Obxectivos da materia
O obxectivo das Técnicas Instrumentais é o estudo de todas as técnicas experimentais que, utilizando unha instrumentación complexa na maioría dos casos, permite obter unha serie de datos cos que, ademais da determinación analítica dunha substancia a nivel farmacéutico, pódese chegar tamén ao coñecemento das súas características estruturais.
Contido
Bloque I. Métodos Espectrométricos:
Tema 1. Espectroscopía Ultravioleta-Visible.
Tema 2. Espectrometría de Masas.
Bloque II. Métodos Electroquímicos:
Tema 3. Conductimetría.
Tema 4. Potenciometría.
Bloque III. Métodos de Separación:
Tema 5. Métodos cromatográficos.
Tema 6. Métodos electroforéticos.
Programa de clases prácticas:
Práctica 1. Análise cuantitativa mediante espectrofotometría visible-ultravioleta: lei de Lambert-Beer.
Práctica 2. Valoración potenciométrica dun ácido feble e determinación aproximada do seu pKa.
Práctica 3. Análise de mostras por cromatografía de gases.
Práctica 4. Medidas conductimétricas e as súas aplicacións.
Bibliografía básica e complementaria
Básica
• D. C Harris. "Análisis químico cuantitativo", Reverté, 2016.
• P. W. Atkins. "Química Física", Addison-Wesley Iberoamericana, 2006.
• R. Chang, K. A. Goldsby. "Química", McGraw-Hill Educación, 2015.
Estes tres libros de carácter xeral pódense empregar practicamente ao longo de todo o curso e abranguen a maioría dos temas da materia cunha exposición clara e axeitada do contido para o estudantado que os consulte.
Complementaria
• D. A. Skoog, F. J. Holler, T. A. Nieman. "Principios de Análisis Instrumental", Cengage Learning, 2008.
• I. N. Levine. "Principios de Fisicoquímica", McGraw-Hill, 2014.
• R. H. Petrucci, F. G. Herring, J. D. Madura, C. Bissonnette. "Química General", Pearson Educación, 2017.
• T. Engel, P. Reid. "Química Física", Addison-Wesley, 2006.
Competencias
Coñecementos
Con 01. Coñecer a orixe, natureza, e como deseñar, obter, analizar, controlar e producir principios activos, fármacos e medicamentos, así como outros produtos e materias primas de interese sanitario de uso humano ou veterinario.
Con 03. Saber aplicar o método científico e adquirir habilidades no manexo da lexislación, fontes de información, bibliografía, elaboración de protocolos e demais aspectos que se consideran necesarios para o deseño e avaliación crítica de ensaios preclínicos e clínicos.
Con 04. Adquirir coñecementos para deseñar, preparar, fornecer e dispensar medicamentos e outros produtos de interese sanitario.
Con 11. Coñecer as características físico‐químicas das substancias utilizadas para a fabricación dos medicamentos.
Con 15. Coñecer os principios e procedementos para a determinación analítica de compostos: técnicas analíticas aplicadas á análise de auga, alimentos e medio ambiente.
Con 16. Coñecer e aplicar as técnicas principais de investigación estrutural incluíndo a espectroscopia.
Habilidades ou Destrezas
H/D 05. Desenvolver habilidades de comunicación e información, tanto orais como escritas, para tratar con pacientes e usuarios do centro onde desempeñe a súa actividade profesional.
H/D 06. Promover as capacidades de traballo e colaboración en equipos multidisciplinares e as relacionadas con outros profesionais sanitarios.
H/D 07. Seleccionar as técnicas e procedementos apropiados no deseño, aplicación e avaliación de reactivos, métodos e técnicas analíticas.
H/D 08. Levar a cabo procesos de laboratorio estándar incluíndo o uso de equipos científicos de síntese e análise, instrumentación apropiada incluída.
H/D 09. Estimar os riscos asociados á utilización de sustancias químicas e procesos de laboratorio.
Competencias:
Comp 01. Capacidade de análise e síntese.
Comp 10. Capacidade crítica e autocrítica.
Comp 18. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp 25. Habilidade para traballar de forma autónoma.
Metodoloxía da ensinanza
As trinta horas de clases expositivas impartiranse como clases maxistrais presenciais, xa que o elevado número de estudantes por grupo non permite a utilización de métodos alternativos. Nesas clases impartiranse os conceptos e contidos teóricos da materia. Para iso, empregaranse as novas tecnoloxías para presentacións colectivas, como PowerPoint, vídeos, etc.
As clases interactivas estarán dedicadas á resolución de cuestións prácticas e problemas.
O traballo práctico no laboratorio realizarase en grupos de, como máximo, 20 persoas.
Todo o anterior estará implementado co uso da plataforma virtual da USC.
Sistema de avaliación
A nota global resultará da suma das cualificacións obtidas en tres actividades:
1º Un exame final de teoría e problemas.
2º A avaliación continua.
3º Prácticas de laboratorio.
O exame final de teoría e problemas será cualificado sobre un máximo de 7,5 puntos, correspondéndolle 5,0 puntos á parte de teoría e 2,5 puntos á parte de problemas. A teoría consistirá en varias cuestións aplicadas con diversos apartados, podendo ser algunhas de tipo test. Os problemas, dous ou tres, serán de carácter práctico e presentarán diferentes apartados. É requisito indispensable para aprobar a materia obter unha nota igual ou superior a 1,50 puntos na parte de teoría e unha nota igual ou superior a 0,75 puntos na parte de problemas. O exame de Teoría e Problemas realizarase de forma presencial.
A puntuación máxima da avaliación continua é de 2,0 puntos e poderá obterse tanto nas clases expositivas como nas interactivas, considerando a participación activa do estudantado, a realización das actividades propostas e as cualificacións obtidas en probas escritas, entre outros aspectos.
A realización das prácticas polo estudantado é condición indispensable para poder ser avaliado na materia. Así mesmo, será requisito indispensable superar un exame desas prácticas que consistirá nunha serie de cuestións relacionadas con elas. A contribución á cualificación global será de 0,5 puntos. Ao estudantado repetidor manteráselle a nota de prácticas de cursos anteriores, pero se o desexan, poderán realizalas de novo. Para iso terán que comunicalo ao profesor e tamén repetir o exame correspondente e aprobalo.
Na segunda oportunidade da convocatoria do curso académico, realizarase o exame final de teoría e problemas co mantemento das cualificacións correspondentes ás prácticas e á avaliación continua obtidas. O estudantado que non teña aprobado o exame de prácticas terá a opción de repetilo nesa oportunidade. As notas máximas e os mínimos requiridos serán os mesmos que para a primeira oportunidade.
No caso de que o estudantado teña concedida a dispensa de asistencia á clase, a avaliación consistirá nun exame final (9,5 puntos) e na realización das prácticas de laboratorio e o seu correspondente exame de prácticas cunha contribución á cualificación global de 0,5 puntos.
A avaliación farase en base ás competencias adquiridas, de xeito que estas serán avaliadas nas diferentes actividades realizadas ao longo do curso:
No exame: Coñecementos: Con 01, Con 04, Con 11, Con 15, Con 16; Habilidades ou destrezas: H/D 07, H/D 09 e Competencias: Comp 01 e Comp 10.
Nas clases interactivas: Coñecementos: Con 01, Con 04, Con 15, Con 16; Habilidades ou destrezas: H/D 07, H/D 09 e Competencias: Comp 01 e Comp 10.
Nas prácticas de laboratorio: Coñecementos: Con 03, Con 11, Con 16; Habilidades ou destrezas: H/D 05, H/D 06, H/D 08, H/D 09 e Competencias: Comp 01, Comp 10, Comp 18 e Comp 25.
Tempo de estudo e traballo persoal
Traballo presencial:
-Clases expositivas en grupo grande: 30 horas
-Clases interactivas en grupo reducido: 14 horas
-Titorías en grupo moi reducido: 2 horas
-Prácticas de laboratorio: 10 horas
-Exames e revisión: 4 horas
Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio: 60 horas
Traballo persoal:
-Estudo autónomo individual ou en grupo: 48 horas
-Resolución de exercicios, ou outros traballos: 24 horas
-Orientación e resolución de dúbidas: 2,5 horas
-Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria das prácticas: 6,5 horas
-Realización e revisión do exame: 9 horas
Total horas traballo persoal do estudante: 90 horas
Recomendacións para o estudo da materia
-Coñecementos matemáticos tales como: erros de medida.
- Nocións de estatística, representacións gráficas e interpretación de funcións.
-Funcións exponencial e logarítmica. Regresión lineal.
-Coñecementos básicos de física.
-Química-Física: Farase referencia constante aos conceptos estudados nesta materia, que servirán de punto de partida para abordar o fundamento de cada unha das técnicas.
-Dedicación regular ao estudo da materia (períodos diarios ou cada dous días).
-A medida que avanza o estudo é necesario ir resolvendo as cuestións e problemas formulados en cada capítulo.
-Evitar introducirse nun novo capítulo sen entender axeitadamente os anteriores.
Observacións