Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo global da materia é a comprensión das interrelacións da actividade económica e o territorio, e de como desas interrelacións se deriva a organización espacial desde o punto de vista económico.
A Xeografía Económica sérvenos para entender e interpretar a lóxica espacial da actividade económica. Resulta, polo tanto, fundamental coñecer e entender o papel que desenvolven os diferentes axentes (empresas, consumidores, traballo....), así como os factores que condicionan a actividade das empresas (innovación, competitividade...). Finalmente, é importante non apenas analizar o proceso de globalización maís tamén o protagonismo que segue a ter o local, onde o territorio resulta unha peza imprescindíbel.
Con base no anterior os obxectivos xerais pódense resumir en:
-Analizar as interrelacións entre actividade económica e territorio
-Valorar o papel dos axentes económicos e dos factores condicionantes da actividade económica.
-Traballar coas escalas xeográficas que permitan interrelacionar o proceso de globalización co protagonismo local e rexional.
-Comprender as desigualdades económicas de carácter espacial, interpretando as súas causas e entendendo as alternativas e solucións
-Coñecer e manexar con habilidade as fontes e as ferramentas de carácter económico-espacial.
Segundo consta na memoria de verificación do título, os contidos desta materia deben abordar os seguintes aspectos:
Fundamentos de Geografía económica. La conformación del sistema mundo a lo largo del tiempo. Los grandes
bloques económicos mundiales y los tratados de comercio. Teorías de localización espacial clásicas. De la
localización a la deslocalización. La división espacial de las fases del proceso de producción. Las nuevas tecnologías y
la consolidación de un sistema económico integrado mundial. Globalización y desarrollo desigual. El desarrollo
regional y el desarrollo local.
Estes contidos desenvolveranse nos seguintes Temas:
Tema 1. Relacións Economía-Xeografía.
Tema 2. As fronteiras da Xeografía Económica
Tema 3. Teorías e métodos na Xeografía Económica
Tema 4. Globalización e desenvolvemento desigual
Tema 5. O espazo económico
Bibliografía básica e complementaria
ALBET, A. y BENEJAM, P. (2001): Una Geografía Humana renovada. Lugares y regiones en un mundo global. Vicens Vives. Barcelona.
ALONSO LOGROÑO, P. et al. (2022). Geografía Económica: fundamentos, agentes y procesos. Valencia: Tirant lo Blanch
AZCÁRATE, B, AZCÁRATE, Mª V. y SÁNCHEZ, J. (2008): Grandes espacios geográficos. El mundo desarrollado. UNED. Madrid.
AZCÁRATE, B, AZCÁRATE, Mª V. y SÁNCHEZ, J. (2009): Grandes espacios geográficos. Subdesarrollo y países emergentes. UNED. Madrid.
BARNES, T., CHRISTOPHERS, B. (2018): Economic Geography. A Critical Introduction. London: Wiley
BRAUDEL, F. (2006): La dinámica del capitalismo. Fondo de Cultura económica. México.
CASTELLS, M (2000): La era de la información. La sociedad red. Alianza Editorial. Madrid.
CLAVAL,P. (1980): Geografía económica. Ed. Oikos-Tau. Barcelona.
COE, N.-KELLY, P.-YEUNG, H.W.C. (2013) Economic geography: a contemporary introduction. Wiley-Blackwell.
DICKEN, P. (2015): Global Shift. Mapping the changing contours of the world economy. London, Sage
MÉNDEZ,R. (1997): Geografía económica. La lógica espacial del capitalismo global. Ariel Geografía. Madrid.
MÉNDEZ, R. (2023): Tiempos críticos para el capitalismo global. Una perspectiva geoeconómica. Madrid, Revives
PNUD: Informe sobre desarrollo humano, varios anos.
ROMERO, J (coord..) (2007): Geografía humana : procesos, riesgos e incertidumbres en un mundo globalizado. Ariel Geografía. Barcelona.
Nesta materia utilizaranse fundamentalmente revistas académicas como
Economic Geography https://www.tandfonline.com/journals/recg20
Journal of Economic Geography https://academic.oup.com/joeg
Environment and Planning A: Economy and Space https://journals.sagepub.com/home/epn
Antipode https://onlinelibrary.wiley.com/journal/14678330
Revista Galega de Economía https://revistas.usc.gal/index.php/rge/index
Tamén sitios web como
Organización das Nacións Unidas. www.un.org
UE. http://europa.eu/index_es.htm.
Organización Mundial do Comercio. www.wto.org
Banco Mundial. www.worldbank.org
Fondo Monetario Internacional. www.imf.org
OCDE. https://www.oecd.org/
Foro Económico Mundial. https://www.weforum.org/
Instituto Nacional de Estadística. www.ine.es
Instituto Galego de Estatística. www.ige.es
Instituto de Comercio Exterior (ICEX). www.icex.es
Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento. www.undp.org
As competencias e resultados da aprendizaxe son as que marca a memoria do título. En concreto, os coñecementos corresponden co con 3 (Xeografía Humana) e con 7 (Métodos e traballo de campo da disciplina xeográfica)
Relativamente ás habilidades e destrezas son:
H/D1, Xestionar a complexidade xeográfica e da Ordenación do territorio
H/D2: Entender os problemas xeográficos de forma multidimensional, interrelacionando o medio físico-natural e ambiental coa esfera humana e social
H/D3: Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
H/D4: Buscar, xerar, ordenar esintetizar información xeográfica
H/D5: Expor e transmitir coñecementos, métodos e resultados xeográficos de forma autónoma
Finalmente as competencias son:
Comp1: Coñecer, comprender, analizar e interpretar o territorio, o medio físico-natural, o medio ambiente e a paisaxe
Comp5: Aprender a coñecer e interpretar diretamente o territorio, o medio e a paisaxe a través do traballo de campo
Comp6: Elaborar e interpretar información cuantitativa e cualitativa en xeografía
Comp7: Explicar a diversidade de lugares, ambientes, cidades y rexións
Desenvolveranse clases expositivas (explicación dos conceptos do programa polo profesor) e clases interactivas nas que o alumnado traballará con distintas fontes, documentos, artigos e calquer outro material de interese para a disciplina. É importante saber desenvolver un espírito crítico nos traballos e nas intervencións.
A materia consta de 24 horas de docencia teórica que consistirán en clases maxistrais nas que se valorará a intervención crítica do alumnado. Aliás, a materia ten 12 horas de docencia interactiva de seminario, 12 horas de docencia interactiva de laboratorio/sala de informática e 3 horas de titorización en grupo reducido.
Ten de existir unha coordinación entre as horas explicativas e as interactivas para dar coherencia ao proceso formativo. En todo caso, as características da metodoloxía de ensino seguirán as indicacións da memoria do título.
A entrega dos traballos das clases interactivas son obrigatorios, calquera que sexa a convocatoria, incluíndo aquelas persoas con dispensa de asistencia ou repetidoras.
O profesor poderá encargar un traballo final e tamén, se é posible, haberá unha saída de campo de carácter obrigatorio.
A pariticipación activa nas interactivas ou nas expositivas será valorado moi positivamente
As aulas teóricas terán un valor do 60% e as interactivas do 40%. A cualificación final non será unha media exacta de ambas as partes da materia: é necesario aprobar as duas partes para poder facer media. A non entrega de traballos poderá valorarse negativamente.
Aínda que os traballos e o exame son importantes, o profesorado valorará positivamente a asistencia regular ás aulas así como a participación activa do alumnado.
A asistencia ás aulas e a dispensa académica seguirá o Acordo do Consello de Goberno do 25/11/2024 que aprobou o Regulamento de asistencia a clase.
Relativamente á realización de traballos haberá unha especial vixilancia sobre o plaxio e o uso fraudulento da IA
A segunda oportunidade e demais convocatorias rexeranse polas mesmas normas
O das clases presenciais e interactivas, e tres horas semanais (promedio) para estudo, realización de traballos e titorías para o seguimento. A memoria do título fixa en 99 as horas de traballo persoal do alumnado
Utilizar a bibliogafía recomendada
Utilizar diccionarios de termos xeográficos para dominar a linguaxe específica e para adquirir o hábito da concreción e exactitude ao manexar
conceptos
Ler os textos seleccionados
Ler a prensa de forma habitual, e especialmente os artigos relacionados coa materia
Asistir regularmente ás aulas e participar activamente nas clases con espírito crítico e construtivo
O horario de titorías será: luns, martes e mércores de 9 a 11 h.
Xose Manuel Santos Solla
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Teléfono
- 881812629
- Correo electrónico
- xosemanuel.santos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Angel Miramontes Carballada
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- angel.miramontes [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
Xoves | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |