Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 41 Clase Interactiva: 8 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Coñecer as operacións rexidas pola transferencia de materia e os seus equipos.
- Comprender e saber aplicar métodos de cálculo simplificado.
- Coñecemento de métodos de cálculo rigorosos.
- Saber deseñar equipos de separación por contacto continuo e intermitente entre fases.
- Saber resolver problemas de forma efectiva.
- Operacións de separación baseadas na transferencia de materia.
- Separación por contacto intermitente entre as fases. Sistemas binarios: rectificación, absorción e extracción.
- Separación por contacto continuo entre as fases. Sistemas binarios: rectificación, absorción e extracción.
- Sistemas multicompoñente.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- WANKAT, P.C., "Separations in Chemical Engineering: Equilibrium Staged Separations", Prentice-Hall, Englewood Cliffs, NJ (1994-). ISBN: 0-13-500968-5. Referencias: QUT 180 - 181.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- COULSON, J.M. y RICHARDSON, J.F., "Coulson and Richardson’s Chemical Engineering", Vol. 2 – “Unit Operations”, Butterworth-Heinemann, Oxford (1996). ISBN: 0-7506-4445-1. Referencia: QUT 76.
- HENLEY, E.J. y SEADER, J.D., "Operaciones de separación por etapas de equilibrio en ingeniería química", 2ª ed., 1ª impr., Reverté (1998). ISBN: 84-291-7908-9. Referencias: QUT 64 - 66.
- MARCILLA GOMIS, A. y col., "Introducción a las operaciones de separación. Cálculo por etapas de equilibrio", Textos Docentes Universidad de Alicante, Alicante, 1998. ISBN: 84-7908-405-7. Referencias: QUT 280 - 287.
- MARCILLA GOMIS, A. y col., "Introducción a las operaciones de separación. Contacto continuo", Textos Docentes Universidad de Alicante, Alicante, 1999. ISBN: 84-7908-440-5. Referencias: QUT 292 - 296, QUT 306 - 309.
- MARTÍNEZ DE LA CUESTA, P.J. y RUS MARTÍNEZ, E., "Operaciones de Separación en Ingeniería Química. Métodos de Cálculo", Pearson, Madrid (2004). ISBN: 9788420542508. Referencias: QUT 380, QUT 418.
- OCÓN GARCÍA, J. y TOJO BARREIRO, G., "Problemas de Ingeniería Química: Operaciones Básicas", 3ª ed., 3ª reimpr., Aguilar, Madrid, 1976. ISBN: -. Referencia: QUT 84.
- SINNOTT, R.K., "Chemical Engineering Design" (Serie Coulson-Richardson, Vol. 6), 2ª ed., Butterworth-Heinemann, Oxford (1997). ISBN: 0-7506-2558-9. Referencia: QUT 26.
- TREYBAL, R.E., "Operaciones de Transferencia de Masa", 2ª Ed., McGraw-Hill, México (1989). ISBN: 968-6046-34-8. Referencia: QUT 178.
BÁSICAS
- CB1: Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e acostuma atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
- CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se acostuman demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
- CG4: Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial na súa especialidade de Química Industrial.
- CG10: Capacidade de traballar nun entorno multilingüe e multidisciplinar.
TRANSVERSAIS
- CT1: Capacidade de análise e síntese.
- CT2: Habilidade para usar aplicacións informáticas no ámbito da Enxeñaría Industrial.
- CT3: Capacidade para xestionar a información.
- CT4: Capacidade para traballar en equipo
- CT10: Capacidade para a resolución de problemas
ESPECÍFICAS
- CE20: Coñecementos sobre balances de materia e enerxía, biotecnoloxía, transferencia de materia, operacións de separación, Enxeñaría da reacción química, deseño de reactores, e valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos.
