Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Xeografía, Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Básica, Análise Xeográfica Rexional, Socioloxía
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao remate do curso, o estudantado poderá seleccionar estratexias de intervención no ámbito educativo en relación co tema da multiculturalidade, a saúde e o xénero tras estudar e analizar os distintos aspectos da saúde desde unha perspectiva de xénero. Coñecerá como identificar diferentes problemas e necesidades en relación coa materia da saúde, sendo quen de definir obxectivos e desenvolver plans de intervención na materia multidisciplinar de multiculturalidade, saúde e xénero que contribúan a transformar a educación e a socialización das mulleres.
BLOQUE I: Cambio social, multiculturalidade e imaxinario social
• Análise das diferenzas de xénero desde unha perspectiva psicolóxica.
• Estereotipos de xénero: o papel dos patróns culturais e educativos no desenvolvemento das persoas.
• Feminismos e dereitos das mulleres en sociedades cambiantes.
• Transición aspiracional: do multiculturalismo á interculturalidade.
BLOQUE II: Mulleres, feminismos e distribución territorial
• Feminismos periféricos.
• Feminización da pobreza mundial.
BLOQUE III: A saúde desde unha perspectiva de xénero
• Saúde e asimetrías de xénero.
• O imaxinario social: xénero, interculturalidade e identidade.
• O deterioro da identidade social: estigma, estereotipos e prexuízos.
Bibliografía Básica
Barberá, E. y Martínez Benlloch, I. (2011). Psicología y género. Pearson Educación.
Expósito Molina, C. (2018). Políticas de igualdad, no discriminación y feminismos periféricos. Una mirada caleidoscópica. Investigaciones Feministas 9(2), 219-237.
Grau i Muñoz, A., Faus-Bartomeu, A. (Coords). (2022). Sociología de la salud: salud, malestar y sociedad desde una mirada crítica. Tirant Humanidades.
Martínez Torres, M. (2018). Feminización de la pobreza: un análisis dinámico. Papeles de Trabajo del Instituto de Estudios Fiscales, 11, 1-62.
Martínez, N., Vinas, A., y Matute, H. (2021). Examining potential gender bias in automated-job alerts in the Spanish market. PLoS ONE 16(12): e0260409. https://doi.org/10.1371/journal.pone.0260409
Nogueiras García, B. (2023). La salud en la historia del feminismo: discursos, vindicaciones y prácticas. Ediciones Complutense.
Bibliografía complementaria
Carabí, A. y Armengol, J. M. (Eds.). (2008). La masculinidad a debate. Icaria.
Cockerham, W. C. (2017). Sociology of Mental Disorder (10ª ed. rev.). Routledge.
Goffman, E. (2012). Estigma. La identidad deteriorada (2ª ed.; L. Guinsberg, Trad.). Amorrortu (Obra original publicada en 1963).
Martínez Hernáez, A. (2008). Antropología médica. Teorías sobre la cultura, el poder y la enfermedad. Anthropos.
Matos, M. y Paradis, C. (2013). Los feminismos latinoamericanos y su compleja relación con el Estado: debates actuales. Íconos. Revista de Ciencias Sociales, 45, 91-107.
Medina Martín, R. (2018). Feminismos periféricos, feminismos-otros: una genealogía feminista decolonial por reivindicar. Revista Internacional De Pensamiento Político, 8, 53–79.
Monreal, P. (1999). Feminización de la pobreza y nueva pobreza urbana: visibilización y olvidos. V Congreso Argentino de Antropología Social, 29 de julio al 1 de agosto de 1997, La Plata. Temas de Antropología Social. EN: Temas de antropología social: Lo local y lo global. La antropología ante un mundo en transición. La Plata: Universidad Nacional de La Plata. Facultad de Humanidades y Ciencias de la Educación. Secretaría de Extensión Universitaria.
Nettleton, S. (2021). The Sociology of Health and Illness (4ª ed.). Polity Press.
Rodríguez Martínez, P. (2011). Feminismos Periféricos. Sociedad y Equidad: Revista de Humanidades, Ciencias Sociales, Artes y Comunicaciones, 2, 23-45.
Valls-Llobet, C. (2010). Mujeres, Salud y Poder (2ª ed.). Cátedra.
Básicas e xenerais
• Adquirir a capacidade de obter e xestionar información e ter capacidade de decisión.
• Desenvolver un compromiso ético e deontolóxico
• Ser capaz de traballar en equipo utilizando parámetros de diversidade e multiculturalidade.
• Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
Transversais
• Ser capaz de organizar accións que favorezan a igualdade de xénero dende unha perspectiva transversal de xénero en todos os ámbitos sociais, administrativos e políticos.
Específicas
• Ter unha formación científica básica e específica na materia de Educación, Xénero e Igualdade e capacidade para aplicar estes coñecementos en accións prácticas concretas en múltiples ámbitos como o social, educativo, cultural, económico, laboral, político e administrativo.
• Desenvolver e planificar accións educativas e de intervención socioeducativa en múltiples contextos sociais e de planificación cultural, económica, política e administrativa dende o punto de vista do coñecemento científico específico da muller e do xénero.
• Clases expositivas: 15
• Clases interactivas: 20
• Titorías: 5 horas
• Avaliación de traballos: 60%
• Avaliación continua: 40%
Avaliación continua (40% da nota final): traballo persoal ou en grupo (detallado na aula virtual) e as achegas reflexivas do estudantado no transcurso das sesións e actividades de clase.
Realizarase unha avaliación final escrita a través da entrega de traballos que serán detallados polo profesorado da materia (60% da nota final). Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
Incidencia que ten a asistencia a clase no sistema de avaliación (artigo 1.2 do regulamento aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024): a asistencia a clase (mínimo o 80% das horas) será preceptiva para superar a materia. Valorarase como un factor máis na avaliación continua.
REALIZACIÓN FRAUDULENTA DALGÚN EXERCICIO OU PROBA:
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores/as e das fontes (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación, aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017).
AVALIACIÓN ESTUDANTADO CON CONCESIÓN DE DISPENSA DE ASISTENCIA
O estudantado con concesión de dispensa de asistencia a clase será avaliado unicamente a través da realización de 3 traballos escritos (10 puntos).
O estudantado con concesión de dispensa de asistencia a clase deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nas primeiras semanas de curso para concretar as tarefas a realizar e os prazos de entrega.
AVALIACIÓN NOS CURSOS SEN DOCENCIA
Dado que o máster é bienal e durante o segundo curso de cada edición non se contempla docencia presencial desta materia, o estudantado matriculado deberá contactar coas docentes responsables para precisar o sistema de avaliación. Se non se acordase outra cousa, a avaliación efectuaríase a partir de traballos ou actividades nas convocatorias previstas.
ASISTENCIA A CLASE
No relativa á asistencia a clase esta estará regulada polo establecido no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024)
• Traballo autónomo do alumno: 85 horas
- A asistencia á clase é obrigatoria, polo que non se pode faltar a máis do 20% das clases sen xustificación.
- Os/as estudantes con exención de docencia, deberán de contactar co equipo docente para acordar a o deseño do curso así como a avaliación forma de avaliación. Ademais, a súa cualificación máxima será do 70% da puntuación total, dado que non poderán conseguirse todos os obxectivos da materia.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- É obrigatorio o uso da conta de correo rai.
- É obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- É convinte ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
- Nos traballos elaborados polo estudantado ao longo do curso deberá se usado o sistema de citación APA7, co cal se proporcionará unha Guía de uso a través do Campus virtual.
Juan Jose Labora Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Correo electrónico
- juan.labora [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Maria De Los Angeles Piñeiro Antelo
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- manxeles.pineiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marcos Diaz Lago
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Básica
- Teléfono
- 881813791
- Correo electrónico
- marcos.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
19:30-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
10.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
10.07.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |