Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional, Xeografía Física
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos da materia resúmense nos seguintes catro puntos:
• Coñecer as características e técnicas de análise dos fotogramas aéreos
• Coñecer os tipos, características e técnicas de análise de imaxes de satélite e outros sensores remotos
• Capacitar ao alumnado nos conceptos teóricos básicos da materia, así como no uso de ferramentas de tratamento e interpretación da información tomada por sensores remotos
• Capacitar ao alumnado para a resolución de proxectos a partir de problemas cuxa resolución requira fotointerpretación e teledetección
A memoria do título contempla, de forma resumida, os seguintes contidos para esta materia:
• Con3 - Geografía humana
• Con4 - Geografía física y medio ambiente
• Con5 - Ordenación del territorio y urbanismo
• Con6 - Tecnologías y sistemas de información geográfica
• Con7 - Métodos y trabajo de campo de la disciplinas
Estes contidos desenvolveranse ao longo do curso a través do seguinte programa de clases expositivas:
• Unidade 1. Principios básicos da interpretación fotográfica
• Unidade 2. Os proxectos SIOSE e Corine Land Cover. Modelo de datos e tipos de consultas
• Unidade 3. Introdución á teledetección
• Unidade 4. Principios físicos e técnicos en detección remota
• Unidade 5. Proxectos Copérnicus e Landsat
• Unidade 6. Aplicacións e casos de estudo
• Unidade 7. Procedementos prácticos con imaxes de satélite
Programa de clase interactivo (práctico):
• Práctica 1. Iniciación á interpretación fotográfica
• Práctica 2. Aplicación da fotointerpretación seguindo as clasificacións oficiais de uso do solo
• Práctica 3. Casos de estudo dirixidos que recollen a diversidade de usos da teledetección aplicada á ordenación do territorio
• Práctica 4. Interpretación e clasificación de usos do territorio. Caso práctico propio do alumno
• Práctica 5. Desenvolvemento práctico dun mapa dinámico mediante Google Earth Engine
Bibliografía básica (* en biblioteca; ** en internet):
Bhatta, B. (2009). Remote Sensing and GIS. Oxford, Oxford University Press
Chuvieco, E. (2008). Teledetección ambiental. La observación de la tierra desde el espacio. Madrid, Ariel*
Fernández García, F. (2000). Introducción a la fotointerpretación. Ariel Geografía
García Rodríguez, M. P., Sanz Donaire, J. UJ., Pérez González, M. E., Navarro Madrid, A. (2012). Guía práctica de teledetección y fotointerpretación. Dpto. Análisis Geográfico Regional y Geografía Física. Universidad Complutense de Madrid
Longley, P. A., M. F. Goodchild, D. J. Maguire, D. W. Rhind (2015). Geographic Information Systems and Science. Jonh Wiley & Sons
Olaya, V. (2014). Sistemas de Información Geográfica. Tomo I, Tomo II**
Pérez Navarro, A. (coord.), 2011. Introducción a los sistemas de información geográfica y geotelemática. Editorial UOC, Barcelona
Bibliografía complementaria:
Fisher, R., Hobgen, S., Mandaya, I., Riwu Kaho, N., Zulkarnain (2017). Satellite Image Analysis and Terrain Modelling. Charles Darwin University, Universitas Nusa Cendana dan Universitas Halu Oleo
Moreno Jiménez, A., Buzai, G., Fuenzalida Díaz, M. (Coords.) 2012. Sistemas de información geográfica: aplicaciones en diagnósticos territoriales y decisiones geoambientales. Ed. Ra-Ma, Madrid
Quirós Rosado, E. (2014). Introducción a la Fotogrametría y Cartografía aplicadas a la Ingeniería Civil. Universidad de Extremadura
Comp1 – Coñecer, comprender, analizar e interpretar o territorio, o medio físico-natural, o medio ambiente e a paisaxe
TIPO: Competencias
Comp4 – Expresar información cartograficamente mediante sistemas de información xeográfica
TIPO: Competencias
Comp5 – Aprender a coñecer e interpretar directamente o territorio, o medio e a paisaxe a través do traballo de campo
TIPO: Competencias
Comp6 – Elaborar e interpretar información cuantitativa e cualitativa en Xeografía
TIPO: Competencias
Comp7 – Explicar a diversidade de lugares, ambientes, cidades e rexións
TIPO: Competencias
Con3 – Xeografía humana
TIPO: Coñecementos ou contidos
Con4 – Xeografía física e medio ambiente
TIPO: Coñecementos ou contidos
Con5 – Ordenación do territorio e urbanismo
TIPO: Coñecementos ou contidos
Con6 – Tecnoloxías e sistemas de información xeográfica
TIPO: Coñecementos ou contidos
Con7 – Métodos e traballo de campo da disciplina xeográfica
TIPO: Coñecementos ou contidos
H/D1 – Xestionar a complexidade xeográfica e da ordenación do territorio
TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D2 – Comprender os problemas xeográficos de forma multidimensional, interrelacionando o medio físico-natural e ambiental coa esfera humana e social
TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D3 – Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D4 – Procurar, xerar, ordenar e sintetizar información xeográfica
TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D5 – Expor e transmitir coñecementos, métodos e resultados xeográficos de forma autónoma
TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D6 – Manexar sistemas de información xeográfica
TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D7 – Xerar acordos en equipos interdisciplinares en ordenación do territorio, comprendendo a linguaxe e as propostas doutros especialistas
TIPO: Habilidades ou destrezas
A metodoloxía docente avaliará as seguintes competencias / habilidades das clases expositivas, interactivas e de saída:
• Exame escrito teórico-práctico: Con3, Con4, Con5, Comp1, Comp6, Comp7, H/D2, H/D3
• Prácticas interactivas de clase e saída ao campo: Comp4, Comp5, Con7, H/D1, H/D4, H/D7
As competencias / habilidades avaliadas estrutúranse do seguinte xeito:
• Clases maxistrais participativas: Con3, Con4, Con5, Comp1, Comp7, H/D2, H/D3
• Prácticas na aula de informática: Comp4, Comp6, Con6, H/D4, H/D6
• Exposición de traballos prácticos: Comp6, H/D4, H/D5, H/D7
• Práctica de campo: Comp5, Con7, H/D1, H/D2, H/D3, H/D4, H/D7
As anteriores metodoloxías complementaranse coas seguintes:
• Uso da aula virtual (Moodle)
• Aprendizaxe baseada na resolución de casos prácticos e proxectos
• Titorías individualizadas e colectivas
• Traballo autónomo e estudo independente do alumnado
• Avaliación de habilidades mediante exercicios de control
Os programas informáticos que se empregarán son: ArcGIS, QGIS, Google Earth Pro.
Todas as docencias, tanto expositivas como interactivas, así como as titorías e saídas de campo, realizaranse de xeito presencial segundo o horario oficial.
Terase en conta a asistencia ás clases cunha asistencia mínima do 80% ás clases programadas no horario, incluída a saída ao campo (obrigatoria), para aprobar a materia.
Os criterios de avaliación son os seguintes:
• Exame escrito teórico-práctico en datas oficiais (30%)
• Prácticas de clases interactivas e saída ao campo (70%)
Para aprobar a materia será necesario (i) ter realizado todas as prácticas, (ii) ter acadado unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 en prácticas e 4,5 sobre 10 no exame, e (iii) ter acadado unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 no conxunto da materia. En segunda oportunidade poderase concorrer só coa parte suspendida. No caso de repetición non se conservan as partes previamente superadas, é dicir, hai que concorrer con todo novamente.
No caso de que se conceda oficialmente a renuncia á asistencia a clase ou excursión, o alumnado terá que realizar o exame da materia, mentres que a parte interactiva deberá ser compensada cun traballo específico.
El alumnado que tenga concedida la dispensa académica conforme a lo dispuesto en la Instrucción 1/2017 de la Secretaría General de la USC será evaluado mediante un examen presencial equivalente, basado en preguntas de razonamiento relacionadas con los contenidos de la materia. En este caso, no será necesaria la participación continua ni la entrega de actividades intermedias. No obstante, se recomienda al estudiantado dispensado seguir el material docente disponible en el Campus Virtual y mantener contacto periódico con el profesorado para orientar el estudio individual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión das cualificacións.
A superación da materia require un tempo de dedicación por parte do alumno equivalente ao total das horas prácticas e teóricas da aula.
• Valórase moito unha actitude positiva e activa cara á aprendizaxe, así como a participación nas clases e excursións
• Ter superada a materia obrigatoria Fundamentos do Sistema de Información Xeográfica (G3052110)
• Acceso do alumnado a un ordenador persoal no que instalar as aplicacións de análise utilizadas na clase para facilitar a realización das tarefas encomendadas ao longo do curso. Todas estas aplicacións, non obstante, tamén se instalarán nas aulas de informática que o Centro pon a disposición do alumnado
• Dado que as prácticas teñen un marcado carácter secuencial e de aprendizaxe progresiva, recoméndase a asistencia regular á clase e o seguimento continuo da teoría e da práctica
A materia pódese impartir nas dúas linguas oficiais de Galicia: galego e castelán. En ocasións, tamén se pode usar o inglés.
Mº Mar Sobral Bernal
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- mar.sobral.bernal [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Jesus Horacio Garcia Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Correo electrónico
- horacio.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 17 de informática |
Mércores | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 17 de informática |
Venres | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 17 de informática |