Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Humana
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Proporcionar ao alumnado un coñecemento xeral sobre a importancia da actividade turística no mundo actual.
2. Analizar o impacto económico, social e ambiental do turismo e os principais factores físicos e humanos que condicionan actualmente o seu desenvolvemento, tanto a escala local como global
3. Estudar as diferentes tipoloxías de espazos turísticos e as novas tendencias e modalidades do turismo cultural, prestando especial atención ás políticas de conservación, desenvolvemento e ordenación turística postas en marcha para impulsar un desenvolvemento máis sostible do mesmo.
4. Coñecer a rede de lugares e cidades patrimonio da humanidade, e resaltar o papel que desempeñan os espazos naturais protexidos, os parques nacionais e geoparques na promoción e dinamización territorial do turismo.
5. Localizar os principais focos do turismo internacional e identificar os recursos naturais, culturais e socioeconómicos máis significativos que presentan as grandes rexións e países da Terra.
6. Ampliar información e coñecemento sobre a diversidade de territorios, culturas e sociedades que existen no mundo actual.
Tema I. A actividade económica do turismo
1. A actividade turística e os seus factores condicionantes.
2. A evolución histórica do turismo.
3. A importancia económica e social do turismo.
4. As diferentes tipoloxías de espazos turísticos.
Tema II. Turismo, territorio e desenvolvemento sostible
1. Os impactos do turismo sobre o territorio.
2. As políticas de conservación e ordenación turística.
3. As estratexias para un turismo sostible.
4. Novas modalidades e tendencias recentes do turismo.
Tema III. Grandes espazos e rexións turísticas do mundo actual
1. Principais focos internacionais do turismo mundial.
2. Rede mundial de cidades e lugares patrimonio da Humanidade.
3. Competencias e funcións da Organización Mundial do Turismo (OMT).
4. Espazos e sociedades avanzadas: cultura e recursos turísticos.
5. Espazos atrasados e sociedades emerxentes: cultura e potencialidades turísticas.
- Azcárate Luxán, B., Azcárate Luxán, M.V., & Sánchez Sánchez, J. (2016). Grandes regiones de la Tierra: Naturaleza y sociedades. Madrid: Editorial UNED.
- Blanco Romero, A., Blázquez Salom, M., Calle Vaquero, M., Fernández Tabales, A., García Hernández, M., Lois González, R.C., Mínguez García, M.C., Navalón García, R., Navarro Jurado, E., & Troitiño Torralba, L. (2020). Diccionario de turismo. Madrid: Cátedra.
- Font Sentías, J. (Coord.). Casos de Turismo Cultural: De la planificación estratégica a la gestión del producto. Barcelona: Ariel Turismo. 466 pp.
- Espeso -Molinero, P. (2019). Tendencias del turismo cultural. PASOS. Revista de Turismo y Patrimonio Cultural, 17(6), 1101–1112. https://doi.org/10.25145/j.pasos.2019.17.076
- Jansen-Verveke, M., Priestley, G.K., & Russo, A.P. (Eds.). (2008). Cultural Resources for Tourism: Patterns, Processes, and Policies. New York: Nova Science Publishers. 297 pp.
- Martos Molina, M. (2016). Herramientas para la gestión turística del patrimonio cultural: Manual para gestores culturales. Gijón: Ed. Trea. 297 pp.
- Pereiro, X. (2009). Turismo cultural. Uma visão antropológica. Pasos.
- Querol, M.A. (2010). Manual de Gestión del Patrimonio Cultural. Madrid: Akal. 535 pp.
- Villafranca, M.M., & Chamorro, V. (2007). Acogida de visitantes en monumentos y sitios del Patrimonio Mundial. Granada: Monografías de la Alhambra. 300 pp.
- Zárate Martín, M.A., & Rubio Benito, M.T. (2011). "Una sociedad de ocio y turismo". En Paisaje, sociedad y cultura en Geografía Humana (pp. 321-377). Madrid: Editorial Universitaria Ramón Areces
Con01 - Coñecer e poñer en valor as diversas áreas do patrimonio cultural nas súas vertentes material e inmaterial. TIPO: Coñecementos ou contidos
Con12 - Identificar estratexias para un desenvolvemento sustentable do territorio mediante actividades culturais (turismo, xestión e conservación do patrimonio, espectáculos, etc.). TIPO: Coñecementos ou contidos
Con15 - Recoñecer a diversidade do consumo cultural por parte de distintos sectores da sociedade, con especial atención ás persoas con necesidades específicas, e adaptar os produtos culturais para o seu desfrute por parte de cada colectivo. TIPO: Coñecementos ou contidos
H/D02 - Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D03 - Reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética
TIPO: Habilidades ou destrezas
Con04 - Recoñecer as principais tendencias e procesos culturais da actualidade tanto en contextos próximos coma internacionais. TIPO: Coñecementos ou contidos
Nesta materia repartense as horas de ensino de xeito equilibrado: 24 horas de clases expositivas e 24 horas de clases interactivas, cun total de tres horas semanais. Tamén se programarán tres horas de titorías en grupos reducidos.
Nas sesións expositivas presentaranse os contidos fundamentais da materia, empregando materiais bibliográficos e ferramentas tecnolóxicas: presentacións en PowerPoint, recursos dixitais e outros. Utilizarase o Campus Virtual tanto para poñer ao dispor do alumnado os materiais necesarios como para a entrega dos traballos correspondentes.
Durante as sesións interactivas, o alumnado resolverá exercicios relacionados co aprendido nas clases expositivas. Para isto, deberase utilizar os contidos das sesións expositivas, a bibliografía recomendada e a información obtida noutras fontes suxeridas ou que se atopen por iniciativa propia. Estas sesións interactivas poderán incluír actividades como resolución de problemas/exercicios, presentacións na aula de proxectos, estudos de casos, debates e metodoloxías de aprendizaxe baseada en proxectos.
Polo tanto, combinaranse diferentes métodos de ensino: clases maxistrais, resolución de problemas/exercicios, presentacións na aula de proxectos, estudos de casos, debates e metodoloxías de aprendizaxe baseada en proxectos.
Avalíanse todas as competencias e resultados de aprendizaxe da materia aplicando os seguintes criterios:
Primeira oportunidade
A participación activa na aula suporá ata o 10% da nota final.
As actividades de avaliación continua representarán o 70% da cualificación total. Estas inclúen a entrega de tarefas, exposicións de proxectos, entre outras. As entregas fóra de prazo están suxeitas a unha redución da cualificación dese traballo. Todas estas actividades teñen carácter obrigatorio para poder superar a materia.
Realizarase un exame escrito que constituirá o 20% restante da cualificación. Esta proba tamén é de carácter obrigatorio para aprobar a materia.
Segunda oportunidade
Conservarase a nota acadada por asistencia e participación durante o período lectivo, ata un máximo do 10% da cualificación final.
O alumnado deberá elaborar e presentar novamente aquelas tarefas nas que obtivese avaliación negativa na primeira entrega, ou ben as non presentadas no prazo establecido. As entregas fóra de prazo están suxeitas a unha redución da cualificación dese traballo. Esta nota, xunto coa das tarefas ou probas xa superadas anteriormente, representará o 70% da cualificación final. A presentación destas tarefas non entregadas ou non superadas é requisito obrigatorio para aprobar a materia.
Ademais, realizarase unha proba escrita obrigatoria na data fixada pola Facultade de Humanidades, que suporá o 20% da cualificación.
O alumnado que xa cursou a materia en convocatorias previas sen superala deberá cumprir os mesmos requisitos ca o alumnado que a cursa por primeira vez.
O alumnado con DISPENSA DE ASISTENCIA concedida tamén será avaliado mediante avaliación continua e exame. O 60% da nota final corresponderá ás actividades e traballos programados, mentres que o 40% restante virá determinado pola nota do exame obrigatorio, que se realizará na data establecida pola Facultade. O alumnado ao que lle sexa concedida a dispensa de asistencia, deberá poñelo en coñecemento da docente que lle dará as indicacións do proxecto de traballo.
NOTA: Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o establecido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
Sesións expositivas (presenciais): 24 horas
Sesións interactivas (presenciais): 24 horas
Tutorización individual do alumnado: 3 horas
Traballo persoal do alumno (non presencial): 95 horas
Exame: 4 horas
Total de horas estimadas: 150
Maria Inês Gusman Correia De Araújo Barbosa
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- mariains.gusman [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 15 |
Martes | |||
18:00-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 13 |
16.01.2026 10:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
09.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |