Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia destínase a dotar ao alumnado das ferramentas e os métodos específicos para que sexa capaz de elaborar un plan estratéxico desde un punto de vista práctico, na súa secuencia habitual: diagnóstico selectivo, plan de acción, etc. Perséguese como principal obxectivo que o alumnado desenvolva por escrito unha simulación de plan estratéxico seguindo unha estrutura prefixada. Pártese de discutir este tipo de planificación no seo dos debates teórico-conceptuais sobre as modalidades da ordenación territorial e as súas múltiples interconexións e solapamentos. Cabe realizar un estudo específico sobre o carácter indicativo/vinculante dos procesos de planificación estratéxica, o que implica recoñecer as ambigüidades asociadas aos mesmos. A materia inclúe, así mesmo, un sistema de avaliación dos documentos de planificación estratéxica, que se aplica a plans xa elaborados que se estudan desde a perspectivas das boas prácticas.
1. Idiosincrasia e especificidade da planificación estratéxica. Orixe da modalidade planificadora e primeiras experiencias territoriais e urbanas. Difusión e xeneralización do modelo estratéxico. Relacións con outras modalidades planificadoras: urbanismo, planificación territorial, etc.
2. Organización dos procesos estratéxicos
3. O diagnóstico estratéxico
4. Escenarios, alternativas e visións
5. A dimensión propositiva do plan estratéxico
6. Xestión e avaliación dun plan estratéxico
Un contido obrigatorio desta materia é a saída de campo de día enteiro en desenvolvemento do temario práctico. Computaranse 6 horas.
Básica
-ALBRECHTS, L. (2006): Shifts in strategic planning? Some evidence from Europe and Australia, Environment and Planning A, 38:1149-1170.
-FARINÓS, J. et al. (2005): Planes estratégicos territoriales de carácter supramunicipal, Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, 39:117-149.
-FONT, J. (1998): La planificación estratégica, en PUJADAS, R. e FONT, J.: Ordenación y planificación territorial. Madrid: Síntesis, pp. 365-386.
-MARTÍN, A. & MERINERO, R. (coords.) (XX): Planificación Estratégica Territorial: estudios metodológicos. Sevilla: Junta de Andalucía.
-MERINERO, R. (2010): Planificación estratégica urbana y territorial: elementos básicos para su aplicación en la administración local. Sevilla: Junta de Andalucía.
-PASCUAL, J.M. (1999): La estrategia de las ciudades. Los planes estratégicos como instrumento: métodos, técnicas y buenas prácticas. Barcelona: Diputació de Barcelona.
-PASCUAL, J.M. & TARRAGONA, M. (2009): Estrategia territorial y gobierno relacional. Manual para la planificación estratégica de 2ª generación. Sevilla: Junta de Andalucía.
-PUJADAS, R. y FONT, J. (1998): Ordenación y planificación territorial. Madrid: Síntesis.
-VERA, J. (coord.) (1997): Planificación estratégica y concertada, en Análisis territorial del turismo. Barcelona: Ariel. pp. 390-395.
Complementaria
-ELISE, P. (ed.) (2014): Strategic Territorial Agendas for Small and Middle-sized Towns and Urban Systems. Ljubljana: Urban Planning Institute of the Republic of Slovenia (UIRS).
-GANAU, J. e MALLARACH, J. (2003): La planificació estratègica territorial a Catalunya. Quinze anys d’evolució. Barcelona: Generalitat de Catalunya.
-SIMEONOVO, V. et al. (2018): SPIMA - Spatial dynamics and strategic planning in metropolitan areas. Luxembourg: ESPON.
-XUNTA DE GALICIA (2015): Plan Estratégico de Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
-PAÜL, V. et al. (2019): Estratexia do Río Miño Transfronteirizo 2030. Pontevedra: De. de Pontevedra.
Específicas contidas na memoria de título:
-Coñecer os principais instrumentos de ordenación e xestión territorial e as principais figuras de planeamento en ordenación
do territorio e urbanismo.
-Capacidade para levar a cabo procesos de análise, avaliación e diagnóstico do territorio, do medio ambiente, do
urbanismo, dos usos do solo e da propiedade da terra desde un punto de vista económico, social e ambiental.
-Formación para extraer, analizar e presentar a información necesaria para a toma de decisións na planificación e
xestión territorial e ambiental.
-Coñecemento e uso crítico da terminoloxía especializada en planificación e xestión territorial e ambiental, e capacidade
para a aplicación práctica dos coñecementos sobre planificación do territorio, en especial no ámbito galego.
-Coñecer as técnicas, ferramentas e tecnoloxías que permiten realizar unha planificación e xestión territorial eficiente e a diferentes escalas (rexional, urbana, etc.).
Clases expositivas. Desenvolvemento de contidos teóricos e de conceptos relacionados coas materias.
Clases interactivas. Aplicación dos contidos teóricos á análise de problemas ou situacións concretas. Inclúen actividades cunha participación activa dos estudantes como seminarios, discusión de casos prácticos, simulacións, resolución de problemas, defensa de informes, exposición de traballos e saída de campo de día enteiro obrigatoria. Esta última computará 6 horas. Dado que a saída de traballo de campo ten natureza de actividade formativa obrigatoria segundo o Acordo do Consello de Goberno do 25/11/2024 que aprobou o Regulamento de asistencia a clase, a posible falta de asistencia deberá ser expresamente xustificada de acordo co art. 3 do devandito Regulamento.
Titorías. Reunións voluntarias e concertadas do profesor cos estudantes, individualmente ou en pequenos grupos.
A avaliación é de tipo continuo e de acordo e seguiranse estes criterios:
1. 30%: Elaboración dun portafolio da materia, cunha breve referencia crítica e reflexiva aos contidos tratados nas clases e na saída de campo de día enteiro obrigatoria, cun máximo de 10 páxinas. A listaxe bibliográfica e as referencias dentro do texto deberán ser correctos.
2. 15%: Participación activa e debate nas clases e na saída, incluíndo breves presentacións. De acordo co art. 1 do Regulamento devandito, a asistencia ás aulas ponderarase na cualificación parcial relativa ao ítem da avaliación continua.
3. 40 %: Traballo de curso consistente nunha exposición crítica centrada nalgún plan estratéxico, cunha proposta alternativa. A listaxe bibliográfica e as referencias dentro do texto deberán ser correctos. Para realizar media entre os tres apartados, só pode estar un suspenso. Tanto se están tres ou catro apartados suspensos, coma se a media non permite aprobar, fai falta afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade, será necesario repetir exclusivamente aqueles apartados que non estean superados. Seguiranse, por tanto, os mesmos criterios que na primeira oportunidade.
Con estes apartados 1, 2 e 3 avaliaranse as competencias: CG01, CG05, CGB7, CB8, CB10, CT02, CT01, CT06, CT08, CE02, CE04, CE05, CE06, CE08
4. 15% Proba de avaliación de coñecementos e competencias.
6. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, incluíndo o uso inaxeitado da IA, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisións de cualificacións, nomeadamente o seu art. 16, que estipula a cualificación global resultante.
A materia presenta unha carga de traballo persoal de 75 horas (3 ECTS), entre clases presenciais e actividades non presenciais. Todos os temas distribúense do mesmo xeito: 12,5 horas, repartidas do seguinte xeito: presenciais (4,5); non presenciais (7,5h).
Con carácter xeral, recoméndase ao alumnado contemplar cada materia como un aspecto particular dunha problemática máis ampla, neste caso a planificación estratéxica como clave para o desenvolvemento dun territorio. Esta materia implica un traballo continuado de seguimento das clases e un esforzo dedicado á elaboración do portafolio e do traballo de curso. Máis aló das clases, recoméndase utilizar as titorías para un adecuado seguimento da materia. Así mesmo, espérase do/da alumno/a unha aprendizaxe autónoma e iniciativa.
Juan Manuel Trillo Santamaria
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- juanmanuel.trillo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade