Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 8 Clase Expositiva: 38 Clase Interactiva: 8 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer a estrutura celular, o desenvolvemento embrionario e a organoxénese; así como o desenvolvemento do sistema visual.
Recoñecer mediante métodos macroscópicos e microscópicos a morfoloxía e estrutura dos tecidos, órganos e sistemas do corpo humano.
Coñecer e describir macroscópica e microscopicamente as estruturas que compoñen o sistema visual e os anexos oculares.
Coñecer os principios e as bases dos procesos biolóxicos implicados no funcionamento normal do sistema visual.
Recoñecer o ollo como sistema óptico.
UNIDADE TEMÁTICA I: ANATOMÍA XERAL
Tema 1. Xeneralidades. Conceptos anatómicos fundamentais: terminoloxía, sistemas corporais e orixe ontoxenética
Tema 2. Aparato locomotor: osteoloxía, artroloxía e mioloxía
Tema 3. Aparato cardio-circulatorio: Anatomía do corazón. Configuración externa e interna e estrutura cardíaca. Sistema cardionector. Vascularización e inervación cardíaca. Sistemas arterial, venoso e linfático
Tema 4. Aparato respiratorio. Vías respiratorias. Pulmóns e pleuras. Vascularización e inervación
Tema 5. Aparato dixestivo. Boca. Farinxe. Esófago. Estómago. Intestino delgado. Intestino groso. Glándulas anexas: glándulas salivares, fígado, vías biliares, páncreas. Bazo. Vascularización e inervación
Tema 6. Aparato urinario. Ril. Vías excretoras. Vascularización e inervación
Tema 7. Aparato xenital masculino e feminino
Tema 8. Sistema nervioso I: organización xeral. Sistema nervioso central e periférico. Sistema nervioso somático e sistema nervioso autónomo ou vexetativo. Meninxes. Líquido cefalorraquídeo. Barreira hematoencefálica
Tema 9. Sistema nervioso II: Médula espiñal. Organización xeral. Morfoloxía externa e estrutura interna. Raíces e pares raquídeos
Tema 10. Sistema nervioso III: Tronco encefálico. Bulbo raquídeo, ponte e mesencéfalo. Formación reticular e pares craniais
Tema 11. Sistema nervioso IV: Cerebelo. Morfoloxía externa e núcleos profundos cerebelosos
Tema 12. Sistema nervioso V: Cerebro. Diencéfalo e telencéfalo: cortiza cerebral e ganglios basais
Tema 13. Sistema nervioso VI: Sistema ventricular
Tema 14. Sistema nervioso VII: Sistema nervioso vexetativo simpático e parasimpático
UNIDADE TEMÁTICA II: ANATOMÍA DO APARATO DA VISIÓN
Tema 15. Xeneralidades sobre a anatomía do globo ocular. Desenvolvemento embrionario do globo ocular e anexos. Anomalías oculares conxénitas
Tema 16. Xeneralidades do cranio. Anatomía topográfica da órbita: Morfoloxía xeral. Antropoloxía orbitara. Paredes da órbita. Base e vértice
Tema 17. Globo ocular. Túnica fibrosa: Córnea, esclerótica, limbo esclerocorneal
Tema 18. Globo ocular. Túnica músculo-vascular: coroide, corpo ciliar e iris
Tema 19. Globo ocular. Túnica nerviosa. Retina: estrutura e anatomía funcional. Vascularización da retina
Tema 20. Contido do globo ocular. Medios refrinxentes. Cámaras do globo ocular. Humor acuoso. Cristalino. Corpo Vítreo. Anatomía Funcional.
Tema 21. Anexos do globo ocular I. Musculatura extrínseca do ollo. Movementos oculares. Vascularización
Tema 22. Anexos do globo ocular II. Conxuntiva. Pálpebras. Cellas. Estrutura. Vascularización
Tema 23. Anexos do globo ocular III. Sistema lacrimal: glándula lacrimal e vías lacrimais. Vascularización
Tema 24. Inervación do globo ocular e dos seus anexos. Nervios oculomotores III, IV e VI. Nervio trixémino. Nervio facial. Consideracións clínicas
Tema 25. Vía visual I. Xeneralidades. Nervio óptico. Quiasma óptico. Tracto óptico. Corpo xeniculado lateral. Radiacións ópticas
Tema 26. Vía visual II. Áreas visuais corticais. Vascularización da vía visual. Consideracións clínicas
Tema 27. Respostas oculares vexetativas: reflexos oculares. Aspectos clínicos
CLASES PRÁCTICAS
Xeneralidades de Esplacnoloxía
Xeneralidades do Sistema Nervioso
Cranio e órbita
Anatomía do globo ocular
Anexos do globo ocular
Vascularización e inervación do globo ocular
Anatomía da vía visual
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
UNIDAD TEMÁTICA I: ANATOMÍA GENERAL
SUÁREZ QUINTANILLA JA, ITURRIETA ZUAZO I, RODRÍGUEZ PÉREZ AI ET AL. Anatomía humana para estudiantes de Ciencias de la Salud. 2ª ed. Elsevier España, S.L.U.; 2020
Atlas de anatomía aconsejados
NETTER, F. H., Atlas de Anatomía Humana. 8ª ed. Elsevier España, S.L.U.; 2023. ISSN: 9788413823980
UNIDAD TEMÁTICA II: ANATOMÍA DEL APARATO DE LA VISIÓN
HAINES DE. Principios de Neurociencia. Aplicaciones básicas y clínicas. 5ª ed. Madrid: Elsevier Saunders; 2019. Acceso electrónico en ClinicalKey.
SNELL R. Neuroanatomía clínica. 8ª ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2019.
BARRIO AND MURILLO. Órbita. Anatomía Seccional, macro y microscópica. Ed. Marbán, 2024
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
DRAKE RL, MITCHELL AMW, VOGL AW. GRAY Anatomía para estudiantes. 4a ed. Elsevier; 2020.
GARCÍA PORRERO JA, HURLE JM, JORGE BARREIRO FJ, QUINTANS RODRIGUEZ M. Anatomía humana (2ª ed). Ed. Medica Panamericana S.A., Madrid. ISBN: 9788491102106. 2019.
SCHUNKE M, SHULTE E, SHUMACHER U. Prometheus. Texto y Atlas de Anatomía. (5ª ed). Ed. Médica Panamericana, Madrid. ISBN: 978-84-9110-624-1 (Tomo 2); 978-84-9110-625-8 (Tomo 3). 2022.
FENEIS H, WOLFGANG D. Nomenclatura anatómica ilustrada. 11ª ed. Madrid: Elsevier; 2021.
MUÑOZ A, RODRÍGUEZ-PALLARES J, DÍAZ-RUIZ C. Morfoloxía externa do encéfalo e da medula espiñal. Santiago de Compostela: Servicio de Publicaciones e Intercambio científico; 2015. Acceso electrónico: https://www.usc.gal/libros/gl/medicina/214-morfoloxia-externa-do-encefa….
RODRÍGUEZ-PALLARES J, DÍAZ-RUIZ C, MUÑOZ A. Pares craniais. Santiago de Compostela: Servicio de Publicaciones e Intercambio científico; 2020. DOI:
https://dx.doi.org/10.15304/9788417595968.
RECURSOS ELECTRÓNICOS E PÁXINAS WEB
Atlas 3D "Complete Anatomy". Elsevier.
Anatomía: bolígrafo de Juan y lápiz de Fernando. Enlace: https://www.youtube.com/channel/UCitDdJrZjW4WhB8p9hgIz1A?app=desktop
eAnatomy. Anatomía del ojo: ilustraciones. Enlace: https://www.imaios.com/es/e-anatomy/cabeza-y-cuello/ojo
COÑECEMENTOS:
Con_4. Coñecer a estrutura celular, o desenvolvemento embrionario e a organoxénese; así como o desenvolvemento do sistema visual.
Con_5. Recoñecer mediante métodos macroscópicos e microscópicos a morfoloxía e estrutura dos tecidos, órganos e sistemas do corpo humano.
Con_6. Coñecer e describir macroscópica e microscopicamente as estruturas que compoñen o sistema visual e os anexos oculares.
Con_9. Coñecer os principios e as bases dos procesos biolóxicos implicados no funcionamento normal do sistema visual.
Con_11. Recoñecer o ollo como sistema óptico.
COMPETENCIAS:
Comp_1. Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Comp_3. Que o estudantado desenvolvese aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Comp_4. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos no grao dun xeito profesional e sexa competente no plantexamento/solución de problemas, así como na elaboración/defensa de argumentos tanto en contextos académicos como profesionais relacionados coa Óptica e Optometría.
Comp_5. Capacidade para aprender de forma autónoma, traballar en equipo, organizar o tempo e os recursos, e adquirir novos coñecementos e técnicas en Óptica e Optometría.
HABILIDADES E DESTREZAS:
HyD_1. Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes puntos de vista con razoamento crítico.
HyD_2. Organizar e planificar o traballo.
HyD_3. Interpretar resultados e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
HyD_4. Traballar en equipo.
HyD_5. Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a integración.
HyD_8. Saber analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos da Óptica e Optometría.
HyD_12. Manexar material e técnicas básicas de laboratorio.
Durante o transcurso das clases expositivas destacaranse os apartados máis importantes de cada tema e proporcionarase orientación bibliográfica. Como recursos didácticos empregarase: a) proxección dos temas en diapositivas PowerPoint; b) cuestionarios de autoavaliación no Campus virtual; c) aplicacións anatómicas para ordenador e/ou tabletas: ferramentas especialmente útiles no desenvolvemento da visión tridimensional dos órganos e das súas relacións; d) vídeos anatómicos.
Nas clases prácticas, o alumnado estudará e identificará en maquetas, preparacións anatómicas e cadáver os contidos do programa, e desenvolverá competencias no eido das habilidades e destrezas (recoñecemento de estruturas e uso axeitado da linguaxe anatómica, entre outras). Para un mellor aproveitamento, recoméndase preparar previamente as prácticas. Será obrigatorio o uso de bata branca e luvas. Esixirase ao alumnado un uso coidadoso e respectuoso do material, e farase un seguimento da súa participación e actitude nas actividades programadas.
Para a valoración dos coñecementos, aptitudes e habilidades realizaranse:
Proba tipo test cunha única resposta correcta, cuxo resultado suporá un 70-75 % da cualificación final.
Exame práctico que suporá un 15 %-20 % da cualificación total.
Avaliación continua que suporá un 5 %-10 % da cualificación total.
Só se sumarán as notas da avaliación continua cando a proba tipo test e o exame práctico estean superados. A proba tipo test considérase superada cun 50 % de acertos netos, sempre que en cada unha das unidades temáticas se acade, como mínimo, un 30 % de respostas netas correctas. O exame práctico considérase superado cun 60 % de acertos.
A asistencia ás clases prácticas é OBRIGATORIA para a avaliación final.
A porcentaxe de presencialidade necesariA deberá ser, como mínimo, do 80 %. Terase en conta a asistencia e participación, así como a realización dos exercicios e actividades realizadas.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións (Resolución do 15 de xuño de 2011, DOG do 21 de xullo de 2011).
• Clases expositivas: 38 h
• Clases prácticas: 14 h
• Tutorías: 2 h
• Examen: 3 h
• Estudio individual: 93 h
• Total: 150 h
Recoméndase a asistencia e participación activa nas clases teóricas e prácticas, así como o estudo diario dos contidos explicados, que deberá ir seguido dunha autoavaliación da comprensión. Recoméndase tamén a lectura periódica dos contidos tratados nos textos e a utilización das titorías para resolver dúbidas. O estudantado debe centrarse na comprensión dos conceptos explicados e na súa posible aplicación no ámbito óptico, sen limitarse unicamente á asimilación de información, motivo polo cal se recomenda a realización de esquemas organizados nos que se establezan conexións entre coñecementos e conceptos.
Para o máximo aproveitamento da materia, é recomendable que o estudantado teña coñecementos previos básicos de bioloxía celular, de inglés para o manexo da bibliografía e recursos didácticos, así como competencias no uso das tecnoloxías da información e da comunicación. O alumnado disporá dunha aula virtual da materia na plataforma Moodle, cos recursos e canles de comunicación que esta ofrece. Ademais, poderase empregar como medio de comunicación entre o profesorado e o alumnado a aplicación Microsoft Teams e o correo electrónico.
Ana Maria Muñoz Patiño
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812221
- Correo electrónico
- anamaria.munoz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jannette Rodriguez Pallares
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881815466
- Correo electrónico
- jannette.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Isabel Rodriguez Perez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812464
- Correo electrónico
- anai.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Diaz Ruiz
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812463
- Correo electrónico
- mdelcarmen.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pablo Garrido Gil
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- pablo.garrido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
13.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
13.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
19.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
19.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |