Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia ten por vocación fundamental a análise xeográfica de España. Xa que o alumnado cursou maioritariamente a xeografía de bacharelato e educación secundaria dedicada case na súa totalidade ao estudo do territorio español, evitaranse os contidos básicos de natureza descritiva e memorística. Primaranse, polo tanto, aspectos xeográficos de niveis avanzados, de tipo analítico e interpretativo. Perséguese así que o alumnado consolide os coñecementos que xa posúe sobre a materia e que os expanda, tanto en relación a temas habitualmente considerados na educación xeográfica en e sobre España (climas, sistema urbano, etc.) como incorporando aspectos posiblemente menos tratados (xeopolítica, xeografía lingüística, xestión ambiental, etc.). Asemade, preténdese que o alumnado adquira novas formas de ler e analizar criticamente a realidade xeográfica de España, que permitan o desenvolvemento das súas habilidades como futuros/as xeógrafos/as e expertos/as en ordenación do territorio.
• Aprender a analizar xeograficamente o conxunto do territorio español, establecendo relacións entre as principais características físicas, humanas i económicas do mesmo.
• Analizar a configuración territorial de España e os problemas que se derivan dela.
• Comprender a complexa realidade española coas súas implicacións espaciais.
• Desenvolver ferramentas que faciliten a interpretación dos diferentes fenómenos ambientais, sociais ou económicos con implicación territorial.
• Xestionar fontes e cartografía que faciliten a análise territorial.
• Aplicar el análise rexional dun espazo concreto os coñecementos xeográficos adquiridos ao longo dos dous cursos anteriores do Grao.
1. Introdución á Xeografía de España.
2. O relevo.
3. O clima e a circulación atmosférica.
4. Hidrografía e augas continentais.
5. Bioxeografía.
6. Solo e vexetación.
7. Os aspectos demográficos: evolución e estrutura.
8. Os movementos migratorios actuais.
9. O proceso de urbanización: as cidades.
10. As áreas metropolitanas.
11. As paisaxes agrarias.
12. A actividade primaria.
13. As fontes de enerxía.
13. A industria.
14. Infraestruturas e medios de transporte.
15. O comercio e os servizos.
16. Espazos e destinos turísticos.
17. Organización política e administrativa.
18. A ordenación do territorio a distintas escalas.
19. España na Comunidade Internacional.
Estes contidos desenvolveranse nos seguintes temas:
I. INTRODUCIÓN
1. A construción do territorio español.
2. A situación xeográfica. España na comunidade internacional
3. As claves da diversidade xeográfica. A pluralidade cultural e lingüística.
II. O MEDIO FÍSICO
4. O relevo peninsular: dinámicas, potencialidades e riscos.
5. Os climas e os desafíos do cambio climático.
6. As augas: sistemas fluviais e recursos hídricos.
7. A vexetación, a evolución da cuberta vexetal e os solos.
III. POBOACIÓN, ASENTAMENTOS E ACTIVIDADES
7. A poboación española: estrutura e tendencias demográficas e desigualdades sociais.
8. O sistema urbano español: as áreas metropolitanas.
9. Os espazos rurais: a España baleira?
10. Actividades e espazos económicos: unha economía terciarizada.
IV. ORGANIZACIÓN E ORDENACIÓN TERRITORIAIS
11. A organización política e administrativa e as implicacións para a ordenación do territorio.
12. A vontade de articulación territorial a través das infraestruturas e a procura da corrección de desequilibrios territoriais.
13. A complexidade paisaxística e dos espazos naturais protexidos.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Farinós, J. e Olcina Cantos, J. (coords.) (2017). Geografía regional de España. València: Universitat de València, Tirant Humanidades.
- Gil Olcina, A. e Gómez Mendoza, J. (coords.) (2001). Geografía de España. Barcelona: Ariel.
- Méndez, R. e Molinero, F. (coords.) (1993). Geografía de España. Barcelona: Ariel.
- Romero, J. (coord.) (2016). Geografía humana de España. València: Universitat de València, Tirant Humanidades.
- Sanz Herráiz, C. e Mata Olmo, R. (dirs.) (2014). Geografía de los Paisajes de España. Madrid: UNED.
- Vila Valentí, J. (1989). La Península Ibérica. Barcelona: Ariel.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Bel, G. (2010). España, capital París. Origen y apoteosis del Estado radial: del Madrid sede cortesana a la «capital total». Barcelona: Destino.
- Bosque Maurel, J. (2012). España en el tercer milenio. Una imagen geográfica de una sociedad moderna en cambio. Granada: Universidad de Granada.
- Carreras Verdaguer, C. e García Ballesteros, A. (coords.) (1995). Geografía de España. Barcelona: Gallach, 14 vol.
- Delgado, C. e Plaza, J.I. (coords.) (2012). Territorio y paisaje en las montañas españolas. Estructuras y dinámicas espaciales. Santander: Estvdio.
- del Molino, S. (2022). La España vacía. Madrid: Alfaguara.
- Del Romero Renau, L. (2018). Despoblación Y Abandono De La España Rural. El Imposible Vencido. Valencia: Tirant Humanidades.
- Feria, J.M., e Albertos, J.M. (coords.) (2010). La ciudad metropolitana en España: Procesos urbanos en los inicios del siglo XXI. Cizur Menor: Civitas Thomson Reuters.
- García Álvarez, J. (2002). Provincias, regiones y comunidades autónomas. La formación del mapa político de España. Madrid: Senado.
- Hermosilla, J. (dir.) (2010): Los regadíos históricos españoles. Paisajes culturales, paisajes sostenibles. Madrid: Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino.
- Martínez de Pisón, E. (dir.) (1986-1996). Guía física de España. Madrid: Alianza. 6 vol.
- Martín Vide, J. e Olcina, J. (2001). Climas y tiempos de España. Madrid: Alianza.
- Molinero, F. e Tort, J. (coords.) (2018). Paisajes patrimoniales de España. Valor y significado del patrimonio territorial español. Madrid: Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación/Ministerio para la Transición Ecológica/Universidad Autónoma de Madrid. 3 vol.
-Paül V., e Vila Vázquez, J. I. (2022). O sistema urbano: As áreas metropolitanas. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
- Romero, J. (2009). Geopolítica y gobierno del territorio en España. València: Tirant lo Blanch.
Atlas temáticos de interese (escolma)
- Fernández Cuesta, G. (coord.) (2019). Atlas de geografía humana de España. Madrid: Paraninfo.
- Instituto Geográfico Nacional (2018). España en mapas. Una síntesis geográfica. Madrid: Centro Nacional de Información Geográfica. https://www.ign.es/web/ign/portal/espana-en-mapas
- Instituto Geográfico Nacional (2025). Atlas Nacional de España. Madrid: Centro Nacional de Información Geográfica. https://atlasnacional.ign.es/wane/P%C3%A1gina_principal
-Mata R. e Sanz, C (dirs.) (2003). Atlas de los Paisajes de España. Madrid: Ministerio de Medio Ambiente.
-Molinero, F. (coord.) (2013): Atlas de los paisajes agrarios de España. Madrid: Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana.
BÁSICAS E XERAIS
CX1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CX2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio.
CX3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana.
CX4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada.
CX5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais.
CX6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacións.
CX7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación.
CX8 - Analizar e interpretar as paisaxes.
CX9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais.
CB1 - Que o alumnado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o alumnado dea transmitido información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o alumnado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT2 - Coñecer a diversidade de espazos xeográficos e os aspectos da Xeografía.
CT3 - Coñecer os principios da Ordenación do territorio.
CT4 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais.
CT7 - Xestionar a complexidade.
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal.
CT8 - Ordenar e sintetizar a información.
CT9 - Expor e transmitir os coñecementos xeográficos.
ESPECÍFICAS
CE1 - Realizar análises integradas do territorio.
CE2 - Coñecer as técnicas de traballo de campo e de captura de datos sobre o terreo.
CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica.
CE4 - Expresar información cartograficamente.
CE5 - Elaborar e interpretar información estatística.
A materia manterá un equilibirio entre dúas abordaxes docentes. Por unha banda, nas aulas de tipo expositivo consideraremos os contidos teóricos referentes aos temas previstos e recorrerase puntualmente a métodos como o das aulas invertidas.
Por outra banda, nas aulas interactivas desenvolveremos habilidades de manexo de fontes, sobre todo de tipo bibliográfico e cartográfico, a partir da gran cantidade de publicacións xeradas sobre Xeografía de España. Procuran que o alumnado sexa quen de deducir os avances experimentados no coñecemento xeográfico de España e de desenvolver unha perspectiva crítica. Ademais, prevese a realización dunha saída de traballo de campo nas datas propostas polo centro, sempre que as posibilidades orzamentarias o permitan, e que ten un carácter de actividade formativa obrigatoria de acordo co Acordo do Consello de Goberno do 25/11/2024 que aprobou o Regulamento de asistencia a clase. Estas diferentes abordaxes metodolóxicas non están disociadas, senón que se complementan ao longo do desenvolvemento da materia.
O seguimento das actividades vaise realizar a través dunha programación de entregas a través do Campus Virtual, para que o alumnado poida organizar o seu tempo de estudo.
As dúbidas que poidan ir xurdindo serán atendidas durante as horas de clases e nas horas de titorías.
A avaliación para a primeira e a segunda oportunidade desagrégase en dúas compoñentes:
a) Na data establecida pola Facultade de Xeografía e Historia, realizarase unha proba final presencial de avaliación (complementaria a avaliación continua) sobre os coñecementos traballados. Computará o 60% da nota final.
b) Avaliación continua das actividades prácticas interactivas presenciais, que serán de tipo individual e grupal, e entre as que se incluirá a entrega dunha memoria derivada da saída de campo; computarán o 40% da nota final. Como a saída de traballo de campo constitúe unha actividade formativa obrigatoria segundo o Acordo do Consello de Goberno do 25/11/2024 que aprobou o Regulamento de asistencia a clase, a posíbel falta de asistencia deberá ser debidamente xustificada. No caso de que se xustifique de forma conveniente a ausencia, proporase unha entrega alternativa que terá o mesmo peso na avaliación. Nesta compoñente de avaliación continua terase en conta a asistencia e a participación activa do alumnado nas clases, que comportará unha porcentaxe máxima do 10% de la evaluación desta compoñente. Todas as actividades serán entregadas a través do Campus Virtual.
Se a media non resulta nunha cualificación por riba de 5, cómpre afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Neste caso, non se pode realizar unha avaliación continua da parte interactiva, polo que a proba final incluirá preguntas sobre a totalidade dos materiais dispoñíbeis no Campus Virtual correspondentes á compoñente interactiva. Manterase o mesmo reparto de pesos das compoñentes previstos para a primeira oportunidade para o cálculo da cualificación final nesta segunda oportunidade.
Para o alumnado coa dispensa académica concedida pola Comisión Académica e de Validacións, requiriranse entregas equivalentes ás do alumnado sen dispensa para a avaliación da compoñente de avaliación continua, e a proba escrita final será obrigatoria.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, incluindo o plaxio, a mala utilización de instrumentos electrónicos ou o uso inaxeitado da IA será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O tempo de asistencia ás aulas e de estudo e traballo persoal para superar a materia será aproximadamente o seguinte:
- Horas presenciais, repartidas entre horas expositivas e interactivas, e coas horas de prácticas: 48
- Horas de titorías: 3
- Traballo autónomo: 100
• Dedicar de forma continua ao longo do curso un tempo de estudo axeitado aos contidos teóricos en vistas do exame final.
• Manter unha perspectiva crítica ao longo do estudo da materia.
• Revisar o Campus Virtual para estar ao día co material e as tarefas asignadas.
• Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual.
• Participar na actividade formativa os cursos de Competencias da Información que oferta a Biblioteca:
https://www.usc.gal/es/servicios/area/biblioteca-universitaria/servicio…
Jose Ignacio Vila Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- jose.vila.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 |
Xoves | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 |