- CE22: Capacidade para o deseño e xestión de procedementos de experimentación aplicada, especialmente para a determinación de propiedades termodinámicas e de transporte, e modelado de fenómenos e sistemas no eido da enxeñaría química, sistemas con fluxo de fluÍdos, transmisión de calor, operacións de transferencia de materia, cinética das reaccións químicas e reactores.
A consecución da formación básica do estudante farase mediante 41 h de clases maxistrais (actividade presencial de docencia expositiva), onde se explicarán os fundamentos teóricos da materia e se resolverán exercicios e problemas que axuden a comprender e aplicar os coñecementos teóricos. Buscarase a participación activa do estudante, que será incentivado a intervir continuamente. Os seminarios (8 h) da materia son obrigatorios e avaliables (Acordo do Consello de Goberno do 25/11/2024, que aprobou o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela). Neles realizarase a proposta de problemas e actividades a resolver, e centraranse en desenvolver a capacidade para o deseño de equipos de separación por contacto continuo e intermitente entre as fases.
Realizaranse titorías en grupo (2 h) para traballar temas específicos con particular énfase na participación activa dos estudantes, organizados en grupos. Empregaranse ferramentas informáticas como apoio á actividade docente, incluíndo a utilización do Campus Virtual da USC. Programaranse visitas a plantas de proceso para observar in situ a aplicación dos coñecementos adquiridos. Estas prácticas de campo estarán suxeitas á dispoñibilidade de financiamento.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”. O seguimento da aprendizaxe realizarase mediante proposta de casos prácticos e actividades a resolver, individualmente ou en grupo, alén de realizar un exame final. A cualificación final do estudante terá en conta tanto o resultado do exame como de todas as actividades desenvolvidas ao longo do curso, e divídese nos seguintes apartados:
1) Traballo desenvolvido na aula (seminarios): ata 3,5 puntos. Competencias avaliadas: CB1, CB2, CT1, CT2, CT3, CT4, CT10, CE20 e CE22.
Isto corresponde á avaliación continua, que supón o 35% da cualificación final. Nestas actividades valorarase a iniciativa persoal, a capacidade para traballar en equipo e para afrontar e resolver os problemas que poidan proporse, así como os resultados acadados e a súa análise crítica.
2) Exame final: ata 6,5 puntos. Competencias avaliadas: CB1, CB2, CT1, CT2, CT3, CT10, CE20 e CE22.
Soamente os estudantes que non teñan participado nin nos seminarios nin nas titorías de grupo nin no exame poderán obter a cualificación de Non Presentado.
Para superar a materia precisarase unha cualificación global mínima de 5,0 puntos, así como acadar polo menos o 40% da cualificación máxima posible no exame. No caso de que se cumpra o primeiro requisito pero non o segundo, a cualificación global asignada ó estudante será de 4,9 puntos. Se o estudante non supera a materia na Primeira Oportunidade, gardaráselle a nota da avaliación continua para a segunda oportunidade, repetindo soamente o exame. Non se gardarán cualificacións parciais entre convocatorias.
A materia divídese en 41 horas de docencia expositiva, 8 horas de docencia interactiva, 2 horas de titorías en grupo e 4 horas de exame. A partir das anteriores, o estudante deberá empregar un total de 95 horas de traballo persoal para completar o total de 150 horas de dedicación á materia: 41 horas para a parte de teoría, 36 horas para a parte aplicada (seminarios), 2 horas para titorías e 16 horas para a preparación do exame final.
É recomendable posuír coñecementos de termodinámica aplicada á enxeñaría química, aplicación de balances de materia e enerxía e métodos de cálculo básicos para a resolución de problemas básicos. Ademais, é moi importante ter cursado e superado previamente as materias "Enxeñaría Química I", "Termodinámica Aplicada" e "Enxeñaría Química II".
A materia será impartida nas dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
Jorge González Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 982824155
- Correo electrónico
- jorgegonzalez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 3 PRIMEIRA PLANTA |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 3 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 3 PRIMEIRA PLANTA |
13.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
08.06.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |