Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía, Economía Cuantitativa
Áreas: Análise Xeográfica Rexional, Economía Cuantitativa (propia da USC)
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Nesta materia trátase de que o alumnado poida analizar os distintos contextos económicos e laborais baixo o enfoque das relacións de xénero.
Un dos obxectivos específicos consiste en poder avaliar as situacións nos distintos ámbitos concretos e chegar a poder impulsar procesos de concienciación e de transformación social das relacións de traballo, actividade económica e xénero. Ao mesmo tempo preténdese preparar para a investigación específica das dinámicas económicas e do mercado laboral desde a perspectiva de xénero.
1. Introdución
2. Aspectos metodolóxicos
3. Mercado de traballo.
3.1.- Delimitación conceptual.
3.2.- Principais características e indicadores.
3.3.- Evolución da participación feminina no mercado laboral nas últimas décadas. Factores explicativos.
3.4. Segmentación e segregación segundo xénero. Enfoques teóricos explicativos. Consecuencias desta situación.
4. Brecha salarial segundo xénero no mercado de traballo. Principais causas e posibilidades de reversión.
5. Crises económicas e situación das mulleres no mercado laboral.
6. As mulleres e o desenvolvemento rural.
7. Mujeres e cidade. Urbanismo feminista.
Bibliografía básica
ANKER, Richard. (1998), “Gender and Jobs. Sex segregation of occupations in the world”. International Labour Office, Ginebra.
BAYLINA, Mireia (2004): “Metodología para el estudio de las mujeres y la sociedad rural”, Estudios Geográficos. Vol. 65, nº 254, pp.5-28
PEREZ-OROZCO, Amaia (2019). “Subversión feminista de la economía. Aportes para un debate sobre el conflicto capital-vida”. Ed. Traficantes de Sueños. Madrid.
Bibliografía complementaria:
AGUAYO, Eva e LAMELAS, Nélida. (2011). “Educación y empleo: desigualdad de género en las regiones mexicanas. 2000-2005.”. Estudos Feministas. Vol.19, nº.3, pp.733-750
BAYLINA, Mireia (2004): “Metodología para el estudio de las mujeres y la sociedad rural”, Estudios Geográficos. Vol. 65, nº 254, pp.5-28
CARDIM -BARATA, Sofia, AGUAYO, Eva e LAMELAS, Nélida (2018). “Índice de desigualdad por género en Portugal”. Estudios Económicos Regionales y Sectoriales. EERS. Vol. 18, nº 1, pp.97-106.
DEL RÍO, Coral; ALONSO-VILLAR, Olga (2010). “Gender segregation in the Spanish labor market: An alternative approach.” Social Indicators Research. Vo.l 98. nº2, pp. 337-362.
GÁLVEZ, Lina e RODRÍGUEZ, Paula (2017). “Crisis, austeridad y transformaciones en las desigualdades de género”. Ekonomiaz: Revista vasca de economía, nº 91, pp.330-359.
GARCÍA, María D. (2008). “¿Espacios asexuados o masculinidades y feminidades espaciales?: hacia una geografía del género”, EN FEMENINO. Voces, miradas, territorios, SEMATA, 20, pp. 25-51.
GARCÍA, Benjamín (2004). La mujer rural ante el reto de la modernización de la Sociedad rural. Madrid. Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Instituto de la Mujer.
GARCIA, Benjamín (2011). Ruralidad emergente, posibilidades y retos, Madrid. Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino.
GARCÍA, María del Carmen e RADL, Rita. (1992). “Agora que as mulleres traballan: significado de agora”. Andaina. Revista do Movemento Feminista Galego, nº3, pp.22-23.
HIDALGO, Álvaro; PÉREZ, Santiago y CALDERÓN, María J. (2007). “La discriminación laboral de la mujer: una década a examen”. Instituto de la Mujer. Ministerio de Igualdad
IGLESIAS, Carlos e LLORENTE, Raquel (2008). “Evolución reciente de la segregación laboral por género en España”. Serie Documentos de Trabajo, nº 13. Instituto Universitario de Análisis Económico y Social. Universidad de Alcalá.
MARTÍNEZ GARCÍA, Patricia (2017): Democratizando el mar con perspectiva de género. El proceso de profesionalización de las mariscadoras a pie en Galicia, Política y Sociedad, Vol. 54, nº. 2, pp. 377-398
MUXÍ, Zaida, et al. (2011): ¿Qué aporta la perspectiva de género al urbanismo?, Feminismo/s 17, junio 2011, pp. 105-129
PÉREZ OROZCO, Amaia (2006), “Amenaza tormenta: la crisis de los cuidados y la reorganización del sistema económico”, Revista de Economía Crítica, nº5, pp. 7-37
TORRES, Obdulia e PAU, Bernadette (2011). “Techo de cristal” y “suelo pegajoso”. La situación de las mujeres en los sistemas alemán y español de ciencia y tecnología. Revista CTS. Vol. 6, nº18, pp.35-59.
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Saber transmitir aspectos de planificación de programas e os coñecementos correspondentes a públicos especializados e non especializados.
CB7 - Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Ser capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
TRANSVERSAIS
CT2 - Ser capaces de efectuar avaliacións e análises de políticas públicas e de planificacións didácticas desde unha óptica de interconexións e transversal de xénero.
CT4 - Ser capaces de organizar accións favorecedoras da igualdade de xénero desde unha perspectiva transversal de xénero (mainstreaming) en todas as esferas sociais, administrativas e políticas
ESPECÍFICAS
CE2 - Posuír unha formación epistemológico-crítica desde un ángulo espistemológico crítico e poder conducir procesos formativos
de transformación con vistas ás estruturas androcéntricas existentes e en pos dunhas relacións de xénero realmente igualitarias
entre mulleres e homes.
CE3 - Poder efectuar e xestionar avaliacións das múltiples situacións sociais, culturais, educativas, económicas e políticas
desde o punto de vista do coñecemento científico específico das mulleres e do xénero.
CE5 - Ser capaces de realizar análises de datos empíricos referentes a elementos escollidos da estrutura social desde a óptica das mulleres e do xénero
Para as sesións expositivas utilizarase o modelo de clase maxistral combinado con intervencións activas do alumnado. De modo concreto utilizaranse:
- Clases teóricas nas que, tras a exposición inicial dun tema, farase unha discusión en grupo.
- Estudo de casos
- Materiais audiovisuais.
Nas sesións interactivas, propoñeranse diversas actividades prácticas a partir dos materiais propostos para os diferentes núcleos temáticos do programa.
A aula virtual será un soporte esencial no desenvolvemento e entrega das actividades.
AVALIACIÓN CONTINUA
A asistencia a clase(mínimo o 80% das horas) será preceptiva para superar a materia.
Avaliación continua (60% da nota final): traballo persoal ou en grupo (detallado na aula virtual) e as achegas reflexivas do alumnado no transcurso das sesións e actividades de clase.
Realizarase unha avaliación final escrita (40% da nota final).
AVALIACIÓN DE ESTUDANTADO CON CONCESIÓN DE DISPENSA DE ASISTENCIA
O estudantado con concesión de dispensa de asistencia a clase terá un exame sobre 10 puntos.
AVALIACIÓN NOS CURSOS SEN DOCENCIA
Dado que o máster é bienal e durante o segundo curso de cada edición non se contempla docencia presencial desta materia, o estudantado matriculado deberá contactar coas docentes responsables para precisar o sistema de avaliación.
ASISTENCIA A CLASE
O programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024)
Dependerá de cada estudante, pero se parte da base de que por un crédito ECTS calcúlase, no contexto que nos ocupa, aproximadamente de 12-15 horas de traballo persoal á semana.
-Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
-Responsabilidade medioambiental. Se as docentes da materia solicitan a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
-Perspectiva de xénero:
Uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre docente e estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Eva Maria Aguayo Lorenzo
Coordinador/a- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811518
- Correo electrónico
- eva.aguayo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria De Los Angeles Piñeiro Antelo
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- manxeles.pineiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
19:30-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
05.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
06.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |