción, síntese e análise, ao extraer xeneralizacións a partir da descrición dos datos.
CG6. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións relativas á lingua e á literatura españolas a un público especializado e non especializado.
CG7. Dominio da expresión oral e escrita, en español e noutras linguas, en distintos contextos.
CG9. Habilidade para traballar en colaboración e en contextos multiculturais e multilingües.
CG10. Aprendizaxe autónoma de novos coñecementos e técnicas de análise.
CB1. Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar o seus coñecementos ao seu traballo e vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
2. Competencias específicas do Grao en Lingua e Literatura Españolas que se adquiren nesta materia
CE4. Identificar e comprender aqueles elementos (obxecto de estudo, metodoloxía, linguaxe e terminoloxía crítica especializada, etc.) que definen e articulan os estudos lingüísticos e literarios como disciplinas científicas no ámbito das Humanidades.
CE5. Recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
CE9. Desenvolvemento dun coñecemento máis profundo da lingua española grazas ao estudo reflexivo da gramática e dos usos discursivos dos falantes.
CE11. Capacidade para aplicar os coñecementos da gramática española tanto na súa vertente sincrónica como diacrónica.
CE14. Capacidade para recoñecer as variedades internas da lingua española (temporais, espaciais, sociais e situacionais).
CE16. Habilidade para manexar novas tecnoloxías que faciliten o estudo da lingua española.
CE18. Desenvolvemento da competencia comunicativa en contextos académicos.
3. Competencias específicas da materia
CEA1. Ser capaz de valorar positivamente a variación lingüística do español.
CEA2. Ser capaz de identificar algunhas variedades sociolectais e estilísticas do español e recoñecer os seus trazos principais.
CEA3. Ser capaz de realizar buscas en corpus lingüísticos do español e de interpretar os resultados.
CEA4. Ser capaz de recoñecer fenómenos propios do contacto lingüístico do español con outras linguas.
CEA5. Ser capaz de comunicarse de maneira eficaz cos compañeiros para resolver os casos prácticos.
CEA6. Ser capaz de comprender e interpretar textos académicos.
A materia ten unha dobre vertente teórico-descritiva e práctica. Combínanse sesións expositivas e clases de seminario, onde se aplican os conceptos estudados a través da realización de supostos prácticos e a análise de textos extraídos de corpus. As prácticas levaranse a cabo en grupos pequenos, para fomentar a participación activa dos estudantes, así como a reflexión e a autoaprendizaxe. O docente guiará os grupos e supervisará o desenvolvemento das actividades propostas, ofrecendo retroalimentación e ensinando aos estudantes o modo de aplicación de diversas técnicas para a análise de textos. As sesións interactivas tamén serán aproveitadas para traballar as lecturas obrigatorias, co propósito de que os alumnos acaden unha comprensión profunda e logren interpretar correctamente os textos.
O curso dispón dunha Aula Virtual con materiais e recursos necesarios para o desenvolvemento dos temas e a realización das prácticas.
Os estudantes poderán aproveitar as horas de titorías para resolver calquera tipo de dúbida que xurda durante o desenvolvemento da materia.
1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Haberá dúas modalidades de avaliación: avaliación continua e avaliación final. Cada alumno deberá elixir a modalidade que desexa seguir e comunicarllo ao docente dentro do prazo indicado por este ao inicio do curso.
• Avaliación continua:
o Realización de actividades prácticas: 30% da cualificación.
o Exame final: 70% da cualificación.
• Avaliación final: a avaliación levarase a cabo a través dun exame final (100% da cualificación) que se realizará na fecha oficial fixada pola Facultade de Filoloxía.
2. SEGUNDA OPORTUNIDADE
A avaliación consistirá nun exame final (100% da cualificación) que se realizará na fecha oficial fixada pola Facultade de Filoloxía.
3. ESTUDANTADO REPETIDOR
Será avaliado seguindo o réxime ordinario descrito nos puntos 1 e 2.
4. ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
A avaliación consistirá nun exame final (100% da cualificación) que se realizará na fecha oficial fixada pola Facultade de Filoloxía. Este sistema de avaliación aplicarase tanto na primeira como na segunda oportunidade. É importante que os estudantes con dispensa se poñan en contacto cos docentes da materia canto antes, para poder ser informados sobre a avaliación e sobre os materiais que terán á súa disposición para preparar a materia.
NOTA: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
As actividades non presenciais ocuparán ao alumno 96 horas de traballo, o que sumado ás 54 horas de traballo na aula supón 150 horas, equivalentes a 6 créditos ECTS.
O traballo persoal fóra da aula non só inclúe o estudo dos contidos da materia, senón tamén a realización das lecturas obrigatorias e de tarefas prácticas.
1. Dominio instrumental avanzado da lingua española: en alumnos non nativos recoméndase un nivel de español B2.
2. Coñecementos elementais de gramática española.
3. Traballo constante e estudo persoal.
4. Participación activa na aula.
5. Uso das titorías para a resolución de dúbidas.
1. Obrigatoriedade do uso da conta de correo institucional para comunicarse cos docentes. Tamén é posible comunicarse a través da Aula Virtual.
2. Os alumnos deberán empregar na aula os dispositivos electrónicos de maneira responsable, tendo presente que existen consecuencias legais e académicas se non se usan adecuadamente.
3. Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
4. O material docente elaborado polo profesorado está sometido a dereitos de autor. Non se permite o seu uso para fins distintos dos de impartición da docencia en cada materia da Aula Virtual. Tampouco se permite a súa difusión nin publicación por ningunha outra canle. O seu uso e difusión para outros fins requirirá a autorización expresa da USC (cfr. “Condicións de uso dos materiais que figuran no campus virtual da USC”: https://www.usc.gal/es/node/41099).
Marta Blanco Dominguez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 881811765
- Correo electrónico
- marta.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Monserrat Recalde Fernandez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Correo electrónico
- montserrat.recalde [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Yolanda Iglesias Cancela
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Correo electrónico
- yolanda.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | Castelán | C11 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | Castelán | C11 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | Castelán | C11 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | Castelán | C11 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | Castelán | C11 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | Castelán | C11 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_06 (S-Z) | Castelán | C11 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_03 (G-L) | Castelán | C11 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 (M-O) | Castelán | C11 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 (P-R) | Castelán | C12 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 (D-F) | Castelán | C11 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 (A-C) | Castelán | C11 |
08.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | C07 |
08.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | C07 |
08.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | C07 |
08.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | C08 |
08.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | C08 |
08.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | C08 |
08.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | C09 |
08.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | C09 |
08.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | C09 |
08.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | C10 |
08.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | C10 |
08.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | C10 |
08.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | C11 |
08.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | C11 |
08.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | C11 |
08.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | C12 |
08.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | C12 |
08.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | C12 |
03.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | D07 |
03.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | D07 |
03.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | D07 |
03.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | D08 |
03.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | D08 |
03.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | D08 |
03.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | D09 |
03.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | D09 |
03.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | D09 |
03.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | D10 |
03.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | D10 |
03.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | D10 |