Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer as principais achegas teóricas sobre os vínculos existentes entre literatura e sociedade, como se representa unha sociedade no universo do literario en canto a concepto, terminoloxía, tipoloxía, aspectos históricos, características principais e metodoloxía(s) de interpretación.
Comprender, analizar e comparar textos (literarios, históricos, culturais, políticos, visuais) representativos de tal relación e reflexionar sobre a interacción co contexto histórico, social e cultural en que se inscribe a súa produción e recepción.
Formular razoamentos críticos derivados da análise dos textos inseridos nun contexto social que conduzan á adquisición dun método sólido de análise socioliteraria que transcenda a mera aproximación intuitiva aos textos obxecto de estudo.
Relacionar textos literarios e outras expresións culturais e artísticas, como pode ser o cine, a música ou a arte coa realidade sociocultural na que se producen.
A materia aborda as relacións entre literatura e sociedade, prestando especial atención aos contextos políticos e sociohistóricos. Así mesmo, as imbricacións ideolóxicas intertextuais e os aspectos estéticos máis relevantes teranse en conta na análise dos (con)textos literarios do ámbito anglófono
Básica:
Bercovitch, S. ed. 1994-2004. The Cambridge History of American Literature. Cambridge: CUP.
During, S. 2005. Cultural Studies: A Critical Introduction. London & New York: Routledge.
Carter, R. & McRae, J. 2006. The Routledge History of Literature in English. Britain and Ireland. London & New York: Routledge.
Johnson, P. 1997. A History of the American People. London: Phoenix Press.
King, B., ed. 1996. New national and post-colonial literatures: an introduction. Oxford: Clarendon Press.
Lane, R.J., ed. 2013. Global Literary Theory. London and New York: Routledge.
Morgan, K.O. ed. 2009. The Oxford Illustrated History of Britain. Oxford: OUP.
Rojek, C., 2007. Brit-myth: Who Do the British Think They Are? London: Reaktion Books.
Ryan, M. 2010. Cultural Studies. A Practical Introduction. Malden, MA: Wiley-Blackwell.
Complementaria:
Arana, R.V., ed. 2009. “Black” British Aesthetics Today. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.
Auslander, P. 2003. Performance: Critical Concepts in Literary and Cultural Studies. London & New York: Routledge.
Butler, J., Laclau, E., & Žižek, S. 2000. Contingency, Hegemony, Universality: Contemporary Dialogues on the Left. London: Verso.
Davis, M. 2007. In Praise of Barbarians: Essays Against Empire. Chicago, IL: Haymarket Books.
Ledent, B. & P. Cuder, eds. 2012. New Perspectives on the Black Atlantic: Definitions, Readings, Practices, Dialogues. Bern: Peter Lang.
McIntyre, D.W. 2001. A Guide to the Contemporary Commonwealth. Houndmills, Hampshire; New York: Palgrave.
Moi recomendable:
Servizo EzProxy (acceso remoto a 12000 títulos de revistas, máis de 51000 títulos de libros electrónicos e 42 bases de datos, todos eles accesibles a través de reBUSCa e Pórtico):
https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/utilidades/ezproxy.html
(“Memoria do Máster Interuniversitario en Estudios Ingleses Avanzados e as Súas Aplicacións, 2ª edición", pp. 6-7: http://www.imaes.eu/wp-content/uploads/2019/12/MEMORIA_ANEXOS-I-II.pdf):
CB7:Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8:Que os estudantes sexan quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9:Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
G02:Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos no contexto multidisciplinar e multifacético dos Estudos Ingleses.
G04:Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario acadar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral.
G05:Habilidades para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses.
G06:Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a considerar a relevancia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias.
E09:Coñecemento dos principios, modelos e recursos de investigación literaria/cultural no ámbito anglófono.
E10: Capacidade de utilizar as técnicas empregadas para a análise de textos artísticos e culturais no ámbito anglófono.
E11: Capacidade para identificar e analizar as características máis relevantes da cultura e das institucións do ámbito anglófono a través de diversos tipos de textos pertencentes a diferentes épocas históricas.
Actividades de introdución, debates e presentacións orais e grupais, traballos escritos.
Traballo virtual, participación activa nas aulas e asistencia : 20% (Competencias avaliadas: G02, G05, E09, E10, E11)
Unha presentación oral individual: 30% (Competencias avaliadas: G02, G04, G05, E10)
Un traballo escrito final: 50% (Competencias avaliadas: G02, G04, G05, G06, E10)
Este sistema de avaliación aplícase á primeira e segunda oportunidades.
O estudantado oficialmente exento de asistencia a clase e de segunda matrícula ou sucesivas será avaliado cun traballo final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións: "A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes". Polo tanto, a detección do máis mínimo fraude suporá un cero na materia e tomaranse as medidas disciplinarias establecidas.
MPORTANTE: ASISTENCIA A CLASE E AVALIACIÓN
Asistencia: ASISTIR ao 90 por cento das horas totais da asignatura é OBRIGATORIO para superar a materia e para poder entregar as tarefas da avaliación final.
Segundo o establecido no “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da USC” aprobado o 25 de novembro de 2024 a xustificación da falta de asistencia a clase e ás probas de avaliación farase do seguinte xeito:
"Artigo 3.2 Xustificación da falta de asistencia a clase. En todo caso, serán causas xustificadas as seguintes:
a) A realización de exames oficiais ou probas selectivas na Administración, xustificada mediante a acreditación do órgano avaliador.
b) A presenza en órganos colexiados universitarios internos, ou externos á USC cando se asista en representación do colectivo, acreditada mediante a correspondente convocatoria e certificación da secretaría do órgano.
c) O ingreso en centros hospitalarios e as consultas médicas non reprogramables, acreditadas con xustificante do centro médico ou facultativo responsable.
d) A enfermidade que impida a presenza física no centro, debidamente acreditada.
e) O paro académico ou a folga doutros colectivos cando impida o acceso ás aulas.
f) A enfermidade grave ou falecemento dun familiar ata o 2º grao, debidamente acreditada.
g) O cumprimento dun deber público, debidamente xustificado.
h) A limitación oficial de mobilidade por inclemencia meteorolóxica ou estado de alerta, alarma ou excepción debidamente declarado.
i) A participación en actividades por parte de deportistas de alto nivel ou de alto rendemento, conforme á normativa autonómica e a da USC.
j) Calquera causa de forza maior debidamente acreditada.
3. A acreditación da existencia de causa xustificada para a non asistencia a clase deberá realizarse ante o profesor ou profesora no prazo máximo de cinco días hábiles desde que remate a causa que impediu a asistencia. De existir discrepancia de criterio entre o/a docente e o/a estudante sobre a acreditación, a decisión final corresponderá á dirección do centro ou comisión competente.
4. Entenderanse cumpridas as obrigas de asistencia ás actividades formativas recollidas na programación docente das materias sen necesidade de aportar xustificación cando a falta de asistencia non supere o 10% das horas programadas [isto é: todas as horas da materia, tanto expositivas como interactivas], agás nos casos de actividades de realización obrigatoria.
Artigo 5. Falta de asistencia a probas de avaliación.
1. As causas de xustificación da non asistencia a clase recollidas no artigo 3.2. poderán alegarse tamén para xustificar a falta de asistencia a probas de avaliación, agás no caso de deportistas de alto nivel e alto rendemento no que só se flexibilizará o calendario de exames cando coincida coas competicións e con concentracións e adestramentos de seleccións oficiais, xustificados mediante certificación da federación deportiva correspondente.
2. De existir causa xustificada o/a estudante terá dereito a realizar a proba noutra data, que se fixará polo profesorado responsable da materia, preferiblemente de forma consensuada co/a estudante afectado/a e sempre con anterioridade á data de peche de actas da correspondente oportunidade. Entre a comunicación da nova data de avaliación e a realización da proba deberá transcorrer, sempre que sexa posible, un mínimo de dous días hábiles."
ACTIVIDADE FORMATIVA HORAS PRESENCIALIDADE
-Clases expositivas na aula 5 100 %
-Clases interactivas
(seminarios, debates, exposicións
na aula) 7 100 %
-Titorías presenciais 2 100 %
-Actividades de control de
lecturas a través da
plataforma virtual 4 0
-Estudio autónomo individual
ou en grupo do/da estudante 11 0
-Escritura de exercicios, artigos,
conclusións ou outros traballos derivados
da materia 20 0
- Actividades en biblioteca, lecturas
recomendadas e buscas
bibliográficas 20 0
-Busca e envorco da información
na plataforma virtual 4 0
-Asesoramento virtual na elaboración
de traballos 2 0
Total horas traballo presencial na aula 14
Total horas traballo a través da plataforma virtual 10
Total horas traballo persoal do estudantado 51
A materia será impartida en inglés.
Non se tolerará a actividade fraudulenta baixo ningunha circunstancia.
IMPORTANTE: Non se respostarán aqueles correos electrónicos que non procedan do enderezo corporativo do/da estudante (enderezo da USC).
De acordo co establecido no artigo 36 da Ley Orgánica do Sistema Universitario (LOSU), que especifica no seu apartado c) entre os deberes do estudiantado: ‘Observar las directrices del profesorado y de las autoridades universitarias’, establécese o seguinte:
1- Nas clases tanto expositivas como interactivas non está autorizado o uso de teléfonos móbiles, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polos/as docentes, responsabilizándose ao estudantado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo. Poderán empregarse tablets ou ordenadores portátiles, exclusivamente para a toma de apuntes e consulta de material no Campus Virtual. Non está permitido o uso de calquer dispositivo electrónico durante a realización de calquera actividade de avaliación, salvo que o profesorado autorice o seu emprego.
2- Con carácter xeral, o estudantado non deberá chegar á aula máis tarde de 10 minutos despois do comezo da clase, para non perturbar o normal desenvolvemento da mesma e a actividade docente.
A USC conta cun servizo de apoio titorial extraordinario para axuda á diversidade (estudantado con necesidades específicas).https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social. E-mail: sepiu.santiago [at] usc.es (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]es).
Cristina Mouron Figueroa
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811832
- Correo electrónico
- cristina.mouron [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:15-20:15 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C05 |
Xoves | |||
18:15-20:15 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | C05 |
09.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | C05 |
09.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C05 |
10.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | C05 |
10.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C05 |