Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 135.5 Horas de Titorías: 10.5 Clase Interactiva: 4 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Edafoloxía e Química Agrícola, Historia da Arte, Xeografía, Historia
Áreas: Dereito Administrativo, Edafoloxía e Química Agrícola, Historia da Arte, Análise Xeográfica Rexional, Xeografía Física, Historia Contemporánea
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Demostrar capacidade para elaborar unha síntese coherente e ben articulada sobre o tema.
2. Manexar técnicas de investigación.
3. Saber formular hipóteses de traballo e fixar obxectivos.
4. Aprender a procurar, recoller e sistematizar información.
5. Saber estruturar correctamente un texto de investigación.
6. Saber elaborar gráficos, mapas, táboas, índices e apéndices.
Calquera dos temas que teñan afinidade cos ámbitos de coñecemento e as materias impartidas no grao.
A partir do estipulado na memoria, o art. 2 do Regulamento de TFG do Grao en Xeografía e Ordenación do territorio define do seguinte xeito o TFG:
«O TFG consistirá na elaboración dun traballo no que se acrediten os coñecementos, competencias e destrezas adquiridas durante os estudos realizados na titulación de Grao. Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación. O TFG supón a realización por parte de cada estudante e de forma individual dun proxecto, memoria ou estudo orixinal baixo a supervisión dun ou máis titores académicos, no que se integren e desenvolvan os contidos formativos recibidos, capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante os estudos de Grao.»
A proporcionada polo/a titor/a.
CG1 - Asegurar unha formación xeralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio.
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana.
CG4 - Combinar un enfoque xeralista cunha análise especializada.
CG5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais.
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localización.
CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación.
CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes.
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais.
CB1 - Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que adoita situarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o estudantado teña capacidade para reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o estudantado desenvolvese aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CT3 - Coñecer os principios da Ordenación do territorio.
CT4 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais.
CT7 - Xestionar a complexidade.
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal.
CT6 - Xerar acordos en equipos interdisciplinares.
CT8 - Ordenar e sintetizar a información.
CT9 - Expor e transmitir os coñecementos xeográficos.
CE1 - Realizar análises integradas do territorio.
CE2 - Coñecer as técnicas de traballo de campo e de recollida de datos sobre o terreo.
CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica.
CE7 - Realizar análises e propostas de xestión ambiental.
CE4 - Expresar información cartograficamente.
CE5 - Elaborar e interpretar información estatística.
CE6 - Realizar análises e propostas de xestión territorial.
CE8 - Xestionar a localización de servizos e actividades.
CE9 - Realizar diagnoses integradas da acción pública.
A metodoloxía docente fundamental consiste no traballo autónomo do/a alumno/a: estudo, traballo de laboratorio, elaboración de traballos SIX, cartografía, redacción, preparación de presentacións, etc.
Os TFG serán realizados baixo a supervisión dun titor ou titora que oriente e asista ao/á estudante. O/a titor/a programará sesións de traballo con cada estudante, nas que estabelecerá a programación das tarefas a realizar e orientará o traballo. Será responsable de expor ao/á estudante as características do TFG, e de axudalo no seu desenvolvemento, na procura da consecución dos obxectivos propostos, así como de realizar o seguimento.
Excepcionalmente e de forma motivada, poderase nomear un/ha cotitor/a coas funcións que lles asigne.
Os traballos poderán desenvolverse parcialmente no marco de convenios con empresas ou institucións. Neses casos a matrícula realizarase na USC pero poderá designarse un/ha cotitor/a que poderá ser persoal do centro ou Institución no que se desenvolva o traballo.
Para presentar a solicitude de defensa do TFG é requisito imprescindible ter superado todos os outros créditos necesarios para o título de grao, isto é, cando menos 234 créditos e estar matriculado do TFG. Tras consultalo co/a seu/súa titor/a, cada estudante solicitará a defensa do TFG en instancia dirixida ao/á decano/a, no prazo fixado a tal fin. Nesa instancia, o/a estudante deberá escoller entre a opción de defensa diante dun tribunal ou a defensa pública diante do/a titor/a. Recibida a solicitude, comunicarase tal feito ao/á titor/a do TFG, que emitirá un preceptivo informe confidencial, que estará á disposición do tribunal.
Os traballos serán avaliados por un tribunal, ante o que se fará a exposición e defensa pública, composto por tres profesores/as da USC que impartan docencia no Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio, do que non poderá formar parte o/a titor/a do traballo.
Os traballos poderán ser avaliados en defensa pública polo/a titor/a. Neste suposto, o/a titor/a será o encargado/a da avaliación e cualificación que non poderá ser superior a Notable (8).
Entre a solicitude de defensa e a exposición do traballo deben mediar, polo menos, 7 días naturais.
O acto de defensa do TFG realizado terá unha duración máxima de 30 minutos por estudante, e terá carácter de acto público. Poderanse formular cantas preguntas e cuestións se consideren convenientes tras a exposición do/a estudante; a exposición do/a alumno/a non superará os 10 minutos. A dinámica do resto do debate quedará baixo criterio do/a presidente/a do tribunal.
A cualificación realizarase cos seguintes pesos:
a) Calidade e contido: máximo, 50%.
b) Presentación escrita (redacción, citas, linguaxe científica...): máximo, 20%.
c) Defensa oral (exposición e defensa): máximo, 30%.
Os traballos terán as seguintes cualificacións:
0–4,9: Suspenso
5,0–6,9: Aprobado
7,0–8,9: Notable
9,0–10: Sobresaliente
Unha vez celebrada a última convocatoria para a presentación dos traballos de fin de grao do curso académico, e tendo en conta os traballos presentados, poderá outorgarse matrícula de honra a aqueles traballos que obtivesen unha cualificación igual ou superior a 9.
O alumnado ten dereito á revisión das cualificacións nas datas e horarios que para tal efecto deberán fixarse no momento de facer públicos os resultados provisorios.
A revisión será persoal e poderá realizala un/ha ou varios/as membros do tribunal. En todo caso deberá quedar constancia da celebración da revisión e da data en que se realizou mediante calquera sistema que acredite a súa realización.
150 horas.
a) A extensión máxima, de xeito orientativo, do TFG será de 75.000 caracteres (ca. 40 páxinas), nos que non se incluirán os anexos.
b) No que fai aos estudos con persoas (entrevistas ou enquisas incluídas, entre outras técnicas de investigación), hai que ter en conta a normativa aplicábel en materia de ética, que obriga a tramitalos polo Comité de Bioética e, no caso da docencia desenvolvida na Facultade de Xeografía e Historia, pola Comisión de Docencia e Calidade.
c) Recoméndase encarecidamente cursar o curso que ofrece a Biblioteca «Competencias en Información para TFG. Nivel Avanzado. Ciencias Sociais e Xurídicas».
Regulamento: https://assets.usc.gal/sites/default/files/documents/2023-08/Regulament…