Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 50
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Física, Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O1. Obter un coñecemento amplo do espazo terrestre e da vida dos seres humanos sobre a Terra.
O2. Entender e explicar as regras de funcionamento dos territorios a diferentes escalas, así como das sociedades humanas.
O3. Entender as relacións entre o sistema natural e o medio humano.
O4. Coñecer os elementos e comprender os procesos que explican o funcionamento da paisaxe, desde a óptica do medio xeográfico.
O5. Comprender a dimensión espazo-temporal dos fenómenos.
O6. Estudar os fundamentos que artellan a Xeografía como ciencia, as súas relacións con outras ciencias, os seus conceptos básicos e as fontes empregadas na análise xeográfica.
A materia “Xeografía e Cambio Global” pretende analizar as causas, os procesos y as consecuencias do cambio ambiental global, que se manifestan de maneira única e diferente segundo as escalas temporais e espaciais examinadas. Desde a perspectiva do coñecemento xeográfico integrador, as variables naturais e antrópicas convértense en ferramentas básicas para a análise do cambio global. Estas permiten examinar de que maneira as sociedades humanas entenden o medio natural no contexto do cambio global, así como os problemas medioambientais e socioeconómicos que afectan e transforman o Planeta. Neste sentido, o cambio climático e o Antropoceno convértense en dous temas de interese para comprender o cambio global.
Os bloques de contidos a desenvolver quedan estruturas do seguinte xeito:
1.- A Xeoloxía Global como condicionante físico do cambio.
2.- O sistema climático global: estrutura, funcionamento e disrupcións.
3.- A biosfera global: evolución e cambio.
4.- A resposta das sociedades ao Cambio Ambiental: da adaptación ao colapso.
5.- Urbanización e transformacións ambientais: impactos físicos do crecemento urbano no sistema terrestre.
6.- O Antropoceno: a era da dominancia humana sobre o planeta.
7.- A organización do territorio: fronteiras, actores e rexións.
8.- A poboación: dinámicas demográficas e comportamentos sociais.
9.- As cidades: crecemento urbano e os seus desafíos.
10.- O espazo rural: retos, oportunidades e perspectivas de futuro.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
-AZCÁRATE LUXÁN, B., AZCÁRATE LUXÁN, M. V. & SÁNCHEZ SÁNCHEZ, J. (2019). Geografía regional del mundo: Desarrollo, subdesarrollo y países emergentes. Universidad Nacional de Educación a Distancia.
-FAGAN, B (2018). El gran calentamiento: Cómo influyó el cambio climático en el apogeo y caída de las civilizaciones. Gedisa Editorial.
-FARINÓS, J. & OLCINA CANTOS, J. (Eds./Coords.) (2017). Geografía Regional de España: Espacio y comunidades. Universitat de València/Tirant Humanidades.
-FERNÁNDEZ CUESTA, G. (Dir.) (2019). Atlas de Geografía Humana de España. Paraninfo.
-HIERNAUX, D. & LINDÓN, A. (Dirs.) (2006). Tratado de Geografía Humana. Anthropos/Universidad Autónoma Metropolitana de México.
-LEAR, C. H., ANAND, P., BLENKINSOP, T., FOSTER, G. L., GAGEN, M., HOOGAKKER, B., ... & ZALASIEWICZ, J. (2021). Geological Society of London Scientific Statement: what the geological record tells us about our present and future climate. Journal of the Geological Society, 178.
-LÓPEZ PALOMEQUE, F. & PLAZA GUTIÉRREZ, J. I. (Eds./Coords.) (2019). Geografía de Europa: Estructura, procesos y dinámicas territoriales. Universitat de València/Tirant Humanidades.
-MURPHY, A. (2018). Geografía: ¿Por qué importa? Alianza Editorial.
-NOGUÉ, J. & ROMERO, J. (Eds.) (2006). Las otras geografías. Tirant Lo Blanch.
-PIÑEIRA MANTIÑÁN, M. J. & SANTOS SOLLA, X. M. (Coords.) (2011). Xeografía de Galicia. Xerais.
-RIVERA, S., GÓMEZ ESPINOSA, C., VARGAS, C., TAPIA, A. & GUADARRAMA, F. J. (2011). Cambio Climático Global a través del tiempo geológico. Investigación Universitaria Multidisciplinaria. Revista de Investigación de la Universidad Simón Bolívar, (10), 12.
-ROMERO, J. (Coord.) (2007). Geografía Humana: Procesos, riesgos e incertidumbres en un mundo globalizado. Ariel.
-ROMERO, J. (Coord.) (2016). Geografía Humana de España. Universitat de València/Tirant Humanidades.
-SERRANO NOTIVOLI, R., OLCINA CANTOS, J. & MARTÍN VIDE, J. (2024). Cambio climático en España. Tirant Humanidades.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
-BAILLY, A. & BÉGUIN, H. (2001). Introduction à la Gèographie Humaine. Armand Colin.
-BALSA, J., LI, Y., MORALES, A. M. & PENTLAND, A. (2019). Globalization and the shifting centers of gravity of world's human dynamics: Implications for sustainability. Journal of Cleaner Production (239), 117923.
-CAJADE, D. (2024). La investigación paleoambiental a través de los depósitos edafo-sedimentarios: Revisión bibliográfica de la costa gallega (NO Península Ibérica). Cuaternario y Geomorfología, 38 (3-4), 25-46.
-CIATTONI, A. & VEYRET, Y. (2003). Les fondamentaux de la Géographie. Armand Colin.
-CHESTER, M., MARKOLF, S. & ALLENBY, B. (2019). Infrastructure and the environment in the Anthropocene. Journal of Industrial Ecology 23 (23).
-HAGGETT, P. (1988). Geografía: Una síntesis moderna. Omega.
-HOLLOWAY, S.L., RICE, S. P. & VALENTINE, G. (2003). Key Concepts in Geography. Sage.
-HOLT JENSEN, A. (1992). Geografía: Historia y conceptos. Vicens Vives.
-JOHNSTON, R. et al. (2000). The Dictionary of Human Geography. Blackwell.
-MAYHEW, S. (1997). Dictionary of Geography. Oxford University Press.
-SEGRELLES, J. (Coord.) (2002). Geografía Humana. Editorial Club Universitario.
-HAWKINS, H. (2021). Geography, Art, Research: Artistic Research in Geohumanitites. Routledge.
-MÉNDEZ GUTIÉRREZ DEL VALLE, R. (2011). El nuevo mapa geopolítico del mundo. Tirant Lo Blanch.
-NOGUÉ, J. & VICENTE, J. (2001). Geopolítica, identidad y globalización. Ariel.
COÑECEMENTOS:
COÑ 02. Coñecemento dos principais procesos e factores de cambio (político, económico, social, cultural e ambiental) ao longo dos diferentes períodos históricos.
COÑ 03. Coñecemento das contribucións desenvolvidas por persoas de diferentes xéneros nos diferentes ámbitos políticos, institucionais, económicos, sociais, culturais e/ou tecnolóxicos ao longo do percorrido histórico.
COÑ 08. Coñecemento de metodoloxías propias das Humanidades Dixitais aplicadas ao ámbito docente e da divulgación histórica.
COÑ 10. Coñecemento do impacto xerado pola acción humana sobre a paisaxe e o territorio, así como dos procesos históricos que causaron o actual cambio climático.
COÑ 18. Coñecemento da creación e implementación de proxectos innovadores e sostibles, así como das canles de execución de proxectos docentes e/ou divulgativos en relación á disciplina histórica.
DESTREZAS E HABILIDADES:
DES 01. Ser capaz de manexar ferramentas tecnolóxicas aplicadas ao coñecemento, comprensión e divulgación dos contextos históricos.
DES 02. Ser capaz de seleccionar, interpretar e difundir informacións e interpretacións sobre o pasado histórico adaptándoas a diferentes públicos e ás necesidades sociais.
HAB 01. Identificar, interpretar e comprender os procesos do cambio histórico.
HAB 03. Identificar os recursos, tanto teóricos como metodolóxicos, que ofrecen outras ciencias humanas e sociais para o estudo e comprensión da Historia.
HAB 04. Establecer relacións con outras áreas do coñecemento científico que proporcionen información sobre a historia da humanidade.
COMPETENCIAS (BÁSICAS, XERAIS, TRANSVERSAIS E ESPECÍFICAS):
CB 02. Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB 04. Comunicar conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CX 05. Coñecer e usar métodos e técnicas doutras ciencias humanas e sociais.
CT 01. Aplicar pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación.
CT 02. Demostrar as habilidades necesarias para expresarse con claridade e coherencia, tanto por escrito como verbalmente, a un público especializado ou non especializado, utilizando correctamente a terminoloxía propia da disciplina histórica.
CT 03. Desenvolver as habilidades necesarias para o uso das TIC no ámbito de estudo.
CE 01. Coñecer, analizar e transmitir a historia xeral e a historia propia do territorio.
CE 06. Coñecer e ser capaz de utilizar os instrumentos de descrición de arquivos, bibliotecas e centros de documentación, sexa cal sexa o seu soporte e vía de acceso.
Clases expositivas, nas que desenvolveremos os contidos teóricos referentes aos temas previstos.
Clases interactivas, que estarán dedicadas ao estudo de casos prácticos, exercicios, proxectos e/ou traballos. Estas actividades realizaranse de forma individual ou en grupo, dependendo dos obxectivos de aprendizaxe e habilidades a conseguir. As actividades tamén se poderán desenvolver mediante a entrega de traballos escritos ou como exposición oral na aula. Todas as entregas realizaranse preferentemente a través do Campus Virtual. O seguimento das actividades realizarase a través dunha programación de entregas, que permita organizar o tempo de estudo.
Aula Virtual, que estará activa desde o comezo do curso e nela o alumnado poderá consultar os avances das clases teóricas e interactivas.
Desenvolvemento de metodoloxías de innovación docente ApS (Aprendizaxe-Servizo) para a realización dalgunhas das interactivas.
Titorías, individuais ou en grupo, para atender dúbidas que poidan xurdir durante a exposición dos contidos teóricos ou durante a elaboración das prácticas.
O sistema de avaliación é o mesmo, tanto para a primeira como para a segunda oportunidade.
Realización dunha proba presencial para a avaliación dos coñecementos teóricos expositivos, na data oficial establecida pola Facultade de Xeografía e Historia. Computará o 40% da nota final.
Avaliación continua das actividades prácticas interactivas, que poderán ser individuais e en grupo. Terase en conta a asistencia e a participación activa do alumnado na aula. Computará o 60% da nota final.
Para superar a materia, requírese que a media de ambas partes alcance o 5. Así mesmo, débese acadar un mínimo de 3 puntos en cada unha das partes para poder calcular a media.
Para o alumnado con dispensa académica concedida pola Facultade de Xeografía e Historia, requirirase entregas equivalentes ás dos alumnado sen dispensa. Ademais, a proba para a avaliación dos coñecementos teóricos será presencial e obrigatoria.
Horas de traballo presencial do alumnado: 50 horas.
-Docencia teórica: 32 horas.
-Docencia interactiva-seminario: 16 horas.
-Titoría individual: 2 horas.
Horas de traballo persoal do alumnado: 100 horas.
Asistir a clase de xeito regular e participar nas mesmas.
Traballar de xeito continuo ao longo do curso cos contidos teóricos.
Ler a bibliografía recomendada.
Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual.
Revisar o Campus Virtual para estar ao día coa materia e as tarefas.
Usar as titorías para resolver dúbidas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Marcos Carmelo Valcárcel Díaz
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Teléfono
- 881812676
- Correo electrónico
- marcos.valcarcel [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Balsa Barreiro
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Correo electrónico
- jose.balsa.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Alejandro Otero Varela
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- alejandrootero.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia