Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
A materia estruturase como unha introdución teórico/práctica aos SIXs, na súa condición de ferramenta que axuda a comprender e analizar o territorio.
Deste xeito, o obxectivo da materia é coñecer a natureza dos datos xeográficos, e como estes datos se poden adquirir e xestionar, para realizar as análises que permitan obter novo coñecemento.
O alumnado debe rematar sabendo deseñar e resolver un proxecto SIX básico, para dar resposta a un problema territorial. Aprenderá a construír a súa propia base de datos, e a ser quen de presentar a información de xeito claro e preciso, tanto conceptual como visualmente. O programa oriéntase pois a desenvolver aqueles conceptos e os procedementos máis básicos dos sistemas de información xeográfica.
Obxectivos:
•Amosar a importancia dos SIX na investigación en Xeografía.
•Coñecer os principios de funcionamento dos Sistemas de Información Xeográfica.
•Desenvolver competencias relacionadas coa adquisición, manipulación e análise de información xeoreferenciada.
•Saber estruturar información xeográfica que poida ser traballada cos SIX.
•Coñecer os formatos de almacenamento ráster e vectorial.
•Xestionar bases de datos relacionais.
•Realizar análises e consultas espaciais.
Definición e elementos dun SIX. Datos nun SIX: xeográficos e alfanuméricos. Estruturas e modelos de almacenamento: modelos ráster e vectorial. Topoloxía, xeoreferenciación e xeocodificación. Captura, corrección e almacenamento de datos. Servidores de Mapas. Bases de datos relacionais. Asignación de atributos. Análise e clasificacións espaciais e temáticas. Análise estatístico nun SIX
Estes contidos concrétanse nos seguintes temas:
1. A Ciencia da Información Xeográfica (GIScience). Conceptualización e funcionalidade dun SIX. Problemas que pode resolver un SIX. O proxecto SIX e as súas fases típicas. Primeiro contacto coas aplicacións ArcGisPro e QGis.
2. A natureza da información xeográfica. Os compoñentes espacial e temático. A estruturación da información en capas. Os modelos de datos ráster e vectorial. A topoloxía.
3. Fontes de información xeográfica e territorial. A recompilación da información: Bases de datos espaciais de referencia, o IGN. A xeoinformación en Internet: infraestruturas de datos espaciais (IDE), visores e centros de descarga, servizos OGC.
4. A cartografía como fonte básica de información xeográfica e instrumento de análise territorial. O deseño cartográfico: linguaxe e elementos do mapa. Simbolización cualitativa e cuantitativa. O deseño de mapas en ArcGisPro e QGis.
5. Captura e integración da información xeográfica. Formatos dixitais (imaxes, shapefiles e xeodatabases). Sistemas de referencia espacial. Métodos de xeorreferenciación, dixitalización e edición de xeodatos.
6. Análise alfanumérica. O almacenamento dos datos temáticos e o modelo de datos relacional. A procura selectiva de información: consultas SQL e seleccións por localización espacial. Unión e relación de datos, temática e por localización. Creación e manexo de bases de datos temáticas.
7. Análise espacial vectorial. A reclasificación espacial e temática da información. As ferramentas de xeoprocesamento. Operacións locais. Selección, extracción e superposición xeográficas. Operacións de proximidade: Xeración e análise de áreas de influencia.
8. Análise espacial ráster. Modelos Dixitais do Terreo (MDT): Cálculo de orientacións, pendentes e sombreado dixital. Reclasificación ráster.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
BARREDO;J. I. (1996): Sistemas de Información Geográfica y evaluación multicriterio del territorio., Ed. Rama.
ESRI (2020): Women and GIS, Volume 2: Stars of Spatial Science.
HARDER, C. (2015): The ArcGis Book. 10 grandes ideas sobre cómo aplicar geografía al mundo que nos rodea, ESRI. Dispoñible en http://downloads.esri.com/LearnArcGIS/pdf/es/The-ArcGIS-Book_ES.pdf
MAGUIRE, D.J., GOODCHILD, M.F. & RHIND, D.R. (2005): Geographical Information Systems and Science., Wiley.
MENKE, K (2019): Discover QGIS 3.x: A Workbook for Classroom or Independent Study, Locate Press
OLAYA, V. (2020): Sistemas de Información Geográfica. Dispoñible en https://github.com/volaya/libro-sig/releases/
ROBINSON, A. H. et alia (1995): Elements of Cartography. New York: Wiley.
SANTOS PRECIADO, J.M. (2004): Sistemas de Información Geográfica. Universidad Nacional de Educación a Distancia. Madrid, 460 pp.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
BUZAI, G.D. y BAXENDALE, C.A. (2006): Análisis socioespacial con sistemas de información geográfica. Ed. Lugar, Buenos Aires. 397 pp.
CHRISMAN, N. (2002): Exploring geographic information systems. John Wiley. Nueva York, 305 pp.
BÁSICAS
CB1 - Que los estudiantes hayan demostrado poseer y comprender conocimientos en un área de estudio que parte de la base de la educación secundaria general, y se suele encontrar a un nivel que, si bien se apoya en libros de texto avanzados, incluye también algunos aspectos que implican conocimientos procedentes de la vanguardia de su campo de estudio CB2 - Que los estudiantes sepan aplicar sus conocimientos a su trabajo o vocación de una forma profesional y posean las competencias que suelen demostrarse por medio de la elaboración y defensa de argumentos y la resolución de problemas dentro de su área de estudio CB3 - Que los estudiantes tengan la capacidad de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro de su área de estudio) para emitir juicios que incluyan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica o ética CB4 - Que los estudiantes puedan transmitir información, ideas, problemas y soluciones a un público tanto especializado como no especializado CB5 - Que los estudiantes hayan desarrollado aquellas habilidades de aprendizaje necesarias para emprender estudios posteriores con un alto grado de autonomía
GENERALES
CG1 - Asegurar una formación generalista y de carácter integrado sobre los contenidos fundamentales de los diversos ámbitos temáticos de la Geografía, su desarrollo epistemológico y sus métodos de investigación. CG2 - Conocer, comprender e interpretar el territorio CG3 - Interrelacionar el medio físico y ambiental con la esfera social y humana CG4 - Combinar un enfoque generalista con un análisis especializado CG5 - Interrelacionar los fenómenos a diferentes escalas territoriales CG6 - Explicar la diversidad de lugares, regiones y localizacion CG7 - Comprender las relaciones espaciales. Valorar los aspectos culturales en su interpretación CG8 - Analizar e interpretar los paisajes CG9 - Generar sensibilidad e interés por los temas territoriales y ambientales
TRANSVERSALES
CT4 - Combinar las dimensiones temporal y espacial en la explicación de los procesos socioterritoriales CT7 - Gestionar la complejidad CT5 - Relacionar y sintetizar información territorial transversal CT6 - Generar acuerdos en equipos interdisciplinares CT8 - Ordenar y sintetizar la información CT9 - Exponer y transmitir los conocimientos geográficos
ESPECÍFICAS
CE1 - Realizar análisis integrados del territorio CE3 - Utilizar Sistemas de Información Geográfica CE4 - Expresar información cartográficamente
Materia en extinción. Non hai dereito á docencia
As titorías centraranse en aclarar conceptos e definir traballos. En suma, en orientar ao alumnado no seu proceso de aprendizaxe.
Usarase a Aula Virtual da USC como ferramenta de comunicación co estudantado ofrecéndolles información da programación docente ao longo do curso na aula, e materiais básicos e complementarios para o estudo da materia.
Realizaranse prácticas de campo, coa visita a institucións e ou empresas con proxectos SIX de interese para a sociedade e a ordenación do territorio.
A aplicación de referencia na materia será o ARCGISPro (ESRI) para o que a USC dispón de licencia campus, e o estudantado poderá instalalo no seu ordenador particular. Así mesmo, utilizaranse de xeito complementario QGIS, e outras aplicacións de referencia para o estudo da materia.
Mantéñense os criterios de avaliación previos ao procedemento de extinción (art. 13 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións), mais o sistema de avaliación está en consonancia coa ausencia de docencia.
A avaliación do estudantado basearase en dous aspectos:
1.- Demostración práctica de manexo de ferramentas SIX: 70 % da nota. A avaliación final consistirá nun suposto práctico que terán que resolver os discentes empregando a aplicación ArcGisPro.
2.- Traballos prácticos de entrega obrigatoria, realizados durante o tempo de traballo autónomo do estudantado: 30% da nota.
Estes traballos terán que ser entregados antes da realización do suposto práctico final.
Para superar a materia é necesario acadar un 30% da nota máxima dos apartados 1 e 2 da avaliación, exame e traballos prácticos respectivamente.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación - Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
A materia non ten docencia.
Na USC un crédito ECTS equipárase a 25 horas de traballo do estudante Dado o carácter práctico da asignatura é necesaria unha adicación continuada ao longo da semana.
É preciso instalar as aplicacións de referencia na matéria (ArcGisPro e QGis) nos equipos particulares do estudantado, para poder realizar o traballo necesario de xeito autónomo.
• Instalar as aplicacións de referencia na matéria (ArcGisPro e QGis) nos equipos particulares do estudantado, para poder realizar o traballo necesario de xeito autónomo.
• Dedicar de forma contínua ao longo do curso un tempo de estudo axeitado aos contidos prácticos.
• Para dúbidas sobre a materia, están dispoñibles as titorías.
• Revisar o Campus Virtual de xeito frecuente para estar ao día co material e as tarefas asignadas.
• Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual.
• Realización dos Cursos de Competencias da Biblioteca da Facultade: https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/servizos/competencias.html
-Calendario polo que se extingue o grao de 2019. Vencello-e: https://assets.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/links/2024-07/cal…
Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: correo rai, Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Proceso de ensino-aprendizaxe (clases e titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos da USC: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria De Los Angeles Piñeiro Antelo
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- manxeles.pineiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade